A dieta do chocolate

Sempre escoitamos á xente falar de que o consumo de dulces provoca o aumento de peso, indo dirixido isto especialmente ao chocolate; pois ben, isto non é de todo certo, porque resulta que o chocolate é unha gran axuda á hora de reducir eses excesos de graxa tan antiestéticos.

Unha investigación, levada a cabo con máis de 1.000 suxeitos de idades, sexo e condicións físicas distintas, demostra que, máis alá de outros alimentos inxeridos ao longo do día e das sesións de exercicio, aqueles que inxerían maior cantidade de chocolate resultaban ter un Índice de Masa Corporal menor que os que menos o consumían.

Evidentemente, estas cifras dependen en grande medida dos hábitos de vida das persoas, e tamén do seu metabolismo. É certo que o chocolate tamén leva moitos azucres e graxas, por iso é sinalado como culpable cando unha persoa gaña peso, pero non é de todo xusto: “o chocolate demostrou ter asociacións metabólicas favorables coa presión arterial a sensibilidade á insulina e os niveis de colesterol. Ademais é rico en antioxidantes, beneficiosos para o corazón.” Sinala a doutora Beatrice Golomb, do equipo que levou a cabo a investigación, da Universidade de California.

En definitiva, o chocolate resulta ser unha boa axuda para levar uns hábitos de vida sa, acompañado de exercicio e dunha base alimentaria en condicións.

Autor: Fernando García

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to A dieta do chocolate

  1. faa-antoniomrodino di:

    Como di o compañeiro Fernando, os efectos positivos da inxesta de chocolate para o noso organismo son varios, coma por exemplo:
    -Efectos asociados ao estado de ánimo, que teñen que ver cos seus elementos euforizantes xa que estes axudan a combater a depresión.
    -A combinación do azucre e do magnesio que contén o chocolate proporciona enerxía, sobre todo ao finalizar a xornada.
    -Estimula a actividade cerebral e combate o envellecemento celular.
    -É rico en antioxidantes, polo que estimula a actividade cerebral e combate o envellecemento das células.
    -Diminúe o risco de presentar algunha enfermidade cardíaca.
    -Ten unha acción anticoagulante do mesmo xeito que a aspirina polo que axudaría a manter baixa a tensión arterial.

  2. Victor di:

    E ten algún efecto negativo?

    • fab-cristinaporto di:

      O chocolate é un alimento saudable e recomendable para todas as idades, a non ser que se teña:
      1) unha diabete, en cuxo caso tería que ser sen azucre.
      2) o neno teña un trastorno de déficit de atención e hiperactividade, en cuxo caso non se recomenda dar ningún excitante: refrescos con cafeína, lambetadas cuxos conservantes e colorantes poden producir excitabilidade e nerviosismo.
      3)Obesidad infantil, recomendaríase o seu abuso por ser rico en calorías.

    • faa-iriagondar di:

      O Chocolate contén unha substancia chamada “Methylxanthines” que produce danos físicos e fisiolóxicos no ser humano. Os efectos inmediatos desta substancia, comezan tan pronto se toma ningunha bebida que a conteña e ten unha duración de catro horas. Despois de tomar chocolate ou cocoa, a persoa pode ter un balance imperfecto, o corazón latexa máis rápido, insomnio, fatiga e outros síntomas. Algúns individuos experimentan un sentido de ansiedade, problemas para durmir, dor de cabeza, vertixe, irritabilidade, axitación, mal humor e outros problemas xerais. Moitas enfermidades (corazón, alerxias, diabete, colesterol, inchazos, artrite, asma, etc.) empeóranse cando se consume esta substancia.

    • fab-rosammillan di:

      Diminue a densidade ósea.Os efectos positivos poden verse anulados se se toman en exceso.
      O máis saudable é o chocolate negro.Ademáis en algúns individuos crea adicción.

    • fab-sandraromero di:

      Sóese pensar do chocolate que nos fai mal , que é o culpable de eses quilos de máis pero tamén debemos de saber que é beneficiosos para a nosa saúde. Coma todo, ten aspectos negativos e positivos, pero o segredo reside na cantidade que inxerimos.

    • fab-raquelblanco di:

      Algúns efectos negativos do chocolate son: diminúe a densidade ósea dos ósos, para quen teña diabetis tendríao que comer sen azúcar, se se combina o chocolate con coca-cola pode levarnos a pérdida de calcio, o chocolate con leite é o máis dañino para o noso organismo e pode aumentarnos o nivel de triglicéridos.

