Fukushima, un punto de inflexión

O peche do terceiro reactor nuclear da central de Tomari o pasado día 5 de maio, marcou o final da primeira etapa nun proceso revolucionario levado acabo polo goberno xaponés co obxetivo de substituir gran parte da súa rede de abastecemento enerxético por unha menos perigosa para a poboación.

O 11 de marzo de 2011 un terremoto, seguido dun tsunami, arrasou a central de Fukushima, provocando varias explosións e vertidos incontrolados de residuos radioactivos. O desastre acadou o nivel 7 na escala de accidentes nucleares, acadando unha gravidade equivalente á de Chernóbil. Isto obrigou ao goberno xaponés a comezar unha campaña de reestructuración das plantas nucleares do país. Con Tomari xa son 54 os reactores cerrados dende o terremoto de 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento, e aínda non se concretou unha data para a reactivación dos reactores 3 e 4 da central de Oi, a única que superou con éxito os novos tests de seguridade.

O peche das centrales xaponesas era algo que a poboación levaba pedindo e vía como algo moi necesario, a pesar do problema económico e ambiental que implicará para o país a substitución do 26,4% da enerxía enerxía que producía o país de forma nuclear por centrais térmicas, moito máis caras e contaminantes. O tempo  final da enerxía nuclear no terceiro pais do mundo neste sector, pode ser o comezo da decadencia da fonte de enerxía na que moitos vían o futuro da nosa sociedade.


Autor: Iago Paz Trigo

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Enerxías renovables e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Fukushima, un punto de inflexión

  1. fab-isaacabal di:

    Paréce que en Fukushima xa todo está solucionado, coma sen non houbese pasado nada, pero non é así.
    Xapón é un país forte é potente onde a súa poboación está loitando por levantalo, todos poñendo da súa parte para poder continuar coas súas vidas.

  2. faa-emilioabal di:

    Tralo fallo dos sistemas de refrixeración dos reactores da central nuclear realizáronse emisións controladas de gases radiactivos ó exterior, para reducir a presión no recinto de contención. Emiteuse ó exterior unha cantidade non determinada de partículas radiactivas.Unha grieta na estructura do reactor empezou a liberar material radiactivo o mar, facendo que o contido en yodo radiactivo fose nalgúns momentos nas aguas circundantes de ata 7,5 millóns de veces superior ó límite legal e que o cesio estivese 1,1 millones de veces por encima desos límites. Os primeros intentos de sellala greta con cemento otros métodos fracasaron.

  3. fab-amadeoabal di:

    Tras a parada do reactor de Tomari, o máis septentrional de todo o parque nuclear xaponés, Xapón súrtese de electricidade a partir de outras fontes, sin necesidade de haber construido novas centrais. E eso a pesar da gran aportación das 54 centrais nucleares ao sistema eléctrico xaponés, que chegaba ao 34,5%. Tras o accidente de Fukushima Daiichi, as centrais xaponesas foron parando unhas tras outras. Algunas de elas como a de Onagawa ou as propias de Fuskushima definitivamente e outras, en principio, de forma temporal para realizar operacións de recarga ou mantemento.

  4. fab-rosammillan di:

    Estan sendo detectados altos niveis de readiación a 60 km de Fukushima.Esto afectou a 26 centros escolares nos que se alcanzan os 20 milisievert,cando o límite anual e de 1.Para diminuir o contacto con estos materiais estanse retirando varias capas de terra que se intercambian por terra limpa.Este suceso está causado por fallos nos sistemas de refrixeración e liberación causados polo terremoto de Xapón oriental.

  5. faa-xosemartinez di:

    O feito da catástrofe de Fukushima, ademais de crear unha rotunda oposición por parte dos xaponeses á enerxía nuclear, ten que crear un debate sobre este tipo de enerxía en todos os países que a utilizan.
    Os mesmos teñen que reflexionar sobre se compensa toda a enerxía que crean as centrais nucleares nun país, co gran perigo que poden chegar a crear estas centrais nas suas zonas circundantes.

  6. fab-sandraromero di:

    Hai poucas probabilidades de que a enerxía nuclear vaia a ser o futuro. Pero teño a esperanza de que a fusión nuclear si o ten e ademais non xenera resíduos.

    • fab-isaacabal di:

      Como ben di a miña compañeira Sandra, o futuro da fisión nuclear esta bastante sentenciado xa que reside moitos residuos. Residuos que son tabú e ós que a xente lles ten pánico.
      Tamén estou de acordo con que a fusión nuclear sera o recurso do futuro, xa que conseguir un “sol” aqui na terra será moi rentable e eficaz, tendo un recurso inagotable e limpo.

    • fab-antiachantada di:

      Estou totalmente de acordo con Sandra, a fisión nuclear xa está case sentenciada, moi pouca xente está a favor e países como Alemaña xa se pasaron ás enerxías renovables. Por outro lado, a fusión nuclear deberíase de seguir investigando e tratar de avanzar xa que é un recurso enerxético potencial a gran escala e podería aumentar o nivel de enerxía nivel mundial no próximo siglo.

