Indiferenza aos sentimentos?

O síndrome de Asperger é un dos transtornos do tipo autísticos, que afecta ás condicións mentais e á forma de actuar da persoa. Estas persoas non teñen problemas para falar nin problemas gramaticais, pero presentanse fortes dificultades nas relacións co resto das persoas.

Entre as características que posúen estas persoas están por exemplo o seu interese fixo nun só tema. Son moi detallistas e perfeccionistas, sempre manteñen a mirada fixa nos ollos dos demais, rehúen o tacto, e algo do máis sorprendente é a súa indeferenza aos sentimentos, e dicir que non distinguen as emocións e os sentimentos. Pero a diferencia deso son áxiles para os xogos de lóxica, boa memoria para as normas, gran interese espacial, bos en matemáticas e ciencias, son moi racionais…

Esta enfermidade asóciase a persoas de gran nivel intelectual por exemplo Bill Gates ou Einstein. Hai que recoñecer que estamos ante unha enfermedad bastante curiosa e que se non fora polos aspectos negativos, estaríamos ante unha especie de “súper-humano”.


Autora: Noelia Fernández Vázquez

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to Indiferenza aos sentimentos?

  1. Victor di:

    Cales son os consellos que poden seguir os pais cando tellen un fillo con autismo?

    • fab-mariaarojo di:

      Por experiencia propia, o mellor consello é intentar que os nenos que teñan este trastorno se relacionen con xente normal, vaian a un centro educativo normal e leven unha vida que non os distinga do resto. Os centros especializados non sempre son bos nin sempre se obtén melloría, xa que o único problema que teñe este trastorno é o acto social (a pesar de todo hai moitos casos de autismo e síndrome de asperger e moitos graos) así que cada rapaz é un mundo. Pero o mellor é intentar levar unha vida o máis normal posible.

    • faa-iriagondar di:

      – Vivir o día a día positivamente sen controlar o futuro.
      – Non subestimar o potencial do seu fillo.
      – Buscar apoio en familiares e profesionais.
      – Proporcionar e ofrecer ao neno un vo ambiente educativo desde o principio da súa infancia.
      – Tratar ao neno do mesmo xeito que os outros membros da familia.
      – Non estar as 24 horas pendente del.
      – Nunca perder o sentido do humor e deixar influír a personalidade.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Algúns consellos:
      -Manter sempre o sentido de humor.Xa que botar unha gargallada é unha das mellores formas para evitar o estres e o desánimo.
      -Dar un bo ambiente educativo e de aprendizaxe,dende a súa infancia.
      -Motivalo para que desenvolva ao máxima a súa capacidade.
      -Buscar axuda en familiares e en amigos.
      -Non tratar a este fillo de diferente xeito que os demais fillos,xa que el non ten porqué sentirse diferente.
      -Non estar as 24 horas do día pendentes del.

    • faa-mariamartinez di:

      Os pais deben buscar apoio nos familiares e en especialistas, sobre todo ao principio, cando se sospeita da existencia do trastorno. Ademais teñen que motivar ao seu fillo para que este poida desenvolver certas destrezas, ainda que tampouco se debe estar pendente todo o día do neno para que os demais membros da familia, como os irmáns, non se sintan desprazados ou ignorados, para evitar o estrés, etc.

    • faa-antoniomrodino di:

      Vivir un día tras outro, positivamente e sen poder controlar o futuro pero si o día a día. Xamais subestimar a capacidade do teu fillo, motivándoo, ofrecéndolle ánimo e intentar que desenvolva ao máximo as súas capacidades. Buscar apoio bo e positivo, como familiares e mesmo profesionais; proporcionarlle un bo ambiente de aprendizaxe e a poder ser dende a infancia. Non deixar a un lado os sentimientos coa parella, así como as emocións e vivencias. Ser consciente antes de tomar decisións autónomas e ante todo honestos pero tampouco intentar ser un gran pai a tódalas horas do día, aceptando os fallos e sen esquecerse de ser xeneroso e xentil. Finalmente e como non, deberíase rir, para evitar o estrés e o desánimo.

    • faa-luciasantos di:

      Os nenos autistas teñen dificultades en varias áreas principais : a interacción social e todos os aspectos da comunicación, tanto verbal como non verbal. Para poder facilitar a asimilación destes nenos na sociedade, os pais deben axudarlle a mellorar a súa calidade de vida, educándoo cun comportamento que sex amáis aceptable socialmente e reaccione mellor ante outras persoas. As principais pautas de intervención son as seguintes:
      -Crear un vínculo afectivo co rapaz.
      -O obxectivo é o desenvolvemento, o disfrute e a motivación cara aspectos socio-comunicativos.
      -Crear situacións de aprendizaxe con carácter lúdico e motivante.
      -Desenvolver o traballo en situacións o máis naturais posibles e posibilitar a aprendizaxe en outros contextos e con outras persoas.
      -Fomentar a adquisición de aprendizaxes funcionales, axudarlles e dotar todo de sentido e intencionalidade.
      -Ofrecer oportunidades de pedir axudar e recibila.
      -Estruturación do entorno e o apoio en anticipadores visuais.

    • fab-antiachantada di:

      Eu creo que os rapaces que sofren este trastorno deberían de levar unha vida completamente normal, intentar relacionarse coa xente e desenvolverse nun entorno normal, tratar de que leven unha vida independente, non estar pendentes de eles todo o tempo e darlle o mesmo trato que todos os demais, para que este non se sinta especial.

    • fab-rosammillan di:

      Aprender os seus problemas sensoriais ou dificultades e acomodar o ambiente para esa persoa.
      Utilizar formas visuais para explicarlle calquer concepto.
      Encontrar algo en común con esa persoa.
      Estas persoas teñen unha forte resistencia o cambio e aislamento polo que hai que proporcionarlle toda a axuda posible para a súa integración.

    • fab-amadeoabal di:

      As persoas con autismo si que teñen sentimentos.Por exemplo os nenos autistas sí aman, só que a forma na que o demostran é diferente a como nolo enseñaron nosos pais.

    • fab-amadeoabal di:

      Algunhs métodos que deberían considerar son:

      – Apoio Conductual Positivo (ABA, Lovaas, modificación da conducta, terapia conductual).
      – TEACCH (Tratamento e educación de nenos con autismo e problemas de comunicación relacionados).
      – Comunicación Aumentativa e Alternativa.
      – RDI (Intervención para o desenvolvementos das relacións sociais).
      Hai outro tipo de terapias tamén como:

      • Terapia de linguaxe
      • Terapia de integración sensorial
      • Terapia ocupacional
      • PECS (Sistema de comunicación por intercambio de imáxenes)

  2. Victor di:

    NOVO FORO ABERTO (permanecerá durnate 10 días)

  3. Victor di:

    Que papel credes que debe desempeñar a Administración no apoio a familias que posúen nenos/as con problemas de autismo?

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu creo que neste caso a administración en pouco podía intervir máis que en proporcionarlle á familia un bo profesional encargado en dito tema, e no caso de ser algo maior recorrer a proporcionarlle un médico para solucionar se ten algún problema de tipo psíquico a maiores.

    • fab-raquelblanco di:

      Eu penso que a administración debería concienciar ao resto da xente de que existen persoas con este problema e cales son as causas, crear centros para os rapaces con esta enfermidade donde lle aprendan a relacionarse cos demáis e lle ensinen cousas que a eles lle costa…

    • faa-mariamartinez di:

      Ao meu parecer, a Administración debería, en primeiro lugar, informar aos pais sobre esta enfermidade e responder a calquera pregunta ou duda que teñan sobre a mesma. Ademais deberían proporcionarlles un persoal especializado para que estivera á súa disposición.

    • faa-fernandogarcia di:

      Dado que as persoas que nazcan con ese síndrome teñen un gran potencial para os estudos, creo que a Administración debería apoialos principalmente nese aspecto.
      Polo demais somos as persoas do seu entorno as que deben axudar: unha persoa, con síndrome de Asperger ou non, pode dicir que se sente mellor soa, pero non é certo, é o que pensan, pero ningúen deste mundo ten realmente o desexo de estar só. Que non poidan reaccionar “con sentimentos” non significa que non os teñan. Son persoas, máis independentes ou difíciles de tratar, pero non significa que non poidan ser felices en compañía de outros.

