Culpables!

Investigadores da Universidade de Cambridge comprobaron que as grandes extincións de animais que se produciron hai 100.000 anos foron en parte culpa da acción humana.

Durante moito tempo discutiuse sobre se era o cambio climático ou a acción do home a que provocaran a extinción de grandes animais como os mamuts de Norteamérica, os rinocerontes lanudos, ou as moas xigantes de Nova Zelanda. Este estudo demostrou que tanto o cambio climático como a acción do ser humano foron devastadoras para a fauna daquela época. Para chegar a esta conclusión, os investigadores analizaron un anaco de xeo ártico no que quedaran rexistrados os cambios do clima terrestre dos últimos cen mil anos e xuntaron esta información coa dos desprazamentos das población humanas.

Os investigadores aseguraron que a situación actual é similar á de hai cen mil anos, aínda que nesta ocasión o cambio climático causárono a queima de combustibles fósiles e a deforestación. Debemos tomar o sucedido no pasado como unha advertencia, aprender a lección e eliminar canto antes estes dous impactos nefastos para o noso clima; hai que facelo antes de que a historia se volva  repetir.

Autora: Fuensanta Buceta

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Evolución, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to Culpables!

  1. fab-isaacabal di:

    É unha pena que pola nosa culpa se extingan animais como os mamuts. Parar o cambio climático xa é practicamente imposible pero podese evitar que especies animais se extingan, podemos evitar a deforestación que acabara con nós tamen… Debemos poñer todos da nosa parte.

  2. faa-antoniomrodino di:

    Dende logo que foi culpa do ser humano na súa totalidade a extinción de moitos dos animais existentes na antiguedade na terra. O que non acabo de comprender e que se culpe esta extinción ao cambio climático e a acción do home, xa que cal é a diferenza se o cambio climático foi provocado sobre todo pola abundancia da deforestación e a queima de combustibles fósiles, como pon no artigo, exclusivamente levados a cabo polos seres humanos.

  3. fab-sandraromero di:

    É innegable a culpabilidade total ou parcial do ser humano en canto á extición de moitas especies de animais, hoxe en día e en antano. Hai 100.000 anos matábanse aos animais
    para sobrevivir, de forma directa; hoxe en día xa non se matan por necesidade, senón por “diversión” (actividades de caza), de forma directa e tamén de forma indirecta en canto ao cambio climático causado pola cotaminación que todos nós xeramos.

  4. fab-martinfranco di:

    Eu creo que os seres humanos debemos concienciarnos “aínda máis” sobre o que lle estamos a facer á nosa Nai Natureza, pois estamos a destruila demasiado rápido e ela non pode procesar ou reparar todolos danos que lle causamos. Con respesto ás especies extiguidas hai estudios que demostran que as novas técnicas de inxeniería xenética permitirían que, cunha inversión de 10 millones de dólares, sexa posible revivir un mamut. O ADN necesario para a secuenciación do seu xenoma podese obter dunha mostra do seu pelo. A mesma tecnoloxía podería aplicarse a calquera outra especie extinguida, sempre e cando poda obterse unha mostra de texido adecuada cunha antiguedad máxima de 60.000 anos. Se os especialistas son capaces de reconstruir o xenoma dunha especie extinguida, logo poden determinar as diferencias xenéticas que o separan do seu descendiente vivo máis cercano, modificalas, e implantalas nun óvulo, que sería xestado nunha das hembras, e que esta especie volva existir. A miña questión é: para que queremos revivilas se as volveremos a matar e extinguir?

  5. fab-alekseinogueira di:

    Estou totalmente de acordo cos meus compañeiros, segundo estudos realizados anualmente cada ano morrénse miles de seres vivos por causas relacionadas co ser humano e cada ano tamén se extinguen un número considerables de especies.

  6. fab-raquelblanco di:

    Eu tamén estou de acordo cos meus compañeiros, xa que si non cambiamos, isto vai ser peor, fai 10000 anos atrás ata agora extinguíronse moitos animais a causa nosa, con toda a industrialización nos nos parabamos a pensar nos danos que isto causaría a nosa Terra, que actualmente estámolos sufrindo.

  7. faa-xosemartinez di:

    Está claro que nós, os seres humanos, non estamos a respetar a natureza tanto como deberíamos para poder sobrevivir nun futuro non moi lonxano. Xa que se seguemos a este ritmo con, por exemplo, deixar ós nosos océanos sen un gran número de poboación de especies mariñas, deixarán sen alimento a un número moi alto de persoas en todo o mundo.

  8. fab-inesfeijoo di:

    Unha das teorías máis cribles é a de un descenso brusco das temperaturas,os científicos baséanse nelo debido a que a maioría dos mamuts encontrados no xeo, aínda tiñan comida no seu estomago, tratandose dunha morte súbita.

