Auga “pura”

Científicos rusos acadaron despois de máis de tres décadas de traballos de perforación na Antártida, o lago Vostok, que se encontra a uns 3.760 metros baixo o xeo e acolle a auga máis pura e antiga do planeta.
Os científicos rusos reanudaron facía máis dun mes a perforación do xeo, a razón de entre 1 e 4 metros diarios, que cobre o Vostok, lago que estivo selado durante millóns de anos.

Probablemente se trate da auga máis pura e antiga do planeta. Non temos probas directas, pero si datos de que a superficie será estéril, aínda que no fondo do lago haberá formas de vida  termófilas e extremófilas (microorganismos que viven en condiciones extremas)”, asegurou Valeri Lukín, o xefe da expedición rusa.

Segundo Lukín, os resultados da exploración do lago antártico serán fundamentais para o estudo do cambio climático na Terra durante os próximos século, xa que  Vostok é una especie de termostato illado do resto da atmosfera e da superficie da biosfera durante millóns de anos. Con preto de 300 km de longo, 50 de ancho e case 1000 m de profundidade nalgunhas zonas, o Vostok é una masa de auga doce en estado líquido que se encontra no epicentro do sexto continente; a Antártida.


Autor: Emilio Abal

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Recursos naturais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Auga “pura”

  1. fab-amadeoabal di:

    É un artigo moi interesante,pois amósanos un descubrimento moi grande na Antártida.Despois dunhs 3 kiloometros e 748 metros descubreuse o Lago Vostok,o cal ten a auga maís pura e antiga do planeta.
    O lago Vostok é un lago subglacial na Antártida. Está ubicado por debaixo da base Vostok rusa, a 3.748 m baixo a superficie da placa de xeo antártica central, totalmente aislado do exterior e protexido da atmosfera.

  2. faa-iriagondar di:

    O lago Vostok, como ben di Emilio no post contén auga en estado líquido, ten 250 quilómetros de longo e uns 60 de ancho. O volume total de auga que contén é de ao redor de 5400 quilómetros cúbicos, os cales serían suficientes para o consumo hídrico dunhas 50 millóns de persoas durante 3 anos.
    Entre os varios misterios que esconde o lago Vostok, inclúese o da altitude sobre o nivel do mar do fondo do mesmo lago xa que a superficie do lago está situada 3623 metros debaixo da base Vostok, que á súa vez está a 3488 metros sobre o nivel do mar.
    Segundo os datos oficiais, a temperatura da auga do lago é de -3 °C, e o seu estado líquido mantense grazas á enorme presión causada pola capa de xeo. Outras fontes indican que nalgúns puntos do lago a temperatura alcanza os 19 graos, o que suxire que debaixo del haxa probablemente unha intensa actividade xeotérmica.

  3. fab-rosammillan di:

    Os investigadores desta expedición,extraeron mostras de núcleos do xeo onde están rexistrados 400.000 anos de cambios medioambientais(é dicir 4 eras glaciais).
    Isto aclararía moitas dudas dos cambios climáticos sucedidos na terra ó longo dos anos.
    Leva illado do exterior de 15 a 20 millóns de anos e poden encontrarse especies descoñecidas e outras formas de vida,moitos científicos temen que se contamine o mesmo lago ou as mostras que se obteñan.

  4. faa-breixoalonso di:

    A perforación levouse a cabo, dende 2005, mediante anticonxelantes. A principal idea é que cando se rompa a última capa de xeo saia, a causa da presión, un primeiro chorro de auga que se contamine a causa do anticonxelante; pero moitos expertos opinan que deben tomar mais medidas para garantizar a pureza da auga e propuxeron; entre outras, a posibilidade de facer a perforación con auga quente o que seria un desperdicio de enerxía.

  5. faa-paulagondar di:

    Como podemos comprobar, a natureza nunca deixa de sorprendernos. Despois de dúas décadas de perforacións, o equipo ruso logrou chegar a este lago aislado da superficie durante centos de miles de anos, a 3769,3 metros de profundidade. Segundo os científicos, a auga deste lago puido manterse líquida nestas extremas temperaturas grazas ao quentamento xeotérmico e ao aislamento pola cuberta do xeo. Debido ao longo período de aislamento deste lago e as extremas condicións nas que se atopa, o seu estudo podrá revelarnos datos sobre a evolución da Terra e sobre novas formas de vida.

