Cinco veces máis antigo

A orixe dos osos polares (‘Ursus maritimus’) como especie independente tivo lugar hai uns 600.000 años, segundo revela unha investigación internacional na que participaron o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A súa historia evolutiva é cinco veces máis antiga do que se cría hasta agora.

A  nova investigación baseouse no análise do ADN nuclear procedente de 19 exemplares de oso polar, 18 exemplares de oso pardo y 7 exemplares de oso negro (‘U. americanus’). As diferenzas detectadas entre os xenomas indican que a especie polar e a parda veñen dun antepasado  común hai uns 600.000 años.

A crenza de que os osos polares evolucionaran en tan só entre 166.000 e 111.000 anos supoñía que esta especie tiña unha elevada capacidade adaptativa ás condicións polares. Este cambio de paradigma suxeriu que poderían ser moito máis sensibles do que se pensaba ante os posibles efectos do cambio climático. Esta especie non só se enfronta á desaparición da súa hábitat a causa do desxeo glacial.

Unha investigadora explica que están obrigados a colonizar rexións habitadas polos humanos onde a súa supervivencia vese comprometida. Unha das investigadoras do CSIC conclúe: “Si perdéramos ao oso polar na nosa era, deberíamos preguntarnos hasta qué punto deficultamos a súa supervivencia, xa que eles foron claramente capaces de resistir outras épocas máis cálidas no pasado”.

Autora: Laura González

Esta entrada foi publicada en Evolución e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Cinco veces máis antigo

  1. fab-fuensantabuceta di:

    O oso polar é un animal verdadeiramente interesante: é un dos depredadores terrestres máis grandes que existen e a súas presas preferidas son as focas. Algo interesante é que, contrariamente ó que todos pensamos, o pelaxe deste oso non é branco, se non que cada pelo é coma un tubo hoco e transparente que reflexa a luz, o que fai que o seu pelaxe véxase branco. O único depredador do oso polar somos nós, os humanos. E a caza á que sometemos a esta especie xunto co cambio climático que afecta principalmente ó seu hábitat fan que este animal esté nun serio peligro de extinción. Noticias como esta, na que se nos presenta a un animal cunha orixe tan antiga que foi quen de sobrevivir a moitas outras épocas cálidas, debería concienciarnos moito máis sobre os problemas do cambio climático. Unha especie tan antiga que sobreviviu a moitas outras catástrofes naturais está en perigo de extinción pola situación ambiental actual? Creo que o problema do cambio climático é moito máis serio do que a xente cre.

  2. faa-emilioabal di:

    Presenta un perfil máis alongado que o de outros osos e las patas máis desarrolladas, tanto para camiñar como para nadar largas distancias. As orejas e a cola son moi reducidas, para manter mellor o calor corporal, ó igual que en moitos outros mamíferos árticos. Nesto tamén colaboran unha grosa capa de grasa subcutánea e un denso pelaxe, que en realidad no é blanco, sino translúcido, formado por miles de pelos ocos. Baixo o pelaxe encóntrase la pel, que é negra para atraer mellor a radiación solar e aumentar así o calor corporal. A luz ordinaria refléxase sobre o pelaxe, xenerando normalmente a falsa sensación de blancura.

  3. fab-amadeoabal di:

    O novo descubrimento supon unha evolución moito máis similar ao do resto dos mamíferos árticos (o zorro polar, por exemplo, separouse do seu linaxe orixinal fai unhs 900.000 anos).
    Debido as investigacións anteriores a comunidade científica asumeu que a especie ártica pertencía a un linaxe escindido dos seus “primos marróns” fai entre 166.000 e 111.000 anos e que experimentaron unha rrápida adaptación as condicións polares.

  4. fab-sandraromero di:

    O futuro do oso polar, o depredador máis insaciable da Terra, preséntaselle máis sombrío que nunca. Según os ecoloxistas, o quentamento das zonas polares poden acabar co hábitat dos osos nas próximas décadas. Dise que o quentamento global lles privaría dos grandes espazos de xeo onde merodean para cazar as súas presas, como por exemplo as focas.

