Sol, praia e cancro

A poucos días do verán, moita xente ten o obxectivo de broncear a súa pel, outro ano máis. Aínda así, son poucos os que o fan con protección e de maneira responsable. O abuso das horas de exposición ao sol sen utilizar protectores con esta finalidade, provoca unha maior incidencia dos raios ultravioletas. Este feito repetido, antes dos dezaoito anos, pode provocar a curto prazo un cancro. O máis letal e o denominado melanoma maligno, que afecta a xóvenes entre 20 e 29 anos. Estímase que este tipo de cancro afecta a preto de 2,5 millóns de persoas en todo o mundo e é un dos máis perigosos. Se se detecta a tempo, pode tratarse. Se se dá o caso contrario é imposible que o individuo poida sobrevivir, debido a que ten unha gran capacidade reprodutora, provocando metástase rapidamente, o que acaba cunha morte rápida do paciente. Outro factor importante é que ademais, non aumenta lateralmente, senón, en profundidade, cara á derme, agravando a situación.

Pel branca, pelo rubio ou pelirroxo, ollos claros, tendencia a queimaduras e posuír máis de 50 lunares en todo o corpo son as características de persoas que teñen maior risco de desenvolver cancro de pel.  A planta dos pés, a palma das mans, zonas glúteas, nariz e orellas son as zonas máis propicias a sufrir esta enfermidade, aínda que posteriormente se estenda ós pulmóns, fígado e cerebro. Cada ano diagnostícanse 1.196 casos novos e é o cancro máis común entre a poboación branca. Por último, non debemos esquecer que a prevención é o factor máis determinante se queremos evitar situacións deste tipo.


Autora: Lucía Santos.

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Sol, praia e cancro

  1. faa-emilioabal di:

    Os raios ultravioletas procedentes de fuentes artificiales de luz, tales como os de bronceado e as lámparas solares, son tan perigosos como a radiación solar e polo tanto tamén debemos evitalos. Maneiras de evitalo son por exemplo:
    -Aplicarse os protectores media hora antes de expoerse o sol.
    Repetir a aplicación cada 2 ou 3 horas.
    Evitar o sol entre las 10 am e las 4 pm.

  2. fab-raquelblanco di:

    Non botar protección solar antes de expoñerse ao sol é algo moi perigoso porque despois de 10 anos podes ter un cancro de pel, é unha enfermidade seria, xa que é o tumor máis frecuente nos xovenes entre 25 e 29 anos e o segundo en prevalencia nos que teñen enrtre 15 e 24 anos.
    España sitúase no segundo grupo de países con maiores tasas de prevalencia xunto xon algúns países meditarráneos, isto débese a gran cantidade de horas solares, e ao tipo de pel da poboación que en moitos casos é clara.

  3. faa-paulagondar di:

    Moita xente ignora que o cancro de pel é o cancro máis común que sufrimos os humanos. Isto é así porque, como casi todos os cancros de pel poden ser curados se se detectan rapidamente, hai un número relativamente reducido de mortes. A isto contribúe que a pel esté exposta ao exterior, xa que é máis doado detectar anomalías. Por estas razóns, pode haber xente que pense que este cancro non é perigoso, aínda que a realidade é todo o contrario. Se non se detecta pronto, este cancro é mortal.
    O que debemos facer para evitalo, é protexernos nas exposicións ao sol, pero non só cando estemos na praia. Non é moita a xente que usa cremas protectoras, un erro moi grande, pero a que o fai, pode que tampouco o faga da maneira máis axeitada. Para que unha crema sexa eficaz ao 100%, debe extenderse sobre a pel, con xeito, polo menos 20 minutos antes da exposición solar. Botar crema cando xa estás na praia, non vale. Logo, tamén hai que botar crema despois de cada chapzón, ou cada 2 horas, polo menos.

  4. faa-adrianfeijoo di:

    A verdade é que non somos conscientes de que estar exposto moito tempo ao sol sen tomar medidas é moi perigoso, e pode provocar cancro de pel.Para evitar isto recomendase tomar algunhas medidas:
    -Botar crema por todo o corpo cando vas a estar exposto ao sol.
    -Evitar estar exposto ao sol entre as 12:00- 16:00.
    -Usar gafas de sol para protexer os ollos e a pel sensible do redor.
    -Poñer sombreiro para protexer as zonas que frecuentemente quedan expostas ao sol(a nariz,o pescozo,a fronte…).

