A epidemia do século XXI

Non cabe dúbida de que o cerebro é unha das pezas claves no funcionamento do noso corpo, así como tamén a base do pensamento e das emocións. Pois ben, dado o aumento da esperanza de vida nas últimas décadas, a sociedade mundial é máis vulnerable á hora de sufrir enfermidades neurodexenerativas do tipo do alzheimer. Só en España esta demencia afecta a 650.000 persoas.

Recentemente, un grupo de científicos españois, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveron un novo proxecto, o Alzheimer 3π. Este estudo pretende realizar mapas microscópicos dos cerebros afectados por esta enfermidade, para poder ver como reacciona o cerebro a diversas anomalías así como tamén a forma pola que son afectadas as espiñas das neuronas piramidales, lugar onde se atopa a memoria que se perde con esta demencia. Esta liña de investigación fai o proceso inverso de funcionamento do cerebro, buscando poder coñecelo en detalle así como a súa actividade neuronal, a través de reproducións en 3D.

Aínda que é un estudo incipiente, moitos países se uniron a esta investigación e están a obterse numerosos resultados que poderían mellorar o diagnóstico precoz da enfermidade así como desenvolver novos fármacos máis eficaces.

Autora: Lucía Santos

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to A epidemia do século XXI

  1. Victor di:

    RECORDADE QUE O PRÓXIMO DÍA 15 SERÁ O ÚLTIMO PARA FACER COMENTARIOS NESTA SEGUNDA AVALIACIÓN.

    • fab-rosammillan di:

      Os síntomas do alzheimer son:perdida da memoria,dificultade para levar a cabo tarefas,problemas ca linguaxe,desorientación espacio-temporal,ausencia da capacidade de xulgar,problemas co pensamento abstracto,colocación de elementos de maneira errónea,cambios no humor ou comportamento,cambios de personalidade,perdida de iniciativa.

  2. faa-mariamartinez di:

    O alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa que se caracteriza pola perda progresiva da memoria, así como doutras capacidades mentais a medida que as neuronas morren e se atrofian as diferentes zonas do cerebro. É unha enfermidade incurable e terminal e aparece máis habitualmente en persoas de 65 anos ou máis. Un dos primeiros síntomas é a incapacidade para adquirir novos coñecementos, polo que se pode confundir con problemas relacionados coa idade e o estrés. A medida que a enfermidade avanza aparecen outros síntomas como a irratibilidade, confusión mental, cambios de humor, perda da memoria a longo prazo, trastornos na linguaxe e incluso agresión.

  3. fab-raquelblanco di:

    España encóntrase nos postos altos de alzheimer con respeto a toda Europa o igual que Italia, hai xente que di que uns dos datos influíntes son a dieta mediterránea pero Suecia está nos primeiros postos aséque esa teoría desmíntese.
    Afecta moito máis as mulleres ca os homes. Penso que no futuro encontraráse unha cura ou algún medicamento que retarde os efectos.

  4. faa-emilioabal di:

    Esta enfermidade como ben di María co paso do tempo vai empeorando os seus síntomas e pouco a pouco leva a unha perda de memoria progresiva ata non ser capaz de comunicarse. Non existe cura, e certamente queda bastante para conseguilo.

  5. fab-ateneaprado di:

    A causa desta enfermidade permanece descoñecida. Algunhas investigacións soen asociar esta enfermidade a aparición de placas seniles e ovillos neurofibrilares. Os tratamentos actuais ofrecen moderados beneficios sintomáticos, pero non hai tratamento que retarde o deteña o progreso da enfermedad. Para a prevención desta enfermidade, faláronse du número variado de hábitos conductales, pero que non hai ningun tipo de evidencia publicada que destaque os beneficios destas.

  6. fab-lauragonzalez di:

    O alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, que se maniféstase como deterioro cognitivo e trastornos conductuais. Caracterízase na súa forma típica por unha perda progresiva da memoria e de outras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas morren e diferentes zonas do cerebro atrofíanse. La enfermidade soe ter unha duración media aproximada despois do diagnóstico de 10 anos, aínda que isto pode variar. É unha enfermidade incurable, que aínda que realizaron estudos para buscar algún medicamento que a cure non tiveron resultados. Así que agora mesmo os médico e científicos deixaron o tema do alzheimer máis apartado, cando eu penso que deberían seguir investigando porque cada vez hai máis casos de persoas con esa enfermidade.

