Excesos auditivos

 

 

Escoitar música nos dispositivos con “cascos” cun alto volume e durante un tempo prolongado pode causar danos permanentes no oído. O uso destes aparellos durante máis dunha hora ao día por semana durante 5 anos, provoca perdas irreversibles. E xa afecta a entre o 5% e o 10% dos usuarios europeos. Actualmente na Unión Europea o volumen de música está limitado a 100 dB, aínda que alertan de que o límite é insuficiente xa que a partires de superar 89 decibelios xa afecta de maneira notable.

Unha investigación levada a cabo pola revista alemana New Scientist, expón que un cuarto de poboación entre 18 e 25 anos está sufrindo danos auditivos. Outra investigación realizada no Reino Unido, demostrou que as persoas que usan os reprodutores de música máis de 29 horas á semana e acuden a locais con música cun volume elevado, unha vez a semana, perciben un zumbido no conduto auditivo (sinal de comezos de dano na percepción de sons).

E aconsellable a denominada “norma 60.60”, é dicir, tentar non escoitar o reprodutor de música a máis do 60% da súa capacidade durante máis de 60 minutos cada vez.


Autora: Rosa Millán

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Excesos auditivos

  1. fab-amadeoabal di:

    As desvantaxas dos cascos son o aumento do riesgo de accidente ou provocan pérdida da audición.

    Un estudo realizado en Estados Unidos conclueu que as lesións graves e mortes entre peatóns que usan audífonos aaumentaron bastante nos últimos anos. Os maiores perxudicados son adolescentes e adultos xóvenes. A maioría dos accidentes aconteceron porque os peatóns non oiron a sirena ou o claxón.

  2. fab-lauragonzalez di:

    Existen dous tipos principais de perda de audición. Un ocorre cando hai unha lesión no oído interno ou no nervio auditivo. Este tipo é permanente. O outro tipo ocorre cando o son non pode chegar ao oído interno. Iso pode producirse por acumulación de cera ou líquido ou pola perforación do tímpano. Cando os problemas auditivos non se tratan, poden empeorar. Entre os posibles tratamentos inclúense o uso de audífonos, capacitación especial, algunhas medicinas e cirurxía.

  3. fab-aldaragarcia di:

    Aparte dos danos que provoca o empregar “cascos” no noso sistema auditivo, tamén temos outro tipo de danos como os que destaca Amadeo. A xente que soe empregar “cascos” abstráese do resto do mundo deixando de escoitalos tanto a persoas como a coches. No caso das persoas non importa, por que estas berrarán máis para que as escoitemos, pero no caso dos vehículos a consecuencia pode ser mortal, xa que un coche que se dirixe hacia nos pode estarnos a pitar e nos non escoitalo.
    Pero as peores consecuencias son sen ningunha dúbida as que se producen no noso sistema auditivo, xa que case todo o mundo de 13 a 25 anos emprega os “ascos” xunto co se i-pod, mp4, telefono móbil… e esto equivale a o aumento da porcentaxe das persoas con problemas auditivos (sordeira) en menor idade, o que levará a un aumento da poboación adulta con graves problemas auditivos.

  4. fab-rosammillan di:

    O problema ven dado polo volume e polas horas de audición.Como ben di Aldara os cascos son cada vez maís usados entre as persoas xovenes en variedade de reprodutores.Escoitar co volume máximo equivale a estar exposto a un nivel de presión sonora de 110 decibeles,valor o que só se debería estar exposto segundo as normas internacionais durante dous minutos o día.

  5. fab-martinfranco di:

    Dentro de 30 anos, máis do 80% dos adultos maiores do noso país tendrá problemas de audición. As consecuencias son a mediano e largo plazo, xa que dependen das frecuencias, intensidades do estímulo e do tempo no que se exponga o oído a ditos estímulos. Ademáis de los perigros na audición, existen outras consecuencias: Emplear a voz a un alto volumen, sentir pititos ou ruidos nos oídos, desestabilidad emocional polas molestias que isto último xenera, pérdida nas calidades da súa voz especialmente relacionados co tono, a intensidad e o timbre dela; malhumor, irritabilidade e ata alteracions do sono (xa que o ruido ou tinitus non nos deixa dormir), A recomendación orientase á intensidade e ao tempo de uso. No comercio xa se expenden equipos cunha intensidade máxima a fin de non danar os oídos. Os especialistas suxiren limitar o tiempo de escoita: non escoitalos máis dunha hora ao día; non sobrepasar o 60 por cento da capacidade de audio do equipo cando se usan auriculares internos.

