Asasinas invasoras

A vespa velutina máis coñecida por “avespa asasina” é orixinarias de Asia; dise que chegou a Francia en barco, nun contenedor sen desinfectar e agora propángase por España exterminado a miles de abellas.

As súa principais vítimas son as abellas domésticas, ás que triplican en tamaño, ademais estas asasinas son unhas depredadoras case insaciables, atacan ás súas vítimas paralizándoas co veleno do aguillón e logo secciónanlles a cabeza para comela no momento ou ben lle amputa as ás e leva o cadáver á súa colmea.

As abellas españolas, que gañan en número desenvolveron un sistema de ataque que consiste en rodear á abella  asasina ata formar unha pelota e aletear con forza as ás, o que fai que aumente a temperatura a 45º e a vespa morre de calor.

De momento os investigadores aínda non atoparon un remedio eficaz e os agricultores recorren a trampas caseiras máis estas vespas esténdense nun radio de 30 km cada temporada e xa produciron grandes perdas económicas.

Autora: Antía Chantada

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada . Garda o enlace permanente.

57 Responses to Asasinas invasoras

  1. Victor di:

    Estaría ben que falárades do efecto das espeies invasoras sobre as autóctonas.

    • faa-luciasantos di:

      Unha especie invasora é a cal se establece, por diferentes motivos, nun territorio que non é o o seu orixinal. Estas teñen consecuencias sobre as autóctonas das zonas que invaden, suponen unha ameaza para a diversidade biolóxica introducindo cambios en dito ecosistema. Ademais, son capaces de expandirse lexos do foco de introducción, excluindo completamente á especia autóctona, e provocando a súa desaparición por medio de hibridación, contaminación xenética. Segundo un estudo publicado por Ecological Economics, o 42% das especies amenazadas estano, principalmente, pola acción das especies exóticas.

    • fab-mariaarojo di:

      As especies invasoras son animais, plantas ou organismos que, polo efecto do ser humano son transportadas cara outros hábitats. Este cambio pode resultar moi danino para as especies autóctonas dese hábitat. Esta “invasión” pode traer consigo moitos problemas, coma a estrutura dos ecosistemas naturais ou poñendo en perigo a diversidade biolóxica autóctona ou nativa (falo de diversidade das especies ou diversidade do ecosistema).
      Tamén ten diferentes impactos: ecolóxicos, económicos e á saúde, pasando dende a desaparición do 100% dunha especie a causa da invasora, o custo de erradicación dunha especie exótica e os cultivos perdidos ou o traspaso de virus novos contra os que non temos defensas.

    • faa-paulagondar di:

      Fálase de especie invasora cando unha especie se establece nun territorio que non é o seu natural. Neste caso, a avespa asasina foi detectada por primeira vez en Francia no 2005, e tal foi a súa capacidade de expansión e adaptación, que no 2010 xa atravesara os Pirineos para establecerse en territorio español. Cinco destas abellas, características polo seu gran tamaño e o seu aguillón de 6 mm, poda acabar cunha colmea das nosas abellas domésticas tranquilamente. Por esta razón debemos preocuparnos, xa que ao matar as abellas, poñen en risco a súa labor polinizadora tan necesaria na producción agrícola.

    • faa-iagogonzalez di:

      As consecuencias que traen as diferentes especies invasoras son moi diversas, pero todas teñen diferentes reaccións,tanto poden facer unha invasion e expandirse rápidamente como non afectar a ninguén ou non chegar a sobrevivir ao cambio.

    • fab-sandraromero di:

      A introducción de especies de animais invasoras e vexetais está considerada como a segunda causa de extinción de especies. O impacto que este fenómeno xenera sobre a biodiversidade, é dicir, impactos sobre as poblacións nativas a través da depredación, contaminación xenética e introducción de patóxenos, fan disminuír as poboacións, reducen o éxito de reproducción, provocan ademais cambios de uso no hábitat e nos patróns de actividade.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Falamos de especies invasoras cando animais,plantas ou outros organismos son introducidos en un hábitat que non é o seu e conseguen adaptarse ao novo medio,establecerse e expandirse ,pero neste novo medio resultan dañinas.
      Neste caso a avespa está invadindo moi rapidamente a autóctona,expandíndose ata varios km de terreo en pouco tempo. Ten un tamaño que triplica o da autóctona.Ademais só un pequeno número destas é capaz de rematar con centos de autóctonas.

