Camiñando sobre a auga

 

 

Un novo composto formado por nanofibras de celulosa en aerosol  foi presentado durante o encontro anual da Asociación Americana de Química, está considerado como un material case insomerxible e cunha elevada flotabilidade. Para facernos unha idea da resistencia e forza de dito material, se construímos un barco con menos de 500 g sería capaz de soportar 453 Kg sen afundirse. O descubrimento sitúase nun campo emerxente chamado biomimética, no que os científicos inspíranse na natureza e adáptanse aos sistemas biolóxicos de plantas e animais para o seu uso na medicina, a industria e outros campos. Segundo explica Olli Ikkala, da Universidade de Tecnoloxía de Helsinqui en Espoo (Finlandia), o novo material flotante, deseñado para imitar as patas longas e delgadas do insecto tecedor que camiña sobre a agua, está feito dun aerosol, composto por nanofibras da celulosa nas plantas. Os aerosois son tan lixeiros que a algúns deles chamáselles «fume sólido». Tamén teñen notables propiedades mecánicas e son flexibles.

Hai que ter en conta que a celulosa é o polímero máis abundante da terra, unha materia renovable e sostible que pode ser utilizada de moitas formas. As aplicacións potenciais van desde a limpeza dos derrames de petróleo hasta a creación de produtos tales como sensores para a detección da contaminación ambiental,  robots miniaturizados militares e incluso xoguetes infantís e flotadores practicamente insomerxibles. Con respecto á capacidade de absorber grandes cantidades de aceite o novo material podería flotar sobre a superficie, absorbendo o aceite sen afundir.


Autor: Breixo Alonso Castro

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Camiñando sobre a auga

  1. faa-fernandogarcia di:

    Interesante. Un novo material insumerxible brinda moitas novas posibilidades, como para evitar afundimentos dos barcos en caso de accidentes no mar. A limpeza de derrames de petróleo podería ser moito máis facilitada, en efecto, separándoo da auga do mar.
    E aínda considero que este desubrimento pode ter moitas máis aplicacións potenciais

  2. fab-amadeoabal di:

    Como moi ben di Fernando,é un tema in teresante e ademais vai adiantar moito a enxenería náutica,porque por exemplo un petroleiro nunca máis se afundirá,al menos que sea un fallo de construcción.Este novo material tamén poderá empregarse seguramente para millóns de cousas máis aínda sen coñecer.

  3. faa-iriagondar di:

    O ser humano utilizou sempre a natureza como fonte de inspiración dado que as leis que nos afectan a todos os seres vivos, son as mesmas dentro dun rango. Por este mesmo motivo a biomimética trátase de observar a natureza e intentar extraer conclusións para aprender das súas estratexias e formas.
    Espérase que a biomimética axude á humanidade a desenvolver tecnoloxía para reducir o impacto sobre o medio e a mellorar a nosa calidade de vida xa que esta é empregada en áreas tan variadas que van dende as ciencias políticas, o deseño dun coche ata a computación. Algúns exemplos de produtos que se obtiveron ou poderían obterse a partir da biomimética son o velcro, a seguinte xeración de vehículos e robots autónomos, etc…

  4. faa-iagogonzalez di:

    A verdade, como ben apunta o meu compañeiro Fernando, éste material ofrece unha infinidade de novas posibilidades no campo da aeronáutica, xa que se pode emplear pois tanto como material de contrucción de vehículos mariños, como para a limpeza dos mares. Por outro lado, ofrecenos a posibilidade de poder camiñar sobre a auga, algo impensable uns anos atrás, e que agora se pode cumprir grazas ás impresionantes características deste material.