  9. fab-isabelcouceiro di:

    En referencia aos animais terrestres,fíxose una primeira avaliación exhaustiva na que se descubriu que máis dun millón de especies poderían estar destinadas á extinción para o ano 2050 se non conseguimos reducir a contaminación que causa o quentamento global.

  10. fab-lauragonzalez di:

    A extinción dos animais é inegablemente culpa do ser humano, xa que antes matábanse animais para alimentarse, pero agora séguese facendo por divertimento, e non nos damos conta que isto provoca a extinción de moitos animais. Deberiamos poñer todos da nosa parte para que isto rematase.

  11. faa-iagopaz di:

    Está claro que a este ritmo de destrucción moitas especies van a extinguirse, pero quizáis se cheguen a cifras moito máis catastróficas que as de aquela época, xa que a presenza do ser humano e moito maior. A única forma de deter esta matanza sería unha acción importante a favor da biosfera por parte dos gobernos, pero, por desgraza, ísto non vai a ocorrer.

  12. faa-emilioabal di:

    Si, estou dacordo con eles, pero antes estes animais extinguíronse porque eran motivo de caza indiscriminada, e antes non existía tanto control. Agora a cousa vai a peor porque cada día desaparecen varias especies por nosa culpa, porque somos os causantes do cambio climático, da desforestación… E isto destrue ecosistemas e mata seres vivos.

  13. Victor di:

    RECORDADE QUE O PRÓXIMO DÍA 15 SERÁ O ÚLTIMO PARA FACER COMENTARIOS NESTA SEGUNDA AVALIACIÓN.

    Está actualmente o cambio climático sendo motivo de migracións humanas como as que fai referencia este artigo?

    • faa-xosemartinez di:

      Sí, e ademais o cambio climático xa é a primeira causa de migracións entre os humanos. Posto que as persoas se están movendo en resposta a cambios no seu medio ambiente, ben sexan estacionarios ou permanentes. É tal o impacto que está a ter o cambio climático sobre a migración humana, que os expertos cren que arredor de 2050 haberá unhas 200 millóns de persoas desprazadas por factores ambientais.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Si,o medio ambiente xa se converteu na causa principal da migración.En 2010 estímase que as persoas que migraron están ao redor dos 40 millóns de persoas.
      Millóns de persoas desprázanse a causa da erosión da liña costeira, das inundacións do litoral ou por mor dos estragos da agricultura polas malas condicións.Estímase que para 2050 a migración xirará entorno aos 200 millóns de persoas.

    • faa-mariamartinez di:

      Os animais non son os únicos afectados polo cambio climático, un dato que o demostra é que no 2010, máis de 38 millóns de persoas marcharon dos seus fogares por razóns relacionadas co clima ou co medio ambiente. África é unha das rexións co índice de migración máis alto debido á sequía, que semella ser permanente.

    • fab-alvarolopez di:

      Sí, actualmente o cambio climático sendo motivo de migracións humanas. Un claro exemplo, que temos ben cerca, é o de África. Alí as condicións son tan malas que moitos veñen para España en busca dunha vida mellor.

    • faa-breixoalonso di:

      Millóns de persoas desprazadase por culpa do cambio clímatico por exemplo porque viven moi preto da praia e coas previsións do aumento do nivel do mar produciranse inundacións e co cambio do clima danos na agricultura. Estimase que para o 2050 haberá douscentos millóns de migrantes en todo o mundo por culpa do cambio climático, e decir, 1 de cada 45 persoas do mundo.

    • faa-manuelbusto di:

      Os eventos súbitos como terremotos, furacáns, tsunamis, etc, non son a única causa da migración humana.O cambio climático tamén ten moito que ver nestas migracións .O derretemento dos glaciares do Himalaia, produciron o abandono de miles de persoas dos seus fogares por mor das inundacións, ó igual que a sequía nos países do sur. Estes son só uns poucos exemplos das consecuencias do cambio climático.

    • faa-iagopaz di:

      Si, como xa ben aportaron os meus compañeiros. O cambio climático non e un problema que comeza no século XXI, senón que se orixinou na revolución industrial. Esto fai que os seus efectos xa se fagan notar na sociedade actual.
      O aumento da desertización, sobre todo en África, provoca que moitas familias se vexan obrigadas a desprazarse debido a falta de recursos naturais.

    • faa-iagopaz di:

      Outro exemplo de poboacións obrigadas a emigrar por causas climánticas é o caso dos esquimós, que debido ao desxeo que sufren os seus territorios vense obrigados a migrar ao norte, ou trasladarse ao sur e mudar as súas costumes e tradicións ancestrais.