  6. fab-fuensantabuceta di:

    Este lago ofrece moitas posibilidades de estudo ós científicos: a súa localización é idónea para estudar o cambio climático ó longo dos séculos e, ademáis, poderán analizar os cambios que sufriron todos eses microorganismos dadas as duras condicións ás que se tiveron que adaptar para poder sobrevivir. Pero este lago tamén ten outras anomalías ás que os investigadores todavía non puideron responder. Por exemplo que a temperatura da auga está a -3ºC por debaixo do punto de conxelación, e inda así a auga do lago está en estado líquito. Outra curiosidade deste lago é a forte anomalía magnética que presenta e que algúns investigadores din que é a causa de que a corteza terrestre no fondo da terra sexa tan delgada. Isto provoca que a cercanía co manto (una capa terrestre por riva do núcleo da terra) cause esas anomalías magnéticas.

  7. faa-nereapaz di:

    A chegada ó lago Vostok mediante perforacións iniciadas no ano 2005, vainos aportar gran información da adaptación extrema deses microorganismos a esas condicións do medio, totalmente aislado do exterior e da atmosfera.
    Este descubrimento non só non valdría de guía para buscar as posibles causas do cambio climático, senón que permitiría averiguar se no satélite de Xúpiter, Europa existe vida, debido á súa similitude en canto ás condicións do medio, xa que Europa é unha gran esfera de xeo con lagos subterráneos con características similares ás do lago Vostok.

  8. faa-paulagondar di:

    Aínda que este descubrimento sexa moi importante, non debemos olvidarnos da contaminacion que supoñen os métodos que se utilizan para levar a cabo estas perforacións. Ata principios do ano 2000, un grupo de científicos franceses estiveran implicados tamén nos traballos do lago, pero abandonaran as investigacións porque non atoparan ningún método que non contaminase. En cambio, os rusos seguiron adiante con algunha que outra denuncia ao lombo, como a do profesor Martin Siegert, director da Escola de Xeociencias da Universidade de Edimburgo, que apuntaba que os rusos usaban keroseno arredor do pozo para evitar que este se cerrase. Esta auga do lago Vostok leva sendo pura dende hai centos de miles de anos, esperemos que non deixe de selo agora.

  9. fab-alekseinogueira di:

    Se se chegase a extraer auga deste lago sería fantástico poderíase analizar e así descubrir novos microorfanismos que sen dúbida serían moi útiles para a investigación, a parte de descubrir estos seres poderíanse recoller restos de fósiles da época dos dinosaurios.

  10. fab-carmenrodriguez di:

    Compartindo as ideas dos compañeiros agrego varias especulación que se deron da existencia de vida e a súa comparación ca ” luna joviana Europa”. Isto debeuse a similitude das condicións do lago ás que se podrían entonctrar baixo a corteza conxelada dalgúns corpos do Sistema Solar como Europa, unha lúa de Xúpiter. Así é, que confirmar que a vida pode sobrevivir no lago Vostok supondría reforzar os argumentos a favor da presencia de vida en entornos parecidos fora da Terra, proporcionando en calquer caso un entorno útil para probar e desenvolver a tecnoloxía necesaria para realizar este tipo de exploracións.

  11. fab-amadeoabal di:

    Estímase que o lago Vostok ten unhs vinte millóns de anos de idade, dise que é a auga máis pura do planeta,e cada vez son máis grandes as posibilidades de que albergue vida a pesar das súas condicións extremas.
    Tamén é o lago subglacial máis grande dos centos que se encontraron ata agora,e coa súa prolongada idade,o lago tendría a auga máis pura e intacta.
    Cando os rusos comenzaron coa perforación deste lago na década dos 70 inda non se sabía del.

  12. fab-raquelblanco di:

    Encontraron rastros do ADN de termófilos,a uns 3600 metros de profundidade, polo que é probable que haxa vida nese lago formado fai 40 millóns de anos.
    Si se encontra algún organismo podremos seguir o proceso de evolución de especies que nunca tiveron contacto coa atmósfera. Tamén é interesante para estudar os medios de acceder as zonas de Marte e xúpiter, serve tamén para estudar o cambio climático.

  13. faa-iriagondar di:

    Estímase que o lago Vostok estivo cuberto por xeo e illado da atmosfera durante 25 millóns de anos, o que o converte nun ecosistema de propiedades únicas. Os microorganismos que poderían habitar este lago (bacterias, algas, virus…) terán evolucionado durante millóns de anos de forma independente do resto das formas de vida que coñecemos no planeta e teranse adaptado ás difíciles condicións existentes no lago Vostok: unha presión 360 veces superior á atmosférica, unha temperatura de -3°C , unha completa escuridade e unha concentración de osíxeno tres veces superior á da atmosfera.