  6. fab-raquelblanco di:

    É verdade que entre a xente xoven utilízanse moito os cascos e cada vez a máis volume, xa que acostumbraste a escoitalo a un nivel que ao cabo de duas semanas pareceche baixo e tes que aumentalo. Iso é moi mal porque reduceche a capacidade de oir, penso que deberían facer os aprellos de música con menos volume, así as persoas non poderían escoitar música tan alta.

  7. fab-mariaarojo di:

    Os auriculares deberían de fabricarse cunha serie de límites e medidas para evitar este tipo de problemas, porque logo os compramos e escoitamos con eles e non nos damos de conta do dano que nos poden chegar a facer, como indica Rosa no post. O que conseguiremos con iso é, como di Martín, que o 80% da futura poboación vella padecerá sordeira.

  8. faa-iagogonzalez di:

    A pérdida de oído ocorre cando as ondas sonoras están bloqueadas no oído externo ou medio e non poden chegar ata o oído interno, onde a audición é todavía normal. A xente afectada por unha pérdida auditiva conductiva xeralmente experimentan unha disminución total do volumen dos sons e atopan dificultade para oír sons febles. A maioría das pérdidas conductivas non son permanentes e poden tratarse con medicación ou ciruxía. Sen embargo, se non son tratadas, poden resultar nunha pérdida auditiva permanente.

  9. fab-aldaragarcia di:

    Penso que e boa idea a que suxiren algúns dos meus compañeiros de que os fabricantes de cascos, os fabricasen con menos posibilidade de volumen, pero o que a nos nos gusta e escoitar a música alta a rendas de saber que e malo para nos. Penso que a xente debería de concienciarse e para que todos os fabricantes de cascos fabriquen os cascos da mesma forma, sen posibilidade de que teñan máis volumen, deberíase de facer unha lei.

  10. fab-fuensantabuceta di:

    Os científicos dun instituto de Alemaña realizaron un estudo no que comprobaron que escoitar música alta xa non só afecta ó sistema auditivo, se non que tamén daña o cerebro.
    Realizaron esta investigación con varias persoas de entre 20 e 30 anos das cales aquelas que durante anos escoitaran música moi alta tiveron problemas para recoñecer certos sons con ruido de fondo. O psicólogo Henning Teismann, director desta investigación, asegurou que as persoas teñen que empezar a cambiar os seus costumes con respecto ó volume ó que escoitan á música. Asegurou que os problemas auditivos e cerebrais só foron problemas a medio prazo, pero de seguires así poderíanse crear problemas moito máis serios a longo prazo.

  11. faa-manuelbusto di:

    O uso incorrecto dos aparellos reproductores de música actuais esta sendo unha das principias causas de xordeira sobre todo nas xeracións máis novas.
    No noso país, a enquisa nacional de saúde contabiliza un millón de afectados pola xordeira e entre eles 35.000 teñen entre 15 e 24 anos.

  12. faa-luismdoval di:

    Está bastante claro que na actualidade a maioría de persoas, sobretodo xóvenes lles gusta escoitar música a través dos cascos. É verdade que lles gusta máis escoitar música a través destes por diferentes razóns de comodidade, pero a cambio desta arriésganse a ter como consecuencia a pérdida auditiva. É unha consecuencia o bastante importante coma para coidar máis este aspecto , pero tampouco tería que ser unha solución non escoitar música a través deles. Unha das solucións que me parece máis axeitada, sería a utilización de cascos supraaurales, estes son uns cascos cunha cápsula maior, o que fai que se exerza menos presión sobre o oído.

  13. fab-sandraromero di:

    A perda de audición afecta a 17 de cada mil rapaces menores de 18 anos e o problema vaise agravando a medida que aumenta a idade, 314 de cada mil persoas maiores de 65 anos sofren pérdidas de audición. Os excesos auditivos comezan nos máis novos a pasarlles factura; o alto volume dos cascos e o nivel de ruído son os principais causantes das deficiencias auditivas.
    A perda de audición conductiva pode corrixirse pero a neurosensorial non.