    • faa-victorinosouto di:

      Na miña opinión os movementos migratorios máis que por culpa do cambio climático é sobre todo pola sobresplotación de recursos naturais que fai o ser humano. O home cando agota un recurso nun país o que fai e buscar outro sitio de traballo. Un exemplo disto son os caladeiros de atún que como hai sobresplotación o que se fai e acabar cun caladoiro e buscar outro en outro país e como isto o petróleo, carbón,…
      Con todo se o pronóstico se cumpre dentro duns anos si veremos como hai movemento migratorio por culpa do cambio climático xa que moitas zonas costeiras, islas e arquipélagos quedarán sumerxidos baixo a auga debido a subida do nivel do mar.

    • faa-antoniomrodino di:

      Pois sí. Hai lugares da Terra onde se experimentaron cambios tan rápidos no clima que os animais en concreto non puideron soportar, xa que non presentaron unha total adaptación a dito cambio. Un destes exemplos pode ser o que acontece na citada África, xa que as elevadas temperaturas e escasas precipitacións son as causantes en moitos casos das secas que alí padecen.

  14. fab-raquelblanco di:

    Si, o cambio climático esta sendo culpable de migracións humanas. En 2010, máis de 38 millóns de persoas fuxiron dos seus fogares. Os huracáns, os tsunamis…son os primeiros casos de migración. No Himalaya derrétense os glaciares, é maior a sequía en Darfur e a deforestación da selva amazónica.
    O peor é que non nos facemos responsables dos fenómenos meteorolóxicos dos que nós somos a causa, fuximos deles.

  15. faa-margabarreiro di:

    Esta máis que claro que a humanidade esta a facer desaparecer especies cada día,e que se non coidamos oplaneta no que vivimos,e que é un lugar excepcional…Dónde viviremos?Temos que concienciarnos e seguir investigando para encontrar un modo de salvar o noso planeta.Cada persoa ten que poñer da súa parte, e entre todos lograremolo.

  16. fab-alekseinogueira di:

    Estou de acordo coas respostas anteriores, e un claro exemplo destas migracións son os habitantes das illas Kiribati, un estado formado por un arquipélago de illas que se econtra no Pacífico, estas illas non son de orixe volcánica se non que son atolóns, contan con uns cen mil habitantes e o goberno xa mantivo conversacións con outros estados para que a súa poboación emigre cando a subida do mar cubra as illas. A estes emigrantes podémolos chamar refuxiados climáticos xa que emigran cara outros países por culpa dos cambios ambientais producidos pola contaminación.

  17. faa-paulagondar di:

    Nun informe realizado conxuntamente pola Organización Internacional das Migracións e o Instituto para o Desenvolvemento Sostible e Relacións Internacionais, declarouse que no 2010 mási de 38 millóns de persoas tiveron que abandonar os seus fogares. Con anterioridade, foron as guerras os principais responsables dos desprazamentos humanos, mentres que agora a principal causa de migración humana é o cambio climático.
    Lentamente, o medio ambiente vaise degradando: glaciares que se desxean que provocan subidas do nivel de mar con inundacións, desforestacións que arrasan con ecosistemas, multiplicación de desastres climáticos, sequías… Todos estos factores fan que o ser humano migre para poder sobrevivir.

  18. fab-rosammillan di:

    A última lista de animais en perigo extinción rexistra 15.589 especies de flora e fauna.
    O primeiro mamífero extinto polo calentamiento global foi o Hemibelideus lemuroides,animal que se encontraba en Queensland (Australia)

  19. fab-amadeoabal di:

    Pois por culpa do cambio climático xa se produciron as primeiras migracións dos seres humanos.Para o ano 2099 espérase que a temperatura entre 1,8ºC e 4ºC.21 Para 2050 extinguiranse grandes extensións cada vez máis áridos e crecerá dun 2 ao 10 por cento a proporción de terras que sufrirán unha sequía constante.
    a finales do siglo XXI as terras con sequía pasarán do 1 ao 30 por cento.As precipitacións cada vez serán máis baixas e esto fai que o ciclo hidroxénico sexa máis intenso e esto provocará a baixada de precipitacións
    na capa superior do só.
    As cosechas podríaN decaer un 30 por cento para mediados do s.XXI.29 Algunhs bancos de pesca migrarán hacia os polos e hacia augas máis frías e incluso podrían
    desaparecer, pois a escorrentía de augas de superficie e as temperaturas do mar máis
    elevadas son susceptibles de causar unha peligrosa proliferación de algas e decoloración
    do coral.

