Os polos, puntos de interese

O polo norte é unha gran masa de xeo flotante, que a causa do quentamento global, tal e como anuncian os científicos, o Ártico perderá boa parte da súa masa xeada en apenas uns anos. Esto fai que os grandes países como Estados Unidos e Rusia entre outros, loiten por facerse co seu control para poder trazar novas rutas comerciais, alegando que as 200 millas de distancia coa costa son augas xurisdicionais.

Polo tanto poden ter un certo control, pero non só se queren facer con el polas rutas marítimas, senon que a isto se une a posibilidade de explotar os seus recursos naturais –un 25% das reservas de petróleo e gas, así como níquel, plomo, estaño, manganeso, ouro e platino-  ata o de agora inaccesibles e ocultas baixo a capa de xeo do Océano Ártico.


Autor: Emilio Abal

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Os polos, puntos de interese

  1. fab-mariaarojo di:

    A perda de xeo do Ártico é outro claro exemplo das consecuencias do cambio climático, do que o ser humano é culpable. Co aumento contínuo das temperaturas redúcese a superficie dos glaciares, pasando duns 4.9 millóns de km² no 2010 a 4.6 millóns de km² no 2011.
    Outra consecuencia é a perda de grosor que sufre esta superficie polar, que tiña máis de 5 metros e que na actualidade pasa a ser unha miseria do que era (28% do volume total de xeo na Terra no 1990 ao 6% no 2010), e pasando dun grosor de 3.4metros nos anos 90 a os 2.2 do 2005.

  2. fab-ateneaprado di:

    O desxeo do ártico,como ben se menciona no texto, abre novas posibilidades para explotar os seus recursos naturais. No fondo mariño do Ártico encóntranse o 25% das reservas mundiais de petróleo e gas natural, como ben se menciona no post. Deberíanse preocupar máis polas consecuencias as que poderíamos chegar, e dicir, pensar que non se trata de explotar recursos sen mais, senon que o desxeo podería traerlle varios problemas o cambio climático, xa que se vería terriblemente afectado e iso afectaríanos a todos.

  3. fab-aldaragarcia di:

    Como todos sabemos, o cambio climático produce o desxeo dos polos, no caso da antártida, se esta se desxea o que quedaría sería unha superficie terrestre, pero se o polo norte se desxea quedará un mar, e tras varios estudio sábese que baixo o polo norte hai grandes xacementos de petróleo e gas natural, xa que baixo este atópase máis do 25% das reservas mundias de gas natural e petróleo. Polo cal hai varios paises interesados na zona. Isto é un gran examplo de que o que move os intereses dos países son os cartos, xa que teñen un gran interese en que a zona se desxee para poder acceder ós recursos naturais, e non se preocupan tanto por investigar en enerxía renobables que reduzan o efecto invernadoiro.

  4. Victor di:

    Cal é a vosa opinión sobre a explotación dos recursos naturais nas zonas polares? Deben repartirse entre países? Deben ser pratimonio de todos e todas? Debe preservarse virxes estas zonas do planeta?

    • faa-breixoalonso di:

      Eu penso que deberia ser patrimonio de todos e todas posto que o Ártico non é mais que un anaco de xeo xigante e ademáis o polo norte magnético estase a mover cara Siberia. Ademáis non creo que sea recomendable có actual cambio climático explotar mais xacementos de petroleo senon que creo que se debería apostar por as enerxías renovables ou a fusión fría.

    • faa-xosemartinez di:

      Penso que os polos, debido á súa importancia, deben ser protexidos. Posto que os intereses dos países cercanos a el, poden acabar cos seus recursos e tamén convertilo tan só nun sitio de interés económico, sen ter en conta a importancia natural e que ten para o clima do noso planeta.

    • fab-sandraromero di:

      O cambio climático que estamos a sufrir vai permitir a explotación de xacementos fósiles que ata o momento era imposible o acceso debido ao xeo do Ártico. Os países que intentan controlar estas augas xurisdiccionais, entre eles España, o que buscan é obter beneficio a través dos xacementos de petróleo e gas, sen apenas importarlles as consecuencias que isto suporía. Para que non sucedese deberían manterse estas zonas do planeta virxes pero cómpre ter en conta que hai países cuxo interés na zona ten moita máis forza.

    • faa-iagopaz di:

      Na miña opinión estas zonas deberían seguir sendo virxes, pero os gobernos de Rusia, Noruega, Dinamarca, Canadá e Estados Unidos non comparten a miña opinión, reclamando parte do territorio Ártico. Pretenden explotar os recursos naturais (principalmente petroleo) e aproveitar o desxeo para crear novas rutas comerciais que lle garantiría un gran beneficio económico.

    • faa-luciasantos di:

      Na miña opinión, creo que estas zonas da Terra deberían seguir sendo virxes. É certo que teñen gran interese, debido a que se atopan numerosos xacementos de petróleo e gas natural. Esta é a principal razón pola que países como Rusia, os Estdos Unidos e Canadá están tan interesados en acadar estas zonas, así como tamén as novas e posibles rutas comerciais. Novamente os beneficios económicos preocupan máis que a conservación da biodiversidade autóctona dos polos, que se verá en tremendas dificultades para sobrevivir se o casquete polar se segue a desconxelar.

    • faa-mariamartinez di:

      Na miña opinión deberíase facer todo o posible por conservar as zonas polares. Primeiro o quentamento global provoca o seu desxeo, e agora están consideradas por algúns zonas adecuadas para a explotación. Un exemplo disto é que hai case un ano, o presidente dos Estados Unidos deu máis permisos para realizar perforacións para a extracción de petróleo neste lugar.

