Pílula crece-memorias?

O cerebro humano segue sendo un gran descoñecido, pero pouco a pouco os científicos van desentrañando os misterios da nosa mente. Un equipo do Baylor College of Medecine de Texas, descubriu unha molécula en cuxa ausencia, a memoria dos mamífero multiplicase. A proteín-quinasa R (PKR) é unha proteína presente en todos os vertebrados que se activa como resposta dalgunhas infeccións víricas, sen embargo o seu papel no funcionamento normal do cerebro aínda non esta claro.

Os científicos encontraron que ao inhibir xeneticamente a PKR nos ratos de laboratorio, incrementábase a excitabilidade das células do cerebro, e os animais presentaban moita máis memoria ca os ratos normais, nas que a moléculas non foran inhibidas. Aínda que faltan moitos máis experimentos por facer,  este podería ser o primeiro paso para o desenvolvemento dunha pílula crece-memorias, que sería de gran utilidade no tratamento dalgunhas enfermidades como o Alzheimer.

Autor: Damián Lores

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to Pílula crece-memorias?

    • faa-xosemartinez di:

      É unha función do cerebro e á vez un fenómeno da mente que permite ó noso organismo codificar, almacenar e recuperar información. Esta facultade provén de conexións entre neuronas.

    • faa-iriagondar di:

      A memoria é un proceso psicolóxico que serve para almacenar información codificada. A dita información pode ser recuperada, unhas veces de forma voluntaria e consciente e outras de xeito involuntario. A memoria humana a diferenza da memoria dos animais actúa principalmente sobre a base das súas necesidades presentes, pode contemplar o pasado e planear o futuro.
      Distinguimos dous tipos de memoria:
      – Memoria Sensorial: Denomínanse memorias sensoriais a unha serie de almacéns de información provenientes dossentidos que prolongan a duración da estimulación.
      – Memoria Operativa (Memoria a curto prazo): é o sistema onde o individuo manexa a información a partir da cal está a interactuar co ambiente. Aínda que esta información é máis duradeira que a almacenada nas memorias sensoriais, está limitada.

    • faa-luciasantos di:

      A memoria é un fenómeno mental, e, ao mesmo tempo, é unha función do cerebro, non exclusiva dos seres humanos. A memoria permite ao organismo codificar información e é capaz de almacenala e recuperala posteriormente. Esta función cerebral é o resultado das conexións entre as neuronas (conexións sinápticas), que crean redes neuronales.
      A memomria permite reter e recordar vivencias e recordos pasados, que segundo o alcance temporal, pode clasificarse en memoria a longo plazo ou memoria a curto plazo.

    • fab-raquelblanco di:

      A memoria é unha función do crebro e, a vez, un fenómeno da mente que permite o organismo codificar, almacear e recuperar información.
      Xorde como resultado das conexións sinápticas repetitivas entre as neuronas, o que crea redes neuronais (a chamada potenciación ao longo prazo).
      A memoria permitennos reter experiencias pasadas.

    • fab-aldaragarcia di:

      A memoría, dende un punto de vista psicolóxico, e a capacidade que posue o noso organismo para almacenar, reter, e recuperar información e experiencias.

    • fab-sandraromero di:

      A memoria é a capacidade mental que permite a un individuo rexistrar, conservar e evocar as experiencias (ideas, imaxes, acontecementos, sentimentos, etc.).
      A memoria pode clasificarse según a súa duración:
      -Visual, de curta duración, menos de medio segundo.
      -Memoria inmediata (memoria a curto prazo): duración de menos de un minuto e limitada a poucos obxectos.
      -Memoria recente: a súa duración oscila entre uns minutos e varias semanas e a súa capacidade de almacenamento é maior ca da memoria inmediata.
      -Memoria remota: mantén a información dende semanas ata toda a vida.
      A memoria tamén pode clasificarse polo contido ou utilización:
      -Memoria de referencia: contén a información recente e remota obtida por experiencias previas.
      -Memoria de traballo: emprégase nun proceso activo que está sendo actualizado de forma continua pola experiencia dun momento determinado.
      -Memoria declarativa: contén os feitos do mundo e os personales do pasado que é necesario recuperar para recordalos.
      -Memoria de procedemento: aprendizaxe de conservación de destreza e habilidades, como peinarse, lavarse, etc. Estes procesos son automáticos e non prescinden dunha execución consciente.

    • faa-antoniomrodino di:

      É a capacidade de almacenar e recuperar a información. Con todo, non se trata dunha función unitaria, senón que consiste nunha serie de sistemas complexos interconectados cuxa función é a de almacenar información para utilizala nun futuro máis ou menos próximo.
      Dende un punto de vista linguístico tamén se define como a facultade que permite reter na mente e facer presentes, mentalmente, cousas pasadas.

