A ratiña presumida

A UE aprobou a prohibición de testar cosméticos en animais, que se implantou  o 11 de marzo de 2009, que converteu en ilegal experimentar ingredientes cosméticos en animais e a venda  ou importación á UE de calquera ingrediente para usar en cosméticos experimentados en animais. Aínda así, excluíuse desta prohibición tres tipos de experimentos con animais como son: a toxicidade de doses repetidas (coellos ou ratas son forzadas a inxerir ingredientes cosméticos, ou aplícaselles ingrediente na súa pel afeitada) ou probas de carcinoxenecidade (ratas alimentadas durante dous anos con sustancias para ver si produce cáncer e logo mátanas para o seu análise). A toxicidade reprodutiva (coellas ou ratas preñadas son forzadas a inxerir sustancias e logo son matadas para evaluar a toxicidade os seus fetos). Toxicocinética (coellos e ratas son forzados a inxerir sustancia e logo son matados para examinar os seus órganos e ver como se distribúe nos seus corpos). Todas estas probas inclúen a irritacion de pel e ollos, sensibilización da pel, toxicidade, teratogenia, mutagenicidad, dano xenético,…


Autora: Noelia Fernández Vázquez

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to A ratiña presumida

  1. fab-isaacabal di:

    Pareceme éticamente e moralmente reprobable que polos cartos, xente sexa capaz de facer cosas do calibre desta.
    A investigación contra o cancro, a investigación contra o alzehimer… non son tan rentable como investigar en cosméticos. Penso que a xente debería plantexarse cál quere que sexa o seu futuro, o da súa familia e a do planeta, cando para estar “guapa” (que en moitos casos habería que replantexarse a imposibilidade de conseguilo) se fan este tipo de cousas e todos sabemos que si se fai

  2. fab-alekseinogueira di:

    Non sabía que marcas de comésticos e outras, utilizaban animais para saber o efecto que os seus productos tiñan sobre o ser humano.Non me parece correcto que se utilicen estas técnicas con ánimo de lucro, está ben que se utilicen para decubrir a cura do cancro ou de outras enfermidades pero non para isto.

  3. faa-iriagondar di:

    Cada ano, polo menos 35.000 animais en Europa e varios millares máis por todo o mundo, son sometidos a experimentos dolorosos e pouco fiables para probar produtos cosméticos e os seus ingredientes. Perfumes, xampús, pastas de dentes,etc…. Utilízanse moitos tipos distintos de experimentos para probar cosméticos, incluíndo a proba Draize para estudos de irritación dos ollos (en que as substancias se gotean nos ollos de coellos conscientes, a miúdo inmobilizados); toxicidade oral (en que os animais son forzados a inxerir unha substancia unha vez ou repetidamente para observar os efectos tóxicos); irritación da pel (en que unha substancia se untada sobre as costas rasuradas dun grupo de animais, normalmente coellos ou coellos de indias).

  4. faa-antoniomrodino di:

    Me parece ben por un lado que a UE aprobase a prohibición de testar cosméticos en animais, xa que estes non teñen culpa en absoluto de sufrir danos e chegar a morte somentes para beneficio humano. O que si quero deixar claro é unha cousa; moitos dos efectos que sabemos que poden producir algunhas radiacións, alimentos e algúns dos problemas reproductivos non podemos esquecer que van asociados a moitas destas probas que desgrazadamente se fan nos animais, asique pola banda negativa quero dicir que se non queremos someter a estes animais ao maltrato, descoñeceremos máis cousas que facemos ou percibimos insconscientemente, e que poden chegar a ser prexudiciais para o noso organismo.

  5. fab-rosammillan di:

    Pareceme inaceptable que se utilicen os animais nestas prácticas só para obter un beneficio económico.Ademáis no video móstrase que é casi imposible comprar un producto que non estea testado en enimais ,xa que estas empresas controlan o mercado en moitos ámbitos.Opino que só deberían ser usados nas empresas farmaceuticas para obter solución para enfermidades moi graves, e non para simplemente vender maquillaxe e productos derivados que aínda que o neguemos podemos vivir sen eles perfectamente.
    Un dos anuncios de cosméticos que máis me sorprende e o da creación de crema de veleno de serpe,¿cantos animais deben de ser usados só para crear estes compostos?

  6. fab-amadeoabal di:

    A UE fixo moi ben en censurar a proba de cosméticos en animais.Paréceme ben que o fagan en probas como contra o cancro,como ben di Alex,pero que o fagan con cosméticos xa é ir moi lonxe.Ademais estes cosméticos tiñan efectos ngeativos nos ollos,na pel…o que perxudicaba bastante aos animais.