  14. faa-antoniomrodino di:

    O uso en abundancia e cun volume elevado dos auriculares ou “cacos” é moi negativo, xa que agora, cando xa pasou o tempo suficiente dende a súa máxima venta, as consecuencias xa comezan a ser visibles entre persoas de 18 a 25 anos.
    Compre aclarar que, a raíz de todos os datos que mencionaron os meus compañeiros, é máis aconsellable empregar un auriculares con almoadillas os cales che cubran toda a superficie da orella, xa que te aislan máis dos ruídos externos, antes que os auriculares pequenos ou de botón, xa que estes, ao non aislarte dos ruídos externos, obrígante a elevar máis o volume do son.

  15. fab-aldaragarcia di:

    A verdade e que o risco da saude auditiva aumenta nos adolescentes (entre 13 e 20 anos) xa que son estes os que empregan con máis frecuencia os “cascos”, cun volume demasiado alto e dublicando as horas diarías recomendadas. Pero dentro de todos os tipos de “cascos” que podemos empregar atópanse máis dañinos e menos, hainos que emiten o sonito demasiado preto do noso oído interno, polo cal fan máis dano que os que emiten o sonido no noso oído externo e este vaíse reproducindo por todo o noso pavillón auditivo, estes “cascos” cubren todo o noso oído e aínda que os empreguemos prolongadamente non nos farán tanto dano. Os que emiten o sonido máis lexos do tímpano serán menos dañinos.

  16. fab-antiachantada di:

    As desvantaxes dos cascos son moi numerosas, aínda así e moi común entre a poboación, sobre todo entre a xuventude, que ademais de utilizalos un alto número de horas ao día, escoita a música con un volume demasiado elevando e totalmente prexudicial para o noso sistema auditivo, causando xordeiras a idades máis primerizas; por outro lado tamén ocasiona problemas no ámbito social, xa que ao escoitar música deixas de atender ás persoas, e pola rúa non se atende aos coches, polo tanto é perigoso.

    • fab-aldaragarcia di:

      Estou de acordo con esta nova consecuencia que explica Antía. Actualmente, xa case non nos comunicamos como se facía antes, agora empregamos as redes socias: twitter, facebook, tuenti; mensaxería instantánea: whatsapp, bbchat, liveprofile; correo electrónico; sms… e é pouco rato, comparado con hai 20 anos, o que empregamos falando con alguén cara a cara. Cando estamos cun grupo de persoas, tendemos a evadirnos, ben sexa con todos os exemplo que puxen antes, xa que agora a maioría de móbiles contan con internet, escoitando música ou xogándo con algunha consola. Todo esto provoca, a largo prazo problemas para relacionarnos con outras persoas, xa que segundo un estudo, os rapaces de entre 10 e 14 anos teñen dificultades para presentarse a outros se antes non falaron con eles por internet ou outros dispositivos.

  17. fab-raquelblanco di:

    Penso que debería haber máis control neste ámbito, xa que os adolescentes dentro de 20 anos padecerán algún tipo de xordeira. Deberían controlar máis os aparellos de música, que non pasen dos límites permitidos e tamén revisar os tipos de cascos, como di a miña compañeira Aldara algúns son máis dañinos que outros, pois os máis dañinos deberíannos retirar do mercado.

  18. faa-breixoalonso di:

    A utilización de auriculares cun volumen alto ten moitas desvantaxes como pode ser a perda da capacidade de escoitar paulatinamente normal ou hipocaustia, que se pode chegar a notar xa na adolescencia. Pero apesar disto, a utilización duns auriculares cun volumen moderado pode axudar a reducir os niveis de estrés provocando emocións positivas.

    • faa-antoniomrodino di:

      Estou moi dacordo con dito comentario do compañeiro Breixo Alonso, xa que como ben di, a pesar das consecuencias negativas que como todos xa nomeamos causadas polos auriculares cun volume moi elvado, estes, á súa vez, nos poden deliberar de tensións, estrés e agobios, sempre e cando a música que escoitemos sexa a que a nos nos convén e no momento axeitado, así e tal que mesmo chega a formar parte dun método de relaxación en tratamentos de hipnose.

  19. fab-carmenrodriguez di:

    O problema reside principalmente na proximidade do auricular ó oído. Como ben se dixo, escoitar música ó seu volume máximo é o mesmo que expoñerse a un nivel de presión de 110 decibeis, valor que só se debería someter a dous minutos ó día.
    Moitas organización afirman que a orixe destes problemas auditivos baséase en dous factores: o nivel de presión sonora ó que estamos expostose o tempo que nos expoñemos a estes.
    Recoméndanse xornadas de oito horas cun promedio duns 85 decibeis, se aumentamos 3 decibeis, debemos reducir á mitade o tempo ó que estamos expostos.