    • faa-antoniomrodino di:

      A fusión nuclear se sustenta na enerxía que se libera da unión entre os átomos, concretamente en dita fusión adoitan intervir os isótopos do hidróxeno como son o deuterio e o tritio, debido á súa escasa masa. É unha reacción nuclear, que ten lugar no núcleo atómico; este núcleo se divide en dous ou máis núcleos pequenos, e algúns neutróns libres. Con isto digo, Isaac, que mentres que a fusión se dá entre dous núcleos lixeiros, a fisión entre un núcleo pesado, polo que non cómpre confundilas.
      Como di Isaac, eu opto pola fisión nuclear, xa que anque en ambos casos se libera enerxía porque os productos teñen unha enerxía de enlace maior cos reactivos, as reaccións de fusión son difíciles de manter porque os núcleos se repelen entre sí, mentres que a diferencia, as de fisión non xeneran productos radiactivos.
      Por outra banda, o gas convencional se ofrece como unha alternativa cada vez máis barata para producir electricidade, medida na cal deberían ir investindo no Xapón.

  7. faa-iriagondar di:

    Se a radiactividade non tivese ningún tipo de efecto nocivo sobre a vida humana, animal, e vexetal, simplemente estariamos a falar dun tipo de enerxía proveniente do Uranio. Este último tarde ou cedo acabaríase esgotando. A enerxía nuclear é moi peculiar. Ningunha outra industria enerxética, ten o perigo potencial e real de contaminar grandes extensións de quilómetros cadrados durante milenios, cunha continuada ocorrencia de cancro e defunción, durante o tempo que dure a contaminación.Co ocorrido en Fukushima moitos países estanse a plantear se esta enerxía realmente vale a pena un exemplo podería ser Francia.

  8. fab-aldaragarcia di:

    Con este post debemos comezara reflexionar nas posibles enerxías do futuro, as enerxía renovables, xa que aínda que sexan máis caras, son mellores a longo prazo, xa que non contaminan e son esgotables.
    Algunhas das enerxía do futuro sería a eólica, solar, hidroeléctrica, biomasa, mareomotriz e xeotérmica, son realmente beneficiosas xa que a súa orixe de enerxía atópase na natureza, e as fontes son esgotables. Tamén poderíamos falar do biofuel, pero este non é unha boa idea, xa que campos de cultivo que antes irían adicados á alimentación agora o seu cultivo sería para a fabricación de combustibles.
    Tamén podemos falar da enerxía de fusión nuclear, que actualmente estase a construir unha central para traballar con ela, xa que é moi dificil de lograr, xa que para conseguila e preciso chegar a unha temperatura de 50 y 100 millones ºC, e ningún material resiste está temperatura, polo cal é preciso contruir un campo magnético.

  9. faa-mariacmaquieira di:

    Parece que pouco a pouco en Fukushima todo volve a normalidade pero de todos modos dende o meu punto de vista creo que se están expoñendo demasiado xa que despois do desastre que tivo lugar hai máis dun ano seguir con estas centrais nucleares no país non quita que algo volva a suceder co cal a vida de moita xente volvería a porse en perigo por algo que nin tan sequera se sabe con totalidade a súa efectividade pero sí os seus prexuízos.

  10. fab-amadeoabal di:

    O brutal terremoto que azotou Xapón trouxo un corolario inesperado: Un accidente nuclear na central de Fukushima na illa principal de Xapón e a 240 km ao noreste de Tokio. Cando se escriben estas notas o reactor número 1 do complexo atómico (que consta de 6 grupos en funcionamento e dous máis en construción) parece ser o máis dañado. Aínda que a reacción nuclear se detuvo detúvose como consecuencia do terremoto, o sistema de refrixeración do núcleo, cuxa función é extraer o calor residual da reacción nuclear, viuse severamente afectado.

  11. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO QUE TRATA PRECISAMENTE DO MESMO TEMA QUE ESTE ARTIGO. PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DIAS.

    ADEMAIS RECORDADE QUE UNHA DAS ESIXENCIAS DESTA MATERIA ERA A DE FACER UN MINIMO DE DÚAS PRESENTACIÓNS NO CURSO.

  12. fab-antiachantada di:

    A catástrofe de Fukushima, ademais de crear unha negación hacia a enerxía nuclear entre os habitantes xaponeses, tamén levou a cuestionar esta forma de enerxía no resto do mundo xa que aínda que é unha fonte de enerxía moi fácil, xera un terzo da enerxía eléctrica que se produce na unión europea o que evita a emisión de 700 millóns de toneladas de CO2 por ano á atmosfera e evita a transmisión de outros elementos contaminantes que se xeran no uso de combustibles fósiles, ten importantes e graves consecuencias, ademais da súa repercusión ante o medio ambiente debido aos abundantes residuos que xera, tamén hai perigos como a radiación e o constante risco dunha posible explosión nuclear.

