Qué nos fai humanos?

O xenoma do gorila é a última peza da Pedra Rosetta da evolución da nosa especie. Dende que no 2002 presentouse a secuencia do ADN do ser humano, buscouse descifrar o código xenético dos parentes máis cercanos, os simios. Primeiro veu o chimpancé, logo o orangután e agora, o gorila.

O ser humano comparte o 99% da información xenética co chimpacé. Así que se pensaba que nese 1% se escondía a clave para descubrir o que nos fai humanos. Sen embargo, a esperada confirmación non apareceu por ningures. Ó comparar o ADN humano co do gorila os investigadores descubriron que algúns dos xenes presentes nese 1% son similares en humanos e gorilas. De xeito que de ningunha maneira poden ser os responsables das diferenzas entre os homes e simios, como adelantou Mary-Claire King fai máis de 30 anos. A clave da humanidade debe esconderse nas “entreteas” da maquinaria da expresión xenética, pero aínda habrá que esperar para coñecela.

Ata hoxe o gorila era o gran olvidado dos estudos da evolución humana. Cando un investigador quería estudar os carácteres humanos utilizaba o orangután para as súas comparacións e cando necesitaba atender a mutacións máis cercanas no tempo o modelo era o chimpancé. Pero agora, o gorila está en primeira fila da investigación na bioloxía evolutiva.

Autora: Carmen Rodríguez Eirea

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana, Xenoma humano e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to Qué nos fai humanos?

  1. fab-lauragonzalez di:

    Son os nosos parentes máis próximos. Os nosos irmáns pequenos. O seu material xenético (ADN) só é diferente do noso en un 1,2 %. Gorilas, chimpancés, orangutáns e humanos pertencemos ao mesmo orden zoolóxico, os primates. Como antropoides que somos, coincidimos nas máis altas ramas da nosa arbore familiar. Pero a partir de ese momento nos separamos: eles pertencen a familia dos pónxidos, nós a dos homínidos. Homes e grandes monos xogamos, sentimos… Tamén nos parecemos pola capacidade de contar. Un experimento realizado nos laboratorios da Facultade de Psicoloxía de Colombia demostrou que algúns primates poden aprender a relación ordinal entre o un e o nove, a representación simbólica dos números e a orde correcta do máis baixo ao máis alto.

  2. fab-zoecacabelos di:

    Os gorilas os chimpancés ou otros tipos de simios son similares a nos, pois o noso xenoma e moi parecido, por iso se cre que desdendemos dos monos, ou que polo menos descendemos da mesma árbore xenealóxica, a pesar nosas similitudes xenéticas, tamén nos parecemos en certos comportamentos e reaccións a distintos estimulos, estas similitudes estudanse en diferentes universidad dende fai moito tempo, e aínda non se sacou nada en claro.

  3. faa-paulagondar di:

    Para chegar á conclusión de que os xenes presentes nese 1% de información xenética non son os causantes das diferenzas entre homes e simios, usouse o ADN de Kamilah, unha femia de gorila. Ensamblouse a secuencia xenética extraída e comparouse coa dos outros “grandes” monos. Con isto, descubriuse que un 15% do xenoma humano está máis cerca do gorila que do chimpancé, o que supuxo a posición do gorila na cabeza dos estudos evolutivos na actualidade.

  4. fab-alekseinogueira di:

    É interesante saber isto, para avanzar en medicina pero se non o miramos dende o punto de vista do avance e o miramos dende o punto de vista do gorila, vemos que os animais que se utilizaban antes para estos avances serán desplazados e os gorilas pasarán a utilizarse nos laboratorios científicos e a verdade xa non hai tantos gorilas como para que se utilicen inxectandolle virus e experimentando con eles só para o interés humano.

  5. fab-laurarodriguez di:

    É certo que este descubrimento é moi importante, xa que grazas a esto descubrimos que somos un 15% máis similares aos gorilas que aos chimpancés. Si miramos dende un punto de vista da investigación, isto é moi interesante, xa que se poderá investigar por outras vías, e así, igual se descubrirán cousas moi importantes. O caso e que estas investigacións, implican a utilización dos gorilas para investigalos, e este animal está en perigo de extinción. Non se debería deixar de ter isto en conta.