    • faa-antoniomrodino di:

      As especies invasoras poden causar moitos efectos nas autóctonas, pero cómpre destacar que en moitos casos estas especies invasoras non chegan a sobrevivir tanto porque as condicións ambientais da zona á que chegan as desfavorece, ou mesmo porque tamén poden ser aniquiladas por ditas autóctonas.
      Indo ó caso, estas vespas, como se dá que son máis fortes cas que temos no noso país, poden facer grandes estragos, e non so por chegar a aniquilar á especie presente, se non porque poden chegar a facer grandes estragos económicos no tocante ao cultivo, por exemplo.

  2. fab-amadeoabal di:

    A avespa asiática xa chegou a España.É grande e agresiva, pero non cos humanos.
    A avespa asiática é unha especie invasora. Non é autóctona.A súa hábitat natural está en China, no norte da India e Indonesia.
    A finais de 2004 chegou a Francia. Sospeitase que nun contenedor de madeira sin tratar con insecticida que chegaría dende Asia ao porto de Burdeos.
    Esta avespa é tres veces máis grande cunha das avespas de mel,mide aproximadamente 30 milimetros.
    Ten O tórax e O abdomen negros, excepto por un segmento que é amarelo. As patas son marróns e amarelas. Constrúen nidos nas árbores altas. Son de papel e do tamaño dun balón. Dentro pode chegar a haber ata 1.500 avespas asesinas.

  3. faa-rubengonzalez di:

    O problema que está sucedendo con esta especie invasora parece que cada ano acrecenta a súa gravidade, xa que o ano pasado tratábamos un artigo semellante. Que unha especie invasora resulte dañina, significa que produce cambios importantes na composición, a estructura ou os procesos dos ecosistemas naturales ou seminaturales, poñendo en perigo a diversidade biolóxica nativa.

  4. faa-iriagondar di:

    As especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión, onde resultan daniños. Que unha especie invasora resulta daniña, significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, poñendo en perigo a diversidade biolóxica.

    Os seres humanos causaron cambios sen precedentes nos ecosistemas de todo o planeta e redistribuíron as especies vexetais e animais de forma voluntaria ou accidental. Como consecuencia destes cambios certas especies teñen un comportamento invasor nas localidades de introdución, sendo máis susceptibles os hábitats alterados ou degradados. Estas invasións levan asociadas varios problemas. A nivel ecolóxico destaca a perda de diversidade autóctona e a degradación dos hábitats invadidos. Economicamente son importantes os efectos directos sobre as actividades agropecuarias e a saúde pública. Unha vez detectada a invasión, o seu control e erradicación son custosos e non sempre posibles. Identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento é o mellor camiño para frear un problema que incrementa ao mesmo ritmo que a globalización.

  5. fab-mariajblanco di:

    Polo xeral as especies invasoras ganan territorios por un maior tamaño, unha maior furiocidade. Neste caso as abespas teñen un maior tamaño e son moito máis agresivas que as nosas abellas. Estas para non ser exterminadas por esta especie invasora pensan nunha estratexia ca que poder gañarlles, ao ver que por individual non gañan nada agrupanse para facer un ataque colectivo e asi non ser superados.

  6. faa-emilioabal di:

    As especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fora da súa área de distribución natural e que conseguiron establecer e dispersarse nesa nova rexión, onde resultan desfavorables para os ecosistemas autóctonos.
    Especies autóctonas son animais plantas ou outros organismos que
    Las especies autóctonas son aquelas exclusivas dunha zona xeográfica por telo clima, a alimentación e o paisaxe que o individuo necesita para vivir.

  7. faa-emilioabal di:

    As especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fora da súa área de distribución natural e que conseguiron establecer e dispersarse nesa nova rexión, onde resultan desfavorables para os ecosistemas autóctonos.
    Las especies autóctonas son aquelas exclusivas dunha zona xeográfica por telo clima, a alimentación e o paisaxe que o individuo necesita para vivir.

