A princesa Mononoke

Coa finalidade de curar a ferida que lle causou un xabarín enloquecido, o xoven Ashitaka sae na pescuda do Deus Cervo, pois só el poderá liberalo do sortilexio. Ao longo da súa viaxe descobre como os animais do bosque loitan contra os humanos que están dispostos a destruír a natureza.

Ficha técnica

Esta entrada foi publicada en cine e etiquetada . Garda o enlace permanente.

44 Responses to A princesa Mononoke

  1. faa-iagogonzalez di:

    na miña opinión a película está moi ben e ademáis transmite unha mensaxe moi importante dende un punto de vista que a fai entretida, cousa que é moi importante. Por outro lado en canto ao contido pois gústoume bastante ainda que polo de agora non coñezamos o final, así como me gusta moito o tema do que trata que pola miña parte, presenta un gran problema na actualidade.

  2. Victor di:

    Seríades capaces de trasladar á actualidade a idea que se tenta transmitir nesta película?

    • faa-antoniomrodino di:

      Primeiramente, como di Paula, obsérvase que na película por unha banda se explota o monte para obter recursos e así fabricar ferro. Por outra banda, comprobamos como efectivamente a actual avaricia humana esta presenta na película isto é; preténdese destruír todo o bosque, acabando coa súa vexetación así como a fauna alí presente, para que algúns dos animais que viven nel e que lle “estorban” ao home acaben extinguíndose. O final aínda non foi visto, pero despois desta loita dos humanos contra os animais para defender o que é deles, eu penso que ou os humanos acaban saíndo vencidos, ou se chega a un mutuo acordo.

    • fab-antiachantada di:

      O personaxe que te nun comportamento propio da nosa sociedade actual é Lady Ebosh xa que actúa basándose nos seus propios beneficios, sen pensar nas consecuencias que iso traerá non como afectará a certas persoas e á natureza.

    • fab-aldaragarcia di:

      A película pretende transmitirnos dunha forma enxeniosa o que está a pasar no mundo actualmente. As grades potencias móvense interesadas polo que lle da maior beneficio e non pensando no que sería mellor para a natureza, xa que normalmente o que sería bo e axeitado para a natureza soe ser máis custoso ca o que contamina e destrue a esta.

  3. fab-paulaalba di:

    Na película vese como unha aldea explota os recursos procedentes do bosque para fabricar ferro e distribuilo.
    Na actualidade, a explotación da natureza por motivos económicos prodúcese,por exemplo, na selva amazónica. Alí, a deforestación está destruindo a biodiversidade e acabando coas tribus amazónicas. Os motivos da deforestación son comerciais, ben para exportar madeiras ou ben para o cultivo de alimentos para o ganado que posteriormente se vende a restaurantes de comida rápida.

  4. fab-martinfranco di:

    “A Princesa Mononoke” é unha película de animación xaponesa do ano 1997 que nos mostra a relación que ten o ser humano coa natureza. A historia é presentada no Xapón medieval, no que se viven guerras entre distintos xefes feudales e en onde ainda dominaban o paisaxe os grandes bosques primixenios. “A Princesa Mononoke” non é a clásica película con marcados bos e malos, son moitos os matices que modelan aos principais protagonistas. Ademáis, o film tamén aborda questions de interés didáctico como o valor da lealtade (Yakkul) e da amizade ou a inutilidade e o pernicioso da guerra, o odio, a violencia e a sed de venganza. Pero tamén se toca de forma bastante directa temas tan de actualidade como a igualdade entre homes y mulleres (o exercito femenino de Lady Eboshi) ou a situación de colectivos desfavorecidos da sociedade (os leprosos).

  5. Victor di:

    Nesta película hai tres personaxes centrais de comportamentos diferentes fronte á natureza: Ashitaka, a princesa Mononoke e Lady Eboshi; razoade cal dos tres ten un comportamento que se semella máis ao da nosa civilización occidental actual?
    Por certo: se “clicades” na imaxe tendes un enlace coa Wikipedia.

    • fab-mariaarojo di:

      A personaxe de Lady Eboshi é a que ten un comportamento parecido a de a gran maioria da nosa civilización polo feito de non mirar as consecuencias que ten o que fai, destrozar e talar o bosque, tan so mira o beneficio que obtén coa fundición de ferro. Está disposta a sacrificar toda a vida que hay nese bosque para conseguilo.

