Un xene multifuncións

Investigadores do Centro Nacional de investigacións Oncolóxicas (CNIO) descubriron en ratos, que un dos principais xenes protectores contra o cancro ten, ademais,  outros efectos positivos no organismo como sou o aumento de loxevidade e o combate da obesidade. Este xene coñecese co nome de Pten. Para desenvolver esta teoría os investigadores tardaron 5 anos e comprabaron que ratos tranxénicos co dobre de Pten do normal e como se esperaba comprobaron que eran moito máis resistentes ao cancro ca os seus compañeiros non tranxénicos e, ademáis, comprobaouse que  viviron un 12% máis de media.

Este efecto de lonxevidade é independiente da resistencia ao cancro, xa que non se trata de que os ratos sobrevivan máis tempo a esta enfermidade si non que os que non desenvolven esta enfermidade viven máis tempo e con menos síntomas de envellecemento. Outra sorpresa  foi que os ratos cunha dobre dose de Pten eran significativamente máis delgados a pesar de que comían máis. Estes animais tamén mostraron ser máis sensibles á hormona insulina polo que o seu risco de contraer diabete era menor.


Autor: Mari Maquieira Cancela

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Biotecnoloxía e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Un xene multifuncións

  1. fab-isaacabal di:

    Todo descubrimento é ben recibido, sobre todo se é de medicina e máis ainda se o é sobre o xenoma humano.
    Este descubrimento poderá atrasar a aparición de tumores que son palabra tabú nesta sociedade e que a todos nos preocupan.

  2. faa-antoniomrodino di:

    Dende o meu punto de vista considero que o descubrimento da labor que este xene Pten nos pode facer é moi bo.
    Entre os seus efectos están que desfavorece o envellecemento, minimiza o risco de contraer diabete e nos fai máis resistentes contra o cancro, xa que inhibe a proleferación celular excesiva, ( atópase en células normais).

  3. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que descubrimentos como estes son moi importantes para a investigación do ser humano.A PTEN é un supresor tumoral. Actúa como unha proteína fosfatasa de doble especificidade. Defosforila as proteínas fosforiladas nos residuos tirosina, serina e treonina.

  4. fab-noeliafernandez di:

    Este descubrimento, según din os científicos abre novas vías á investigación de terapias non só contra o cancro sinon tamén contra a obesidade e o envellecemento.
    Os científicos buscaron unha explicación ao incremento do gasto enerxético e hacharon a resposta na chamada graxa parda, un tipo de texido graso que favorece que o organismo “queime a enerxía almacenada nos michelins”

  5. faa-iriagondar di:

    O cancro e o envellecemento teñen unha relación moi íntima, xa que unha das causas do cancro é a acumulación de danos non resoltos de forma satisfactoria no noso organismo, o que compromete as funcións das nosas células. Na mesma liña, a acumulación de células danadas nos nosos tecidos co paso do tempo produce o envellecemento. Por este motivo, un dos principais factores de risco para desenvolver unha enfermidade neoplásica (crecemento anormal de células nun tecido do organismo formando un tumor) é a idade.

    Os xenes supresores de tumores encárganse de codificar certas proteínas que son esenciais para protexernos de forma natural do desenvolvemento dun cancro. Por iso, os devanditos xenes encóntranse inactivados nas células tumorais.

  6. fab-lauragonzalez di:

    Desde o meu punto de vista un descubrimento así, é moi favorable para nós, xa que a PTEN ten diversos efectos, que favorecen a nosa salud, como por exemplo: o risco de padecer diabetes é mínimo e desfavorece o envellecemento.

  7. fab-mariaarojo di:

    Na miña opinión é un bo descubremento aínda que só sexa polo menor risco de desenvolver un cancro ou ter menos posibilidades de ter diabetes. Pero no xene PTEN non é todo bo, xa que se pode desenvolver, entre outras cousas unha susceptibilidad ao cancro de próstata ou unha macrocefalea (a circunferencia da cabeza é maior ca o promedio correspondente á idade e sexo do bebe ou neno).

  8. Encóntrase no citoplasma e no núcleo. Exprésase no corazón, cerebro, placenta, pulmóns, fígado, músculo, ril e páncreas.
    Este xene é moi importante posto que os seus defectos son causa de:
    -Síndrome de Cowden
    -Enfermidade de Lhermitte-Duclos
    -Síndrome de Bannayan-Zonana
    -Carcinomas na cabeza e pescozo
    -Cáncer de endometrio
    -Susceptibilidade ao cancro de próstata
    -Macrocefalia e autismo

  9. fab-raquelblanco di:

    Este é un gran descubrimento, pero tamén ten moitos lados negativos, xa que iso causaría un aumento da poboación xubilada, habría moitos máis anciáns, e iso custaríanos máis. Pero por outra banda é un gran descubrimento para ter menos risco de posuír cancro e para as persoas obesas xa que íria diminuíndo a porcentaxe de persoas con sobrepeso.