  8. fab-noeliafernandez di:

    Esta avespa foi descuberta en 2005 en Francia, e chegou sobre unha froita de caqui.
    As condicións climáticas actuais son especialmente favorables a súa multiplicación, e isto é un grave perigo xa que ataca ós outros himenópteros (avespas, abellas) atacando os niños destes.
    Recoñecese inmediatamente pola súa coloración escura, o seu torax completamente marrón negruzco aterciopelado e os segmentos abdominais marróns diferenciados por unha fina banda amarela. A cabeza é amarela e o frente é amarelo alaranxado.
    Constrúe niños normalmente esféricos do tamaño dun balón de fútbol.

  9. fab-rosammillan di:

    Esta avespa ten un comportamento de especie invasora e coloniza centos de km por ano.Moitos dos apicultores están incorporando sistemas de trampas arredor dos panales para evitar a súa introducción.Estas trampas créanse cunha botella de plástico facendolle unhas pequenas perforacións nos laterais e introducindo a boquilla na parte cortada a metade,logo enchése o fondo da botella cunha mezcla de auga,azúcar e zumo de fruta ou cervexa.Este sistema instálase en Febreiro xa que as femias están en busca de alimento.
    Estas sitúanse nun nido voluminoso nas copas dos árboles de lugares humidos,se non se ten éxito as vespas femias volveran o nido e non volverá a saír.É dicir só se capturaran as obreiras.Formarán novas colonias e avanzando hacia colmenares cercanos.
    Os equipamentos dos apicultores non están preparados para estas novas avespas e en caso de ataque non están protexidos.

  10. faa-manuelbusto di:

    Esta avespa representa unha ameaza para as abellas autóctonas, xa que as debora e destrúen as súas colmenas.
    Os apicultores están comezando a instalar trampas contra este insecto, estas trampas consisten en fabricar un embudo coa parte superior dunha botella e introducen unha sustancia como pode ser cervexa ou levadura no fondo do embudo, polo que a avespa entra e morre asfixiada no seu interior.

  11. Victor di:

    E credes que hai posibilidades reais de controlar ás especies invasoras?

    • faa-paulagondar di:

      Sería difícil poder controlar a estas abellas, xa que, como di Amadeo, reprodúcense moi rápidamente. Por outra banda, teñen un comportamento moi agresivo e calquer achegamento humano podría causar algún dano. As mellores solucións atopadas ata o momento son as tampas caseiras, aínda que tampouco dan moito resultado.
      Da mesma maneira, as nosas abellas tamén están desenvolvendo un sistema defensivo contra estas abellas, que se basa en rodear a estas invasoras, formando unha bola, de maneira que esta acaba morrendo de calor.

    • faa-manuelbusto di:

      As especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos transportados e introducidos polo home en lugares externos á súa distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse nesta nova rexión, onde resultan prexudiciais.
      A erradicación completa deste tipo de especies ás veces é posible,pero debese ter un bo coñecemento desa especie, e actuar antes de que se expanda por máis zonas xa que si esto ocorre é case imposible controlalas.

    • fab-raquelblanco di:

      Penso que unha vez que a especie invasora este extendida en gran parte de lugares xa é moi difícil de controlala. O modo de controlar a unha especie en extinción e no momento que comeza extinguirse pero iso é moi complicado, porque cando nos damos conta xa esta extinguída en maior cantidade.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Rematar con esta especie invasora é moi complicado,xa que o número de exemplares é moi grande. O que podes conseguir é que non estean nunha zona moi pequena en concreto, pero facelas desaparecer por completo é case imposible.Este tipo de abella reprodúcese moi rapidamente polo que con quedar uns cantos exemplares, volveríanse a reproducir e a volver a expandirse.

    • fab-antiachantada di:

      As especies invasoras introducidas noutro medio no que non son nativas causan moitos danos, tanto biolóxicos como económicos. Nas últimas tres décadas estas situacións de invasións por parte de animais non nativos aumentaron notablemente debido á activa liberación de comercio, que aumenta moito as posibilidades de ingresar novas especies en territorios que non lles corresponde.
      A expulsión de estas especies invasoras non é nada doado debido á súa boa adaptación ao medio e é difícil buscar unha solución que non perxudique ás demais especies.