  5. faa-iriagondar di:

    O quentamento global está a alterar as condicións do xeo mariño ou oceánico, o cal afecta aos osos polares de moitas formas:
    – Fáiselles máis difícil achegarse e capturar as súas presas.
    – Atopan menos áreas para os seus tobos e diminúe a supervivencia de cachorros.
    – Aumento das interaccións entre osos e humanos.
    – Diminución da taxa de supervivencia da especie en xeral.

  6. fab-laurarodriguez di:

    O oso polar, ou oso branco, encóntrase en perigo de extinción debido ao quentemento global, que afecta o seu ecosistema xa que se derriten as zonas nas que cazan, imposibilitando así o almacenamento da suficiente grasa corporal. Isto impide que os osos non pasen adecuadamente o veran, nas épocas de máis frío, provocando que as femias sexan menos fértiles.

  7. fab-rosammillan di:

    Aínda que son o único depredador do seu ecosistema non tendo máis rivais e se encontran na parte máis alta da cadena alimentaria sofren as consecuencias do cambio climático cada vez máis.E por outra parte como ben di Fuensanta son cazados indisciminadamente polo ser humano.
    En Rusia por exemplo realizase unha práctica dende fai tempo que se está comezando a controlar e a intentar eliminala,esta consiste en abatir os osos na súa época de hibernación sacandoos da sua garida e logo matanos de forma inmediata e brutal xa que están aturdidos e non poden atacar.Esto deixa a moitos oseznos abandoados a súa sorte e elimina paulatinamente a especie.
    En definitiva o verdadeiro inimigo da natureza e o ser humano,

  8. faa-antoniomrodino di:

    Unha cousa está clara, o futuro destes osos polares ven marcado pola acción do home. Claro está que o quecemento global dificulta a existencia de dita especie, xa que moitos lugares onde o xeo se topaba en abundancia desaparecerán, polo que se ven na obriga de colonizar zonas onde habitan humanos. Isto tampouco de ningunha maneira os beneficiará xa que cada vez serán máis frecuentes as interaccións home- oso, seralles máis complexo capturar as súas presas, e máis díficil ao manter ás súas crías.

  9. faa-iagopaz di:

    As investigacións xenéticas son moito máis fiables que os estudos anteriores, que probablemente aproximaron a lonxevidade de está especie pensando que aparecera con obxeto da última glaciación.

  10. fab-raquelblanco di:

    O oso polar encóntrase en perigo de extinción, debido ao quentamento global, que afecta moito ao seu ecosistema. Non conseguen alamcenar suficiente grasa corporal para pasar adecuadamente o verán, iso fai que as femias sexan menos fértiles.
    Na última lista dos 10 principais animais en perigo de extinción debido ao cambio climático, o oso polar ocupa o primeiro posto na lista, e di que si isto segue asi poderá desaparecer en 75 anos.

  11. faa-iagopaz di:

    O actual estado de perigo no que se atopa esta especie é froito da man do home, tanto directa como indirectamente, porque a caza ilegal e os movementos evasivos que realizaron as poboacións deste animal foron igual de perxudiciais que o cambio climático, que está a mermar considerablemente a hábitat de esta e outras moitas especies árticas.

  12. faa-breixoalonso di:

    O oso polar é un dos maiores carnívoros da Terra. Esta especie ,que ronda entre los 20,000 y 25,000 animales, está amenazada polo cambio climático, xa que a súa alimentación depende da caza de mamíferos mariños e vese afectado directamente co derretemento dos casquetes polares. A única solución posible e aprender a facer un bo manexo dos recursos actuais.

  13. faa-adrianfeijoo di:

    Frank Hailer un membro do “Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima,Alemania “ e uns amigos querían comprobar se no caso do oso polar o ADN nuclear,daba os mesmos resultados que os estudios realizados do ADN da mitocondria.
    Compararon o ADN nuclear de 19 exemplares de oso polar,18 de oso pardo e 7 de oso negro.E chegaron a conclusión de que o oso polar e o oso parto teñen un antepasado común hai 600.000 anos.O que supón que o oso polar teña unha capacidade de adaptación máis lenta do que se crera,polo que pode darse o caso de que se trae unhas grandes consecuencias o cambio climático non sexan capaces de adaptarse.