  5. fab-amadeoabal di:

    O principal factor de riesgo para desenrolar un cancro de pel son os chamados raios ultravioletas procedentes da luz solar, que producen mutacións no ADN das células que acumúlanse durante anos,
    O cancro de pel é a forma máis frecuente de cancro na población de pel branca. Os tres tipos principais de cancro de pel son, o carcinoma basocelular,o carcinoma de células escamosas e o tipo máis grave, que é o melanoma maligno.
    As personas que están expostas aos factores de riesgo deben prestarlle atención a úlceras ou irritacioóns crónicas que non cicatrizan: lunares e outras marcas de nacemento que aumenten de tamaño ou cambien de cor.

  6. fab-isaacabal di:

    A típica frase é: “a pel ten memória”.
    A exposición a radición solar hai que coidala para evitarar estes cancros de pel, que eles non tenden a ser perigosos por si mesmos, pero extendense con rapidez polo sangue os diversos órganos onde si é xa problemático.

  7. fab-lauragonzalez di:

    Melanoma é o nome xenérico dos tumores melánicos ou pigmentados ou unha grave variedade de cancro de pel, causante da maioría das mortes relacionadas co cancro de pel. Trátase dun tumor xeralmente cutáneo, pero tamén do intestino e o ollo e altamente invasivo pola súa capacidade de xerar metástase. A pesar de varios anos de investigacións extensivas, o único tratamento efectivo é a resección quirúrxica do tumor primario antes de que logre un grosor maior de 1 mm.

  8. fab-alekseinogueira di:

    Coa chegada do verán a xente debería votar protección solar para que non ocurran anomalías coma a aparición do cancro de pel, que é un serio problema e que é unha tontería pensando co fácil que pode ser evitado

  9. faa-mariamartinez di:

    Coa chegada do verán, o obxectivo principal de moita xente é broncearse. Isto non é malo se se toman medidas de precaución, como empregar un protector solar cun factor de protección de 15 (como mínimo), o malo e perigoso é que moitas destas persoas escollen horas de moita radiación, pasan demasiado tempo expostos e, incluso o fan sen empregar protección. Ademais hai que ter especial coidado cos meniños pequenos, xa que a súa pel é moito máis sensible.
    Por outra banda tamén é importante o uso de lentes de sol que filtren os raios ultravioleta, así como evitar o uso de cabinas de broncear…

  10. fab-mariaarojo di:

    Os factores de risco para contraer o cancro de pel son as persoas que traballan na rúa e moitas horas ao sol (estes deberán taparse con gorras e crema solar), as persoas brancas con ollos claros e os maiores de 50 anos.
    Para evitar o posible cancro, e máis no vran deberíamos autoexaminarnos unha vez ao mes, e seguindo pasos coa axuda dun espello, como por exemplo comprobar a existencia de novas marcas na pel (lunares, coloracións…), aumento do tamaño dos lunares, lesións que non sanan ou sangran, lunares con bordos desiguais ou con diferencias de cor entre outros.

  11. fab-noeliafernandez di:

    Melanoma é un tipo de cancro de pel que aparece cando as células chamadas melanócitos se fan malignos.
    Estas células producen un pigmento chamado melanina, responsable da cor da pel, cabelo e da iris do ollo.
    A melanina, pola súa banda, funciona como unfotoprotector evitando que a radiación solar dañe as estruturas ou tecidos do corpo. Cando a pel está exposta ao sol, os melanocitos producen máis melanina como unha defensa contra a acción da radiación ultravioleta (UV).Os lunares ou pecas aparecen cando os melancocitos crecen en grupo.
    As metastasis inícianse cando un pequeno grupo de células do tumor primitivo e transportado a outra zona e se deten nun órgano donde crece e produce un tumor semellante ao orixinal, e para saber a natureza maligna do tumor utilízase a biopsia

  12. fab-rosammillan di:

    Esta enfermidade presenta células cancerosas nas capas superficiales da pel.Esto producese co contacto excesivo da luz ultravioleta ou ben factores hereditarios ou ambientais.Manifestase cos cambios de textura e coloración na pel,aparición de pequenos bultos ou roxeces ,tamén na tardanza na curación de feridas.Outros indicios de cancro manifestanse no cambio de apariencia de lunares.Estas anomalías a veces poden extraerse cunha biopsia pero cando se extende teñense que realizar outros procesos máis complexos.