    • fab-antiachantada di:

      Na miña opinión, a administración debería de ofrecer algún tipo de axuda cos gastos médicos que se necesitan ou a opción de poder contar con un centro especializado se a familia afectada o desea.

    • fab-amadeoabal di:

      Eu creo que en primer lugar a Administración debería informar sobre a enfermidade e as carecteristicas desta enfermidade,e tamén ten que informar que os hai que respetar como os demais ciudadanos,que só é unha enfermidade e son iguais que todos.Tamén teñen que enseñarlle a relacionarse cos demais,teñenlle que aprender a respetar…

  4. fab-martinfranco di:

    Eu creo que a Administracion debería: concienciar máis á cidadanía para que estea informada e se se lles dá o caso detectar este trastorno o antes posible, ofrecer unha adecuada intervención educativa aos alumnos con autismo, a disponibilidade de recursos personais, con planteamentos curriculares funcionais e que favorezan unha máis axustada integración social, ceder cartos e becas para elaborar instrumentos, procedementos e estratexias que favorezan a detección o miás tempranamente posible dos nenos con autismo (isto é importante para levar a cabo, xunto coa familia, o desenvolvemento normalizado nos primeiros anos de vida do suxeito), etc.

  5. fab-fuensantabuceta di:

    Esta é unha enfermidade que asusta moito ós pais e que sen a axuda correcta ás veces fainos sentir bastante impotentes. A Administración debería informar activamente a tódalas persoas sobre esta enfermidade para que os país a afronten con máis seguridade. Logo deberían centrarse principalmente en ofrecerlle ó neno unha educación axustada ás súas necesidades e máis tarde cederlle becas e outras axudas económicas. Resumindo, a Administración ten que axudar ao neno en todo o que poida para favorecer así a súa integración social.

  6. Victor di:

    Indiferenza aos sentimentos. Este era o título orixinal deste artigo que logo titulei así: Indiferenza aos sentimentos?
    Teñen sentimentos os nenos autistas? Que opinan os profesionais?

    • As persoas con autismo sí teñen sentimentos, só que o demostran doutro xeito.
      Un neno sen autismo dinos o que quere, interactua connosco… Mentres que unha persona con autismo non sabe a forma de comunicarnos os seus sentimentos, pero podémolo notar porque busca estar onde estamos nós, o seu estado de ánimo cambia cando nos acercamos, xoga ao noso lado, imítanos…

    • fab-antiachantada di:

      É un feito coñecido que os nenos autistas son altamente manipuladores mediante actos ou llantos para lograr o seu obxectivo. Algún profesionais, parece ser que erroneamente afirman que os autistas non teñen sentimentos nin a capacidade de querer. Pero isto non é certo, os nenos autistas sí teñen sentimentos, solo que o demostran dunha maneira diferente xa que este trastorno impide unha forma normal de comunicación, diferente á que nos estamos acostumados.

    • faa-luciasantos di:

      Un feito coñecido por país de nenos autistas e por profesionais desta materia é que os nenos que padecen este síndrome poden manipular altamente os seus sentimentos e a capacidade de actuar. Moitos explican, erróneamente, que estas persoas presentan ceguera mental, carecendo de sentimentos e capacidade de querer. Non obstante, os nenos autistas sí teñen sentimentos, obviamente, como todos os seres humanos. O seu problema é que non saben cómo demostralos ou cómo comunicalos, da mesma maneira que o fai calquera outra persoa normalmente.

    • faa-mariamartinez di:

      Algúns expertos aseguran que as persoas autistas non teñen sentimentos, pero isto é totalmente falso. Non saben expresar o cariño
      da forma en que o facemos nós e son capaces de chorar para conseguir diferentes propósitos. Buscan compañía en todo momento e tratan de imitar o comportamento das persoas do seu entorno.

