Inverno seco, días de calor…

Un dos paraísos naturais máis importantes de Galicia atópase actualmente devastado polo lume; as Fragas do Eume situadas no noroeste de Galicia entre a costa da ría de Ares e o cordal da Serra da Loba no municipio de Monfero (Coruña), considerado un dos mellores bosques atlánticos de toda Europa. As Fragas do Eume, grazas as súas condicións climatolóxicas, que ao atoparse preto do mar permite a existencia de especies que precisan calor e humidade para vivir, condicións semellantes ás que se daban na cordilleira mediterránea antes das glaciacións cuaternarias. As Fragas do Eume eran o fogar de especies que vivían hai milleiros de anos, e que hoxe en día case desaparecera, e por consecuencia dos incendios, tamén desapareceran das Fragas do Eume na súa maioría.

Científicos esperan que este ecosistema se recupere pronto, xa que por sorte, non arderon as zonas mellor conservadas e máis valiosas. O que preocupa ós científicos e a perda da fertilización desta terra e a erosión. Con sorte, se chove miudiño, permitira que medren as poucas sementes que quedan na zona, e así repoboar o chan. Pola contra, se chove forte, a terra queimada irá directa ao Eume contaminándoo, e devastando a pesca da ría de Pontedeume, aparte de que a natureza tarda uns 100 anos en rexenerar un cm de terra fértil perdida.

As Fragas do Eume contan cunha superficie de 9.125 hectáreas das que 3.497 son fraga, 406,14 masa de auga e o resto pastos, matos e cultivos. Perdéronse 750 hectáreas, das que 500 eran arboradas. As Fragas do Eume foron declaradas Parque Natural en 1997. Polo tanto, estamos a falar dunha catástrofe natural, realmente importante en Galicia, que terá repercusión no presente e no futuro da nosa terra.


Autora: Aldara García

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

44 Responses to Inverno seco, días de calor…

  1. faa-luciasantos di:

    As Fragas do Eume é un parque natural situado na provincia da Coruña. Foi creado o 30 de xullo de 1997 y contén 9.126 hectáreas cadradas. Foi declarado como Lugar de Interese Comunitario. O pasado mes de marzo, desencadeouse un incendio, probablemente provocado, que calcinou preto de 750 hectáreas, das cales 370 se consideraban de “maior interés de conservación”. Despois de tres días de incendio incontrolado, os servicios de axuda, conseguiron extinguilo. Ademais, crese que houbo numerosos problemas de xestión que non fixeron máis que complicar os métodos de acción. Ahora, o máis preocupante é a contaminación fluvial e a recuperación do bosque, que levará, aproximadamente, quince anos.

  2. fab-raquelblanco di:

    Parece mentira que haxa xente capaz de queimar un monte, aínda por riba un parque natural como as Fragas do Eume, con moitas especies case desaparecidas pero conservadas nas Fragas.
    Tardará moitos anos en que volvan nacer novas prantas, árbores…
    Isto é unha catástrofe moi importante en Galicia, xa que Galicia caracterízase polas especies e árbores que non hai en outros lugares.

  3. fab-amadeoabal di:

    Este artigo é moi interesante,pero o mesmo tempo e moi triste ver como estuvo ardendo ahí atrás un dos paisaxes naturais máis interesantes da nosa biodiversidade.A estimación de superficie queimada nas Fragas do Eume ascende a 750 hectáreas, das cales 500 son de masa arborada e 250 de monte baixo. Todas as seguintes persoas estiveron traballando na extinción deste lume dous técnicos, 13 axentes forestais, 20 brigadas, 12 motobombas, tres palas e 115 efectivos da Unidade Militar de Emergencias.Foi un dos incendios máis tráxicos vividos en Galicia.

  4. Victor di:

    Por que os bosques galegos queiman con tanta facilidade?

    • fab-raquelblanco di:

      Eu penso que se queiman con tanta facilidade porque hai moitos eucaliptos, e algúns montes non estan ben limpos.

    • faa-iriagondar di:

      Un factor a ter en conta son as precipitacións totais que son relativamente importantes na maior parte do territorio galego, ultimamente existen importantes episodios anuais de falta de precipitacións, que unida á escasa capacidade de retención de auga dos nosos chans, producen anualmente períodos de forte déficit hídrico, que posibilitan a aparición dos incendios forestais.

    • faa-adrianfeijoo di:

      A principal causa foi debido a introdución do eucalipto Australiano e os pinos mediterráneos, xa que supuxo unhas consecuencias para os montes galegos.O eucalipto é unha árbore que crece moito en pouco tempo pero consumindo grandes cantidades de auga,polo tanto deseca a terra onde está plantado,a súa resina dificulta a xerminación de outras plantas ao seu redor ,e as súas follas non protexen o so.Ademais de que as súas follas,as resinas e as follas do pino arden facilmente.O que supón que o terreo onde se atopan estas árbores sexan moi secos e ardan tan facilmente.