    • faa-iagogonzalez di:

      A memoria é unicamente unha das funcions do cerebro, e non é exclusivamente algo que posuimos nosoutros os seres humanos. A definición científica do que é a memoria humana dinos: “É unha función do cerebro e á vez un fenómeno da mente que permite ao organismo codificar, almacenar e recuperar información. Surxe como resultado das conexions sinápticas repetitivas entre as neuronas”.

  1. fab-cristinaporto di:

    A memoria é a capacidade mental que posibilita a un suxeito rexistrar, conservar e evocar as experiencias (ideas, imaxes, acontecementos, sentimentos, etc.).
    O Dicionario da Lingua da Real Academia Española defínea como: Potencia da alma, por medio da cal se retén e recorda o pasado.

  2. fab-alekseinogueira di:

    A memoria é unha facultade que nos permite reter feitos e imaxes do pasado; recordar o que sucedeu anteriormente.

  3. Victor di:

    Por que a Administración sanitaria está tan preocupada co Alzheimer?, cales son os motivos?

    • faa-breixoalonso di:

      O Alzheimer leva a pérdida progresiva da memoria e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. Os motivos para que a sanidade estea tan preocupada pola enfermidade e que o tempo de vida logo dos primeiros sintomas varia entre 2 e 20 anos. Actualmente estimase que 26 millons de persoas sofren esta enfermidade e os pronosticos cara o ano 2050 son de 106 millons de afectados.

    • faa-mariacmaquieira di:

      A administración sanitaria está tan preocupada co Alzheimer xa que é unha enfermidade na que a persoa afectada perde a memoria e co paso do tempo os hábitos máis comúns como son comer por eles mesmos, camiñar… etc. Outra das preocupacións é que cada vez esta enfermidade afecta a máis xente e cada vez con menor idade.
      È o peor disto é que é unha enfermidade da que aínda non se coñece a cura e a esperanza de vida unha vez que che detectan esta enfermidade é de uns 2 a uns 20 anos, dependendo da evolución.

    • fab-laurarodriguez di:

      O Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, que provoca o deterioro de capacidades mentais como a cognitiva e leva a trastornos de conducta. Estes trastornos prodúcense debido á morte das neuronas no cerebro, atrofiando distintas partes deste. A partir do diagnóstico do alzheimer, soe ter unha duración aproximada de 10 anos, ainda que pode variar, dependendo da seriedade da enfermidade no momento do diagnóstico.A Administración sanitaria está preocupada por esta doenza, porque cada vez vanse descubrindo máis casos e incluso máis precozmente.

    • fab-mariaarojo di:

      Porque é unha enfermidade sen cura polo momento que fai que a persoa afectada perda a memoria e, co tempo, as capacidades mentais, chegando ao estado de olvidar as persoas, o ano en que vive, quen é …
      Ademáis é unha enfermidade que conta con moitos afectados e que require tempo, cartos e xente para tratar este problema.

    • faa-iagopaz di:

      Como ben aportaron os meus compañeiros, os efectos desta enfermedade obrigan ao emprego de moitos cartos e tempo por parte dos coidadores. Tamén é unha enfermidade moi difícil de soportar por parte do enfermo que tende a sufrir moita frustración e tamén para os familiares que ven como se deteriora unha persoa ata o punto de non poder valerse por si soa.

    • faa-antoniomrodino di:

      Os motivos eu diría que son que cada vez persoas máis novas sofren esta enfermidade, e outra causa e porque é das poucas enfermidades que non ten un tratamento claro para a súa curación, xa que unha persoa que a sofre case se pode dicir que a partir de ahí en adiante o único que vai a experimentar son empeoramentos.

    • faa-iagogonzalez di:

      O problema da enfermidade do Alzheimer é que é unha enfermidade IRREVERSIBLE e progresiva do cerebro que lentamente destrue a memoria e as aptitudes do pensamiento, e co tempo, ata a capacidade de levar a cabo as tareas máis simples.Outro dos problemas, é que actualmente é unha enfermidade incurable, o que nos leva a pensar que de continuar así o número de enfermos incrementará ao longo do tempo, así como que a esperanza de vida que esta enfermidade nos deixa á de entre 2 e 20 anos.

    • fab-aldaragarcia di:

      Como todos os meus compañeiros dixeron o alzehimer, leva a unha pérdida lenta da memoria e outras capacidades. Actualmente estímase que cerca de 26 millóns de persoas sofren esta enfermidade, pero tamén se estima que para o ano 2050 serán 150 millóns os afectados. E así seguira crecendo o número co paso dos anos se non se atopa unha solución.