    • fab-sandraromero di:

      Lady Eboshi é a personaxe co comportamento máis semellante ao da nosa civilización actual, debido ao seu afán destructivo dos bosques talando árbores para extraelo mineral das minas, entrou en guerra cos animais que alí habitaban.

    • faa-manuelbusto di:

      O personaxe que máis se achega á nosa sociedade occidental actual é Lady Eboshi, debido a que o único importante para ela é acadar un elevado beneficio económico, sen ter en conta as consecuencias que pode causar, mediante ás súas técnicas, ao medio natural.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión creo que a persoa que ten un comportamento como o da civilización actual é Lady Eboshi,xa que explota os recursos naturais só pensando no beneficio que lle da, non nas consecuencias que isto ten sobre o medio ambiente.Na película vese unha tala de árbores para extraer o mineral, e unha continua loita contra os animais que habitan neses bosques.

    • faa-fernandogarcia di:

      Certo, todos os compañeiros sinalaron a resposta máis obvia: Lady Eboshi.
      É un razoamento simple, pero acertado, xa que ese personaxe representa a faceta máis cruel do ser humano, unha que non se detén ante o que sexa belo ou bo, por conseguir un beneficio, xa sexa en forma de diñeiro ou poder, pois esa é unha cara do egoísmo que todos nós levamos dentro polo feito de ser seres intelixentes. O que importa e se a vas a escoitar e a deixar que guíe as túas accións, ou non.
      Aínda que todos os humanos levamos un demo dentro, somos capaces de crear cousas marabillosas, e cultivar iso é máis importante que calquera cousa

    • fab-alvarolopez di:

      Penso que é Lady Eboshi a que ten un comportamento que se semella máis ao da nosa civilización occidental actual, xa que, busca o máximo beneficio na explotación dos recursos(neste caso na tala das árbores para extraer o mineral das minas) sen pensar nas consecuencias naturais e animais.

    • fab-aldaragarcia di:

      Sen ningunha dúbida o persoaxe que nos representa sería Lady Eboshi, posto que non mostra ningún respeto pola natureza, pero aprovéitase dela collendo os recursos delas que máis lle interesan e destruíndo outros, acabando con ecosistemas completos. E tamén como se mofa da xente que pretende explicar que hai que coidar a natureza, xa que esta é moi importante para nos.

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu diría que é Lady Eboshi xa que como dirixente que é da cidade do Ferro só busca explotalo monte para o seu beneficio é facer a partir de ahí todo o que lle antolla sen ter en conta as consecuencias, así como a tala excesiva de árbores, o sometemento a unha extinción da vexetación etc. Isto podemolo asociar a unha sociedade capitalista baseada na compra venta co fin de obter un beneficio económico.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión si que ten vixencia sobre o mal uso do ser humano da natureza, xa que na actualidade séguense a explotar os recursos ao seu entoxo sen ser conscientes de que a este ritmo pronto se esgotarán,pero coma sempre só pensan nos cartos polo que non se paran a pensar as consecuencias que isto ten.

    • faa-iagopaz di:

      Como ben afirman os meus compañeiros, Lady Eboshi e a que ten un comportamento máis “humano”. O único que pretende e acabar co bosque, os animáis e os seus enemigos só para satisfacer a súa codicia

  6. fab-mariajblanco di:

    Dende a miña maneira de pensar esta película transmite moi ben a loita constante da natureza contra o home. O home quere avanzar sen pensar no mundo, no resto dos seres vivos que habitan na Terra. DE ahi a que me parece que a historia deste filme me pareza unha gran oportunidade para transmitir as novas xeracións do que nós estamos a facer.

  7. faa-josechaves di:

    Eu penso que hai máis xente con comportamento parecido ao de Lady Eboshi, porque non se pensan as cousas antes de facelas e despois esto aféctalle ao noso planeta, pouco a pouco estamos acabando con el. Non podemos deixar que os animais sufran e que o planeta sexa peor.

  8. fab-mariajblanco di:

    O personaxe que máis se asemella a civilización occidental é Lady Eboshi posto que non lle importa a natureza tan só se preocupa de conseguir máis terreo para o seu pobo e máis materia prima ca que traballar, sin importarlle as consecuencias que iso poderia ter nun ecosistema.