    • fab-inesfeijoo di:

      Eu creo que é porque a xente ten unha educación antiga e sigue pensando que se limpan prendendolle lume, e iso antes podiase facer porque estaban todos limpos pero ahora como a maioría están sin limpar unha persoa que queira limpar o seu monte de unha forma rápida e eficaz prendelle lumme e despois o lume corre para os montes do lado porque están todos cheos de fentos e demias plantas e co problema da seca que traemos desde haiuns anos ainda axuda máis a que o lume queime máis montes xa que tamén axuda a cantidade inmensa de lixo que a xente tira de forma consciente nos montes.

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu creo que as causas son varias, pero entre elas, como di o compañeiro Adrián, son a introdución principalmente do eucalipto. Esta árbore, de orixe australiana, consume unha gran cantidade de auga, seca a terra próxima a el, polo que fai que esas zonas estén máis secas e os incendios avancen con máis facilidades, e ten unha gran capacidade que lle permite un cremcemento moi rápido.
      Ademais, non debemos esquecer, que as súas follas, arden con moita facilidade, e formando grandes chamas.
      Outra causa, é o que mencionaron, antes de que moitas superficies dos montes galegos as cales pertencen a propietarios, non se atopan limpas, e con isto non so referirse a que nelas hai unha gran cantidade de prantas que facilitan e dispersan os incendios, se non tamén grandes cantidades de plásticos e sustancias radiactivas.

    • faa-iagogonzalez di:

      Na miña opinión, creo que o maior problema dos montes galegos, foi a introducción de especies arbóreas de rápido crecemento, como son o eucalipto australiano e o pino. Por outro lado, está o problema do coidado dos nosos bosques que na maioría dos casos é moi escasa e provoca moitos incendios accidentais.

    • fab-aldaragarcia di:

      Un dos factores a ter en conta, polo cal os montes galegos arden con tanta facilidade sería que os montes non están ben limpos, xa que este ano cos recortes diminuiron os medios para levar a cabo a limpeza de montes. Polo cal, un incendio que se podería ter controlado e non ser de tanta importancia, se o monte non está limpo axuda a que o lume se espalle con máis facilidade.

  5. fab-cristinabarreiro di:

    Os bosques arden facilmente debido ao abandono por parte dos propietarios, xa que a maioría deles son de propiedade privada. Se un incendio coincide cun ano de chuvias primaveraiss e verán caluroso, o terreo arde e se extende de forma descontrolada.

  6. fab-amadeoabal di:

    Os bosques arden con tanta facilidade porque os donos deses bsoques non coidan correctamente desas fincas,non cortan as herbas…O que esta a pensar ahora a Xunta de Galicia e que cada propietario dun bosque limpie o seu terreo cada certo tempo para que haxa menos incndios.

  7. Victor di:

    Coa pregunta anterior que ría que chegárades ás especies pirófitas; que son?

    • faa-adrianfeijoo di:

      As especies pirófitas son árbores que se introducen e destrúen os hábitats propios e arrasan a cobertura vexetal,aumentando a erosión e contaminando as augas.Estas especies aumentan de forma catastrófica o perigo de incendios.Estas especies son entre outras os pinos, acacias,mimosas e eucaliptos.

    • faa-fernandogarcia di:

      A palabra pirófito provén do grego “pyro (lume) + phyto (vexetal)”, e utilízase para desiganr plantas que poden resistir o lume, ou tamén plantas das que as sementes precisan lume para xerminar, como pode ser, por exemplo a protea.
      En Galicia, entran nesa clasificación pinos e eucaliptos

    • Son especies adaptadas a soportar e a sobrevivir co efecto do lume.
      Esta resistencia é posible grazas a adaptacións físicas ou diferentes mecanismos do comportamiento reproductivo.
      Algunhas plantas pirófitas son capaces de resistir ao lume grazas ó seu alto contido en auga.
      Outras presentan proteccións externas capaces de aislar os texidos vivos da acción do lume.
      Outras presentan mecanismos reproductivos que aproveitan eficazmente o lume ao non ter competidores.

    • fab-laurarodriguez di:

      As especies de prantas pirófitas, son aquelas capaces de resistir ao lume.Esta resistencia e posible grazas a adaptacions físicas ou diferentes mecanismos de comportamento reprodutivo. Por exemplo, algunhas prantas pirófitas son capaces de resistir o lume grazas ao seu alto contido en auga. Tamen hay árbores que presentan proteccions externas capaces de aislar os texidos vivos da acción do lume como é o caso do alcornoque.