  20. faa-margabarreiro di:

    Onte saia unha noticia no telexornal que dicía que no Sahel africano por culpa da sequía (ainda que tamén pola guerra) as mulleres e nenos no deserto queixanse pola falta de auga e alimentos xa que fai moito que non chove,por culpa da sequia emigran a os países colindantes e agraban a situación neles.Por iso as autoridades temen que suceda o mesmo que no ano anterior en Somalia.

    http://www.rtve.es/alacarta/videos/noticias-24-horas/catastrofe-enormes-proporciones-sahel-africano-sequia-guerras-internas/1348330/

  21. faa-emilioabal di:

    Pois claro que si o cambio climático aféctanos tanto a nos, comos os seres vivos de todo planeta, multiplícanse as migracións, ocorren desastres naturais extínguense moitos seres vivos, e cada día hai un máis en perigo de extinción.

  22. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, todos os seres vivos somos parciamente culpables da extinción de outros seres, independentemente de que a porcentaxe de culpabilidade de uns sexa maior que a dos outros.Creo que todos intervimos, ainda que alguns o fan máis notablemente que os outros, e e neste grupo soe estar sempre o ser humano debido ás súas actividades, como a queima de combustibles fósiles, ou a deforestación, entre outros. Neste grupo inclúese tamen o cambio climatico que ten unha gran culpabilidade na extinción de moitas especies.

  23. fab-isaacabal di:

    O cambio climático, así como din os meus compañeiros, está a afectar tamén os seres humanos, polo que tamén se ven obrigados a migrar.
    O cambio climático, aparentemente, aquí en Galicia é algo positivo, temos un dos mellores climas de España e do mundo, ademais, as nosas colleitas son cada vez máis productivas. Pero todo isto non é bo, económicamente, as zonas nas que se colleitan agora certos alimentos, iranse desprazando e medrando, polo que non nos compensa. As temperaturas volveranse máis irregulares, como ben vimos ata o de agora, así que o cambio climático xa non é tan bo.

  24. faa-margabarreiro di:

    Ainda que o número de animais e plantas e demáis seres vivos en perigo de extinción sexa elevado hai que ter en conta que ainda quedan moitas especies por descubrir, e que se seguimos asi pode que se extingan incluso antes de ser descubertas.

  25. fab-robertootero di:

    O principal culpable do cambio climático e o ser humano, e o cambio climático afectalle as especies que cada vez estánse a estinguir con máis velocidade, o único que pode facer algo ó respeto é o home xa que é o causante de todo isto.

  26. fab-robertootero di:

    O principal culpable do cambio climático e o ser humano, e o cambio climático afectalle as especies que cada vez estánse a estinguir con máis velocidade, o único que pode facer algo ó respeto é o home xa que é o causante de todo isto. Parar o cambio climático é prácticamente imposible pero podese demorar pero o ser humano non está a facer nada ó respeto.

  27. faa-juancsineiro di:

    A extinción dos animais é e foi sempre culpa dos humanos, por diversos motivos, por exemplo agora hai moitos animais en perigo de extinción por culpa de caza indiscriminada, os caladoiros de peixe no mar cada vez están máis agotados, e se a todo iso lle sumamos a man do home no medio onde viven estes animais.
    E todo isto vai afectar na nosa vida.

  28. faa-monicagonzalez di:

    Na miña opinión, estou de acordo cos meus compañeiros, a extinción dos animais ven dada polo cambio climántico, ademais de que nos mesmos os humáns, tamén temos parte de esa culpa.

  29. faa-manuelbusto di:

    Esta claro que o ser humano foi ,e sigue a ser, o principal factor nas extincións das especies debido á caza indiscriminada das mesmas, e precisamos poñer límite a estas devastadoras extincións senón quen sabe o que nos deparará o futuro.

  30. faa-luciasantos di:

    Obviamente, o camcio climático pode producirse tamén por factores naturais, como xa sucedeu en épocas anteriores. Mais non é a situación actual, xa que esta se debe, maioritariamente, á acción humana.
    Novamente, repítese o tema, que non podemos esquecer. Aínda estamos a tempo de poder solucionalo, ou polo menos de non agravalo máis. Esta situación podería traer consecuencias nefastas para o clima, para os ecosistemas presentes na biodiversidade, e polo tanto, tamén sobre nós.

  31. faa-xosemartinez di:

    Respecto ás extincións relacionadas directa ou indirectamente co cambio climático, estímase que cada ano se extinguen 30.000 especies no noso planeta. Estas especies extínguense por diversas razóns como: que se os diferentes hábitats se reducen ou desaparecen. Pero principalmente, estas especies desaparecen porque non son capaces de adaptarse a cambios rápidos en factores climáticos, como a temperatura. A única solución para reducir este número devastador de extincións, é reducir os efectos do cambio climático, e polo tanto, reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro.