Os machos extínguense?

Científicos de Cambridge descubriron que no cromosoa Y do ser humano non perdeu ningún xene desde hai 25 millóns de anos. Na investigación compárase a rexión específica que determina o sexo masculino en humanos, monos, chimpancés. A análise deste cromosoma nos homes, demostra que en contra do que nos pensabamos, non está en proceso de desaparición. Esta rexión tan concreta contén tan só o 3% do material xenético do cromosoma ancestral debido a unha gran pérdida de xenes.

As linaxes do ser humano e do chimpancé separáronse hai 6 millóns de anos, mentres que os monos do vello mundo, o cercopitécidos, fixérono hai 25 millóns de anos. Os autores do estudio afirman que “as rexións ancestrales do MSY humano mantendose estables durante os últimos 25 millóns de anos e non perderon xens desde entonces”.

A diferenza dos outros 22 cromosomas do xenoma humano, o Y case non intercambia material xenético co seu homólogo (o X) durante a división celular. Sábese que este fenómeno provoca dexeneración e perda de xenes en estas zonas estables, polo que algunhas teorías apuntan á progresiva desaparición do cromosoma Y.

Concretamente, cinco zonas distintas ou estratos do cromosoma Y deixaron de intercambiar o seu material xenético ó longo da evolución. A máis antiga deixou de facelo hai 240 millóns de anos e a última hai tan só 30 millóns.

No chimpancé, en cambio, os estratos máis ancestrais sí cambiaron, en especial o material xenético relacionado coa xeración de esperma. Os autores especulan que “isto pode ser debido á conducta promiscua destes primates e á gran presión selectiva sexual que hai na súa sociedade”.

Autor: María José Blanco González

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana, Xenoma humano e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Os machos extínguense?

  1. fab-isaacabal di:

    É posible que coa evolución da nosa especie, desaparezcan os sexos e que as mulleres se auto inseminen. Esta teoría que comparte o sector lesbico, afirma que o clítoris é un micropene que ó desenvolverse poderán procrear elas solas.

  2. fab-amadeoabal di:

    Os homes están en vías de extinción xa que os seus xenes lentamente desvanécense,dixo hai pouco un experto.

    O investigador dixo que o cromosoma Y do sexo masculino estába morrendo e finalmente desaparecerá. O profesor Jennifer Graves dixo que os homes poden seguir o camiño dunha clase de roedor que aínda logra reproducirse a pesar de non ter o vital cromosoma Y.

    Graves afirma que fai trescientos millóns de anos había uns 1.400 xenes no cromosoma Y, hoxe só quedan 45, dentro de cinco millóns de anos quedaremos sin cromosomas Y.

  3. As anteriores investigacións basábanse no gran número de fallos xenéticos que deterioran e que condenarían en 100.000 anos ao home.
    Esta nova teoría cuestiona as anteriores. Ao parecer, o home non pode extinguirse.

    O cromosoma Y é o interruptor que conduce o desenvolvemento dos testículos ou a secreción de hormonas masculinas. Ata agora, varias teorías indicaban que estaba “podrido”, ben por fallos xenéticos, ou por un deterioro irremediable sen marcha atrás.
    Pero o tempo foi modificando esas teorías ata chegar a esta.

  4. Victor di:

    O pequeno tamaño do cromosoma Y impídelle intercambiar material xenético durante a meiose (división celular reduccional): porque isto, segundo os científicos, debería levar á dexeneración do cromosoma?

    • fab-fuensantabuceta di:

      Varios científicos comprobaron que o cromosoma Y evolucionou moito máis rápido que o cromosoma X, pero que durante esta evolución o cromosoma Y foi perdendo moitos dos seus xenes. Na actualidade este cromosoma ten menos de 200 xenes, mentres que o cromosoma X ten ten sobre 1.100 xenes. Algúns científicos crían que esta pérdida de xenes faría que nuns millóns de anos o cromosoma Y desaparecese. Pero comprobouse que os xenes que ten actualmente o cromosoma Y son os verdadeiramente ensenciais, mentres que aqueles que perdeu non eran vitais para a supervivencia. Aínda que se ó final o cromosoma Y acabase desaparecendo non sería o fin para o xénero masculino, porque seguramente uns cromosomas non sexuais pasarían a converterse en cromosomas sexuais.

    • faa-paulagondar di:

      O feito de que este cromosoma sexa tan pequeno, impídelle a transferencia de xenes co cromosoma X. Isto suponlle unha dexeneración, xa que se non pode intercambiar material xenético durante a meiose, non pode evolucionar. En cambio, descubriuse hai pouco que, para compensar esta situación, o cromosoma Y contén copias de seguridade máis importantes e pode usar unha desas copias para correxir un defecto na outra mediante un proceso denominado conversión de xenes.

    • fab-raquelblanco di:

      Eu penso que si, xa que perderon moitos xentes activos nas últimas décadas, porque non poden perder máis nos anos que nos seguen.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Uns científicos descubriron que o cromosoma Y evolucionou moito máis rápido que o cromosoma X(presente tanto nas mulleres coma nos homes), que evolucionou a mesma velocidade que os outros cromosomas nos sexuais.Neste momento o cromosoma Y ten ao redor de 200 xenes fronte a 1.100 que ten o cromosoma X. Esta evolución tan rápida do cromosoma Y ,supúxolle a perda de xenes e de continuar así pode chegar a desaparecer totalmente.