    • faa-victorinosouto di:

      Na miña opinión creo que hai certas especies que poden ser controladas polo ser humano. Un exemplo que actualmente ocorre en Galicia e que moitos porcos vienamitas son ceibos no monte. O mallor probrema disto e que cando os porcos vienamitas son grandes chegan a aparearse cos xabaríns o que fai que apareza unha nova especie que non é autótona e cos problemas que acarrexa isto. Hoxe en día os cazadores cando ven un porco vienamita chaman a os de medio ambiente para que recollan ese animal e o leben a un centro de animais asta que apareza un señor que queira quedarse con el. En estes casos apenas se espande esta especie xa que os cazadores están atentos para que os xabaríns que cacen non sexan cada ano máis pequenos.
      No caso das abellas do post si que é un asunto moito máis preocupante xa que neste caso sería moi difícil controlalas porque son máis fortes e reprodúcense moi rápido cas autótonas.

    • faa-antoniomrodino di:

      Como efectivamente din os meus compañeiros, si se poderían tomar medidas pra acabar con dita especie, como poden ser os métodos ou trampas caseiras, que neste momento son as máis efectivas, pero aínda así as cais de pouco nos valen, xa que non debemos esquecer que estas especies son dunha reprodución moi rápida, ademais de que se poden expander nun radio de 30 km e de que o contacto humano con elas pode ser de sumo grao de importancia.
      Eu creo que unha solución que se podería tomar, aínda que no peor dos casos, sería intoxicar certos productos dos que temos constancia que empregan como alimento, sempre que houbese un número grande delas próximas entre sí.

    • faa-iagogonzalez di:

      A resposta, é bastante dificil de responder, pero sí existirían posibilidades de controlar as plagas aínda que non serían de todo efectivas, xa que terían efectos negativos. Algúns destos métodos, serían por exemplo os productos químicos, pero teñen o inconvinte de que afectarían tamén ao resto da fauna e flora do ecosistema.

  12. fab-amadeoabal di:

    Non se pode previr, porque anque destrúas os avisperos, as avespas reinas sobreviven e multiplicanse en seguida.
    En Francia, os mellores resultados chegaron con solucións artesanais, como trampas en garrafas de auga. Aquí, de momento, ínstase aos cazadores e gardas forestais a destruir aquelas colonias que encontren ao seu paso.
    Todo elo únese aos males dun sector,o apícola, que vive cada ano coa incertidumbre de cómo será a próxima produción. A media anual en Aragón é de 2.500 toneladas de mel, pero según a Unión de Agricultores e Gandeiros que en 2011 caeu un 65%.

  13. fab-aracelilores di:

    As especies invasoras teñen polo xeral unha forte capacidade de adaptación e dispersión. Esta avespa orixinaria de Asía na que unha das diferencias coas europeas é que é 3 veces máis grande, esta provocando grandes danos no sector apícola, xa que ataca as abellas e é capaz de danar os enxames. É un insecto diúrno, é dicir que busca o seu alimento e realiza a súa actividade durante o día. A súa alimentación basease en outros insectos( abellas de mel, avespas, moscas, bolboretas, eirugas e arañas), de líquidos doces (néctar, mel..) e tamén de froita madura. Poden consumir grandes cantidades de esta e producir danos nas hortas.
    Existen unha serie de recomendacións, como evitar a captura das femias fundadoras na primavera (porque isto fai espazo para outras),poñer trampas cando ataquen un enxame e a destrución dos seus asentamentos.

  14. fab-alvarolopez di:

    A erradicación e control das especies invasoras é moi costosa e non sempre é posible. A mellor opción é identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento para frear un problema que se incrementa moi rápidamente.

  15. fab-fuensantabuceta di:

    Eu creo que controlar unha especie invasora que está xa tan estendida como é o caso da abella asasina é un traballo case imposible. Pódese lograr tal vez nunha zona concreta, pero simplemente con que queden vivas dúas abellas poderán reproducirse rapidamente e crear outra plaga. O problema das especies invasoras haino que eliminar dende o principio, cando inda non empezaron a reproducirse. Pero detectar a unha especie invasora nos seus comezos é moi complicado e cando a detectan xa se propagou por tantos sitios que é imposible de eliminar.

  16. faa-margabarreiro di:

    Unha das posibles solucións podería ser a de introducir controladamente predaddores destas abellas no noso entorno e esperar que refreen un pouco o seu avance,pero como xa dixen controladamente,porque senón esta especie depredadora poderíase descontrolar e entón estaríamos a enfrentarnos a un dobre problema,intentar eliminar as abellas e a o seu predador,cousa que podería resultar fatal para as nosas especies autóctonas.