  14. fab-aldaragarcia di:

    A verdade e que estamos a falar dun gran avance científico sen ningunha dúbida. Apartir do lago poderase estudar o cambio climático. Descubriranse novas especies que non sabemos da existencia delas e poderase estudar os cambios que estas sufriron para poder adaptarse as condicións extremas de frio nas que viven e como evolucionaron estas xa que nunca tiveron contacto ca atmósfera.

  15. fab-aldaragarcia di:

    A temperatura no lago é sobre -3º pero a auga do lago está líquida. Os científicos supoñen que se debe a que o calor interno da terra quenta as rochas que están máis preto do lago, polo cal, a auga do lago non está conxelada. Tamén pode continuar líquida debido á presión.
    O lago tamén posúe unha anomalía magnética, demasiado alta e extensa cuxas causas son descoñecidas.
    O lago tamén posee mareas, dependendo da posición do sol e da lua a superdicie elévase entre 1 e 2 cm, as mareas xogan un papel crucial para a vida dos microorganismos.

  16. faa-manuelbusto di:

    A temperatura media da auga é de aproximadamente -3ºC por baixo do punto de conxelación.
    Respecto a porque permanece a auga deste lago líquida na zona máis fría do planeta, suxeríronse varias hipóteses, como por exemplo que a calor interna da terra quenta as rochas baixo o lago, ou que a cuberta de xeo, que é un mal conductor da calor, actúe como un aislante protexéndoo das baixas temperaturas da superficie.Outra destas hipóteses é que a auga permaneza líquida debido á presión exercida pola masa de xeo que hai por encima.

  17. Victor di:

    Que nos pode ensinar o coñecemento da historia do noso planeta?

    • faa-paulagondar di:

      O coñecemento da historia do noso planeta é algo fundamental que nos serve para saber de onde vimos, quenes somos. Sérvenos para entender as situacións que estamos vivindo, por que pasan cousas e porque as cousas son así e non de outra maneira. Coñecer a historia do noso planeta é algo básico para poder entender o funcionamento de todos os mecanismos que nos rodean, do lugar onde vivimos.

    • faa-margabarreiro di:

      Pode ensinárnolo todo,por iso é moi importante que consigamos averiguar o máximo do noso planeta,para poder darlle resposta a esas miles de preguntas que rodean ós seres vivos e a natureza.Pode que dentro de ese lago se encontren moitas respostas porque cos seus 20 millons de annos pode esconder moitas das respostas que necesitamos.

    • fab-inesfeijoo di:

      sérvenos para saber de onde vimos e quen somos. Sérvenos para entender as situacións que estamos a vivir, e tamén para saber en donde vivimos.

    • fab-raquelblanco di:

      É moi importante coñecer as orixes do noso planeta, como se formou, como nos formamos nós, de dónde vimos, porque suceden as cousas… Desta maneira axudanos a entender mellor a vida e saber o que podemos facer e o que non, e dónde temos que investigar se queremos atopar algo. Tamén axudanos a saber e coñecer a situación que estamos vivindo e que debemos facer para que isto non siga así.

    • faa-breixoalonso di:

      Para a supervivencia como especie, debemos coñecer a fondo o noso planeta e os efectos que a nosa presencia causa nel. Este coñecemento permitenos coñecer mais sobre as especies do pasado é saber o que as levou a extinción desta forma podemos tomar medidas para que non nos ocorra a nos.

    • fab-antiachantada di:

      O coñecemento da historia no noso planeta é algo moi importante para saber a nosa orixe, o funcionamiento do noso planeta e a súa naturaza, así como o estudo das accións humanas no pasado e analizar todos os cambios que sufrimos ao longo da historia.

    • faa-luciasantos di:

      Ser coñecedores da historia do noso planeta pode traernos grandes vantaxas. Se investigamos as súas orixes e a súa formación, pode servir como resposta a todas as nosas preguntas e, en defeinitiva, serve para coñecer quen somos e de onde vimos. Axuda a comprender como podemos actuar, coñecendo situacións anteriores ao noso tempo, das cales podemos aprender e mellorar.