    • fab-aldaragarcia di:

      O cromosoma Y evolucionou antes que o cromosoma X, pero durante estas evolución os cromosoma Y foi perdendo gran parte dos seus xenes quedando con 200, a diferencia do cromosoma X que conta con 1100 xenes. O cromosoma Y non vai desaparecer, xa que os xenes que foi perdendo no seu proceso evolutivo non eran esencias para poder sobrevivir, foi perdendo os menos significativos.

  5. fab-martinfranco di:

    Os cromosomas Y estan sendo xenéticamente dexenerados, habendo perdido a maior parte dos xenes activos que estaban presentes nos nosos antepasados. As causas desta dexeneración siguen varias teorias: o trinquete de Muller, a selección defondo, o efecto Hill Robertson cá selección débil, e a “auto-stop”. Todos estos procesos implican unha reducción do tamaño efectivo da población do xenoma, e o conseguinte debilitamiento destos. Revisaronse as consecuencias destos procesos para os patrons de evolución molecular e a variación nos cromosomas Y. Estos resultados suxiren que o tamaño efectivo da población da evolución dos cromosomas Y vese moy reducida, como se espera se algun ou todos os procesos que conducen á hipótese da dexeneración son operativos.

  6. faa-emilioabal di:

    Un par de científicos de Penn State descubriron que este cromosoma sexual, o cromosoma Y, evolucionnou moito máis rápido que o seu compañero, o cromosoma X, que levan tanto os homes como mulleres.

    Esta rápida evolución do cromosoma Y dou lugar a que este perda xenes dramáticamente a un nivel que, si se mantén, podría conducir á desaparición do cromosoma Y.

  7. faa-nereapaz di:

    Os cromosomas Y posúen un sistema de proteción para evitar en parte a súa dexeneración ao non poder intercambiar xens co cromosoma X debido a súa gran diferenciación.Este sistema de proteción consiste en crear copias exactas dos seus xens máis importantes e traspasalas ó outro cromosoma. Este proceso coñécese como conversión de xens. Esta proteción do cromosoma non sempre actúa con éxito, xa que nalgúns casos produce a esterilidade do individuo producíndose co tempo a dexeneración do cromosoma.

  8. Victor di:

    Que pode aportar o cromosoma Y en estudios evolutivos?

    • faa-paulagondar di:

      O índice de mutación destos cromosomas é moi baixo e non afecta á capacidade dos individuos para reproducirse, de modo que estas mutacións pódense usar para rastrear os descendentes dunha mutación en concreto.
      Por tanto, este cromosoma fíxose moi útil para coñecer a evolución das poblacións humanas e demostrar que as poblacións actuais de “Homo sapiens” son producto dunha sola migración procedente de África.

    • fab-fuensantabuceta di:

      O cromosoma Y non te un índice moi elevado de mutación, polo que non inflúe na reprodución. Aínda que é verdadeiramente útil para coñecer e seguir a evolución das poblacións humanas. Algunhas investigacións do ADN mitocondrial recoñecen o cromosoma Y como o ancestro común de tódolos cromosomas e falan del como “Adán”.

    • faa-manuelbusto di:

      Estudios sobre o cromosoma Y realizados nos últimos anos revelaron información sobre as migracións das primeiras poboacións humanas.

  9. faa-emilioabal di:

    Pois se non cambiou dende tanto tempo, pode acercar os parentescos evolutivos coas razas máis cercanas a nós e estreitar lazos.

  10. faa-nereapaz di:

    O cromosoma Y non é capaz de intercambiar gran cantidade de xenes polo que xenéticamente a súa contribución é escasa. Sen embago, evolutivamente nos amosa a hisotoria biolóxica do home, xa que nos permite coñecer os pasos evolutivos que sufriu o ser humano e o noso paentesco cos nosos antepasados.

  11. fab-robertootero di:

    Eu penso que non se deberian extinguir os homes porque sinon acabariase a humanidade e chegaria o seu fin, non penso que as mulleres cheguen ata o punto de inseminarse porque precisan como mínimo un esperma do home para que se produza a inseminacion.

  12. Victor di:

    E como é a forma física dun xene dentro dun cromosoma?

    • faa-adrianfeijoo di:

      A forma física de un xene,ten unha dobre hélice de ADN.Tamén presenta os intróns que son rexións que se encontran frecuentemente nos xenes de células eucariotas, e que son eliminadas no procedemento do ARN(axuste),para ter só un ARN mensaxeiro formado só por exóns.Os exóns están dentro da estrutura do xene, e teñen a función de traducir a proteína.

    • faa-manuelbusto di:

      Dentro dun cromosoma os xenes están organizados en unha estructura de doble hélice.

  13. fab-amadeoabal di:

    A forma física dentro de un cromosoma é a estrutura en doble hélice:o ADN existe en moitas conformacións.