  5. fab-aldaragarcia di:

    Como suxiren todos os meus compañeiros, este novo descubrimento será de gran axuda en moitos campos. Poderíase engadir a mayoría dos barcos para que estes non se afundisen e outros usos infinitos, dirixidos a todos os campos.
    Isto é unha cousa impensable para nos se lo no dixesen hai uns anos, pero é que a ciencia está en constante avance e igual que xa existe a capa da invisibilidade xa podemos camiñar sobre a auga.
    Todos estes descubrimentos irán dirixidos a multinacionaios e non a un uso particular, xa que este sería moi caro, pero dentro duns anos, cando se perfeccione o seu uso, poderemos todos disfrutar das suas vantaxas.

  6. faa-antoniomrodino di:

    Paréceme un gran descubrimento, xa que este material insomerxible composto por nanofibras de celulosa en aerosol, tal como di o compañeiro Breixo Alonso no artigo, é capaz de soportar 453 kg en soamente medio kg, o que nos di, dalgún xeito, que sería un gran aforro en materiais, e neste caso, presentes na construcción de barcos.

  7. faa-mariamartinez di:

    A celulosa é a biomolécula orgánica máis abundante na Terra, debido a que constitúe a maior parte da biomasa da mesma. Ademais está caracterizada por ser insoluble en auga.
    É un compoñente estrutural nas plantas, pero tamén hai animais que teñen a enzima celulasa que lles serve para obter enerxía da primeira.

  8. fab-aldaragarcia di:

    A verdade e que este material e unha das substancias sólidas máis lixeiras do mundo, pero tamén máis resistente e forte, xa que se se emplearan 500 gramos dela podería soportar o peso de 5 frigorífricos sen afundirse. O material que se emprega, está inspirado nos insectos que poden camiñar sobre a auga, algúns podémolos ver nos nosos ríos galgos, nas zonas de sombra. Pero a vantaxa da substancia e que absorbe o aceite, polo cal como mencionaron algúns dos meus compañeiros e eu no meu anterior comentario, ser viría de gran axuda para limpiar os fondos mariños de petroleo e futuras fugas.
    As suxerencias que fan os meus compañeiros e que fixen eu acerca dos usos para este novo material son demasiadas e investigando descubrín algunha máis, que van dende limpiar o mar de petróleo (como xa se mencionou) ata creación de productos que detecten contaminación ambiental, robots microscópicos de uso militar, xoguetes infantiles ou flotadores insumerxibles para aprender a nadar ou mesmo salvavidas e botes de rescate insumerxibles.

  9. fab-antiachantada di:

    Que demostrado, una vez máis que a natureza serve de gran fonte de inspiración.
    Este descubrimento será de gran axuda en diversos campos; ben para que os barcos petroleiros non afundan, evitaríase a contaminación que supón o afundimento dun barco diste tipo. Ademais grazas á súa capacidade de absorber o aceite, poderíanse limpar moitas zonas costeiras afectadas pola actividade pesqueira.

  10. faa-luismdoval di:

    A verdade é que parece e creo que é un gran descubrimento neste ámbito xa que se poderán salvar vidas tanto humanas como animais, pois con este material evitaránse catástrofes naturais coma a do Prestige, que matou a unha gran cantidadde de animais.

  11. fab-mariaarojo di:

    Para min, de momento a mellor característica desta substancia é a de absorción de aceite e a sua posible e futura aplicación nos desastres medioambientais como ocorreu fai uns anos co famoso Prestige. Ademáis, como xa indica o post sería un aforro en materiais para a construcción de buques e barcos, xa que con 0’5 kg soporta máis de 450kg na superficie sen afundir. Este é un bo descubrimento para o medio ambiente.

  12. fab-raquelblanco di:

    Este é un gran avance na ciencia, xa que pode salvar vidas e reducir a contaminación. Con este gran avance xa non habrá afundimentos de barcos e algunhas zonas do fondo mariño poderánse limpar.

  13. faa-paulagondar di:

    Este material está considerado un dos máis resistentes e lixeiros do mundo e, ademáis, é respetuoso co medio ambiente. Este é un descubrimento moi importante, coas súas múltiples propiedades e aplicacións, para o ecoloxismo, xa que desta maneira podranse evitar afundimentos de grandes barcos coas catástrofes medioambientais que implicarían. Tamén, a limpeza de derrames petrolíferos e aceites, altamente contaminantes.

