Podería haber vida en Marte?

No ano 1970 a sonda Mariner 9 logrou enviar á Terra varias fotografías de Marte, nese entón a NASA invertira moitos cartos nesas sondas, e a chegada de esas imaxes era a posible resposta de moitos investigadores: podería haber vida en Marte?. As fotos mostran que é un terreo cheo de volcáns, cráteres, e canles a través das cales poderían haber pasado fluxos de auga, pero debido a mala calidadde desta imaxes non se concluíu nada a ciencia certa. Hoxe 30 anos máis tarde a NASA volve a recibir imaxes de maior resolución, e se lograron identificar colinas e canóns con rochas estratificadas, as cales se producen debido a erosión provocada polo paso de fluxos de auga (ríos ou mares).

Michael Malin e Kenneth Edget analizaron detidamente as fotografías, e chegaron á conclusión de que esa era unha proba irrefutable de que houbo auga en Marte. Estas rochas estratificadas que se atoparon en cráteres e canóns e algunhas atopadas a 30 millas de separación que mostran estratificacións idénticas de capas delgadas como se fora un pastel. Se esta teoría é correcta teríamos unha rede de lagos circulando polo planeta vermello, que podía incrementar a posibilidade de que existira algún tipo de vida en Marte.

Según Michael Mayer, do programa biolóxico da NASA, as fotografías suxiren que a auga mantívose nun periodo  longo de  tempo, aínda que porbablemente non estivo o suficiente tempo para que os “marcianos intelixentes” (tal como a literatúra popular os coñece) puideran evolucionar.

O máis seguro é que si existiu  algún tipo de vida en Marte, foi microscópica, posto que as bacterias poden resistir a temperaturas extermadas, podéndose servir de axuda da rede de lagos. A NASA decidíu  enviar misións non tripuladas cada 26 meses ata o ano 2018 para captar máis imaxes e poder corroborar a teoría de Mailin e Edgett, mentres tanto tan só é unha teoría, e espérase que chegen probas palpables mediante os avances tecnolóxicos e as futuras fotografías que poidan chegar da sonda Global Surveyor.

Autora: Zoé Cacabelos Padín

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Podería haber vida en Marte?

  1. Victor di:

    Por que Marte e non Venus como meta espacial?

    • faa-adrianfeijoo di:

      A razón pola que Marte é o medio espacial é porque en Venus as altas temperatura(de ata 400ºC),a alta presión atmosférica e a alta dificultade de movemento eliminan a posibilidade humana de exploralo.En cambio Marte é o planeta colonizable máis próximo,é un planeta que conta con unha pequena atmosfera,e outras moitas cousas importantes.
      É dicir que o problema de explorar planetas do sistema solar externo,é que estes planetas están moi lexos e que aparte teñen unhas condicións medio-ambientais moi extremas.

    • fab-alvarolopez di:

      A razón é porque Venus non ten as mesmas similitudes entre Marte e a Terra(por exemplo a temperatura, a atmosfera, a distancia…).

    • fab-rosammillan di:

      Porque é mais fácil chegar alí gracias a un aspecto técnico chamado delta-v que facilita o cambio de órbita cunha maniobra oriental.Tamén que Venus non ten as condicións necesarias nin adecuadas para a vida.

    • faa-antoniomrodino di:

      Pola sinxela razón de que Venus está moi próxima ao Sol, a presión atmosférica é superior á de Marte, posúe un impacto extremo do efecto invernadoiro. Nela soamente podería haber vida nas capas altas da súa atmósfera.
      Por outra banda, a atmosfera de Marte é máis densa e a auga líquida, aínda que moi exacasa, é máis abundante.

    • faa-mariamartinez di:

      Porque as características que se dan en Venus e en Marte son diferentes. Venus está situado máis cerca do Sol, polo que a temperatura da súa superficie pode alcanzar os 500ºC. Ademais neste planeta o efecto invernadeiro ten un impacto brutal o que fai que a existencia de vida sexa improbable.

    • fab-inesfeijoo di:

      Con temperaturas superficiales de 457º C (capaces de fundir o chumbo) e presións de 90 atmósferas (iguais ás existentes no mar a 900 metros de profundidade), Venus parece o lugar menos propicio para a vida no Sistema Solar. O planeta que máis se parece a Terra e Marte, xa que ten unhas características parecidas.

    • faa-paulagondar di:

      Porque as condicións existentes en Venus fan que a vida tal e como nós a coñecemos sexa imposible. A cercanía de Venus ao Sol, fai que a súa temperatura casi roce os 500ºC. Ten unha presión de entre 90 e 100 veces maior á da Terra, e as nubes que rodean este planeta presentan ácido sulfúrico.
      Marte, en cambio, é un planeta cunhas condicións máis parecidas ás da Terra, o que o fai un planeta máis habitable.

    • fab-aldaragarcia di:

      Marte está preto da Terra ao igual que Venus. Pero Venus está máis preto do Sol, polo tanto alí as temperaturas son máis altas, máis de 400º.
      Aparte de que as condición para que haxa vida, son máis parecidas en Marte ca en Venus. Xa que Marte ten unhas condicións coma a temperatura ou a atmósfera parecidas as da Terra. E en Marte xa se ten conta de que houbo grandes océanos, e puido haber vida.
      Aparte de todas as razóns que aportan os meus compañeiros.