    • faa-paulagondar di:

      Aínda que algúns profesionais afirmen que os autistas non teñen sentimentos, non é así. Os autistas si teñen sentimentos, como calquer ser humano, só que o demostran de forma diferente a nós. Por exemplo, un neno sen autismo dinos que nos quere, mentres que un autista non sabe a maneira de comunicárnolo, pero demóstranolo buscando estar onde estamos nós, por exemplo.

    • faa-adrianfeijoo di:

      As persoas que teñen este síndrome, teñen unha maneira peculiar de manifestar os seus sentimento cara as persoas.Pero demostra se está máis cómodo con unha persoa que con outra,por exemplo porque cambia a cara e amósase máis alegre ao acercáselle alguén,porque xoga ao seu lado ou trata de imitalo.

    • fab-mariaarojo di:

      Os nenos autistas ou con síndrome de Asperger sí que teñen sentimentos, e queren, sinten dor e desexan cousas coma todo o mundo, pero non saben como expresalo, pois son nenos que están “no seu mundo”. Se lles pode ensinar a mostrar afecto, pero nunca o farán coma o resto da xente, o fan a sua maneira e pensan que é así. Tamén lles gusta recibir afecto e que se lles preste atención, e aínda que lles costa moitísimo dar unha aperta (por exemplo) por vontade propia, poden facelo. Todo isto dende a experiencia, aínda que cada neno é un mundo.

    • faa-manuelbusto di:

      A diferencia do que pensan moitos profesionais, os autistas si teñen sentimentos, a diferencia é que os expresan dunha forma diferente a como estamos acostumbrados.

  7. fab-isabelcouceiro di:

    Eu coñecín a un rapaz con síndrome de Asperger e podo dicir que en verdade é moi difícil definir se é ou non indiferente aos sentimentos. Este rapaz do que falo era víctima de burlas polos compañeiros polo simple feito de que o seu síndrome non lle permitía identificar a ironía. Estas burlas podían provocar nel ataques que o facían perdelos nervios e golpear fortemente o que estivese mais cerca del(como o seu pupitre, libros e libretas), tendo en conta que se trata dun rapaz de gran complexión, podía resultar perigoso. Tres compañeiras decidimos dar noticia destas burlas que lle estaban a facer tanto mal e, como o rapaz non se atrevía a identificar aos que o facían rabiar, utilizaron con el o mesmo método que para os rapaces pequenos: pedíronlle que debuxara, e, nun folio plasmou a todos e cada dos compañeiros que se meteran con él agredíndoo.
    Isto fíxonos ver a gran memoria que ten, a cal é a razón pola que sacaba as notas máis altas da clase.

  8. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, ésta enfermidade, non ten efectos tan negativos para a persoa que a padece, xa que a pesar de non facer relación coas demais persoas e de non diferenciar ben as sensación, sí posúen un gran nivel de concentración mental ademáis de unha gran capacidade de razoar e memorizar, o que os convirte nunha especie de “xenios”.A pesar de que se trate dunha enfermidade,o que o convirte nun inconvinte para o ser humano que a padece, convén tamen destacar as cousas positivas que esta lle ofrece ao individuo en cuestión.

  9. fab-carmenrodriguez di:

    Os nenos con autismo necesitan multitude de cousas, pero as máis importantes son o afecto e a constancia, necesitan seguridade e unha boa rutina.Requiren vivir nun mundo controlado, non de caos. A veces, a mellor forma de comunicarnos con eles non son as palabras, máis ben xestos. Tamén necesitan independencia, ter algo que sepan facer eles solos grazas a un aprendidaxe diario. Pero sobre todo necesitan sentirse iguais ca todos os demáis, realizando as mesmas accións ca eles pero a súa maneira.
    E dende logo que os nenos con autismo teñen sentimentos, tan só que os demostran diferente ca nós. Pais e profesionais toman como feito que os nenos autistas buscan a manipulación cos seus actos para conseguir o seu propósito e non teñen a capacidade de sentir nin amar, e isto é totalmente falso.