  13. fab-lauragonzalez di:

    Aínda que a pel escura non se queima ao sol con tanta facilidade como a pel clara, todas as persoas teñen o risco de padecer cancro de pel. Hasta as persoas que non se queiman teñen o risco de cancro de pel. Non importa si cree que a súa pel é clara, escura ou dun ton intermedio.
    Expoñerse ao sol pode danar a súa pel. A luz do sol causa dano polos raios ultravioleta.. Ademais, o sol non é o único causante do cancro de pel. Existen outras causas. É por is que o cancro de pel pódese encontrar en lugares do corpo que nunca estiveron expostos ao sol.

  14. faa-iriagondar di:

    Os cancros “non melanomas” son máis comúns e menos perigosos que os melanomas, de feito máis de 1.000.000 de persoas son diagnosticadas con este tipo de cancro cada ano. Estas son as características máis habituais que presentan.
    – Un pequeno vulto (ou un lunar), que é brillante, ceroso, de cor pálida e de textura suave.
    – Un vulto vermello, firme
    – Unha chaga ou mancha que sangra ou que se volven cotrosas, así como chagas que non cicatrizan.
    – Áreas escamosas da pel que son de cor vermella ou marrón.
    – Calquera crecemento que é sospeitoso
    Débese ter en conta que estes tumores xeralmente son indoloros, pero en certos casos poden presentar dor. Recoméndase que todo o mundo realice un auto-exame da pel, un exame rutineiro para detectar cambios anormais na pel. Así como tamén se recomenda unha exame anual clínico co seu médico.

  15. fab-laurarodriguez di:

    Cada vez mais, a xente busca estar morena por cuestions estéticas. Para conseguir esa cor de pel, expoñense ao sol e moitas veces sen proteccion solar. Todos nos queimamos algunha vez,e non hai que olvidar o feito que a queimadura sana, pero a pel acumula os danos que sofre por cada queimadura que temos, polo que se di que “a pel ten memoria”, facéndonos cada vez mais propensos ao cancro de pel. Para evitar isto, é indispensable utilizar crema solar sempre que vaiamos estar expostos ao sol.

  16. fab-martinfranco di:

    O cancro de pel é unha enfermidade producida polo desenrolo de células cancrosas en cualqueira das capas da pel.
    Existen dous tipos: o tipo non melanoma e o melanoma.
    O cancro de tipo non melanoma é o máis frecuente e denominase non melanoma porque formase a partir doutras células da pel que non son as que acumulan o pigmento (lunares). O cáncro de pel dase máis nas persoas de pel blanca e que pasaron moito tempo expostas aos raios solares, sobre todo cando a exposición solar tivo lugar durante a infancia e se produciron numerosas queimaduras solares. Ainda que pode aparecer en calquiera parte da pel, é máis frecuente que se presente na cara, pescozo, manos e brazos. Podese recoñecer por un cambio no aspecto da pel, como unha herida que no sana ou unha pequena protuberancia. Tamén pode aparecer unha mancha vermella, áspera ou escamosa con tendencia a medrar.

  17. fab-fuensantabuceta di:

    Sobre este tipo de cáncer realizáronse fai pouco estudos na universidade de Nova Jesery e os investigadores comprobaron que a cafeína é boa para combatir o cáncer de pel. Xunto co exercicio regular, o café diminúe as células canceríxenas. As nosas células cun mecanismo coñecido como apoptosis mediante o cal as células cuxo ADN está danado polos raios do sol destrúense a si mesmas. O problema é que, ás veces, esta autodestrucción non se produce, as células danadas convértense en canceríxenas. Os investigadores da universidade de Nova Jersey comprobaron que os ratóns de laboratorio que se alimentaban con auga con cafeína e facían exercicio regularmente tiñan moito máis grado de apoptosis nas súas células que aqueles ratóns que bebían auga normal e non facían tanto exercicio.