    • fab-sandraromero di:

      O planeta Venus é coñecido como o planeta irmán da Terra, xa que os dous son similares en canto ao tamaño, a masa e composición. Pero estes dous planetas difiren totalmente nas cuestións térmicas e atmosféricas. A atmosfera de Venus é densa. A gran cantidade de CO2 da atmosfera provoca un forte efecto invernadoiro que eleva a temperatura da superficie aproximadamente a 460 ºC e a presión é 90 veces maior cá da Terra. Pero aínda así, sábese que a uns 50 quilómetros por riba da súa superficie, a atmosfera de Venus é o ambiente máis parecido ao da Terra.

    • faa-fernandogarcia di:

      Venus e un palneta máis próximo ao Sol, polo tanto as súas condicións ambientais son moito máis extremas, falando de arredor de 92 atmósferas de presión e unha temperatura media superior aos 400 graos Celsius.
      Ademais non se detectou osíxeno na composición da súa atmosfera, que é en grande maioría CO2.
      As condicións no planeta Marte son moito menos extremas, a presión é bastante menor e tamén a gravidade. A temperatura media roda os -46 graos Celsius. Na súa atmósfera atópanse osíxeno e ata ozono en pequenas cantidades, facendoo o planeta máis viable para enviar unha misión tripulada nun futuro próximo

    • fab-raquelblanco di:

      En Venus, a atmósfera é moi densa e as temperaturas superan 400º C. Polo contrario en Marte, as temperaturas rondan os 60º baixo cero e a súa atmósfera é só unha fina capa de gases, principalmente dióxido de carbono.

    • faa-manuelbusto di:

      O Principal motivo son as similitudes que Marte presenta co noso planeta, xa que presenta unha pequena atmosfera e pode alcanzar temperaturas máximas de 20 º no verán, e estas similitudes lévannos á pregunta de si existe vida en Marte, está demostrado que coas condicións que presenta podería existir vida pero para iso tamén é preciso auga en estado líquido, e ata o de agora so se atopou auga en estado sólido(xeo).
      Pola contra Venus posúe unha presión atmosférica 94 veces superior á terrestre. Venus posúe tamén a atmosfera máis quente do sistema solar, pois está composta principalmente por gases invernadoiro, como o dióxido de carbono, o que fai que estea sometido a moi elevadas temperaturas.

    • fab-antiachantada di:

      Marte é a meta espacial porque as circunstancias en Venus son moi difíciles, a alta temperatura (400ºC) e a presión atmosférica fai difícil a exploración humana e por outro lado, Marte posúe características especiais e das que máis se parecen ao planeta Terra en todo o sistema solar, ademais dunhas circunstancias máis fáciles.

  2. fab-alekseinogueira di:

    Como meta espacial para ser colonizada elixiuse a Marte, xa que Venus ten unha presión atmosférica moi elevada e a sua atmósfera está formada na súa maioria por dióxido de carbono, ese dióxido fai que as temperaturas en Venus sexan extremas por causa do efecto invernadoiro.

  3. Victor di:

    RECORDADE: A PARTIR DO 16 DE MARZO O TRABALLO NO BLOG SERÁ TIDO EN CONTA NA 3ª AVALIACIÓN

  4. fab-paulaalba di:

    Marte é o planeta mellor alcanzable tendo en conta a enerxía que se necesitaría. As súas condicións para a habitabilidade son moito mellores cás altas temperaturas de Venus. Ademais, a Terra e Marte teñen varias similitudes: os días e as estacións son moi parecidas, Marte tamén ten atmósfera (o que protexe da radiación solar e cósmica)e ten cantidades significativas de todos os elementos necesarios para a vida.

  5. fab-amadeoabal di:

    Porque as condicións atmosféricas son totalmente incompatibles coa vida noutros planetas mentras que Marte presenta algunhas similitudes.
    En venus a superficie alcanza temperaturas extremadamente altas debido a que conta con un sistema vulcánico en actividade constante que libera enormes cantidades de CO2 á atmósfera e estas nubes producen un efecto invernadeiro de unha magnitude tal que a temperatura alcanza niveis altísimos de alrededor de 400 graos na superficie e nas nubes aún maiores porque estas producen descargas eléctricas que se propagan polas nubes aumentando a temperatura a 1000 grados C. En estas condicións non só é posible colonizar o planeta senón que a exploración mediante sondas é moi difícil xa que non permanecen por moito tempo operacionais unha vez que entran en contacto coa atmósfera.

  6. faa-iriagondar di:

    Porque Venus ten unha atmosfera rica en CO2 e moi densa que o somerxe nun efecto invernadoiro terrible e produce temperaturas de ata 400 graos na súa superficie. Está moi próximo ao sol.

    Marte en cambio ten unha atmosfera demasiado tenue e a falta de campo magnético faino vítima das radiacións solares.