  17. faa-breixoalonso di:

    Si unha especie entra nun habitat que no é o seu o que ocasiona é que as especies autoctonas empezan a sufrir 3 consecuencias graves:
    -Escasea de comida xa que a cantidade de animais aumenta.
    -Deducimos do anterior que os animais limitarán os nacementos e por tanto a especie podría extinguirse.
    -Por último estas especies nativas desplazaránse a outros hábitats e ocasionaran a invasión que estas mismas especies noutros lugares.

  18. fab-carmenrodriguez di:

    O problema das especies invasoras aínda non recibiu toda a atención que merecen. A especies invasoras exóxenas poden provocar grandes danos ó converterse en competidoras das especies autóctonas. Pouco se pode facer ó chegar a primavera, xa que non se poden previr, porque aínda que se eliminen os avispeiros, as abellas reinas sobreviven e multiplícanse en seguida.
    Deixando a un lado os danos económicos que está xerando xa no sector apícola, esta abella é unha ameaza para a pel dos seres humanos. O seu aguillón pode alcanzar os seis milímetros, case o triple que unha abella europea. A súa picadura tamén é dolorosa porque o seu veleno é sete veces máis potente.

  19. faa-mariacmaquieira di:

    É moi díficil controlar as especies invasoras, no caso de algunhas especies é máis complicado que no de outras xa que algunhas se adaptan con maior facilidade e extendense rápidamente o cal fai complicado a tarefa de mantelas controladas.

  20. fab-lauragonzalez di:

    As avespas asasinas son grandes depredadoras. Atacan ás abellas da mel cando chegan a colmea cargadas de polen, córtanlles a cabeza e cómenas. Algunhas lévanas aos seus niños para devoralas coas súas compañeiras. A avespa asiática ademais de abellas come lagartas, bolboretas, moscas y outros insectos. Recoméndanse algunhas medidas de control para facer fronte ao insecto invasor. Tamén se aconsella a captura con trampas durante todo o ano ou a destrución dos niños có fin de limitar a propagación da especie.

  21. faa-iagopaz di:

    O problema de este tipo de plagas é evidente, non se poden empregar pesticidas convencionas, xa que afectaría as especies autóctonas. Deberíanse contemplar outras opcións como a introducción masiva de especies predadoras de estas avespas como os alcaudóns ou os paxaros carpinteiros reducirían o impacto desta plaga

  22. faa-paulagondar di:

    A vespa velutina é unha especie que está causando estragos coas nosas abellas de sempe, e os apicultores deben de estar ben preocupados, xa que non se da atopado un mecanismo eficaz para eliminalas.
    Estou dacordo con Fuensanta, se ao principio non se logrou erradicar esta abella dos nosos territorios, non creo que se faga agora que xa está moito máis desenvolvida e adaptada. Asique, sacando a idea de eliminala, teremos que aprender a vivir con ela e crear algún método para que non mate as nosas abellas autóctonas, que son as que polinizan e nos dan mel.

  23. faa-iriagondar di:

    Os espazos que se ven máis afectados polas especies invasoras son illas e os lagos que son extremadamente sensibles a este fenómeno xa que ao ser ecosistemas de pequeno tamaño as súas especies son máis vulnerables.

  24. fab-isaacabal di:

    A introducción de especies nun habitat non autócto, proboca este tipo de desastres en especies si autoctoctonas.
    Débese evitar estas situación que levan a pragas, extinción de especies, desastres naturais…

  25. Victor di:

    É unha costume moi común o adquirir especies exóticas como animais de compañía. Cando nos aburrímos delas ou crecen moito, pensamos que sería unha boa idea ceibalos na natureza.
    Que opinión vos merece isto e que consellos lle dariades ás persoas que pensaran facer iso?

    • faa-manuelbusto di:

      Realmente é unha mala idea xa que este tipo de animais poden chegar a producir cambios no ecosistema onde os liberas e prexudicar ás especies autóctonas.Un destes casos é a chamada tartaruga de florida que está catalogada como unha das 100 especies exóticas invasoras máis dañinas do mundo.