  18. fab-raquelblanco di:

    Hai un estudo realizado pola Unión Europea que di que as exposicións a radiacións UVA aumentan un 50% de risco a ter un cancro de pel. Para expoñerse a radiaccións UVA hai que ter moi limpa a pel, botarlle cremas… e non sobrepasarse de tres sesións a semana. Pero moita xente que se expón a este tipo de radiaccións non ten en conta isto.

  19. fab-sandraromero di:

    Está claro que a prevención é a mellor medida a tomar contra o cancro. A educación é esencial para que xa dende pequenos tomemos as precaucións necesarios contra a exposición ao Sol. Os estudos demostraron que o cancro de pel está moi presente na xente xoven, co cal non hai que correr a insensatez de que a “nós” nunca nos vai tocar.

  20. faa-antoniomrodino di:

    A exposición á luz solar natural ou artificial, voluntaria ou involuntaria, pode chegar a ser moi negativa para a pel humana. Moitas persoas olvidan ou ignoran que o corpo estase enfrontando a unha das fontes de enerxía máis potentes da naturaza.
    As radiacións solares exercen un efecto negativo para a saúde, principalmente vinculadas a diversos tipos de cancro de pel, envellecemento prematuro da pel, cataratas e outras enfermidades oculares. O risco de padecer un destes problemas depende dos factores relacionados coa tolerancia á radiación solar, xa mencionada.
    Polo que un dos consellos para previr este tipo de consecuencias, sendo o máis común, é a protección solar cando estamos espostos ó sol.

  21. faa-breixoalonso di:

    A forma máis importante de reducir o risco de desarrollar un cáncer de pel é evitando exponerse sen protección os raios solares e a outras fontes de luz ultravioleta. A maneira máis sinxela de evitar a exposición excesiva a a luz ultravioleta é protexendose, xa sea tapandose con roupa ou botando crema (sempre de factor 15 ou mais), do sol e a sombra sempre que sea posible. Esto resulta particularmente importante ao mediodía, cando a luz ultravioleta é máis intensa.
    As opcións e recomendacións en canto os tratamentos dependen de varios factores, entre eles, o estado do cáncer, os efectos secundarios posibles,as preferencias do paciente e o seu estado de saude xeral.

  22. fab-carmenrodriguez di:

    Dende a aparición do burato na capa de ozono sobre a rexión antártida, tomouse conciencia do perigo que supoñía a reducción dos niveis de ozono, ó debilitar a protección natural que nos brinda a atmósfera contra os raios ulttravioletas (UV) perxudiciais que emite o sol. Isto supuxo unha serie de problemas de saúde que poden levar a sobreexposición destos raios, como cáncer de pel (melanoma e non melanoma), envellecemento da pel entre outros problemas cutáneos, cataratas entre outras lesións oculares ou a inhibición do sistema inmunitario.
    Se se comprende a magnitude destos riscos e se toman as medidas adecuadas, podrá disfrutar do sol e ó mesmo tempo reducir o perigo de sufrir problemas de saúde no futuro.

  23. faa-iagogonzalez di:

    O sol é imprescindible para a vida e ten efectos moi beneficiosos sobre o organismo. É sabido dende sempre que o sol é fonte de vida. Non obstante, se o tomamos con exceso e abuso pode ser noso enemigo máis cruel. A exposición ao sol voluntaria ou involuntaria, pode chegar a ser moi dañina para a pel humana. Os efectos negativos, son tanto inmediatos (Queimaduras, bronceados e insolacións) como tardíos(Fotoenvellecemento cutáneo, Fotocarcinoxénese e alteracións oculares)

  24. faa-manuelbusto di:

    A detección precoz dun melanoma permite a extirpación quirúrxica de case todos eles. Actualmente para detectar este tipo de alteracións utilizase a dermatoscopia, mediante a cal se poden detectar alteracións por debaixo da superficie cutánea , a través dun instrumento óptico.