  7. faa-iagogonzalez di:

    Elixiuse a marte como meta espacial, debido ás súas semellanzas có noso planeta, en canto á posición respecto ao sol, a composición da súa atmósfera, e á existencia de auga en ambos planetas ainda que en Marte a auga está en estado de xeo.Tamén foi elixido pola súa proximidade á Terra.

  8. fab-isaacabal di:

    Marte será o primeiro planeta, non sendo a Terra, que o home pise, e considero que é moi importante invertir todo o posible na investigación do espazo e na busqueda de vida en planetas, xa que o noso planeta esta sentenciado e tarde ou cedo, haberá que emigrar cara outro planeta abandonando ó noso mundo, ao que todos contribuímos a súa destrucción.

  9. fab-lauragonzalez di:

    A posibilidade de vida en Marte, tanto pasada como presente. A pesar dos recentes descubrimentos, o espectro de opinións “educadas” varía considerablemente, con grupos que sosteñen que a vida en Marte é imposible, e outro grupo que di que a vida en Marte é un feito comprobado.
    Aínda que o consenso xeral da comunidade científica descarta a posibilidade de vida presente en Marte, persisten algunhas dúbidas si algunha vez existiu vida en Marte cando a súa atmosfera era máis densa e a auga líquida existía en abundancia.

  10. Victor di:

    Considérase actualmente que en Marte se dan as condicións para crear unha base con presenza estable de humanos?

    • faa-paulagondar di:

      Tendo en conta as características de Marte, actualmente si se considera a posibilidade de enviar misións tripuladas para establecer colonias permanentes no planeta.
      O principal problema sería o da adquisición de sustento, xa que en Marte non se dan as condicións para que crezan plantas nin nada polo estilo. Inicialmente estos astronautas recibirían suministros e provisións da Terra cada certo tempo, ata que fosen capaces de manterse do que Marte lles proporcionase, a base de ir enriquecendo o terreno ata facelo apto para o cultivo.

    • faa-mariamartinez di:

      Tendo en conta que as teorías actuais afirman a presenza de auga en estado sólido, polo momento non se debería establecer ningunha base estable, xa que para a vida é necesaria a presenza de auga líquida. Pero hai indicios que apuntan que baixo terra as condicións poden ser aptas para que se manteña en estado líquido.
      Ademais diso, hai que ter en conta moitas cousas máis, como que ao chegar e establecerse alí non habería volta atrás e non se podería volver á Terra, e mirar se na actualidade as condicións faborables superan ás desfavorables.

    • faa-manuelbusto di:

      Marte posúe reservas de auga en forma de xeo nos casquetes polares, que poderían ser aproveitados por un asentamento humano. Aínda así existen diversos factores que dificultarían a tarefa:
      Marte posúe unha atmosfera moito máis tenue que a terrestre, a gravidade en Marte equivale a un tercio da terrestre, o clima é máis frío que o terrestre, e a radiación solar é maior que na terra polo que sería necesario algún sistema para protexer á poboación.

    • fab-isaacabal di:

      Si, o planeta Marte ten as condicións para crear unha base coa presenza estable de seres humanos, de feito, os EEUU e URSS están loitando por ser os primeiros en chegar, xa que logo, sendo eles os propietarios desas bases, recibirán incentivos por rentar, ou deixar facer uso delas por outro paises que viaxen a Marte a facer as súas propias investigacións.

    • fab-aldaragarcia di:

      Podería ser unha base de asentamento humano xa que as condicións son similares as da terra e nos polos atopános con xeo. Aínda que existen moitos problemas por resolver en cando ao asentamento humano en marte. Aínda que Rusía e EEUU están loitando por ser os primeiros en istalarse alí e así logo obter un beneficio económico e ir máis avanzados ca o resto das nacións. E como ben apunta Paula, se se chega a mandar unha tripulación que quedase permanentemente en marte enviaríasexe comida e demáis cousas dende a terra ata que atopen unha forma de obter comida en marte.

    • faa-luciasantos di:

      Debido á súa proximidades á Terra, a colonización de Marte é considerada a primeira proposta para o dominio do espazo. Non só como simple ocupación de territorio, senón, como posible alternativa á asentamentos humanos. O certo é que este planeta ten características, como posuír auga en estado sólido nos seus casquetes polares, que poderían facilitar e facer probable unha base espacial no planeta vermello.
      Pola contra, tamén son moitas as desvantaxes que posúe, como unha atmosfera máis tenue que a terrestre, unha gravidade menor, un clima máis frío así como tamén a pouca protección con respecto á radiación solar. Estas condicións adversas fan que, a día de hoxe, se estén estudiando estas posibilidades.

  11. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que sí se podría nun futuro próximo.Pero claro tendríamos que vivir a base da tecnoloxía porque alí non hai osíxeno…Eu creo que sería un tanto incómodo.O malo deste planeta é que roda dunhs -5ºC a uns menos 87ºC,isto dificulta moito a vida alí.

  12. faa-emilioabal di:

    Si, si se considera a opción de mandar unha nave tripulada a marte pero inda nos faltan varias cousas por acadar. Sería un gran avance para a humanidade xa que poderíamos empezar a “conquistar” o espazo e a explotar os recursos de outro planeta.