  9. fab-paulaalba di:

    Na miña opinión, a princesa Mononoke e Lady Eboshi representan os polos opostos da defensa da natureza: Mononoke quere acabar cás persoas que están a destruír o seu fogar e Lady Eboshi é a responsable desa destrucción só por beneficio propio. Por outra parte, Ashitaka sería o punto de equilibrio entre ámbolos bandos pero defende máis ben á natureza(como se veu na parte da pelexa entre Mononoke e Lady Eboshi).
    Penso que, como xa se dixo, Lady Ebosh sería a representación da maioría da civilización occidental, pero que existen persoas que coñecen o perigo da sobreexplotación da natureza e que intentan protexer os bosques, unha conciencia que se achega á da princesa Mononoke.

  10. Victor di:

    Credes que esta película ten vixencia na actualidade ao denunciar o mal uso que o ser humano fai da natureza?

    • fab-raquelblanco di:

      Eu penso que si, porque hoxe en día os seres humanos non coidamos como se debería a natureza, e agora temos as consecuencias. Na película pasa o mesmo, os animais loitan contra os humanos para que non acabemos coa natureza, xa que eles son os únicos que a conservan

    • fab-laurarodriguez di:

      Na miña opinión, esta película, trata un tema que é perfectamente vixente hoxe en día. Por un lado esta o bosque, que se esta destruíndo para poder explotar os seus recursos, algo que se segue a facer agora. No outro lado esta Lady Eboshi e toda a xente que vive na fortaleza, que depende da explotación dos recursos dese bosque para seguir fabricando ferro, e sen esa fabricación, non poderían vivir. Este dilema, é algo que segue a suceder na actualidade, e é algo que debería cambiar.

    • faa-luciasantos di:

      Dende o meu punto de vista, creo que se pode identificar perfectamente esta situación coa actual. Como ben din os meus compañeiros, nesta película preténdese solidarizar ou concenciar á poboación do trato que lle damos ao medio ambiente, a través de diferentes formas e actuacións. Penso, que a estas alturas de século, aínda non somos conscientes do que temos e de todo o que podemos chegar a perder se non valoramos a nosa biodiversidade e variedade de ecosistemas, impoñendo os beneficios económicos ao coidado do noso planeta.

    • faa-mariamartinez di:

      Eu penso que a forma que ten de actuar cada un dos personaxes na película amósanos os diferentes puntos de vista que existen na sociedade actual. Hai persoas que defenden a conservación dos montes pero hai outras que pasan por alto a explotación deste recurso natural tan importante.

    • fab-mariaarojo di:

      Si, a pesar de ser unha película do 1997 o tema a tratar segue na actualidade, e o recoñecemos en nomes tan comuns coma o cambio climático, a desaparición contínua da capa de ozono, e múltiples consecuencias que podemos observar día a día e somos nos os culpables diso.
      Así que si, esta película e o seu tema pódese aplicar perfectamente á situación que vivimos na actualidade e a nosa sociedade.

    • fab-rosammillan di:

      Na miña opinión está situación pódese levar a actualidade xa que non importa destruir os recursos naturais con tal de conseguir beneficios.
      E aínda actuando desta maneira agoísta,os máis perxudicados somos nós.
      Por exemplo agora mesmo temos o noso alcance vehículos que respetan o medio ambiente sen necesidade de carburantes pero a industria petrolífera non saca proveito desta situación e seguiránse usando estes combustibles.

    • faa-manuelbusto di:

      Na miña opinión esta película é perfectamente vixente na actualidade, xa que, as grandes empresas e multinacionais sobre todo, explotan dunha maneira esaxerada os recursos do medio natural para adquirir beneficio económico, apenas sin ter en conta as consecuencias que isto pode producir nun futuro.

    • fab-alvarolopez di:

      Penso que sí, que esta película ten vixencia na actualidade ao denunciar o mal uso que o ser humano fai da natureza. Somos nós mesmos os que estamos acabando coa Terra polo mal uso dos recursos naturais abusando deles sen pensar nas consecuencias. Non só perxudicamos á natureza, senón tamén ós animais que tamén son seres vivos.

    • fab-antiachantada di:

      Na miña opinión o argumento da película pódese identificar claramete coa situación actual. Vemos como os seres humanos actúan basándose nos beneficios, sen pensar nas consecuencias que iso poderá traer no futuro e nos danos que lle podemos causar a outros seres vivos. Unha vez máis, está claro que si estas actitudes non cambian e non valoramos máis o noso planeta haberá graves consecuencias.

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu diría que si ten vixencia na actualidade, xa que como dixemos antes, reflexa o mal comportamento do ser humano á ora de actuar ca natureza, xa que obtamos por un bo beneficio económico antes que por conservar a maravillosa fauna e flora que nos rodea, o cal é unha pena, xa que ao fin e ao cabo dela vivimos.
      Está película, ademais, está remontada nunha época moi anterior á actual, pero xa nos vai informando do que somos degrazadamente en realidade; é pra telo máis claro, só consiste en ir dar unha volta polo interior dos montes que nos rodean e ver a tala indiscriminada e abundante que hai.