  7. faa-margabarreiro di:

    Os estudios mundiales feitos sobre a prevención desta enfermidade deron resultados moi contradictorios,nalgúns dise que a dieta mediterránea e boa para a prevencion desta enfermidade,pero noutros estudos din que pode ter un efecto significativo no desenrrolo desta enfermidade.

  8. faa-paulagondar di:

    A pesar dos numerosos estudos que se fixeron sobre o alzhéimer, a súa orixe segue sendo un misterio para nós. Está claro que nun futuro, pode que non moi lonxano, acabaremos por conseguir unha cura para esta enfermidade neurodexenerativa, xa que os avances tecnolóxicos cada vez van a máis. Aínda que esta enfermidade soe afectar a persoas de 65 anos, aproximadamente, cada vez danse máis casos de alzhéimer en xente nova, o que é moi preocupante.

  9. faa-monicagonzalez di:

    Como sabemos o alzheimer é unha enfermidade neuroxenerativa, e que se caracteriza pola pérdida progresiva de memoria e doutras capacidades mentais, que a medida que as neuronas morren, varias partes do cerebreo se atrofian. Na miña opinión, é unha enfermidade bastante complexa, pois ata estos momentos, non temos unha cura para esta enfermidade.

  10. fab-isaacabal di:

    O Alzheimer é unha enfermidade moi dura que fai o pacente totalmente dependente doutra persoa; este feito fai que a enfermidade, ademais de ser dura sobre a persoa que a padece, é moi custoso o seu tratamento e o coidados infinitos que esa persoa precisa. Todo canto sexa invertir na curación desta e das demais enfermidades, e invertir en coidados para estas persoas é moi importante, custos que unha familia normal non pode asumir e que quedarán reducida a máis absoluta miseria.

  11. fab-alvarolopez di:

    Segundo o presidente da Federación madrileña de Alzheimer, Manuel González, atopamos en España 800.000 persoas que padecen dita enfermidade de tipo dexenerativa dos cales o 77% son mulleres e o 13% son homes, ademáis hai 200.000 casos sen diagnosticar.

  12. faa-breixoalonso di:

    O Alzheimer constitue a cuarta causa de morte nos EEUU. Na actualidade considerase que 25 millóns de persoas padecen Alzheimer no mundo, e probablemente nos próximos 20 anos, incrementarase ata uns 70 millóns de novos casos. En Europa esta enfermidade padecena 7 de cada 1.000 homes e 13 de cada 1.000 mulleres. O maior número de mulleres e debido a que viven mais tempo. Existen numerosas investigacións para conseguir a cura desta enfermidade.

  13. faa-manuelbusto di:

    Esta enfermidade caracterízase por unha perda progresiva da memoria e outras capacidades mentais.
    Os tratamentoas actuais ofrecen beneficios respecto os síntomas, pero non hai ningun tratamento que deteña ou retarde a enfermidade.
    Actualmente estanse a experimentar novas vacunas contra o alzheimer.Os científicos dan unha valoración positiva respecto a este tratamento.O que faría esta vacuna sería producir anticorpos para eliminar as placas amiloides que son as causantes da dexeneración cerebral.

  14. faa-xosemartinez di:

    Respecto ó futuro do alzheimer, se prevé que en 25 anos a poboación con esta enfermidade creza un 75% se se manteñen as tendencias actuais. Por iso noticias de proxectos como o de este post son positivas, xa que con eles os expertos poderán entender mellor esta enfermidade e investigar novos métodos para previr ter o alzheimer, e mesmo a longo prazo poder investigar unha cura.

  15. fab-laurarodriguez di:

    É lóxico pensar que unha enfermidade como o Alzheimer, que aparece ao chegar a unha certa idade (soe aparecer a partir dos 65 anos) aumente o numero de afectados, se aumenta a esperanza de vida. O alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, e de momento, aínda non se atopou a cura. Isto é preocupante, xa que a poboación afectada por esta enfermidade, cada vez, vai en aumento.