    • fab-aldaragarcia di:

      Principalmete, o chocolate con leite non podería ser concumido polo alérxicos a lactosa aparte de que aumenta o nivel de triclicéridos, os diabéticos sen azucre e os celíacos sen gluten. Pero a partir de ahí o chocolate tamén ten efectos negativos, xa que é un adictivo. Tamén diminúe a masa ósea.
      Pero como todos os alimentos os seus efectos poderían ser negativos se se consume en cantidade, pero o chocolate se se consume en cantidade pode levar á obesidade.
      Outra cousa a ter en conta e que o mellor chocolate e máis recomendable sería o 90% de chocolate, o máis natural, xa que na maioría dos casos podemos atopar chocolates con demáis constituíntes como galletas… que son o que añaden graxa a este, e polo tanto aspectos negativos.

    • fab-antiachantada di:

      O chocolate é un alimento que contén un alto nivel de glucosa, un elemento que favorece un bo funcionamento mental. Pero unha inxestión de abundantes cantidades de chocolate trae consecuencias. A mezcla de chocolate con outros alimentos leva á pérdida de calcio; favorece a aparición de caries debido á proporción de enerxía ás bacterías que danan o esmalte dos dentes; pero o máis problemático é o chocolate con leite, xa que pode aumentarnos o nivel de triglicéridos, unha suvstancia que aumenta o nivel de glucosa de maneira excesiva na sangre, que levará a ter problemas no cerebro e no corazón.

    • faa-antoniomrodino di:

      Como ben di a miña compañeira Iria, o Chocolate contén unha sustancia chamada “Methylxanthines” que produce danos físicos e fisiolóxicos no ser humano.
      Contén tamén unha sustancia chamada “teobromina” que causa a estimulación no sistema central nervioso, falta de sono, insomnio, depresión e ansiedade.
      Leva a formar un hábito porque contén varias substancias aditivas como “alcaloides”, “pyrolysates”
      Pode intoxicar en pequenas cantidades ao que o consome, xa que os grans de cacao son producidos en países onde os niveis de hixiene están son moi baixos e están moi atrasados.
      É causante en moitos casos do aumento de acné xuvenil.
      En ocasións, un exceso do mesmo pode provocar xaquecas.
      Carrexa problemas na dieta en xeral, e mesmo diminúe a densidade ósea dos nosos ósos.

    • faa-iagogonzalez di:

      Dende logo que o chocolate non é nada recomendable para perder peso, pero aparentemente esta non é a única área que non é moi amiga do chocolate.Según un estudio publicado no American Journal of Clinical Nutrition, e levado a cabo por científicos australianos, o chocolate non sólo acarrea problemas na dieta, senon que tamén disminúe a densidade ósea dos nosos osos.

    • fab-isaacabal di:

      Segundo un estudo publicado no American Journal of Clinical Nutrition, e conducida por científicos australianos, o chocolate non só crea problemas na dieta, senón tamén reduce a densidade ósea dos ósos.
      Esta conclusión baséase en seguimento homes e mulleres conducidos polos propios investigadores. Aquí comprobar de que as persoas que comeron chocolate diariamente tiñan menor densidade ósea das que comeron menos unha vez por semana.
      Con todo, os resultados deste estudo non son enteiramente sólido. Por exemplo, os datos só para as mulleres con idade entre 70 a 85 anos, e críticos din que o estudo, hai outros elementos que non son cubertos, como citros.
      En calquera caso nunca son máis contribucións á moderación nos alimentos. Chocolate é malo para os nosos ósos ou non, sábese que, se é consumido no noso corpo pode gañar quilos extras, e iso é indesexable para a nosa saúde.

  3. fab-amadeoabal di:

    Un dos efectos negativos do chocolate que eu coñezca é que é adictivo,outros son Hipercolesterolemia, predisposición a episodios de migraña e predisposición a enfermidade por refluxo gastroesofágico.

  4. fab-paulaalba di:

    Para que se cumpran estas vantaxes tamén hai que ter en conta o modo de preparación do chocolate. Recoméndase evitar aqueles que inclúen graxas hidroxenadas (tipo de graxa que foi sometida a hidroxenación -introducción de moléculas de hidróxeno- para cambiar a súa composición)e centrarse nos que se elaboraron coas materias graxas propias da manteca de cacao.

    • faa-juancsineiro di:

      Lebáronse a cabo numerosos estudos que demostran que o chocolate ten unha cantitade de plomo bastante importante que é absorvido pola planta de cacao.

  5. Victor di:

    Pero o chocolate aporta moitos hidratos de carbono (azucres) á nosa dieta que se non os consumimos remataremos por engordar: é isto certo?