  7. fab-aldaragarcia di:

    Algunhas das marcas máis coñecidas como: Unilever, Procter & Gamble, Colgate-Palmolive, Reckitt Benckiser y Johnson and Johnson; proban os seus productos apriori de sacalos ó mercado en animais como ratas e coellos.
    Cada ano, milleiros de animais son sometidos a probas e experimentos de productos para comprobar a súa eficacia e efectos secundarios. Metenlles espumas de afeitar, champúes e pasta dos dentes a presión no estómago; son obligados a inhalar laca; cremas son esparcidas pola súa pel para probar a súa eficacia. os productos que experimentan con animais son aqueles que nos aseguran que foron testados clinicamente, ou testado baixo o control dermatolóxico.
    Podemos axudar a eses animais non comprado os productos que son testados neles.

  8. faa-xosemartinez di:

    Paréceme que a experimentación previa de cosméticos con animais é totalmente rexeitable, porque no caso deste tipo de industria o único que lle interesa ás empresas son os beneficios económicos.
    En xeral, o tema da experimentación con animais é algo que, cos grandes avances científicos e tecnolóxicos é incrible que siga sendo normal que suceda. Ademais, é certo que sen esta experimentación, non se haberían creado, por exemplo, tantos medicamentos que fan que poidamos vivir mellor e máis tempo que antes.

  9. fab-martinfranco di:

    Pareceme increíble que haxa xente como esta no mundo que esta disposta a matar a 300 coellos, ratos ou porcos para ter os beizos pintados ou rimel nas pestañas. Creo que a UE fixo moi ben en prohibir este trato para con os animais pero, con todas estas novas tecnoloxías, non heberá tamen outros modos de testar os fármacos que matando e torturando animais? Creo que en vez de gastar cartos capturando animais podian invertilo en compralos aparellos aporpiados para testar os producctos sen facer dana a ningún animal, eles non merecen morrer por un pintalabios, tamen son seres vivos.

  10. faa-adrianfeijoo di:

    Cada ano na investigación cosmética lévanse a cabo dolorosos experimentos en centos de miles de animais,como poden se coellos,cobaias,ratas … Supoñendo cada unha destas probas un efecto negativo sobre o animal,xa sexa sensibilidade na pel,toxicidade …
    Paréceme ben que a UE prohibira este tipo de experimentación, ademais de ser cunha finalidade sen importancia como pode ser a cosmética.Pero si que se non chega a ser por algunhas experimentacións non habería moitos fármacos,que nos permiten combater as enfermidades.

  11. faa-mariamartinez di:

    Para poder comercializar un produto hai débese demostrar que é seguro, pero hai alternativas á experimentación con animais que son válidas igualmente. Estas alternativas son as combinacións de ingredientes xa coñecidos e seguros para probalos en humanos. Existen uns 15000 ingredientes e empréganos cada vez máis compañías de cosméticos, evitando así, outra forma de maltrato animal e producindo igualmente produtos totalmente seguros e efectivos.

  12. fab-mariaarojo di:

    Estou totalmente en contra de que se testen os productos cosméticos en animais, e máis sabendo o que sofren e que moitísimos deles chegan a morrer a causa disto. E todo polo mesmo obxectivo, os cartos. Como di Aldara a solución que se lle atopa á estar en contra destes produtos é deixar de compralos. O mellor que podía facer a UE é prohibir estos experimetos. Pero, como di Antonio, se non se testasen fármacos, cosméticos, etc… produtos que utilizamos diariamente nos sofreriamos as consecuencias na nosa saúde.

  13. fab-sandraromero di:

    É moi deprimente saber que moitas das marcas que utilizamos habitualmente están incluídas xunta aquelas que empregan animais para testar os seus produtos en laboratorios. A ignorancia levounos a non darlle case ningunha importancia a este tema. Pero cabe pensar que a sociedade estase volvendo, a pequenos pasos, un chisco máis crítica. Polo tanto deberíaselle esixir ,a estas compñías que empregan animais, transparencia e máis responsabilidades respeto ao que fan nos laboratorios.

  14. fab-paulaalba di:

    Ata fai pouco, Holanda e Reino Unido eran os únicos países do mundo que introduciron unha prohibición total das probas de productos cosméticos e dos seus compoñentes en animais. Un pequeno número de países estableceron unha prohibición parcial, como é o caso de Alemaña e Austria.