    • fab-antiachantada di:

      Aínda que a opción de ter animais e plantas exóticos é moi atractivo é algo máis perigoso do que se cree, ninguén se para a pensar nas consecuencias que pode causar iso. Na miña opinión, creo que aínda que é algo que cada vez gusta máis e é máis común debería de prohibirse de todo e a aquelas persoas que desexan un animal de compañía exótico debería de pararse a pensar que calquer tipo de problema con el podería perxudicar gravemente aos animais e plantas nativos da zona, que son realmente aos que temos que respetar e coidar, e que van a retirar a un animal do seu medio, ao que está adaptado e acostumado soamente por desexo.

    • faa-iriagondar di:

      Opino que cada vez hai máis persoas que teñen na casa animais exóticos ou salvaxes, pero estes, ademais de ser perigosos nalgúns casos, non dan cariño como unha mascota tradicional e implican uns coidados especiais, o que adoita levar consigo o seu abandono. Actualmente están vixentes no noso país varias leis que protexen os animais exóticos. Infrinxir calquera destas lexislacións, xa sexa por parte de persoas que se dedican á compravenda de animais exóticos ou por particulares que aproveitan algunha viaxe para compralos, implica dende unha multa de 18.000 euros ata dous anos de cárcere.

    • fab-fuensantabuceta di:

      Cada especie, animal ou vexetal, está adaptada ó seu hábitat e forman parte da pequena cadena alimenticia que se leva a cabo en cada hábitat. Cando a xente trae unha especie exótica non se para a pensar nas repercusións que vai ter na natureza que o rodea. E non só afecta ó ecosistema, tamén ó propio animal. Cada animal está adpatado ó seu medio e ao traelo a un novo (aínda que non haxa moita diferencia) ten que adaptarse a este novo medio. Os cambios que poda facer o animal para intentar sobrevivir neste novo hábitat influirán no resto das especies nativas e nas relacións que había entre eles para sobrevivir. Creo a xente é bastante egoísta nestes casos, xa que por un capricho pasaxeiro que non lles vais durar máis dun ano, non lles importa poñer en risco a natureza que os rodea.

    • faa-breixoalonso di:

      Adoptar un animal exótico é unha gran responsabilidade que non se pode decidir da noite para a maña. Ademáis se decidimos adquirir unha destas especies é para sempre e, na miña opinion, se nos chegasemos a cansar dela a única opción sería vendela ou nalgún caso concreto donala o zoo, que tamen se presenta como alternativa a adquirir unha especie, xa que no caso de que non esteamos totalmente decididos a comprar unha destas especies sempre podemos presentarnos como voluntarios nel.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Penso que é un gran erro que comete moita xente, porque por un simple capricho temporal se ten un animal exótico no fogar.Ademais cando é pequeno failles graza e chámalles a atención,pero unha vez que medra xa non lle fan caso e chega un momento que se cansan e deciden abandonalo.Pero non é deixalo por aí e xa está, senón que ten as súas consecuencias.Cando se introduce unha especie nun hábitat que non é o del pode producir cambios nel e incluso prexudicar as especies autóctonas.

    • fab-sandraromero di:

      Antes de adquirir un animal cunhas características que non sexan óptimas para convivir coas persoas, hai que ter unha responsabilidade suficiente para pensalo dúas veces. Pero se se dá o feito, hai asociacións protectoras de animais exóticos que nos poderían botar unha man.

    • fab-raquelblanco di:

      É unha moi mala idea, xa que as especies que non son autóctonas podén producir grandes modificacion no ecosistema e acabar coas especies autóctonas, penso que cada especie debe de permanecer no ecosistema que pertenece.

    • faa-luciasantos di:

      Sinceramente, creo que é unha irresponsabilidade. No momento no cal adoptamos ou decidimos acoller unha mascota é para ocuparnos dela e darlle todo o que necesita. A realidade é triste, pero certa. Cando as mascotas son pequenas gustannos moito e pensamos que podemos facernos cargo, pero pronto nos esquecemos e deixamos de prestarlles atención. Creo que ocuparse dun ser vivo é algo máis complexo que iso e que debemos reflexionar se estamos capacitados para facelo. Ademais, que se trate dunha especie exótica agrava as cousas, dado que se nos desfacemos dela, altera o ecosistema e o medio no que está a vivir e cando unha especie invasora comeza unha plaga, substituíndo á especie autóctona, é difícil de controlar.