    • faa-antoniomrodino di:

      Consumamos eses hidratos de carbono ou non os consumamos, remataremos por engordar igual, xa sexa en maior ou menor medida xa que tódolos alimentos que inxerimos, (pouco ou moito) pero sempre nos fan engordar.
      Si é certo que o cacao como materia prima contén ademais almidón e grandes cantidadaes de fibra, as cales son baixas en calorías, polo que pouco nos poden engordan.

    • fab-aldaragarcia di:

      Consumamos ou non esa acantidade de chocolate, sempre imos engordar ou non. O noso organismo precisa certo número de calorías diarias para funcionar, parte destas calorías quéimaas o corpo por si soas, mentres andamos, escribimos, pensamos… as que non que non se consumen acumúlanse en forma de graxa, esta graxa pódese queimar facendo deporte.
      Por outra banda, se consumimos chocolate 85% ou 90% de cacao e solo, sin galletas, froitos secos, leite, demasiado azucar, temos menos posibilidades de engordar que si o consumimos con todos ese ingredientes.

    • fab-raquelblanco di:

      Os hidratos de carbono son a principal fonte de enerxía que recibe o noso corpo. Aportanos glucosa que a convertemos en enerxía, para poder realizar todas as actividades cotidiás. Pero os hidratos de carbono en sí non son os responsables de que engordemos, si non que o cómputo total de calorías son as que se encargan de que o noso corpo engorde.

    • fab-mariaarojo di:

      Como ben di Aldara, o corpo necesita un mínimo de calorías diarias (se eres deportista aínda máis). Pero o chocolate non aporta eses hidratos de carbono que se “non os tomamos imos a engordar”. O chocolate está composto por hidratos de carbono, graxas, proteínas, vitaminas… e segun a medida que tomemos e as cantidades de cacao que conteña (chocolate con leite, 75%cacao, 90%cacao…) engordará máis ou menos, pero por deixar de tomar chocolate non engordamos máis nin menos.

    • faa-fernandogarcia di:

      Os hidratos de carbono son a principal fonte de enerxía do organismo, seguido das grasas, que se non empregamos terminarán por acumularse como materia de reserva. Por iso, para evitar engordar, non hai só que consumir menos hidratos de carbono e graxas e levar unha dieta máis equilibrada, senón que é recomendable moverse e facer un pouquiño de exercicio aínda que sexa, para ir queimando algunhas desas calorías.

    • fab-antiachantada di:

      Pode ser que engorde ou non. O chocolate aporta unha cantidade importante de hidratos de carbono pero que sexa bo para a nosa alimentación non implica abusar del, senón que hai que tomalo en cantidades moderadas.
      Deixar de tomar chocolate non vai a facer que se adelgace máis ou menos, o que fai engordar é o total de calorías que unha persoa inxira,

  6. fab-amadeoabal di:

    O chocolate é o alimento que se obtén mezclando azúcar con dous productos derivados da manipulación as semillas do cacao: unha materia sólida (a pasta de cacao) e unha materia grasa (a manteca de cacao). A partir desta combinación básica, elabóranse os distintos tipos de chocolate, que dependen da proporción entre estos elementos e da súa mezcla ou non con outros produtos tales como leite e froitos secos.
    Si que é verdade xa que o chocolate posee un montón de grasas e lípidos os cales son beneficiosos en poucas cantidades consumindo una barra a semana, pero acompañada de exercicio e o chocolate tamén axuda a rexuvenecer o rostro.

  7. faa-mariamartinez di:

    O chocolate é un alimento que pode ser beneficioso para a saúde. Un consumo moderado, mellora a microcirculación (transporte de nutrientes ata os texidos e eliminación de restos celulares) e axuda a prever enfermidades de tipo cardiovascular. Ademais produce sensación de saciedade e favorece a produción de endorfinas que causan benestar e felicidade.
    O chocolate está composto principalmente por hidratos de carbono, graxas, fibra, minerais, proteínas e vitaminas.

  8. faa-iriagondar di:

    O Carbohidrato é o hidrato de carbono ou azucre composta por carbono, osíxeno e hidróxeno e existe dous tipos. Dependendo do tipo que inxiramos e a frecuencia podemos engorda ou no:

    Existen os carbohidratos simples que son compostos dunha ou dúas moléculas e de sabor xeralmente doce. Debido ao seu tamaño poden empezar a dixerirse dende que entran á boca. Estes carbohidratos dannos enerxía máis rapidamente e son os que si comemos en exceso farannos engordar.Este tipo de carbohidratos atopámolo en alimentos como azucre de mesa, meles, chocolate e marmeladas así como nas froitas.