    • faa-antoniomrodino di:

      Se partimos de coñecer a historia do noso planeta, este nos pode amosar multitude de cousas, isto é: ao descubrir lugares, ambientes, sere vivos etc, como pode ser este lago da Antártida, dunha grande antiguedade, nos podemos informar como requisito máis importante do conxunto de cambios que experimentou ese mismo obxecto ata a chegada á actualidade, simplemente comparando, no caso deste lago, por exemplo, as diferenzas que se poden apreciar na auga con respecto a outro lago similar pero con menor antiguedade, debido fundamentalmente ao paso do tempo.
      No caso de aprezarse diferenzas, temos que recorrer ao seu posterior estudo, para así determinar todo o que puido acontecer nese interbalo de tempo, que seria a diferenza de antiguedades.

  18. faa-iagogonzalez di:

    Este artigo, axúdanos a comprender que non é preciso mirar cara o espazo para preguntarse qué clase de misterios poderíamos atopar. Alguns dos máis grandes están aquí na Terra, e un en particular é este. Estímase que o lago Vostok ten uns vinte millons de anos de idade, e dixose que contén a agua máis pura do planeta, e son cada vez máis grandes as posibilidades de que albergue vida a pesar das súas condicións extremas. Trinta anos e máis de 3.700 metros de profundidade despois, un grupo de científicos rusos alcanzou a superficie deste incrible lago.

  19. fab-amadeoabal di:

    O coñecemento da historia do noso planeta é algo básico,como ben di Paula.É fundamental saber os misterios que nos garda o noso planeta como por exemplo como di este artigo que a auga do lago Vostok é a máis pura e antiga do mundo,que a Terra se fixo 4.600 millóns de anos….cousas como estas son moi interesantes e son a historia do noso planeta.

  20. fab-lauragonzalez di:

    Con un tamaño similar ao do lago Ontario, ten unhas dimensións de 250 km de largo por 50 km de ancho, e está dividido en dúas profundas fosas por unha cordilleira. O auga líquida sobre a cordilleira ten unha altura de 200 m, uns 400 m na fosa norte e 800 m na sur. O lago Vostok cobre un área de 15.690 km² e ten un volume estimado de 5.400 km³ de auga doce, curiosamente considérase que esa auga doce mantense en estado líquido pese a que a súa temperatura media sería de -3ºC, isto explica porque o auga deste lago se encontra comprimida a unha presión de 360 atmosferas. En maio de 2005 atopouse unha illa no centro do lago.

  21. fab-martinfranco di:

    Non foi senon ata 1996 que os científicos rusos e británicos confirmaron a existencia do lago, algo que sospeitábase dende os anos 60. Tamén é o lago subglacial máis grande dos centos que se encontraron ata agora, e coa súa prolongada edade, o lago tería a auga máis pura e intacta de toda a terra. De acordo a recentes reportaxes, un grupo de científicos rusos chegaría á superficie do lago, detendose a exactamente 3.768 metros de profundidade. A perforación comenzou na década dos ‘70, moito antes de que se supera del.
    Nestos momentos, non é soamente a existencia de agua doce no lago o que atrae aos científicos, senon as súas extremas condicións. Comparouse ao lago Vostok cos océanos e lagos subterráneos que estarían baixo a superficie das luas Europa e Encélado, dúas das maiores candidatas no Sistema Solar para poseer vida extraterrestre. Se hai algo vivo alá abaixo (e probablemente o haxa a pesar da oscuridade e do frío) calificaríase directamente como un organismo extremófilo (microorganismo que vive en condicions extremas). Ao mesmo tempo, o lago Vostok podería entregar respostas a algúns interrogantes sobre o calentamento global. O continente antártico posee cerca do 70 por cento da auga doce do planeta (entre o xeo e os lagos), e un aumento na súa temperatura contribuiría á elevación do nivel do mar.

  22. faa-paulagondar di:

    No ano 2001, uns científicos comezaron a sobrevoar este lago co fin de estudar a súa actividade magnética. Durante estes voos, descubriuse na zona suroriental unha anomalía magnétia de aproximadamente 1000 nanoteslas (unha tesla é a unidade de densidade de fluxo magnético), que se extende a 166 kilómetros cadrados. Os científicos aínda ignoran a orixe desta anomalía, aínda que algúns teñen algunhas teorías. Por exemplo, o profesor Michael Studinger da Universidade de Columbia afirma que no fondo do lago a corteza terrestre é moi delgada, polo que esa proximidade co manto causaría un aumento da actividade magnética.

  23. faa-victorinosouto di:

    Como ben di o post este descubrimento non é un gran abance pero si sera un gran abance no futuro xa que grazas a este lago podemos saber os cambios que sofre o noso planeta co cambio climántico. Estes microorganismos que habitan no lago pódenos aportar moita información a cal pode ser moi interesante.