  14. fab-lauragonzalez di:

    Este é un gran descubrimento, aparte de que xa non habrá afundimento de barcos, reducirá moito a contaminación ou eliminala por completo. É un descumbrimento que definitivamente axuda moito ao medio ambiente.

  15. fab-alekseinogueira di:

    Como din o resto dos compañeiros este composto formado por nanofibras de celulosa é un grandísimo avance para evitar como din no vídeo a contaminación por mor do afundimento dun petrolífero, por exemplo. É unha mágoa que non se descrubrira antes do “Prestige”. De todas formas , non se sabe se cando volva a afundir un petroleiro ou haxa unha fuga de petróleo utilizarase este material.

  16. faa-luciasantos di:

    Sen dúbida algunha este novo composto supón un gran avance e unha grande axuda. Poderanse retirar os restos de petróleo das praias en desastres naturais como o do Prestige. Se este material fose coñecido nese ano, probablemente, as perdas en fauna e flora serían menores. Ademais, por outra banda, pode axudar a previr accidentes marítimos, xa que aumenta a flotabilidade dos barcos.

  17. fab-alekseinogueira di:

    Este material sería moi beneficioso para o medio ambiente xa que podería absorver o aceite como se cita anteriormente, pero cómpre recordar que o petróleo está tamén formado de pequenos metais e de xofre, polo tanto aínda non se solucionaría o problema por completo se houbese outra fuga de petróleo.

  18. fab-raquelblanco di:

    É unha gran axuda para o medio, xa que poderá limpar o mar de residuos e previr moitos afundimentos de barcos, pero non se sabe se se untilizará este material neses casos.

  19. faa-paulagondar di:

    A biomimética é a aplicación dos métodos e sistemas naturais á inxeniería e tecnoloxía. Este campo da ciencia está sendo aplicado a áreas que van dende as ciencias políticas e o deseño dun coche ata a computación.
    O Dr. Julian Vincent, director do Centro de Biomimética e Tecnoloxía Natural da Universidade de Bath en Inglaterra, e os seus colaboradores desarrollaron unha base de datos de “patentes biolóxicas” , onde é posible buscar unha amplia gama de mecanismos biolóxicos e propiedades para solucionar problemas tecnolóxicos.
    Por exemplo, un enxeñeiro podría buscar na base de datos unha palabra como propulsión para obter unha gama de mecanismos de propulsión utilizados por peixes, ras, etc.

  20. fab-aldaragarcia di:

    O que propón Lucía é interesante, xa que si se coñecese este materíal cando se afundiu o Prestige, aforraríamonos todo o desastre natural que este causou. Pero sen ningunha dúbida este material axudaranos no futuro a que non se cometan os mesmos erros.
    Pero non podemos olvidarnos do accidente nunha planta petrolífera no Golfo de México que se deu hai dous anos. Para limpar o mar deste desastre estivéronse a buscar numerosos inventos e sen dúbida este vai ser o que o solocione. Xa que aínda que todos os accidentes de plantas petrolíferas ou petroleiros que se afundiron aconteceran fai moito tempo e xa nos esquecésemos deles, estes aínda seguen a verter petróleo e a contaminar os nosos fondos mariños, polo cal este novo descubrimento servirá de gran axuda para rematar con toda esa constante contaminación.

  21. fab-amadeoabal di:

    O que opinou Lucia no comenatario anterior é interesante,sobretodo polo tema do Prestige,porque con este material poderiamos limpiar as praias de inmediato,mentres que da outra maneira tardamos moito tempo.
    O material non é so altamente flotante,senón que é capaz de absorber grandes cantidades de aceite, abrindo o camiño para o seu posible uso na limpieza de derrames de petróleo. O novo material podría flotar sobre a superficie, absorbendo o aceite sen afundirse. Os operarios podrían rescatalo e recuperar o aceite.