  13. faa-manuelbusto di:

    Este pode ser un gran exemplo a seguir polo resto das potencias mundiais neste sector.
    Aínda que a fisión nuclear sexa unha fonte de enerxía, produce grandes cantidades de residuos perigosos para o medio ambiente, e en casos extremos, como pasou en Xapón, os reactores poden chegar a emitir elevados niveis de radiación, afectando así a un gran número de persoas.
    Penso que os gobernos non deberían pensar unicamente no beneficio económico e valorar máis o medio ambiente, e incluso a seguridade da poboación.

  14. fab-raquelblanco di:

    Penso que as enerxías renovables son o futuro, xa que as outras algun día esgotaránse. A fisión nuclear produce moitas cantidades de residuos que son moi dañinos para o medio ambiente. Penso que os Estados deberían concienciarse de comezar a utilizar as enerxías renovables, son máis custosas pero a larga son mellores e ademáis non dañamos o medio ambiente.

  15. faa-antoniomrodino di:

    A operadora da central de Tomari, ( Hokkaido Electric Power), tras completar a parada do último reactor activo da planta, Xapón xa non contará con ningunha das 54 unidades atómicas que tiña en funcionamento antes do accidente do 11 de marzo de 2011.
    Xapón quedará sumido no apagamento atómico completo coa detención, por revisión e por cumplir parte do plan de mantemento imposto, do último reactor nuclear activo, o número 3 da planta de Tomari, tras a crise na central de Fukushima. Isto leva a que os os reactores do país se atopen agora fora de servizo, deixándoo sen enerxía eléctrica derivada da enerxía nuclear por primeira vez dende 1970, ( que tan so fora durante 5 días).

  16. faa-adrianfeijoo di:

    O reactor de Tomari deixou de xerar enerxía na tarde do 5 de maio,por tarefas de mantemento programadas.Co peche do último reactor leva a que o país, se encontre por primeira vez dende 1970 sen enerxía eléctrica procedente da enerxía nuclear.As cincuenta plantas nucleares proporcionaban o 30% da electricidade antes do 11 de marzo do 2011.
    As compañías de servizos que alimentan a terceira maior economía do mundo, víronse na obriga de recorrer a plantas de gas,carbón e petróleo,para manter o suministro eléctrico de fábricas,oficinas e fogares.

  17. fab-raquelblanco di:

    Antes de este gran terremoto na central nuclear de Fukushima houbo tres accidentes;
    Un producido o 25 de febreiro do 2009 durante o arranque dun ractor do grupo 1.
    Otro foi producido o 26 de marzo de 2009 por mor dunha mala insercción das barras de control.
    O 2 de novembro do 2010 a causa de que o reactor numero 5 parouse.

  18. faa-iagogonzalez di:

    O accidente na central nuclear da prefectura de Fukushima (norte de Xapón) foi o peor que se viviu dende a catástrofe de Chernóbil (Ucrania) en 1986 e os problemas foron moi graves. O sistema de refrigeración de emerxencia do reactor 3 deixou de funcionar, según informou un responsable da Axencia de Seguridade Nuclear de Xapón. Este fallo, inesperado,sumouse aos problemas xa sufridos no reactor 1 tras o terremoto e o tsunami que asolaron o país, catalogados polas autoridades como de categoría 4.Todos estes factores, foron clave para o desenvolvemento da catástrofe, que deixou o país completamente desolado.

  19. fab-mariaarojo di:

    Polo visto o que se pensaba que sería o gran adianto no suministro de enerxía limpa e o futuro desta non vai sair adiante. Aínda que tiña grandes expectativas de continuar proporcionando enerxía, o desastre de Fukushima a demostrado que por moi limpa que sexa, se non é segura non é viable, ademáis de xerar residuos radiactivos (dos que xa temos oido falar e que xeran problemas intercontinentais, coma unha fosa que existe no mar en Somalia no que se depositan toneladas destes residuos).
    Agora pénsase na fusión nuclear como método para proporcionar enerxía. A única central que utiliza a enerxía nuclear de fusión atopámola en Karthzreich (Suiza). Pero é de dominio europeo para a investigación.

  20. faa-victorinosouto di:

    O acidente de Fukushima foi un acidente moi grave debido a o terremo e ao posterior sutnami. Todo isto fixo que o sistema de rifigeración da planta se estropeara xa que as torretes de enerxía caeran polo terremoto e os grupos de gasoleo (os de emerxencia) estropeáronse a causa da auga do sutnami. Cando quixeron refrigeralo xa era demasiado tarde xa que as barras de control quedaran a o descuberto e empezou unha fusión do nucleo a cal foron capaces de parala hai pouco tempo con nitróxeno. O peor de todo isto foi a cantidade de auga que se botou por riba dos reactores cos helipcóteros a cal foi parar a o mar toda contaminada debido a radiación a que estubo esposta.