Un xigante acuático

A NASA descubriu que o planeta GJ1214b, cun diámetro tres veces maior có da Terra e a corenta anos luz de distancia, está composto maioritariamente por auga.

Este planeta foi descuberto no 2009, pero ata fai pouco non se tivo certeza da súa composición. Un equipo de investigadores do Centro de Astrofísica Harvard-Smithsonian utilizou o telescopio espacial Hubble da NASA para analizar a composición do exoplaneta, aproveitando o momento no que GJ1214b pasaba diante da súa estrela, xa que ao filtrarse a luz desta a través da atmosfera do planeta revelou a composición dos gases que contén. O resultado foi o seguinte: a grosa néboa que recubre ó exoplaneta é vapor de auga.

O GJ1214b é o primeiro planeta que se coñece con estas características. Ademais, debido ás altas presións e temperaturas poderíanse formar materiais tan inusuais  como xeo quente ou auga superfluída.

Autora: Paula Alba

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Un xigante acuático

  1. faa-mariamartinez di:

    Unhas das características dos superfluídos é que poden atravesar obxectos sólidos e superficies non porosas debido á súa gran capacidade de oscilación. Por outra banda, o xeo quente fórmase a partir da rápida cristalización dunha disolución hiper-saturada, que posteriormente se arrefriou, de acetato de sodio e auga quente.

  2. fab-raquelblanco di:

    A partir do seu radio e o seu tamaño e do efecto gravitatorio que ten sobre a súa estrela, os científicos calculan que ten unha densidade baixa e deducen que debe estar composto de auga xeada, nas suas tres cuartas partes e de rocha a parte restante. A súa temperatura superficial ronda os 200 graos centígrados, pero os científicos creen que ten unha atmósfera de 200 kilómetros de espresor.

  3. Victor di:

    Como é posible coñecer a temperatura dun planeta que está a tantos millóns de anos luz?

    • fab-sandraromero di:

      É posible calcular a temperatura dun exoplaneta baseándose na intensidade da luz que recibe da súa estrela nai. Aínda así, estas estimacións poden ser erróneas porque dependen da porcentaxe de radiación que a superficie reflexa respeto á radiación que incide sobre a mesma ou tameén do efecto invernadoiro.

    • faa-xosemartinez di:

      Cun telescopio con visión infravermella, os astrónomos poden medir a temperatura dun planeta se o telescopio mira ó planeta durante varios días. Cos datos que se recollan poden deducirse dúas temperaturas: a da cara do planeta cando o ilumina a súa estrela, e a da noite no mesmo planeta.

    • faa-luciasantos di:

      Dado que os exoplanetas se atopan a tantos anos luz de distancia é difícil calcular sen erros a súa temperatura, pero obtéñense resultados desta baseándose na intensidade da luz que recibe da súa estrela nai. Non obstante, estas estimacións están relacionadas con posibles equivocacións que dependen do albedo do planeta (porcentaje de radicación e, xeralmente, descoñecido) así como tamén do efecto invernadoiro que poden introducir complicacións descoñecidas.

      • fab-aldaragarcia di:

        Emprégase un telescopio con visión infravermella. Calcúlase especulando a intensidade de luz que recibe por parte da súa estrela máis próxima. Estas estimacións soen ser erroneas xa que a temperatura doutro planeta depende de outros moitos factores: o efecto invernadoiro, a calor que absorbe…

    • fab-isaacabal di:

      Segundo a luz que nos chega, sabendo a distancia a que se atopa a estrela, se sabe que tipo de estrela é, e consecuentemente a súa temperatura.
      A luz chega en forma de ondas, e cunha cor determinada, estes dous factores son os que máis información nos achegan da estrela.

  4. Victor di:

    Que cualidades posúe a auga, que a fai imprescindible para os seres vivos?