  4. fab-amadeoabal di:

    A Administración sanitaria está preocupada por esta enfermidade porque esta demencia é a pérdida irreversible das capacidades intelectuais, incluíndo a memoria, a capacidade de expresarse e comunicarse adecuadamente, de organizar a vida cotidiana e de levar una vida familiar, laboral e social autónoma. Conduce a un estado de dependencia total e finalmente, a morte.

  5. faa-rubengonzalez di:

    A verdade e que o descubrimento desta molécula abre moitas posibilidades para o avance na investigación da enfermidade do Alzheimer. Esta última na miña opinión e unha das peores enfermidades que existen, xa que non só afecta o enfermo, senón que tamén a todos os que o rodean, xa que e unha enfermidade que actúa moi lentamente e unha persoa que o sufra debe estar antendido por alguén diariamente. Para min, o que mais me preocupa e o progresivo aumento de casos de esta enfermidade que está acontecendo, e espero que esta avance sexa útil para a súa cura total.

  6. Victor di:

    E que me dicides do custo económico que supón o coidado de enfermos de alzehimer; credes que a Administración está tendo en conta esta variable?

    • fab-mariaarojo di:

      Como xa comentei agora, penso que é un dos factores que a administración ten moi en conta á hora de falar de alzheimer: os cartos, pois coa invención dunha cura sería moito máis rentable tratar a enfermos de alzheimer, xa que non habería que estar con eles despois da cura, e só sería algo a curto prazo.

    • faa-adrianfeijoo di:

      En España hai ao redor de 650.000 casos de Alzheimer,sendo a primeira entre as enfermidades neurodexenerativas.O 80% dos caso son as familias os que asumen no seu propio domicilio os coidados destes enfermos.Pero a administración consciente dos altos custos, proporciona axudas a estas familias buscando un persoal adecuado para coidalo e dándolle aceso aos tratamento médicos necesarios.Os afectados de Alzheimer soen durar entre tres e vinte anos .Cada vez estase incrementando máis o números de afectados por esta enfermidades, de hai que comecen a tomar medidas.

    • fab-isaacabal di:

      Nos tempos nos que se vive, os cartos teñense en conta para todo, tamén nos dous gastos públicos máis importantes e cuantiosos, como son a sanidade e ensinanza.
      O estado evita facer recortes nestes dous sectores, pero debido a necesidade de cartos polas que se está a pasar, teñen que facelos, e para iso segue unha serie de preferencias: é moi posible que no coidado de enfemor de alzeimer se evite gastar os cartos que farían falta para que estes coidados fosen os adecuados, pero así estan os tempos.

    • fab-raquelblanco di:

      Na miña opinión creo que o Estado asume moitos gastos na ensinanza e na mediciña. Penso que deberíamos estar agradecidos de ter a mediciña gratis, xa que noutros países tes que pagala. Pero hoxe en día estan facendo moitos recortes na mediciña e penso que é algo co que hai que ter coidado porque diso depende a vida da xente.

    • faa-victorinosouto di:

      Na miña opinión o gasto que se teñen con estas persoas para o seu ben estar e un gasto elebado o cal con esta pílula faríase que moitas persoas curarían e polo tanto o diñeiro que se aforraría en coidados poderían ser invertidos en descubrimentos para a curación de cancros por exemplo.

      • faa-angelfigueiras di:

        Estou dacordo coa sùa opiniòn, pero recorde que este proceso de curaciòn non è gratuito. Polo que sò se aplicara se compensa ou se o paciente quere pagalo. E se a sùa pregunta, Victor, vai dirixida aos recortes, na miña opiniòn, è preferible un recorte en educaciòn que en sanidade.

    • fab-sandraromero di:

      Cando se ten un familiar con alzehimer pódese gastar nun coidador no fogar, ás veces é un familiar ou noutras veces a ambos. Tamén hai que ter en conta o custo persoal do coidador: salario, alimentación, etc. Por outro lado están os custos de residencias, asilos e fogares de coidado. E finalmente as mediciñas, os custos médicos, terapias, alimentación especial, etc. No noso país, a meirande parte deses custos son aportados pola familia e só unha pequena parte son subvencionados polo Estado.

    • fab-noeliafernandez di:

      Un estudo, que se elaborou recentemente Inglaterra, estima en 31.000 € ao ano o coste que supón coidar a un enfermo de Alzheimer no entorno familiar. O dato que nos manexamos, inclúe gastos directos e indirectos.