  6. faa-margabarreiro di:

    Este descubrimento é moi importante,porque podería axudarnos na investigación de moitas enfermidades e a entender ao ser humano moitoo mellor.Como ben di a nosa compañeira Laura hai que ter en conta que o gorila esta en perigo de extinción,factor que pode facer un pouco máis difícil a investigación.Ademáis que pasaria se ocorre algo semellante ao que ocorreu na película que miramos na clase?(A orixe do planeta dos simios)

  7. faa-xosemartinez di:

    É moi interesante pensar que o que diferenza ós humanos dun animal como o gorila é mínima (tan só o 1% da información xenética). Respecto a esta ínfima diferenza, a doctora Mary-Claire King, en 1975, afirmaba que as secuencias dos humanos e os grandes simios son case idénticas, e polo tanto a diferenza non está na sucesión de letras do código xenético. Senón que o que os diferenza é como, cando e por qué se leen estas letras do ADN.

  8. Victor di:

    Se nese 1% do ADN non está a diferencia entre seres humanos e gorilas, entón onde está a diferenza?

    • faa-iriagondar di:

      Hai moi poucas diferenzas estruturais que permitan diferenciar aos cromosomas humanos dos do chimpancé. En cambio, as secuencias duplicadas (xenes repetidos en cada xenoma, dende unhas poucas veces a varios centos, sendo todas as copias parecidas pero inexactas) mostran unha variación moito máis ampla que as outras porcións do código xenético. Non existe aínda unha resposta definitiva sobre por que os humanos e os chimpancés somos tan diferentes. Quizais as duplicacións dos segmentos que son específicas para os humanos sexan outro factor a explorar, ou quizais o que aos humanos nos fai distintos dos chimpancés non se encontre nestas diferenzas xenéticas.

    • Dise que os seres humanos comparten entre o 98-99% do ADN cos chimpacés, pero existen unha serie de estudios que rebelan unha menor porcentaxe de similitude.
      Nun estudio de 2002 nas Actas da Academia Nacional de Ciencia descubriuse unha similaridade de aproximadamente el 95%.
      Outro estudio realizado no 2003 reduce a similaridade ao 86,7%.
      No 2005, os científicos anunciaron unha similaridade do 96%.
      Outro estudio, no 2006, puxo de manifiesto unha similitude xenética do 94%.

      En difinitiva, ningún estudo científico é capaz de dar coa clave da diferencia entre humanos e chimpancés.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Tras varios estudos realizados, chegaron a conclusión de que a similitude entre gorilas e os humanos nunha secuencia de ADN estaba ao redor do 98-99 %.Mentres que a diferenza estaba no 2-1% restantes.Pero logo de comparar chegaron a conclusión, de que os xenes que conten ese 1% son moi similares en humanos e gorilas.Por iso que aínda non se sabe con certeza onde se atopa a diferenza.

    • fab-sandraromero di:

      O ser humano comparte o 99% de información xenética co chimpancé. Pero ao comprobar o ADN do “Homo Sapiens” descubriuse que parte dos xenes dese 1% son similares en humanos e primates máis cercanos. Polo tanto, dedúcese a hipótese do que diferenza aos chimpancés do ser humano non está na sucesión das letras do código xenético, senón en como, cando e por que se len estas letras do ADN na regulación da expresión xenética.

    • faa-luismdoval di:

      A pesar da nosa case total similitude,si que hai diferenzas entre os humanos e os gorilas, estas encóntranse no sistemas óseo.
      Malia que somos bípedas as dúas especies,no caso do gorila,o seu esqueleto non lle permite andar ergueito totalmente. Tamén existe unha diferenza no tamaño craneal,non no tamaño craneal propiamente dito,se non a cavidade craneal. No que respecta ás extremIdades,as mans son iguais,pero os pés son totalmente diferentes, xa que os seus pés son iguais as súas e nosas mans, mentras que no noso caso son diferentes. Por último, tamén existen diferenzas nos membros superiores.

    • faa-josechaves di:

      Primeiro, os humanos temos o cerebro máis grande e desenvolvido que os gorilas. Segundo, nós temos unha diferencia na estructura das cordas vocais, que se debe á posición da traquea, que nos permite falar.

    • faa-manuelbusto di:

      Os humanos contamos cun cerebro máis grande e desenvolvido ca os gorilas, diferenciámonos tamén na estructura das nosas cordas vocais, debido á posición da traquea, o que nos permite falar.
      Tamén atopamos diferencias no sistema óseo e muscular.

    • fab-alvarolopez di:

      O ADN humano e o dos primates é tan parecido que a cantidade de similitude é de máis do 90%, sendo así a diferenza a porcentaxe restante. Non obstante esa pequena diferenza recentemente parece que non é tan grande segundo estudos científicos.

    • faa-iagopaz di:

      A diferenza co chimpancé está nese 1%, pero a diferenza co gorila está noutra parte do ADN. Que sexan os mesmos xenes entre humanos e gorila e non chimpancés non quere dicir que a diferenza co gorila non poida estar no 99% restante.

    • faa-paulagondar di:

      Tras moitas investigacións deste tipo, segue sen saberse de onde veñen as diferenzas entre humanos e monos. O que sí se sabe é que estas diferenzas non están na estructura dos xenes, pois crese máis probable que estén en xenes implicados en tareas funcionais, xa que acumulan moitas variacións.

  9. fab-isaacabal di:

    A diferenza está no 99% restante.

    • Victor di:

      Non Isaac; o 99% restante é idéntico.

      • fab-isaacabal di:

        Non quixen responder iso;A diferenza do 1,5% entre os xenomas completos de humanos e chimpancés é unha porcentaxe moi pequena se miramos a morfoloxía dos representantes deses dous xéneros Homo e análise molecular Pan de diferenzas xenéticas se acumulan no cerebro pode axudar a desvelar a liña evolutiva de ambos os sexos eo seu grao de parentesco.

        Durante moitos anos, foi asumido que existe unha proximidade filogenética entre humanos e chimpancés, pero non se atrevía a cifrar a distancia entre si. A publicación do xenoma proxecto humano, xunto co uso de biochips de ADN, e outras técnicas de análise molecular, está a achegar as dúas liñaxes máis do esperado. As figuras variar entre 1,3% e 1,5% no caso dos chimpancés, e ata preto de 2% a outros primates non humanos. Para sorpresa de moitos, moitos destes diferenzas son expresados ​​no cerebro.

  10. fab-isaacabal di:

    Nós, xunto cos gorilas, pertencemos ó grupo dos primates, pero entre nós exiten moitas diferenzas biolóxicas, evidentemente, por iso non somo a mesma especie.
    O gorilas están en perigo de extinción, o que dificultará as investigación con eles sobre enfermidades que nos afectán a nós. O pertencer o memos grupo ca nós, estes animais son moi utis para os estudos e investigacións, polo que, que se extigán, sera algo máis ca perda dunha especie.

  11. fab-lauragonzalez di:

    A esperada confirmación de que a información xenética contida en ese 1% que separa ao ser humano do chimpancé é precisamente o que nos fai humanos, no apareceu por ningún sitio. Ao comparar o ADN humano con do gorila os investigadores comprobaron que algúns dos xenes presentes en ese 1% son similares en humanos e gorilas. De forma que de ningún modo poden ser responsables das diferenzas entre o home e os simios, como xa adiantou King fai máis de 30 anos. A clave da humanidade debe esconderse nas entretelas da maquinaria de expresión xénica, pero aínda haberá que esperar para coñecela.

  12. Pero a pequena diferencia existente é fundamental posto que hai algunhas diferencias moi significativas entre os chimpancés e os seres humanos. A nosa anatomía ósea é moi diferente. Os nosos cráneos, pescozos, espiña dorsal, proporcións das extremidades, pelvis, mans e pés mostran algunhas das diferencias máis notables. Así tamén, a disposición dos nosos texidos blandos produce un marcado contraste na nosa apariencia externa (por exemplo, os beizos saíntes, a ponte nasal, o branco dos ollos). Por outro lado a nosa expresión proteínica e a nosa bioquímica cerebral son radicalmente distintas.
    Outra diferencia moi importante é o desenvolvemento da intelixencia, unha característica única do ser humano.

  13. fab-aracelilores di:

    Este descubrimento é moi importante, porque descubriuse que os seres humanos comparten o 99% da información xenética co chimpancé, isto pode utilizarse para avanzar en medicina. Parece mentira que entre ese 1% de diferencia que existe na información xenética do ser humano con este primate, se aprecien tantas diferencias físicas e mentais que nos diferencian.

