Vestirnos con ordenadores

A roupa do futuro, levará incorporada sensores capaces de controlar a nosa saúde de tal xeito que os datos que sexan recollidos  transformaranse en sinais eléctricas que serán enviadas a un dispositivo tecnolóxico para poder ser interpretadas por un médico ou polo propio usuario. Estes tecidos intelixentes avanzan grazas a nanotecnoloxía e xa existen prendas capaces de medir a temperatura corporal, o ritmo cardíaco e a tensión.

A universidade de Rovira i Virgili está levando a cabo un proxecto con sensores químicos capaces de analizar fluídos corporais como o suor e ouriños. Dita roupa non só será útil para deportistas senón que para calquera persoa que queira controlar o seu estado de saúde como por exemplo bebés.  Para estes últimos estanse a desenvolver uns cueiros con sensores químicos de creatinina (para analizar ouriños) e sensores de trombina (detectarán sangrado e outras biomoléculas). O prezo destes cueiros desbotables non será un obstáculo para ninguén xa que o custe de fabricación dos sensores e moi baixo.

As fibras de algodón dos cueiros tínxense dunha solución elaborada con nanotubos de carbono de modo que a prenda conduce electricidade. Despois recóbrese cunha membrana polimérica. E finalmente o cueiro funciona tal como unha neurona xa que cando atopa unha sustancia concreta xera unha sinal monitorizada que pode chegar aos móbiles dos pais.

O obxectivo desta nova ferramenta é detectar de forma precoz calquera problema de saúde que poida ter o individuo pero en ningún momento pretende substituír os análises clínicos tradicionais nin os médicos.

Autora: Iria Gondar Santórum

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Vestirnos con ordenadores

  1. fab-fuensantabuceta di:

    A verdade e que estes sistemas para controlar o estado de saúde dunha persoa serán un grande avance. Moitas enfermidades aféctannos tanto porque somos incapaces de detectales nos seus comezos para cortalas de ráiz; con este sistema poderemos detectalas dende un principio e combatilas, do mesmo xeito que a xente con enfermidades crónicas ou diabéticas poderán controlar moito máis o seu problema. Pero por riba de todas estas vantaxes o que máis me gusta é que será un precio asequible para todos. A miúdo grandes avances tecnolóxicos no campo da mediciña son inasequibles para a xente á que principalmente van destinados polos seus desrobitados prezos. Pero coa fabricación barata destes sensores a xente podrá beneficiarse deles e salvaranse moitas máis vidas.

  2. fab-isaacabal di:

    O máis importante deste descubrimento é que poderemos saber o noso estado de saúde en calqueira momento sen necesidade de ter que ir ó médico.
    Tamén nos axudará a evitar enfermidades e a controlalas se xa as padecemos.

  3. faa-adrianfeijoo di:

    Paréceme outro gran invento da man da nanotecnoloxía, xa que nos permite detectar as enfermidades a tempo impedindo que se expandan.E como pon no post non se substitúen as consultas médicas con este invento,xa que cando detecta unha enfermidade acódese ao médico para que os especialistas te dean a medicación correcta.

  4. fab-amadeoabal di:

    A verade é que é un gran invento xa que nos permitirá ter a sáude ben coidada día a día e saber o que che pasa se te atopas mal.s nanotubos de carbono son nanoestructuras compostas exclusivamente por átomos de carbono que presentan propiedades inusuais, moi valiosas para detectar novos dispositivos electrónicos, ópticos ou fabricar novos materiais.

  5. faa-mariamartinez di:

    Os téxtiles intelixentes poden detectar e reaccionar a condicións ambientais ou a estímulos. Principalmente están deseñados para a protección e seguridade do consumidor. Hai pezas de roupa que manteñen a presión arterial, que miden o pulso e a temperatura, calcetíns que axudan a prever os hongos… Unha empresa xaponesa inventou unha camiseta que ao estar en contacto coa pel, segrega vitamina C.

  6. fab-ateneaprado di:

    Parécenme increíbles certas cousas que se poden chegar a inventar, como é este caso. Como din alguns dos meus compañeiros, estamos ante un gran invento, xa que nos permitirá descubrir a tempo unha enfermidade e así poder tratala desde o primeiro momento, o que evitará que as persoas cheguen a poñerse en condicións peores. Penso que se debería invertir mais diñeiro para investigacións deste tipo, xa que para nos é moi beneficioso e pódense chegar a descubrir cousas que cambien a nosa forma de vida, ou mellor dito, que no la melloren.

  7. faa-iriagondar di:

    Os nanotubos de carbono que se utilizan para elaborar a tinguidura son estruturas compostas exclusivamente por átomos de carbono que combinan unha serie de propiedades mecánicas e eléctricas inusuais, o que os converte nunha ferramenta moi útil para fabricar novos dispositivos e materiais. Trátase de tubos cun diámetro de apenas un nanómetro, é dicir, un millón de veces máis pequeno que un milímetro. É o material máis duro que se coñece, capaz de soportar cargas moi pesadas e de resistir densidades de corrente eléctrica moi superiores aos cables de cobre.

  8. faa-antoniomrodino di:

    Que dicir deste artigo. Pra min, eu considero que este é un gran invento e avance no tocante ao campo nanotecnolóxico.
    Onde pon o de que non vai a sustituír análises clínicos ou médicos, claro está que non, pero moi probablemente incrementará o número de consultas e de análises xa que a poboación estará máis ao día de se padece ou non algún tipo de enfermidade, xa sexa perigosa ou non.
    Pero de todas as maneiras isto en moitos casos non é nada negativo, dado que en moitas veces os grandes problemas das enfermidades veñen por non dar coa súa detección a tempo.