    • faa-iagopaz di:

      Sen dúbida, xa que ademáis dos custos directos tamén aforrarían moitos cartos grazás á desvinculación de persoal das actividades que reciben os enfermoos para ocuparse de outras actividades médicas, polo que se reduciría a falta de persoal en hospitais públicos.

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu diría que non o está tendo en conta, xa que de todas as maneiras, inviste demasiado en algúns casos que padezan esta enfermidade, por exemplo; unha persoa con máis de noventa anos e que a padeza, non é un caso tan preocupante no que haxa que investir tan urxentemente, xa que todos tarde ou pronto temos que morrer, e poño este exemplo porque se dan moitos casos.

    • faa-paulagondar di:

      A Administración si que ten en conta o alto custo que supón manter un enfermo de alzheimer, xa que, aparte das axudas que dá o Estado, existen asociacións encargadas de dar todo tipo de servicios, dende unha orientación ós familiares do afectado, ata unha axuda económica mensual para os cuidadores.
      Pese a todo, todas estas axudas prestadas non soen ser moi altas xa que, desgraciadamente, en España existen 650.000 afectados desta enfermidade, e prevese que para o 2020 este número se duplique. As familias son as que se teñen que encargar da maior parte dos gastos, que non son poucos, e moitas delas non poden permitirse gastos tan grandes.

    • fab-aldaragarcia di:

      Tratar esta enfermidade supón moitos gastos. Xa que dende que se da ata que se morre poden pasar 2 ou máis de 20 anos. Entón estase aplicando un tratamento que cada vez será máis custoso ao paciente. Xa que cada vez precisará de máis atención médica e productos, como serían unha cama especial, comida especial, espesante para os líquidos, pañales…
      Se se atopase unha cura aínda que ao principio sería moi cara, logo xa non, é aforraría moitos gastos as familias dos pacientes.

  7. faa-nereapaz di:

    As enfermidade do alzheimer ocupan o terceiro posto de enfermidades con maiores custos tanto para a familia como a Administración. A Administración proporciona a familia axudas para poder facerse cargo do coidado do enfermo, ben sexa tendo que deixar os seus traballos o contratando a persoal cualificado, así como o acceso a hospitais ou fármacos. Por outra banda, no noso país existe entre un 2,2% ata un 6% de enfermos de alzheimer, polo que reducir a enfermidade permitiría reducir a súa vez as axudas e, polo tanto, os custos.

  8. fab-amadeoabal di:

    Sabemos que o Sistema de Atención a Dependencia (SAAD) considera que unha axuda razonable para que un dependente reciba atención de un familiar é de 525 Euros ao mes, algo máis de 6.000 euros ao ano. Si a axuda préstase nunha residencia vemos precios públicos que rondan aos 1.500 euros ao mes (18.000 Euros ao ano).
    Os familiares que manteñen a un paciente de Alzheimer din que o seu mantemento ao ano é sobre unhs 20.000 euros anuais.

  9. faa-emilioabal di:

    Non xa que estas persoas necesitan unha constante atención e coidados e non hai ningún tipo de axuda e as familias son quen deben pagar a un coidador se non ser un mesmo que che custaría todo o día e polo conseguite deixar o emprego.

  10. fab-cristinabarreiro di:

    Eu penso que os coidados que necesitan as persoas con alzehimer supoñen moitos custos e moita atención por parte dos familiares, con esta pílula moita xente aforraría moitos cartos, o cal ven ben para moitas familias con poucos recursos.

  11. faa-luciasantos di:

    Segundo un estudo recente realizado en Inglaterra, o coidado de enfermos de alzheimer supón un custo aproximado de 31.000 euros para as persoas do seu entorno. O certo é que poucos núcleos familiares poden permitirse este gasto, mais a Administración non lles aporta ningunha axuda económica nin vantaxes á hora de poder acceder a coidadores ou centros especializados óptimos e asequibles.

  12. fab-aracelilores di:

    Eu creo que cada vez estase a ter máis en conta os custos que supón está enfermidade. As visitas medicas, a hospitalización, a medicación, exploracións, materiais sanitarios, atención domiciliaria, xeriátricos, centros de día, transportes, coidadores,.. Son varios os custos os que se teñen que afrontar as familias que teñen un familiar que padece alzehimer.

  13. faa-margabarreiro di:

    Esta enfermidade ten moitos peros pero quizá o peor de todos é a dependencia do enfermo xa que necesita xente que o coide todo o día e moitas das persoas enfermas non teñen familiares que se poidan facer cargo de eles,ademáis para os familiares do enfermo pode resultar moi difícil convivir cun ser querido que pode que non te recoñeza o que actue de maneira violenta hacia ti…