  10. faa-breixoalonso di:

    No Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas xa dispoñen dun composto sintético, CNIO-PI3Ki có mismo efecto que o Pten a nivel molecular, que abre a posibilidade de imaxinarnos, a largo plazo, unha pastilla que reforce os nosos supresores tumorales, ou unha pastilla que nos faga queimar nutrintes en exceso.

  11. faa-iagogonzalez di:

    Este xen, é moi beneficioso para o noso organismo, xa que reduce a probabilidade de que unha célula nun organismo multicelular se transforme nunha célula canceríxena. Os xenes supresores de tumores atópanse nas células normales e normalmente inhiben a proliferación celular excesiva. Unha mutación ou unha deleción dun xene supresor tumoral, aumentará a probabilidade de que se produza un tumor, ao perder a súa función.

  12. faa-xosemartinez di:

    Este é un descubrimento que, aínda estar en fase de experimentación, pode ter un futuro moi prometedor.
    En ratos que portan o xen PTEN ademais de poder vivir máis, ter unha maior resistencia contra o cancro e ser máis delgados (o seu fígado soporta mellor o exceso de graxas), se puido descubrir unha maior sensibilidade á insulina, o que provoca unha maior protección tamén contra a diabetes.

  13. fab-antiachantada di:

    Este é un descubrimento que aínda que está en fase de experimentación e os seus efectos non son totalmente definitivos si todo saíra ben permitiría alargar a vida das persoas, tratar problemas de obesidade sen recorrer á ciruxía, maior defensa contra o cancro e a diabetes.

  14. fab-aldaragarcia di:

    Gracias a este avance, pode que no futuro teñamos que plantexarnos mudarlle ó nome aos xenes supersores de tumores. Xa que estas proteinas protectoras contra o cancro desarroian outros moitos factores no noso organismo. O último descubrimento acerca delas sería o protectores contra o cancro, a obesidade e o envellecemento.

  15. fab-amadeoabal di:

    O xen Pten non só protexe aos ratóns contra os tumores senón que, ademáis, os roedores que teñenn unha dosis doble viven un 12% máis e son un 28% máis delgados, según un estudio do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.

  16. faa-iriagondar di:

    Nun experimento con ratos de laboratorio, os científicos viron que os ratos con copias extras do xene Pten comen máis do habitual, pero son máis delgados que outros que comen máis. Así, os ratos con dobre dose dese xene teñen unha lonxevidade maior (un 12% maior) teñen máis sensibilidade á insulina (teñen menos posibilidades de sufrir diabete), son moito máis delgados, e o seu fígado é máis resistente a unha dieta graxa, malia comer moito máis.

    Os investigadores cren que a explicación radica na chamada “graxa marrón”; o xene Pten activa este tipo de graxa, que queima calorías para xerar calor, o cal explicaría a delgadeza dos ratos con copias extra do devandito xene.

  17. fab-martinfranco di:

    Se neste descubrimento sae todo ben e comercialízase sería un gran paso para a ciencia e para nós, os humanos. Estaríamos protexidos do cancro, da obeisdade e de todolos problemas e enfermidades que esta provoca e a esperanza de vida dunha persoa aumentaria, polo que viviriamos máis e máis sans. Aínda que este xen ten lados negativos como apunta a miña compañeira Raquel, haberia menos mortes e, polo tanto, máis persoas e unha superpoblación mundial que sería un problema bastante gordo e custoso.

  18. faa-adrianfeijoo di:

    O experimento levado acabo polo Centro Nacional de Investigación Oncolóxica,demostrou que o xene Pten ademais de protexer dos tumores,e aumentar a vellez tamén demostraron que aqueles roedores que consumían unha dobre doses de Pten. a pesar de que comían máis que os outros eran máis delgados.A razón pola que son máis delgados estes roedores é porque o Pten transforma a graxa en calor.

  19. fab-sandraromero di:

    O xen PTEN protéxenos contra o cancro dunha forma natural, aumenta a lonxevidade e ademais protéxenos da diabetis e da obesidade, incluíndo as enfermidades relacionadas con esta última. A pesares de que aínda queda un largo camiño por percorrer, este avance podería ser a cura definitiva contra o cancro.

  20. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO QUE TRATA PRECISAMENTE DO MESMO TEMA QUE ESTE ARTIGO. PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DIAS.

    ADEMAIS RECORDADE QUE UNHA DAS ESIXENCIAS DESTA MATERIA ERA A DE FACER UN MINIMO DE DÚAS PRESENTACIÓNS NO CURSO.