    Os carbohidratos complexos, son cadeas máis longas de moléculas e é por iso que o seu sabor non é tan doce xa que se non se dixiren dende a boca. Estes carbohidratos dannos a enerxía máis lentamente e permiten ao noso organismo usala por máis tempo. Os complexos atopanse no arroz e derivados dos cereais.

  9. faa-angelfigueiras di:

    O chocolate é saudable sempre é cando se tome racionalizado en cantidades menores por día e este sexa chocolate puro. Como todo o que consumimos ten os seus rangos positivos e os seus inconvenientes, vamos cos positivos;
    O chocolate ten efectos euforizantes e ademais combate a depresión e a fatiga; os efectos beneficiosos do chocolate no estado de ánimo ten que ver con seus elementos euforizantes xa que estes axudan a combater a depresión. A combinación de azucre e de magnesio que conten o chocolate proporciona enerxía, sobre todo ao finalizar a xornada. O chocolate estimula a actividade cerebral e combate o envellecemento celular, grazas a que é rico en antioxidantes. Acción anticoagulante ao igual que a aspirina polo que axudaría a manter baixa a tensión arterial.
    O seu efectos negativo é o a continuación detallado;
    O chocolate, según un estudo realizado en Australia e publicado na revista “American Journal of Clinical Nutrition”, non é bo para a densidade ósea. Este estudo realizouse con 1000 mulleres de idades entre 70 e 85 anos. Os resultados informan que as mulleres que teñen un consumo diario de chocolate ten un 3.1% menos de densidade ósea que as mulleres que só consumen unha vez a semana. A razón que nos ofrecen os pais da investigación é que se debe a un ingrediente que conten ácido oxálico que é unha sustancia química que diminúe a absorción de calcio é azucre.

  10. faa-luciasantos di:

    Pode ser que consumamos ou non chocolate, engordemos igual. Non implica que porque posúa hidratos de carbono, faga que engordemos. Pois todos nós necesitamos certa cantidade de hidratos de carbono diarios, que nos aportan enerxía. E todos consumimos pasta, que tamén son hidratos de carbono, sen reparar se nos fará engordar ou non. Como todos os alimentos, o chocolate debe estar presente na nosa dieta de maneira responsable, e nunca en maior cantidade da recomendable. Por outra banda, segundo estudos recentes, o chocolate non é tan malo como a fama que ten comunmente, posto que axuda á prevención de enfermidades do corazón.

  11. faa-iagogonzalez di:

    Ao largo dos anos, diversos estudos demostran que o consumo moderado de chocolate pode axudarnos a prevenir moitas enfermidades.O chocolate é un alimento con propiedades máis ou menos saudables, todo depende do tipo e calidade deste.Tanto o chocolate como os seus derivados son alimentos moi calóricos polo seu alto contido en azúcres e graxas. Isto fainos pensar que nos engorda, pero non é así, se se consume con moderación e sobretodo chocolate negro.

  12. fab-isaacabal di:

    O chocolate é un pracer para os sentidos e tamén tentador, porque pode apreciar-la en diferentes sabores e, tamén, de xeitos distintos: hai bolos de chocolate, sorbetes, chocolates, bolos, vaso de chocolate quente … Un universo infinito antes de abrir posibilidade de que tamén debe facer un esforzo para consumir con moderación porque o exceso pode levar a súa queixa.
    Pero o chocolate dunha forma moi curiosa tamén ligado a momentos emocionais, como situacións de indiferenza. Quen non se lembra Bridget Jones matar a soidade de ser único, a través da comida? É coma se, en certo sentido, o sentido de satisfacer o estómago tamén ía producir un sentido de compañeiros.
    Ben, aquí están algunhas observacións sobre o chocolate que foron publicados na sección de Fitness da Supertele diario e que pode ser útil:
    1) A pesar do que se dixo en máis dunha ocasión, o chocolate non causa dependencia, pois tamén inclúe un tratamento de toxicodependência. É agora necesario diferenciar o mero desexo de acadar un obxectivo, neste caso, gozar dun sabor tan bo e doce.
    2) Chocolate tamén ofrece magnesio, que é moi positivo para as mulleres no período pre-menstrual como que axuda a controlar o humor.
    3) O chocolate tamén produce un efecto positivo é que máis osíxeno chega ao cerebro. O que trae a axilidade mental e vivacidade de intelecto.

  13. faa-victorinosouto di:

    Como ben dicen algúns compoñeiros o chocolate contén hidratos de carbono, graxas, fibra, minerais, proteínas e vitaminas. Por isto o chocolate e veneficioso se non se abusa del xa que contén moitas propiedades a parte das graxas que a pesas de ser graxas o noso corpo tamén as precisa.