  15. fab-aldaragarcia di:

    A verdade e que e una gran problema, xa que se non existisen estas probas con animais teríanse que facer con persoas, pero hai persoas que están dispostas a facer estas probas por cartos, como se deron diversos casos nos EE.UU.
    Algún productos é preciso probalos antes de lanzalos ao mercado, pero outros, é preciso probar un champú en ratos? ou arrancarlles a pel para ver que efecto ten X producto neles? eso si que non o vexo necesario, e é o que fan algunhas marcas. Probas, para o meu entender, absurdas.
    Unha cousa é a maquillaxe e outra a saude, polo cal creo que é necesario que os medicamentos se proben antes en animais e logo en persoas. Pero o maquillaxe, cosméticos e champus, non o vexo necesario.

  16. faa-iagopaz di:

    As prohibicións por parte dos gobernos Europeos non pode parar realmente estes experimentos, xa que continuaranse realizando en países sen unha lexislación ao respecto. Apesar de que non se admita a importación de estes productos, é moi sinxelo camuflalos como productos só testados nas tres probas que nomea o artigo, o que probablemente non deteña as probas con animais

  17. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO QUE TRATA PRECISAMENTE DO MESMO TEMA QUE ESTE ARTIGO. PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DIAS.

    ADEMAIS RECORDADE QUE UNHA DAS ESIXENCIAS DESTA MATERIA ERA A DE FACER UN MINIMO DE DÚAS PRESENTACIÓNS NO CURSO.

  18. faa-victorinosouto di:

    A medida que a Unión Europea tomou para protexer os animais paréceme boa. Actualmente paréceme increible que se usen animais para analizar se un cosmético é canceríxeno ou non porque a fin de contas os animais están sufrindo durante 2 anos para que unhas multinacionais se fagan de ouro a conta do sufrimento dos animais. Na miña opinión estes ensallos comparados cos que vimos na película na clase non son xustificados xa que non me parece ético que se faga sufrir un animal para que un se poña guapo/a para ir a un sitio e presumir da sua beleza.

  19. fab-raquelblanco di:

    Vexo normal que antes de saír eses productos ao mercado os proben con animais porque poden causar danos as persoas, ou poderían probalo en persoas dándolle a cambio cartos que xa aconteceu nos EEUU. Pero neste caso levan todo a outro extremo porque estan case maltratando aos coellos e ratas para mellorar a nosa vida.

  20. fab-isaacabal di:

    Deberíase parar en seco todas as investigacións deste tipo que son moi crueis cos animais e que á sociedade non saca ningún proveito disto. Que se investigue nun rato certos medicamentos para saber como reaccionaría o noso organismo, vale, pero non cosméticos, ni champoos… ni nada diso.

  21. fab-amadeoabal di:

    Tres voluntarios da organización “Persoas a Favor de un Trato Ético aos Animales”(PETA) vestíronse como coellos para protestar diante do monumento “A Porta da India” debido ao trato inhumano que as empresas danlle aos animais.
    Os voluntarios vestidos de coellos levaban carteles decindo”Ámame, non me fagas dano” e “Probas de prohibición de cosméticos en animais.”
    PETA denunciou o uso de animais como conellos, ratóns, monos y outros nos ensaios de laboratorio de produtos químicos, utilizados nas empresas que desenvolven produtos cosméticos.

  22. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, o uso de animais para a prova de novos cosméticos e operacións de beleza con fins económicos paréceme unha falta de vergoña, xa que está claro que esas persoas non teñen o dereito de manipular animais como se fosen obxectos, pois son seres vivos coma nós e teñen o dereito de ser libres e non ter que ser empregados con fins deste tipo.

  23. Na investigación cosmética lévanse a cabo dolorosos experimentos en centos de miles de animais cada ano (coellos, cobaias, ratas, ratos…)Estas probas inclúen a irritación da pel ou dos ollos, provocar alerxias, envenenamento, dano xenético, defectos de nacemento, causar cáncro, etc.

    Pero existen alternativas ao uso de animais para testar cosméticos.
    Existen cerca de 15.000 ingredientes que xa foron probados e declarados seguros.

  24. fab-raquelblanco di:

    Como fala Amadeo sobre PETA, quero dicir que é o maior grupo polos dereitos dos animais do muundo con base en EEUU. Rechaza a idea de ter os animais como propiedade, prácticas con animais, consumo de productos de orixe animal, as granxas factoría e o uso de animais como entretemento.