    • fab-martinfranco di:

      Unha especie pirófita é un tipo de arbol que se adapta á súa vida no calor e preto ao lume.
      O pino é unha árbore pirófita, esto quere dicir que como é unha especie que vive en climas moi cálidos en verán onde os incendios son máis frecuentes adaptou a súa vida ao lume para sobrevivir así é: as súas piñas cerradas aproveitan a calor dun incendio para abrirse de golpe e liberar as sementes que brotarán unha vez haxa pasado. Toda a árbore ten unha resina moi combustible e fácilmente inflamable e as súas copas propagan o lume de copa en copa con moita rapidez.

    • fab-inesfeijoo di:

      Unha especie pirófita é un tipo de arbol que se adapta á súa vida no calor e preto ao lume.

    • faa-paulagondar di:

      As especies pirófitas son especies de árbores ou arbustos que se ven favorecidos polos incendios, xa que as súas sementes abren e xerminan axudadas polo lume. O eucalipto, o pino son árbores pirófitas. Xeralmente, existen este tipo de árbores en climas moi cálidos no verán.

    • faa-antoniomrodino di:

      Son as especies de vexetais que presentan adaptacións destinadas a soportar e a sobrevivir en presenza do lume; as súas sementes xerminan polo efecto deste e do calor, polo que teñen unha gran capacidade para resistir incendios. Dentro deste grupo, ademais do eucalipto, topamos os pinos, a enciña e o alcornoque, entre outros.

    • faa-iagogonzalez di:

      As plantas pirófitas, son aquelas cuxo organismo lles permite ser resistentes ao lume. Estas plantas, son moi características do clima mediterráneo aínda que tamén se dan en abundancia en Galicia. Un exemplo deste tipo de seres vivos, é por exemplo o alcornoque.

    • fab-aldaragarcia di:

      Son plantas na que a calor, polo tanto o lume tamén, forma parte do seu ciclo vital, xa que o lugar onde están gardadas as súas sementes abre co calor, e cando esta abre caen e logo xerminan, nacendo unha nova planta e así continuamente, este método e beneficioso para elas, xa que teñen vantaxa ó non ter competidores no solo e asó poden aproveitarse de todos os minerais. Un exemplo destas plantas sería o pino, eciña, alcornoque… e demáis plantas propias de bosques mediterraneos

    • faa-manuelbusto di:

      Este tipo de plantas son capaces de resistir o lume, esta resistencia é posible gracias a determinadas adaptacións físicas, ou diferentes mecanismos reproductivos.
      Algunhas destas plantas son capaces de resistir o lume debido ó seu alto contido en auga, pero tamén hai árbores que contan con determinados tecidos protectores mediante os cales poden aislar do lume as súas partes vitais.Respecto a mecanismos de reproducción existen sementes capaces de resistir a incendios e colonizar estes solos eliminando así toda competencia.

  8. fab-alekseinogueira di:

    Son plantas nas que o lume forma parte do seu ciclo vital, as súas semillas abren coa calor, polo tanto cando todo está queimado e para elas libres de competencia, a parte de que o solo despois de estar queimado está cheo de nutrientes xerminan e crecen con moito facilidades coa chegada das primeiras chuvias. O pino é unha unha especie pirófila.

  9. fab-amadeoabal di:

    As especies pirófitas son árbores, raramente de máis de 40 m de altura, usualmente de tamaño medio ou pequeno, ou arbustos perennifolios, a veces caducifolios,frecuentemente co pescozo engrosado.Teñen pelos tricelulares.

  10. faa-emilioabal di:

    Especie pirófita é unha planta ou formación vexetal propia das rexions áridas e semiáridas, que se adapta ós incendios periódicos.

  11. Victor di:

    Afírmase que o lume en Galiza é un problema estrutural do monte; que significa isto?

    • fab-mariaarojo di:

      Significa que a colocación ou estrutura dos árbores no monte non é a axeitada, e que favorece a fácil dispersión do lume unha vez que comeza. Tamen é que os curta-lumes non están ben feitos, que son unhas divisións na terra que se encargan de parar nun punto o lume e evitar que continuase o seu recorrido.

    • fab-aldaragarcia di:

      Isto significa que a colocación que teñen os árbores nos montes de Galicia e ao non estar limpos, axuda a que o lume se espalle con máis facilidade. Que o monte non este limpo débese a varios factores, cos recortes os medios físicos de limpeza diminuiron,ou que a maioría das terras en Galicia son minifundios, e en extensión coma os montes non se ten moi claro onde empeza e remata outra, ou tamén o dificil acceso a elas non permite que se limpen e os usuarios das fincas tampouco lle importan que non estén limpas. Pero si saimos fora de Galicia, Soría, León, Zamora, atoparémonos con que os montes de case todo o mundo, están limpos e coidados.