  14. faa-iagogonzalez di:

    Xenéticamente os simios e os humanos son práctivamente idénticos, como se nos di no artigo, polo tanto o que eu opino que a diferenza entre eles e nós, debe de estar na evolución de cada unha das especies, xa que é moi problable que o medio fose o que propiciou a diferente evolución de ámbalas dúas especies así como a necesidade de evolucionar.

  15. faa-rubengonzalez di:

    Dende logo paréceme importante que investigen os simios en xeral para descubrir o que nos diferencia de eles. E curioso que menos de un 1% sexa o que nos diferencie dos simios, e que no 99% restante sexamos idénticos. Dende logo nese 1% recae a diferencia física e psíquica que nos diferencia deles.

  16. fab-robertootero di:

    Hay moi poucas diferenzas entre os gorilas e os humanos xa que os dous somos vípedos e a similitude os osos e case identia, unha pequena diferencia e que os gorilas non poden andar erguidos moito tempo, o o tamaño do cráneo tamen esperimenta cambios varios.

  17. faa-luciasantos di:

    Os chimpancés, gorilas e humanos compartimos un antepasado común hai 80 millóns de anos. Dende que se comezaron a facer estudos sobre o parentesco ou relación xenética, creuse que compartiamos máis porcentaxes co chimpancé, 98,63%, mais esto quedou contraposto aos resultados obtidos tras analizar o ADN do gorila, posto que compartimos o 99%.

  18. faa-luciasantos di:

    Dado que as semellanzas son de un porcentaxe tan alto e as diferencias tampouco se atopa no 1% restante. Ovbiamente somos moi diferentes en canto a comlexión corporal e desenvolvemento cerebral, capacidade de intelixencia e de razoar, mais aínda non se sabe exactamente, qué é ou de onde se atopa aquela parte de nós que nos fai diferentes a eles.

  19. faa-mariamartinez di:

    Actualmente coñécese que dous terzos do xenoma humano son máis similares ao chimpancé pero o outro terzo, seméllase máis ó gorila.
    Crese que primeiro houbo unha separación entre o gorila e o antecesor común a humanos e chimpancés e, máis tarde, estes tamén se separaron. Todo isto ocorreu tan rápido que deixou unha pegada no xenoma das tres especies.
    Unha das sorpresas foi comprobar que algúns xenes relacionados co sistema auditivo e a fala, están igual de desenvolvidos en humanos e gorilas, polo que quizais non sexan os responsables da nosa capacidade para falar.

  20. faa-mariacmaquieira di:

    Sóese decir que os seres humanos e os gorilas comparten igualdade nun 98 ou 99% do seu ADN, esa diferencia pode darse por causas biolóxicas xa que é evidente que somos diferentes, pero as probas aínda seguen xa que nese porcentaxe de diferencia se atoparon similitudes co cal todas as posibilidades seguen abertas.

  21. fab-martinfranco di:

    O orangután é o máis grande de los primates vivos. O seu ADN é en un 97%–98% igual ao humano, sendo o máis cercano a éste despois das especies de chimpancé. Os seres humanos compartimos o 96% do xenoma có chimpancé deixando un pequeno marxen que podería axudar a entender qué diferencia a un humano de outra especie. Da súa comparación có xenoma humano esperase obener información valiosa para entender non sólo aspectos clave da evolución senon tamén por qué determinadas enfermidades como algunha forma de cáncro dase nos humanos mentras que outros primates parecen ser inmunes a elas.

  22. fab-carmenrodriguez di:

    A comparacíon xenética dos xonomas de simios e humanos confirmou a crenza de que o chimapancé é o animal co ADN máis parecido ó humano. Pero tamén dou una sorpresa, porque para un 15% do xenoma esta relación rómpese e é o gorila o que máis cercano evolutivamente ó ser humano.

    Aínda que o gorila non remplazou a chimpacé como parente máis cercano a nós, o descubrimento si supuxo unha enorme impacto nos investigadores. O feito de que algúns xenes, como a percepción auditiva e o desenvolvemento cerebral, foran evolucionando de forma paralela en humanos e gorilas e non no chimpacé ten importantes implicacións no terreo da evolución.