  20. fab-amadeoabal di:

    Estou de acordo con Caarmen,xa que os xóvenes oimos música ao volumen máximo e esto significa que sería máis ou menos 110 decibeis,tanto volumen só é bo se o escoitamos como máximo dous minutos ao día,se o escoitamos máis dese tempo os problemas máis frecuentes son:trastornos auditivos, a perda dunha pequena parte auditiva,dor de cabeza…

  21. fab-alekseinogueira di:

    Coas novas tecnoloxías os xóvenes facemos o que queremos, se din que non é beneficioso escoitar música a tanto o volumen debería existir unha normativa que regule o volumén que poden acadar os aparellos tecnolóxicos. Tamén a punto que no vídeo fala de tres tipos de pérdida auditiva e cabe apuntar a conductiva que se produce pola obstrución dos oídos.

  22. faa-luciasantos di:

    Dado que agora estamos adapatados completamente ás novas tecnoloxías, penso que teriamos que coñecer os vantaxes e desvantaxes que nos poden ofrecer, xa que, en casos como este, un mal uso, pode traer consecuencias a longo prazo. O certo é que poucas persoas, non só os xóvenes abusan do volume nos aparellos auditivos e creo que é algo que se debe controlar, posto que o feito repetido pode conlevar graves danos no tímpano. Dende o meu punto de vista, penso que o mellor sería que os fabricantes destes aparellos puxeran un límite no máximo volume máis axeitado, pois aínda que todos o traen, segue a ser perxucial.

  23. faa-mariacmaquieira di:

    A perda de oído é unha enfermidade que cada vez afecta a un maior número de persoas e especialmente a xente xovén estas perdas de oído poden ocasionarse por diversos factores como poden ser un golpe, tumores, consumo de drogas…etc, pero na actualidade o factor que máis afecta é o escoitar música mediante auriculares moitas horas o día e a un volume demasiado alto algúns dos meus compañeiros din que a solución a este problema sería unha normativa que regule o volumen dos aparellos tecnolóxicos co cal estou de acordo pero tamén penso que todos deberíamos de ser un pouco máis conscientes e regular por nos mesmos o volume xa que o fin e o cabo nos seremos os maiores perxudicados.

  24. fab-aldaragarcia di:

    Estou de acordo co que apunta Alex. Se escoitar música con cascos máis de determinadas horas diarias e a un alto volumen, deberíase advertir a os consumidores e costruir unha lei que prohíba a os frabricantes de cascos fabricarlos que pasen de certo volumen, e advertir a os consumidores que escoitar máis de determinadas horas diarias de música con cascos trae problemas como a sordeira.

  25. fab-amadeoabal di:

    Eu estou moi de acordo con Aleksei porque como ben di si os cascos foran tan perxudiciais para o sentido auditivo tendría que haber unha reforma en contra deso,unha lei que non permitira pasar de tantos decibelios.

  26. fab-rosammillan di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros xa que deberíanse fabricar cun volume máximo que non superase os decibelios que poden desencadear problemas auditivos.Sen dubida os peores auriculares son os intrauriculares xa que se perde a sensación audotiva natural.Son moi usados porque permiten unha gran mobilidade pero son os máis perxudiciais.Os

  27. faa-paulagondar di:

    Cada vez é maior o número de lesións auditivas en xente xove, principalmente polo uso excesivo dos cascos pero tamén polo aumento da contaminación acústica. O uso prolongado dos cascos produce danos irreversibles no noso oído que, aínda que a xuventude de agora non se dea conta, a longo prazo sufriremos as consecuencias. Por exemplo, cando camiñamos pola rúa escoitando música, para poder escoitala nítidamente hai que superar os 75 dB normales de ruído ambiente (se supoñemos que estamos nunha rúa céntrica), polo que o volume dos cascos sitúase entre os 95 e os 100 dB, que superan os 85 dB a partir dos cales se producen danos auditivos irreversibles.

  28. faa-paulagondar di:

    Aínda que estou dacordo cos meus compañeiros, non creo que se deixase de escoitar música a moito volume cos cascos a non ser non os fabricasen xa co límite de volume adecuado, porque todo o mundo sabe xa que escoitar música cos auriculares moi altos causa danos a longo prazo no oído e aínda así séguese a escoitar. O que fai falta é que se fabriquen cascos co máximo de volume adecuado.