    • fab-raquelblanco di:

      A auga forma parte das nosas vidas de moitas formas. Encontrámola nas nubes, nos ríos, na neve… Tamén esta no aire (a humidade).
      Nos mesmos estamos feitos, un 70%, de auga (temola no sangue, na saliva, nas nosas células…).
      Por iso, e por moitas razóns máis, a auga é un ben preciado no mundo, un elemento que, si nos faltase, morreríamos todos.
      Non toda a auga do mundo é boa para o ser humano; só a auga potable é a adecuada para o consumo humano xa que esta tratada de tal modo que non contén nada perxudicial para o noso organismo pero máis boa é a auga mineral, xa que os seus tratamentos están máis enfocados o consumo humano.
      Sin auga ningún ser vivo podría existir porque a auga regula o clima da Terra conservando temperaturas adecuadas, temperaturas que actualmente están descompensadas por esa falta de auga que levamos varios anos sufrindo.

    • faa-iriagondar di:

      É imprescindible xa que representar o 75% do corpo dos seres
      vivos. Esta proporción varía dunhas especies a outras e duns tecidos a outros. Nos seres vivos encontramos a auga de tres modos ou maneiras:
      – como auga circulante (no sangue)
      – como auga de imbibición (no citoplasma)
      – como auga combinada (en reaccións químicas, é unha forma non extraíble)
      A importancia da auga para as células vivas reflicte as súas propiedades físicas e químicas,
      propiedades que radican na súa estrutura molecular.

    • fab-alvarolopez di:

      A auga é imprescindible para os seres vivos porque é a substancia química máis abundante da materia viva e polo tanto todas as reaccións químicas que experimentan os seres vivos realízanse en medio acuoso(na auga).

    • fab-aldaragarcia di:

      A auga e tan importante xa que é a substancia máis abuntante dentro do corpo dos seres vivos. Xa que as reaccións biolóxicas que se producen neles danse neste líquido.

  5. fab-amadeoabal di:

    A auga é unha substancia formada a partir de átomos de hidróxeno e osíxeno, con moléculas de fórmula H2O. Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón mesturada con minerais e outras moitas substancias.

    É a base de todo organismo pluricelular, polo que a existencia de auga está intimamente relacionada coa de vida. A maior parte dos animais e vexetais conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as especies que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa.

    Pode atoparse como auga doce ou como auga salgada nos mares e océanos. A auga ten un importante papel tanto en múltiples ámbitos: en bioloxía debido á xa mencionada importancia para a vida, en química pola súa composición e por ser unha molécula bipolar e de pH neutro, en xeoloxía polo seu importante papel na erosión das rochas,…

    A 0 °C atópase en estado sólido como xeo, e ferve a aproximadamente a 100 °C. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 K. Na natureza pode atoparse tanto en estado sólido como líquido e gasoso, pasando dun estado a outro nun ciclo continuo.

  6. fab-martinfranco di:

    GJ 1214b fue descubierto en 2009 por un equipo de astrónomos. Su diámetro es aproximadamente 2,7 veces más grande que el de la Tierra y su peso es unas siete veces mayor. El GJ 1214b se encuentra en la constelación de Ofiuco, a apenas 40 años luz de la Tierra. El planeta orbita a unos dos millones de kilómetros de una estrella enana roja cada 38 horas y se calcula que la temperatura en su superficie es de unos 230 grados Celsius. Los cientificos determinaron que, probablemente, estaba compuesto en gran medida por agua. Pero sus observaciones también podrían explicarse por la presencia de una bruma atmosférica que envuelve al planeta, como la que rodea la luna Titán de Saturno. Algunos datos llevan a los científicos a la conclusión de que el planeta GJ 1214b tiene mucha más agua y mucha menos rocas que la Tierra. Como resultado, y si las conclusiones de los científicos son acertadas, la estructura interna del planeta GJ 1214b es muy distinta de la de la Tierra, “Las temperaturas elevadas y presiones altas pueden formar materiales exóticos como ‘hielo caliente’ o ‘agua superfluida’, sustancias que son completamente extrañas a nuestra experiencia cotidiana”, afirma Zachory Berta.

  7. Victor di:

    Cando falamos das posibilidades do planeta Terra para a supervivencia da nosa especie, sodes capaces de valorar a importancia que ten a exploración espacial como un futuro destino do “Homo sapiens”?