    • fab-sandraromero di:

      O problema dos montes galegos é a política forestal insostible que se leva carrexando dende fai varias décadas. A distribución das árbores non é a adecuada, xa que favorece que se expanda o lume con maior facilidade, sen tampouco esquecermos da moi escaza limpeza.

    • fab-raquelblanco di:

      Significa que as árbores nos montes galegos teñen unha colocación que favorece a dispersión do lume, ademáis ao non estar limpos favorece a expansión do lume. Tamén teñen falta de corta-lumes ou estan mal feitos.

    • faa-manuelbusto di:

      Refírese en gran medida a que o monte galego está bastante descoidado, xa que os donos das fincas non as teñen limpas, e ademais tamén se pode estar referindo á forma na que están organizadas as árbores, xa que ó estar colocadas relativamente xuntas, e en liña isto favorece a que se estenda o lume.

  12. faa-antoniomrodino di:

    Que o monte galego está mal estructurado xira en torno a dous grandes problemas:
    A perda de habitantes polo declive das ocupacións tradicionais do campo, xa que moitas das persoas emigran cara a cidade, esquecéndose da vida do campo e mesmo de moitas das súas propiedades.
    A estrutura minifundista da propiedade, dado que moitas das parcelas dos montes son de escaso valor e tamaño, e os seus donos ata certo punto ignoran o que teñen.

  13. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que queres facer referencia a que o lume en Galiza é debido ao monte en sí por non estar ben limpado… polo seu amo.

  14. faa-iagogonzalez di:

    Esta expresión, confírmanos o mal coidado dos nosos bosques, xa que ademáis de non estar ben limpos, a colocación das árbores non é a adecuada, polo que isto favorece a extensión das lapas. Por outro lado, como ben di a miña compañeira María, tamén está o tema dos curta-lumes, que ademáis de non ser suficientes están feitos de mal modo.

  15. A pérdida de poboación nas zonas rurais polo escaso interés polas ocupacións tradicionais do campo e o minifundismo provocan o abandono dos montes galegos, ao que hai que engadirlle a mala colocación das árbores, que fai que o lume sexa máis difícil de controlar.
    Tamén engadir que existe unha maioría de monte en Galicia que non é de especies autóctonas coma o carballo, senón de especies foráneas como o eucalipto.

  16. fab-amadeoabal di:

    Unha planta pirófita é aquela planta ou formación vexetal propia de rexións áridas e semiáridas, adaptada a incendios periódicos naturais. En moitos casos, a adaptación non se reduce a reaparecer con maior forza despóis do incendio, senón que para a rexeneración de moitas plantas é imprescindible que se produza un incendio.

  17. fab-alvarolopez di:

    A afirmación de que o lume en Galiza é un problema estrutural do monte refírese por unha parte ó coidado dos mesmos montes, xa que os propietarios das parcelas dos montes non as teñen limpas, e por outra parte á colocación das árbores que favorece unha fácil expansión do lume.

  18. fab-alekseinogueira di:

    Estou dacordo en todo o que di Isma menos en un apartado no que se refire á mala colocación das árbores, non creo que o monte teña que estar de forma ordeada senón que o monte debe creceer de forma salvaxe e por suposto con especies autóctonas, se as árbores no monte estiveran plantadas en línea recta non tería a súa gracia.

    • fab-aldaragarcia di:

      E que eu interpreto que a mala colocación das árbores refírese a que nalgúns montes as árbores están en línea recta, xa que plántanse así e a hora de talalas para levalas á industria é máis fácil. Nos montes no que nos atopamos cos árbores así é máis fácil que o lume se espalle, xa que quedan pasillos libres. No caso de que ese monte onde os árbores medran en liña recta non esté coidad (que haxa maleza) entón o lume espallarase dunha forma máis fácil.

  19. faa-angelfigueiras di:

    Significa que os montes tiñan que ter unha mellora en accesos, así como a existencia dunha lei na que obrigase os propietarios das parcelas a limpeza das mesmas. Tamén quizais puidese haber un numero maior de Seprona e gardamontes vixiando os nosos bosques. Pero o factor que máis afecta a queima dos montes é o escaso civismo que algunhas persoas teñen.

  20. faa-luciasantos di:

    Creo que a mala estrutura dos montes galegos refírese, ademais da colocación das árbores, que debido á súa proximidade provoca que o lume se espalle máis rapidamente, como din os meus compañeiros, se refire á movilización da poboación. Dado que agora se están a abandonar as zonas rurais polas cidades, ninguén se preocupa de coidar as súas terras, polo que estas parcelas están repletas de malezas e sin limpar, o que aumenta considerablemente, a velocidade e a efectividade dos incendios nos nosos montes.