  14. faa-iagogonzalez di:

    O oso polar separouse evolutivamente do linaje dos osos pardos fai uns 600.00 anos, o que indica que esta especie especializada para vivir nas condicions extremas do frío Ártico é cinco veces máis antiga do que se estimou antes.Os novos análisis xenéticos da fera dos xeos septentrionais do planeta, foron determinantes para este descubrimento. O descubrimento significa que o oso polar tivo máis tempo para adaptarse ao particular entorno xeado que habita.

  15. fab-raquelblanco di:

    O oso polar é un animal solitario, no inverno inverna en unha guarida feita por el mesmo na neve e aliméntase das focas, pero no verán volvese vexetariano.
    Debido aos cambios climáticos, esta especie de osos vese moi afectada. A temperatura da zona aumenta duas veces máis rápido que no resto do planeta e o xeo do océano Ártico derritese un 9% cada dez anos. De momento existen uns 25000 exemplares en todo o mundo, dos cales entre 3000 e 5000 encóntrase no Ártico Europeo.

  16. fab-antiachantada di:

    O oso polar está considerado o maior e máis forte depredadrod so xeos marinos e as costas árticas. Este novo descubrimento, afirma que o oso polar é cinco veces máis antigo do que nos considerábamos, polo que superou moitas épocas de dificultades, tanto de calor como a etapa de xeo, o que como ben di o artigo, no leva a cuestionarnos ata que punto dificultamos a súa supervivencia para que esté en perigo de extinción despois de tantos millóns de anos superando problemas. Unha vez máis, está claro que deberíamos de pararnos a pensar que lle estamos facendo ao noso planeta e a todos os seres vivos que habitan nel xa que co cambio climático que nos provocamos, estamos favorecendo a desparición de moitas especies de animais, pero que a maioría da poboación non lle da importancia nin se levan a cabo medidas para protexer a supervivencia destes.

  17. faa-manuelbusto di:

    O oso polar estase vendo tremendamente afectado polo cambio climático.O seu entorno cambiou dramaticamente, xa que o xeo se esta derretendo de forma alarmante, pero o cambio climático tamén afecta á súa fonte de alimentación.Estes animais aliméntanse principalmente das diferentes especies de focas, a medida que estas focas se ven obrigadas a desprazarse para poder encontrar as súas fontes de alimento os osos polares contan con menos posibilidades de sobrevivir.
    Agora, con menos de 20.000 exemplares en todo o mundo , está ó borde da extinción.

  18. fab-alekseinogueira di:

    Esta é outra razón pola que hai que frear as emisións de CO2 para que o cambio climático se quede soamente nun susto e en nada máis que o día de mañán poidamso lamentar. Segundo algúns científicos dentro de cincuenta anos extinguiranse as dúas terceiras partes do total dos osos polares que agora mesmo se contan como vintecinco mil exemplares.

  19. fab-martinfranco di:

    O oso polar esta desaparecendo do mundo debido a: o cambio climatico, a caza furtiva, a contaminación do xeo, etc. Según estudios canadienses o xeo das zonas habitadas por estos animais estáse derretindo ata tres semanas antes que na década de 1970, obligando ao oso a retirarse a terra firme sen haber completado as súas reservas de graxa, que perden durante o verán e o outono de forma tan crítica que afecta á capacidade das hembras para quedar preñadas e minan a súa capacidade de producir leite para alimentar as súas crías. En Rusia, en Noruega e en Canadá acordaronse cantidades de 29 exemplares dispoñobles para a caza, se non se prohibiu de todo. Eu creo que como siguamos asi, vamos quedar nós sós no planeta. Temos que coidalo noso entorno se non, a onde imos a ir parar?

  20. Tradicionalmente, os osos polares foron cazados polos esquimós.
    Pero pese a ser unha especie tan orixinal,
    os colonos europeos comezaron a matalos por deporte. En raras ocasións se deron ataques contra humanos.
    O número de osos polares reduciuse nun 30% en 45 anos. Ata fai pouco, os osos polares cazábanse desde embarcacións de motor, avionetas e incluso helicópteros. Esta caza masiva puxo á especie ao borde da extinción, polo que acabou prohibiéndose ou regulándose a súa caza.
    As ameazas actuais son a acumulación de contaminantes no xeo e a atmósfera. Tamén o calentamento que está afectando ao seu ecosistema.