  9. faa-breixoalonso di:

    Sen dubida un gran invento que nos axudara a todos nun futuro proximo aínda que os investigadores non se atreven a dar datas, grazas a este invento poderemos estar informados sobre a nosa saude tanto nos como o noso medico que valorará a información recibida.

  10. fab-aldaragarcia di:

    Neste posto volvemos a falar dunha das formas alotrópicas do carbono, que todas elas son dun gran interese científico, xa que teñen múltiples usos.
    Aparte desta aplicación para os nanotubos de carbono existen outras moitas, e en distintos campos. Como no campo da electroquímica, os nanotubos de carbono son moi bos conductores, tamén os empregan para almacenar o hidróxeno, creese que poden resultar como conversores de enerxía solar en eléctrica. No campo da electrónica empréganse en sistemas de memoria, son transmisores. E outros moitos usos, que no futuro, serán moitos máis, xa que si algo nos demostra a ciencia e que está en constante avance e máis con certos materiais.

  11. faa-luismdoval di:

    Nun prazo de entre tres e catro anos, segundo os investigadores, poderán atopar no mercado garantías de roupa interactiva, poderíase dicir que pasan a comportarse como unha neurona.
    Ata o de agora probáronse os sensores na roupa dun manequín e demostrouse que pode detectar de forma directa a suor artificial.
    As probas realízanse con tiritas sensoras, mollando a camiseta do manequín para ver como reacciona e transmite a información ata un ordenador para analizala.

  12. fab-antiachantada di:

    A verdade e que este sería un avance tanto tecnolóxico como médico moi importante. O poder controlar o noso estado de saúde con unha prenda de roupa axudaría moito para controlar posibles problemas xa desde o principio, evitando futuras complicacións e a expansión ou empeoramento da enfermidade. O único problema sería a adquisición xa que si ten un prezo moi elevado non será posible para todas as persoas.

  13. faa-iagopaz di:

    Os avances tecnolóxicos son sorprendentes, non só polos novos productos que se comercializan, senón tamén polos baixos custos que presentan. Isto débese a que na ciencia actual non se buscan tanto novos descubrimentos, senón simplificar os sistemas xa coñecidos por outros máis productivos.

  14. fab-sandraromero di:

    Os chamados tecidos intelixentes están a vivir nos últimos anos unha gran transformación grazas aos avances en nanotecnoloxía. Vixiar a distancia o estado de saúde de calquera persoa farase nun futuro cercano realidade.

  15. Outra das sùas vantaxes é que a roupa interior especialmente deseñada con estes sensores servirá para reducir os gastos nos hospitais, porque permitirá que certos tratamentos que ata o de agora se facían dentro dos hospitais para controlar o estado físico dos pacientes poidan facerse dende as propias casas dos enfermos.

  16. fab-isaacabal di:

    Aforrar cartos axudandonos a manter un bo estado de saúde tendonos controlados, é a vantaxe deste novo decubrimento.
    Axudaranos a percatarnos cando estamos enfermos e non debemos facer cousas, avisaranos cando debamos ir ó médico a facer uns análises completos…

  17. fab-rosammillan di:

    Estes texidos responden ante estímulos externos (físicos ou químicos) modificando as súas propiedades.Hai 3 categorías:pasivos(manteñen as súas características ante estímulos),activos(actúan sobre un axente exterior) e moi activos (cambian as súas propiedades o percibir estímulos exteriores.
    Hai moitas clases de tecidos por exemplo os que cambian a temperatura,a cor,con memoria de forma,protectores dos raios UVA,antibacterias…

  18. fab-raquelblanco di:

    Esta tecnoloxía é un gran avance, xa que axudara a saúde de moitas persoas, reducira custes nos hospitais, axudará a detectar as enfermidades no momento de saíren entre outras moitas cousas.

  19. faa-victorinosouto di:

    Nos últimos anos estamos vendo unha serie de aparellos tecnolóxicos os cales están relacionados coa nanotecnoloxía. Este invento en concreto facilitará a vida a moitas persoas sobre todo aquelas que son propensa as enfermidades xa que desta maneira dectétase unha enfermidade na fase inicial e así póderase empezar un tratamento pronto.

  20. fab-amadeoabal di:

    Unha serie de sensores textis en nanoestruturas, que poden integrarse no sostén das mulleres ou no chaleco dos homes permite a vixilancia de condición dun pacente donde queira que se encontre.
    Desenvolveuse un sistema de vixilancia inalámbrico que comunica a información sobre o pacente en tempo real a un médico, un hospital ou ao pacente mesmo.Por medio dun módulo moi livian e inalámbrico, que pode suxeitarse a esas prendas interiores, os sensores que se comunican cun sistema informático que recibe os datos dentro dun teléfono “intelixente”, os comprime e os envía a unha variedade de redes inalámbricas.

  21. faa-paulagondar di:

    Como podemos comprobar, a nanotecnoloxía está detrás deste novo avance. Está claro que esta ciencia estanos aportando moitas ventaxas en ámbitos de todo tipo. Agora ofrécenos a posibilidade de coñecer con moita anticipación a existencia de enfermidades ou alteracións no noso corpo, para poder ser tratados ante un médico o máis rápidamente posible. Penso que isto é algo moi importante, xa que podrían evitarse o desenvolvemento de enfermidades para todos os públicos, xa que se trata, ao demáis, dun producto económico.