    • fab-isaacabal di:

      Ten absoluta vixencia: A tala indiscriminada de arbores segue en aumento e non se buscan alternativas. Os cartos mercan os montes, e deles buscase sacar o máximo beneficio e non se fai nada para evitalo.

    • faa-iagopaz di:

      Eu opino que é na actualidade cando maior é a adecuación da película coa realidade, xa que a tala indiscriminada de terreo virxe verase acentuada coa aprobación da nova lei forestal do Brasil. Esta ley deixa unha gran libertade ás empresas para destruir amplias zonas anteriormente protexidas, o que provocará un aumento nas perdidas de terreo amazónico, que se aproximan en 79 millóns de hectareas.

    • faa-fernandogarcia di:

      Por suposto que ten vixencia, pois hai xente que a ve e entende esa mensaxe, non? Aínda que non pareza que ninguén se vaia levantar para evitalo, porque “vivimos demasiado ben”.
      Creo que se a explotación da natureza non nos proporcionase beneficio algún, xa non existiría tal. Non defendo que se sobreexplote a natureza, pero agora mesmo trato de remarcar o egoísmo propio dos seres humanos, pero poño as miñas esperanzas en que iso cambie.
      Deberíamos vivir da man da nosa “nai”, non situarnos por riba coma se tiveramos dereito a someter o planeta á nosa vontade

  11. faa-mariacmaquieira di:

    Eu penso que Lady Eboshi é o personaxe que máis se semella a nosa civilización occidental actual xa que a ela o único que lle importa é o seu beneficio,beneficio que consigue mediante a natureza e neste caso mediante a súa destrucción. Isto tamén acontece hoxe en día xa que moitos recursos naturais son explotados e a súa explotación a maioría das veces é prexudicial para o noso planeta, pero a maioría da xente non se decata de estes prexuízos.

  12. fab-isaacabal di:

    Nesta sociedade, a sociedade do sc. XXI, na que o motor de absolutamente todo son os cartos, deixase de darlle importancia a cousas polos cartos.
    Se se perde un bosque por gañar unha millona, é un dano colateral.

  13. faa-emilioabal di:

    Pois claro que si, nesta, a nosa sociedade, temos un mal uso xeneralizado de todas as fontes de enerxía, así como a contaminación e a deforestación que trata a película vai concorde co que se esta a vivir nestas últimas décadas e o peor de todo e que como representa a película danos igual o que sufra a naruteza con tal de termos nos algo que levarnos a boca ou ter unha maior calidade de vida.

  14. fab-robertootero di:

    Na película vese como unha aldea explota os recursos procedentes do bosque para fabricar ferro e distribuilo. A explotación da natureza co unico fin de obter beneficios está moi presente na actualidade como ben se reflexa na película que vimos a comentar.

  15. fab-fuensantabuceta di:

    Nesta película preséntase a loita que dende fai moitos anos ten lugar entre os homes, (Lady Eboshi e o seu pobo) que queren sacar beneficio a costa do bosque, e a propia natureza (representada polos deuses do bosque). Outro dos mensaxe que nos transmite esta película é o de que a violencia só enxendra máis violencia. Faino principalmente a través da maldición que ten Ashitaka. Se se deixa levar polo odio conseguirá unha forza sobrehumana pero a costa de que a maldición se extenda con máis rapidez. Por iso aconséllalle que durante a súa viaxe mire as cousas sen odio.

  16. faa-iagogonzalez di:

    Por suposto que si, xa que eu penso que a mensaxe que a película peretende transmitir,é a de que a convivencia entre a natureza e o ser humano debe ser respetuoso,xa que ademáis tratase de un tema que está moi de moda na actualidade o cal o fai máis atractivo cara o público.

  17. fab-cristinabarreiro di:

    Eu penso que sí que ten vixencia na actualidade. As persoas limitámonos a desgastar os recursos naturais sen pensar nos danos que provocamos, non só ao entorno, senón aos animais que viven nel. Temos que aprender a controlar os danos que facemos ao noso planeta, xa que é onde vivimos e debemos conservalo. E esta situación é o que nos reflexa a película, o egoismo dos humanos por mellorar sen importar as consecuencias.

  18. Pingback: A princesa mononoke | Blog Guia