    • faa-manuelbusto di:

      Eu creo que esas zonas deberían permanecer virxes, aínda que nestes lugares se atopan uns xacementos de petróleo e gas natural de gran interese para as grandes potencias mundiais, eu opino que preservar a fauna destas zonas está por riba do interese económico destes países.

    • fab-rosammillan di:

      Eu penso que deberáin de ser protexidas e non ser explotadas en exceso,ademáis con este xacemento de petróleo e gas non se fará máis que pospoñer o uso de combustibles que non danen o medio ambiente.As zonas polares xa están demasiado afectadas polo cambio climático como para empeorar a situación actual.

    • fab-antiachantada di:

      Na miña opinión estas zoas deberían de manterse virxes. Na actualidade, e cada vez menos, podemos conservar espacios naturais totalmente intactos, sen estar influidos pola actividade humana. Os polos son un dos poucos lugares que quedan e debería de seguir así.

    • faa-iriagondar di:

      Na miña opinión deberíase prohibir a explotación de todo tipo de recursos naturais dos polos e conservalos como grandes parques naturais xa que debido ao efecto invernadoiro e o quentamento global poderían chegar a desaparecer.

    • faa-fernandogarcia di:

      Na miña opinión todo o planeta debería ser patrimonio, non só da humanidade, senón de todo o que vive. Pero como pode iso ser posible cando a xente con influecia só ve campos de explotación cos que gañar cartos?
      A veces penso que son demasiado idealista, pero non creo que este pensando mal, algún dia quizáis podamos vivr en paz sen explotar o planeta

    • fab-raquelblanco di:

      Penso que os polos deberían estar protexidos, porque os países cercanos explótannos e acaban con eles. Deben conservarse virxes, xa que o petróleo é unha fonte de enerxía que se agotará.

    • fab-isaacabal di:

      Persoalmente diría que a explotación dos polos debe ser dos primeiros que cheguen(Rusia), pero como nos non fomos os primeiros, debería repartirse entre todolos países inda que isto tamén suporía un problema.

  5. fab-mariaarojo di:

    Na miña opinión debería de haber zonas na Terra nas que non se podería facer nada que reportase beneficio, coma explotalas. Lugares coma o Amazonas ou as zonas polares. Estas deberían de ser patrimonio de todos e estar protexidas, porque se as explotamos faremos que se esgoten máis rapidamente do que o estan facendo xa.

  6. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, creo que estos espazos se deberían conservar totalmente virxes en canto aos seus recursos, xa que son un espazo natural moi importante que se deve preservar a toda costa, ademáis de que neste caso evitaríanse problemas naconais pola posesión e explotación dos recursos destos territorios. Polo tanto, creo que a mellor opción é conservar os polos como un espazo natural protexido e alonxado de toda explotación dos seus recursos.

  7. faa-antoniomrodino di:

    En canto aos animais, como por exemplo as focas ou pinguíns, é unha pena o que alí acontece, xa que estes animais son pouco comúns máis que nesas zonas, é pra o único que se empregan, unha vez máis, é pra cubrir a avaricia do home, neste caso pra fabricar prendas de abrigo.
    Eu creo que no tocante aos repartos entre os países, eu non o vexo moi claro; por un lado sí xa que coma o Polo Norte, son rexións nas que non están dominadas por ningúns países en concreto, pero por outra banda eu penso que soamente os que deberían beneficiarse dos recursos alí obtidos son aqueles que os obteñen.
    Eu diría que si deberían preservarse virxes, xa que como xa dixen, alí atopamos especies de animais so propias desas zonas, e ademais, ao non estar baixo o dominio de ningún país, non é xusto que uns se beneficien e outros non, xa que se tódolos países nos beneficíasemos acabaríamos moi rapidamente con eles.

  8. fab-alekseinogueira di:

    Creo que se deben conservar virxe, o petróleo non ten futuro e a xente debería consideralo.Porque explotar unha zona virxe tan pura como os polos? Seguramente se exploten porque o único que importan son os cartos , acabarase por destruír toda a Terra

  9. faa-juancsineiro di:

    Na miña opinión non debería manterse virxe, pero se se esplotar, debería repartirse entre todos, debido a que iso non é de nadie, e se van Estados Unidos e Rusia a polos seus recursos naturais nadie os vay poder parar.

  10. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que deben conservarse virxes,porque si se comeza a explotalos despóis, como ben di Aleksei co petróleo, vaise acabar extinguindo e quedaremos sen el finalmente.Deben conservarse virxes non ssó pola paisaxe senón que tamén polos recursos que pode haber alí e polos animais que viven só nos polos,porque si se comeza a explotalos eses animais acabarían extinguíndose.

  11. Victor di:

    Non credes que debería existir un organismo internacional e democrático que sería o que determinase, entre outras cousas, a finalidade das zonas polares?
    Existe este organismo?

    • faa-xosemartinez di:

      Creo que a creación dun organismo que poida protexer e controlar a explotación dos recursos das rexións árticas é moi necesaria, posto que na actualidade non existe. E ademais, coa lexislación actual, os países cercanos ás zonas polares reclaman estes territorios sen nadie que o impida.

  12. faa-antoniomrodino di:

    Sí debería existir, pero según estiven mirando na actualidade non existe ningún organismo que teña unha función tan concreta deste tipo.
    Si hai países, pola contra, como Arxentina Canadá e Australia, que queren facerse co dominio das distintas zonas polares, en función á súa proximidade a elas, sendo este o motivo principal.