  16. faa-margabarreiro di:

    Algo que na miña opinion e preocupante e que agora coa crise económica moitos dos cartos destinados a investigación dalgunhas enfermidades xa non se poden destinar a iso,e se ben como di Paula esta enfermidade dase cada vez en xente máis nova,se debería intentar seguir a investigar.

  17. Victor di:

    Existe relación entre as enfermedades neurolóxicas nos anciáns e o modo de vida da sociedade occidental?

    • fab-isaacabal di:

      Si e non; poden ser causadas polo modo de vida, pero non teñen por que.

      • fab-isaacabal di:

        Enfermidades neurolóxicas son desordes do cerebro, medula espinal e nervios por todo o corpo. Xuntos, estes órganos controlar todas as funcións corporais. Cando algo dá mal nalgún lugar do sistema nervioso, pode ter dificultade para moverse, falar, engulir, respirar ou de aprendizaxe. Tamén pode ter problemas coa memoria, os sentidos ou do humor.
        Existen máis de 600 enfermidades neurolóxicas. Tipo recoñecidos inclúen:

        -Enfermidades causadas por xenes defectuosos, como a enfermidade de Huntington e distrofia muscular
        -Problemas co desenvolvemento do sistema nervioso, como a espiña bífida
        -Enfermidades dexenerativas en que as células nerviosas son danadas ou morren, como -Alzheimer e Parkinson
        -Enfermidades dos vasos sanguíneos que irrigar o cerebro, como accidente vascular cerebral
        -As Lesións na medula espiñal eo cerebro,
        -Os trastornos convulsivos como a epilepsia, -Cancro, como tumores cerebrais,
        -Infeccións como a meninxite

    • faa-iagopaz di:

      Si, xa que como ben nos dí Lucía no artigo, o aumento da esperanza de vida tamén aumenta o risco de padecer esta enfermidade. O estilo de vida sedentarista que se acostuma a levar na nosa sociedade, o tabaquismo, a hipertensión e a hipercolesterolemia tamén favorecen a aparición destas enfermidades.

    • faa-adrianfeijoo di:

      As enfermidades neurolóxicas son aquelas que veñen dadas por trastornos do cerebro,da medula espinal e dos nervios de todo o corpo.
      Eu creo que si que afecta a forma de vida da sociedade occidentais.Pola maneira de facer as cousas,polo conxunto de problemas da actualidade (como pode ser a crise) e tamén polo conxunto de costumes que temos.
      Algunhas das enfermidades neurolóxicas:
      -Enfermidades causadas por xenes defectuosos,como a enfermidade de Huntington.
      -Enfermidade dexenerativas,nas que as células do sistema nervioso presentan algunha anomalía,como as enfermidade de Parkinson e Alzheimer.
      -Enfermidades dos vasos sanguíneos que aportan o necesario o cerebro,como os derrames cerebrais.
      -Infeccións como pode ser a meninxites.

    • faa-monicagonzalez di:

      As enfermidades neurolóxicas son as que se producen por desordes do cerebro,como por exemplo a medula espinal e nervios por todo o corpo. Estes órganos controlan todas as funcións corporais. Cando algo dá mal nalgún lugar do sistema nervioso, pode ter dificultade para moverse, falar, engulir, respirar ou de aprendizaxe.

      Os tipo de enfermidades son estas:

      -Enfermidades causadas por xenes defectuosos, como a enfermidade de Huntington e distrofia muscular
      -Problemas co desenvolvemento do sistema nervioso, como a espiña bífida
      -Enfermidades dexenerativas en que as células nerviosas son danadas ou morren, como -Alzheimer e Parkinson
      -Enfermidades dos vasos sanguíneos que irrigar o cerebro, como accidente vascular cerebral
      -As Lesións na medula espiñal eo cerebro,
      -Os trastornos convulsivos como a epilepsia, -Cancro, como tumores cerebrais,
      -Infeccións como a meninxite
      É na miña opinión eu creo que si que afecta na vida da sociedade occidental, por como somos, as nosas costumes,e todo que nos arrodea.