    • faa-paulagondar di:

      Para nada é unha boa idea. Unha persoa que adopta un animal exótico como mascota, terá que ser consciente das responsabilidades que implica. Está claro que unha especia exótica necesitará máis coidados que un gato, por exemplo. Se se adopta un animal exótico para logo aburrirse e desfacerse del, aparte dunha irresponsabilidade, tamén supón unha ameaza para as especies propias do lugar, incluso pode producirse un desequilibrio natural. Tamén pode que esta especie acabe morrendo, xa que ao non ser o seu hábitat non lograría sobrevivir, pero o máis común é que se acabe por adaptar.

    • fab-mariaarojo di:

      Está claro que non se pode facer iso, pois volveriamos ao das especias invasoras sobre as autóctonas, destrozando o ecosistema existente.
      Se collemos un animal exótico temos que estar completamente seguros de que non o imos abandonar.
      En España un exemplo é o mexilon cebra. Acostumado ao seu hábitat da zona de Zaragoza, se non se ten coidado coas embarcacións acuáticas e non se limpan ben podería transportase a toxina a outros ecosistemas.
      Se iso ocorrese, en Galicia acabaría por matar a toda a fauna mariña, destruíndo ata as helices dos barcos (pégase as helices e impide o seu funcionamento).

    • faa-xosemartinez di:

      Que un animal exótico sexa liberado nun entorno no que a súa especie non está asentada é un erro que pode ter para o ecosistema fatais consecuencias porque pode producir erros irreparables e, polo tanto grandes perdas para todas as persoas que viven do campo no territorio circundante.
      O que penso para poder chegar a evitar este tipo de problemas é endurecer un pouco os requisitos para ter este tipo de especies e ter controlados todos os exemplares que estean en mans de particulares.

    • faa-victorinosouto di:

      Cando un decide mercar unha especie exótica ten que ter en conta que son animais moi especiais e que moitas veces son caros (tanto o seu mantemento como mercalo) e cando son grandes chegan a ser molestos. Na miña opinión non me parece ético mercar un animal porque é moi bonito e cando pasa 3 anos abandonámolo en calquere sitio e olvidamonos del. Este animal nos mellores dos casos para o ecosistema acaba morrendo pero hai outra contraposición e é que este animal estaria feliz no seu habitat e non abandonado en calquera sito morrendo de fame.

    • faa-antoniomrodino di:

      Si, certo é que é unha costume común; polo lado positivo se pensamos que só se soltase un animal deste tipo cada 100 ou 500 km apenas habería problemas, a cuestión está que non sempre se da esta coincidencia de distancias, polo que estas especies, que en moitos casos poden pertencer a unha orde superior, poderían chegar a formar grandes fracasos nun ecosistema, sen ir máis lonxe.
      Eu o que recomendaría, coma con todo, que se pensase ben o que se fai, e no caso de arrepentirse, non ceibar estes animais así sen máis, se non que levalos a un lugar específico onde os puidesen tratar ou tomar medidas específicas, de acordo a uns principios.

    • faa-iagogonzalez di:

      Realmente, éste é un erro moi común pero con efectos moi negativos para a fauna e flora do ecosistema no que se solta a especie invasora. Esta especie, alteraría o ecosistema dunha forma radical, rompendo de forma totalmente negativa a cadea alimentícea e podendo poner diversas especies en perigo de extinción.

  26. fab-antiachantada di:

    As especies invasoras son animais que por diferentes motivos se trasladan e establecen a un territorio que non lles pertence. Estes animais poden producir cambios importantes na composición, estrutura ou procesos dos ecosistemas naturais da propia zona, poñendo en perigo a diversidade biolóxico, é dicir, as especies nativas. A nivel ecolóxico é importante a perda da diversidade autóctona e a degradación dos hábitats.

  27. fab-amadeoabal di:

    Amin paréceme un gran erro,pois coller un animal exótico só porque é bonito mentres é pequeno ou só por decir que teño un é un grave error.Pero o pero e que despóis cansaste del e sóltalo nun bosque…próximo e eso provoca a destrución de gran parte da fauna que vivía alí.O que hai que facer para prohibir tan grave error é:
    Prohibir o comercio e a tenencia de especies exóticas invasoras para a súa tenencia como si de mascotas se tratasen. Debido as fugas ou ao abandono de estos animais producíronse introduccións de múltiples especies exóticas invasoras, como o galápago de Florida.
    Outra causa como dixen antes da solta de animais é que despóis repodúcense con outro da mesma especie que tamén o saltoran.