Pasado ou futuro?

O 80% das centrales nucleares do mundo construíronse hai máis de 20 anos, o cal prantexa problemas de seguridade sugundo o borrador do informe da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA). O informe sinala que moitas empresas empezaron programas para alongar a vida útil dos reactores antiguos. Todas as centrales que queiran ampliar a vida útil dos seus reactores deberán analizar a fondo os aspectos relacionados coa seguridade de compoñentes claves que están quedando antigos. Segundo publicou a AIEA no informe da Revisión da Seguridade Nuclear, afirma que os niveis de seguridade das plantas nucleares do mundo segue sendo alto e sinala que as mellores medidas que se tomaron nos últimos anos foi apagar varios reactores antes do previsto.

Co último acidente nuclear de Fukushima países como Alemaña, Suiza e Bélxica decidiron deixar de lado a enerxía nuclear a favor das enerxías renovables. Pero outros países, como China e India, seguen usando esta enerxía e mesmo se estan acelerando os programas de enerxía nuclear. Un exemplo disto e Francia que esta contruindo o primeiro reactor avanzado e Rusia pretende duplicar a produción de enerxía nuclear para 2020.


Autor: Victorino Souto

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Pasado ou futuro?

  1. faa-fernandogarcia di:

    VAle, enténdese que lles queiran sacar partido ás centrais nucleares o máis posible, e que melloren a seguridade tamén…
    Pero habería que ir introducíndose cada vez máis nas enerxías renovables, xa que as plantas nucleares xeran moitos residuos cuxas radiacións son perniciosas para a maioría da vida, e estes normalmente desbótanse en grandes cantidades en vertedoiros nucleares e incluso no mar. Iso é unha situación moi grave para o medio.

  2. fab-alekseinogueira di:

    As centrais de hoxe en día utilizan procesos de fisión nuclear para crear enerxía, creo que as centrais deberíanse cerrar pero non desmantelar xa que posiblemente no futuro cando se descubra a obtención de enerxía por fusión nuclear estas centrais ao mellor serían útiles para levar a cabo estes procesos.

    • faa-fernandogarcia di:

      De feito a fusión nuclear sería unha enorme mellora no asunto da obtención de enerxía, xa que xera moita máis que os procesos de fisión, ademáis de que a fusión é un proceso limpo que só xera residuos nucleares de moi pouca actividade.
      Sen embargo cos medios actuais dánse moitos problemas para realizar o proceso e para almacenasr toda a enerxía liberada, por iso aínda é un proceso en investigación e non viable polo momento.

      • faa-victorinosouto di:

        Concordo con Fernando xa que cando descubran a maneira de almacenar a enerxía e o material que soporte as altas temperaturas que se producen para obter a enerxía será todo unha revolución. De momento está en proceso de investigación pero cando se obteña todos os materiais sera a solución a todos os probremas da enerxía.

  3. Victor di:

    Que combustibles utilizan as centrais nucleares?
    Que residuos producen?

    • faa-manuelbusto di:

      O combustible nuclear máis común é o uranio, co que se xeran reaccións en cadea controladas dentro dos reactores nucleares que se atopan nas centrais.
      Un dos principias problemas do uso da enerxía nuclear é a xestión dos residuos nucleares, xa que son moi perigosos e complicados de eliminar.

  4. fab-alekseinogueira di:

    As centrais utilizan uranio para producir enerxía, non producen CO2 como as centrais térmicas, producen residuos nucleares altamente radiactivos que non poden entrar en contacto coa natureza e que se depositan en cemiterios nucleares, estes contan cunha alta seguridade para que así non se produza ningún tipo de contaminación ao exterior. Os residuos radiactivos tardan en desintegrarse sobre douscentos cincuenta anos.

  5. fab-amadeoabal di:

    O elemento máis empregado como combustible nas centrais nucleares é o istopo:Uranio.
    Os residuos que poden producir as centrais nucleares son:
    Residuos desclasificables (ou exentos): Non poseen radiactividade.
    Residuos de baixa actividade: poseen radiactividade gamma ou beta.
    Residuos de media actividade: poseen radiactividade gamma ou beta con niveis superiores aos residuos de baixa actividade.
    Residuos de alta actividade ou alta vida media: todos aqueles materiais emisores de radiactividade alfa.

  6. Victor di:

    Cales son os principais países productores destas materias primas?
    Son reutilizables os materiais radiactivos?
    En que consiste o enriquecemento dos materias radiactivos ?

    • faa-manuelbusto di:

      Os grandes productores destas materias primas son : Canadá, Australia, Kazaxistán,
      Rusia, Níxer, República do Congo, Namibia y Brasil

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os maiores produtores destas materias primas son:Rusia,Níxer,Canadá,Australia, Kazaxistán, República do Congo,Brasil,Namibia e China.
      O enriquecemento consiste no aumento do Isótopo fisionable dun elemento para poder empregalo como combustible nuclear,xa que se conten unha concentración do isótopo fisionable baixa non pode manter unha reacción nuclear en cadea.

  7. fab-amadeoabal di:

    EE. UU., Rusia, China, Holanda, o Reino Unido, Alemaña, Francia, Brasil e Xapón,estes países producen especialmente uranio.
    O 96% dos elementos radiactivos son reutilizables.