    • fab-mariaarojo di:

      Sí. Na actualidade a esperanza de vida na sociedade occidental é moi elevada, e cada vez máis (por exemplo, en España a esperanza de vida está nos 84 anos nas mulleres e nos 78 nos homes). A consecuencia disto é que o noso cerebro tamén deteriorase a medida que pasan os anos, e iso fai favorable a aparición das enfermedades neurolóxicas nos anciáns.
      Outra das causas da relación da que estamos a falar é a alimentación. As dietas hipercalóricas, as graxas saturadas e a obesidade considéranse factores de riesgo, axudando á deterioración dos órganos neurolóxicos. Tamén inflúe o estrés, as depresións, a hipertensión, un ritmo de vida pouco san..

    • faa-manuelbusto di:

      Son enfermidades do sistema nervioso central e periférico, é dicir, o cerebro a médula espiñal…
      A nosa sociedade si ten relación coas enfermidades neurolóxicas.O tabaco a hipertensión e o colesterol alto son factores presentes na nosa sociedade que incrementan o risco de contraer este tipo de enfermidades.

    • faa-xosemartinez di:

      Pese a que os dous factores que máis inflúen nas posibilidades de ter enfermidades como o alzheimer sexan a idade e os antecedentes familiares, é certo que tamén inflúen outros factores relacionados co modo de vida acelerado que se leva no mundo occidental.
      En canto a factores que poden axudar ás persoas a ter menos posibilidades de ter estas enfermidades nun futuro podemos distinguir: actividade física, facer actividades mentalmente estimulantes, participación en relacións sociais…

    • faa-luismdoval di:

      Si, xa que o gran aumento da esperanza de vida fai que a posibilidade de contraer algunha enfermidade aumente, ademais, inflúe notablemente o modo de vida actual, por exemplo, a pouca práctica de exercicio , que nos leva a un gran aumento da obesidade.

    • fab-robertootero di:

      Eu penso que si qe hai unha relación xa que as dietas de occidente son moi graxentas e isto afecta e axuda a que se propaguen as posibilidades de que esta enfermidade che afecte ó teu organísmo.

    • faa-fernandogarcia di:

      Si, pode ser influenciado pola condición de vida dunha persoa, que dunha maneira ou outra é posible sufrir algunha lesión neurolóxica.
      Sen embargo é posible sufrir alzheimer dentro dunhas boas condicións de vida, xa que esta enfermidade pode ser hereditaria

    • fab-alvarolopez di:

      Sí que existe tal relación. No mesmo artigo da nosa compañeira Lucía aparece que o aumento de esperanza de vida leva ó aumento das posibilidades de padecer esta enfermidade. Por suposto sabemos o estilo de vida que practicamos os occidentais que non é moi sá…

      Un modo de conbater este tipo de enfermidades é facer exercizo diariamente e comer saudablemente e demáis aptitudes saudables.

  18. fab-isaacabal di:

    Enfermidades neurolóxicas son desordes do cerebro, medula espinal e nervios por todo o corpo. Xuntos, estes órganos controlar todas as funcións corporais. Cando algo dá mal nalgún lugar do sistema nervioso, pode ter dificultade para moverse, falar, engulir, respirar ou de aprendizaxe. Tamén pode ter problemas coa memoria, os sentidos ou do humor.
    Existen máis de 600 enfermidades neurolóxicas. Tipo recoñecidos inclúen:

    -Enfermidades causadas por xenes defectuosos, como a enfermidade de Huntington e distrofia muscular
    -Problemas co desenvolvemento do sistema nervioso, como a espiña bífida
    -Enfermidades dexenerativas en que as células nerviosas son danadas ou morren, como Alzheimer e Parkinson
    -Enfermidades dos vasos sanguíneos que irrigar o cerebro, como accidente vascular cerebral
    -Os Lesións na medula espiñal eo cerebro
    -Os trastornos convulsivos como a epilepsia
    -Cancro, como tumores cerebrais
    Infeccións como a meninxite

  19. faa-emilioabal di:

    As dietas hipercalóricas, as graxas saturadas e a obesidade considéranse factores de riesgo, axudando á deterioración dos órganos neurolóxicos.
    -Enfermidade dexenerativas,nas que as células do sistema nervioso presentan algunha anomalía,como as enfermidade de Parkinson e Alzheimer.
    -As Lesións na medula espiñal eo cerebro…

  20. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, o alzheimer xunto co cancro son as enfermidades máis mortíferas da época actual, aínda que non teñan os mesmos efectos nas persoas dado que o alzheimer é unha enfermidade neuroxenerativa que afecta á nosa memoria mentres que o cancro é unha enfermidade que afecta a a maioría das partes do noso sistema. Polo tanto, cando falamos de alzheimer estamos a falar dunha das enfermidades máis sifisticadas coñecidas ata o momento e da cal aínda non se coñece cura ningunha.

  21. faa-iriagondar di:

    As enfermidades neurolóxicas máis destacadas na sociedade occidental son:
    – As enfermidades que afectan á circulación cerebral é dicir, como trombose e derrames cerebrais. É unha das enfermidades mais graves e que máis secuelas pode producir na poboación. É a primeira causa de mortalidade entre as mulleres e unha das primeiras entre os homes. Hai algúns factores que favorecen a aparición das enfermidades ditas: Hipertensión arterial, diabete, cifras elevadas de colesterol e triglicéridos, consumo de tabaco e alcohol, obesidade e sedentarismo (realización de pouco exercicio físico).
    – A cefalea (dor de cabeza) en xeral e a xaqueca en particular é a causa de consulta mais frecuente , de feito, aínda que na maioría dos casos non se trata dunha enfermidade grave, se que resulta moi invalidante. Produce tal grao de minusvalidez que é unha das causas máis frecuentes de baixa laboral en España
    – Alzheimer: Os síntomas iniciais da enfermidade adoitan ser perda de memoria, desorientación temporal e alteracións no comportamento, entre outros. Os novos tratamentos permiten reducir a velocidade á que avanza a enfermidade.
    – A epilepsia é unha enfermidade na que se producen descargas eléctricas anómalas no cerebro. Isto desencadea a aparición de convulsións ou de perda de coñecemento.
    – A Esclerose Múltiple é unha enfermidade autoinmune, é dicir, o sistema inmunolóxico encargado de defendernos das infeccións, ataca de forma equivocada ao cerebro e á medula espiñal producindo áreas de inflamación. Preséntase principalmente en persoas novas (de 20 a 30 anos)

  22. faa-margabarreiro di:

    Esta moi claro que se necesita segur a investigar,porque estudos que din que algunha cousa é mala para esta enfermidade,pero outros afirman que é boa ,polo tanto so queda esperar e seguir investigando para que un mal como este deixe de afectar tanto a xente.

  23. fab-robertootero di:

    Na actualidade a esperanza de vida é moi elevada, e cada vez aumenta máis. Unha das consecuencias de qe o noso cerebro teña mais enfermidades ou as contraia e qe por culpa do aumento da esperanza de vida o cerebro deteriorase co paso de tantos anos e os ancians estan máis espostos a efermidades neurolóxicas como o alzheimer

  24. faa-victorinosouto di:

    Sen dúbida esta noticia xunto con outras moitas investigacións fainos pensar que cada vez estamos máis cerca da cura de enfermidades que asta hai pouco tíñanse por enfermidades que estaban relacionadas con terminais xa que non tiña cura. Na actualidade esta enfermidade xunto co cancro son enfermidades que máis preocupan a todos cidadans (na miña opinión). A niguén de nós gusta ver como por exemplo un avó ou avoa pouco a pouco se olvida de cousas as o punto que mesmo non recoñezan a un mesmo.

  25. faa-xosemartinez di:

    Respecto ós estudos que buscan unha cura contra o alzheimer, estase avanzando na súa procura, ademais de mellorar os métodos de prevención da mesma. De feito, a Universidade de Florida, en recentes estudos, afirma que “en 5 ou 6 anos podería existir cura para ó alzheimer”, aínda que outros organismos auguran descubrir un tratamento contra esta enfermidade en varias décadas.