    • fab-raquelblanco di:

      Na miña opinión creo que é moi importante que os científicos exploren o universo e a composición de outros planetas, porque desa maneira poden descubrir compostos novos beneficiosos para nós.

    • faa-fernandogarcia di:

      Moi, moi importante, por suposto, xa que hai grandes posibilidades de que se logren descubrir materias primas noutros planetas que sexan explotables cando a tecnoloxía aeroespacial avance suficiente. Por suposto sen abusar, porque, aínda aparentemente desertos, todo aquilo máis alá do ceo segue sendo un medio natural

    • fab-mariaarojo di:

      É moi importante a exploración doutros planetas no espazo como futuro fogar das persoas, xa que entre todos estamos destruíndo o que nos da vida, sustento e nos manteñe, xa sea polo cambio climático, a contaminación, a explotación masiva dos recursos… E chegado o momento e se as condicións o permiten (que seguro que sí, xa que os avances neste campo son grandes) o “Homo sapiens” terá que plantexarse a emigración a outro planeta cando o que temos non dea para máis. Aínda así é unha predición demasiado futurista, e volvendo a realidade penso que a exploración espacial pode ser moi importante para a obtención de recursos enerxéticos do exterior.

    • faa-victorinosouto di:

      Na miña opinión a exploración expacial servenos para respoder algunhas resportas como quen somos? de onde vimos? a donde vamos?. Na actualidade as noticias que máis non chama a atención son as deste tipo xa que nos gusta coñecer os planetas e saber se poden ter vida tanto animais como vexetal.
      Na miña opinión se se descubrira un planeta o cal poidera ter vida o país que o descubrira quererá tomar posesión del para un futuro.

    • fab-noeliafernandez di:

      Eu creo que é moi importante explorar os outros planetas, co dano que estamos causando á Terra, “pronto” non será habitable, e con estas exploración poderíase chegar a encontrar outro planeta con características semellantes a este, e así poderíase comezar a habitar, aínda que todo esto agora mesmo creo que e algo case imposible de levar a cabo.

    • fab-alvarolopez di:

      Pois eu persoalmente valoro esa importancia xa que, nun futuro, o planeta Terra non será habitable para nós e teremos que buscar un novo fogar para a nosa especie. Ademais cas exploracións podemos investigar cal sería o mellor para nós con parecidas ou mesmas características cá Terra.

    • faa-iagopaz di:

      Na miña opinión, a busqueda de novos planetas para a colonización humana busca obxetivos máis económicos e non é estrictamente necesaria para a supervivencia da nosa especie, xa que eu penso que o “homo sapiens” tal e como o coñecemos evolucionara cara outra especia antes de que a vida na Terra non sexa viable.

    • fab-aldaragarcia di:

      Aínda que poden quedar moitos anos para que no planeta terra non se poda dar a vida do ser humano e mellor comezar a investigar xa outros planetas, xa que pode que queden moitos anos, pero exactamente ninguén o sabe.
      E como apunta Emilio, actualmente resulta imposible pensar atravesar tal distancia para irse a vivir a outro planeta xa que soa a película futurística, pero co paso dos anos quizá sexa o que hai que facer.

  8. fab-alekseinogueira di:

    Claramente xa que se encontramos un destino para a nosa especie millóns de persoas migrarían cara o novo planeta liberan á Terra de millóns de bocas menos que coman, menos xente que contamine e suporía un maior benestar para o resto.

  9. faa-nereapaz di:

    A vida na Terra non perdurará sempre tal como a coñecemos. Moitos científicos advirten que por mor do cambio climático poden acontecer diversas catástrofes naturais que peligren e dificulten a vida no noso planeta, xa que se pensa que dentro de 20 ou 30 anos produciranse guerras pola auga.
    Por esa razón, estanse levando a cabo numerosas investigacións para intentar encontrar outro planeta que posúa unhas características similares ás do noso planeta que permitisen a supervivencia da nosa especie fora da Terra.

  10. faa-emilioabal di:

    A ver, eu non son consciente desta impotancia, porque agora mesmo e imposible atravesar semellante distancia. Pero si nos pode axudar a observar o desenvolvemento doutros planetas.

  11. fab-cristinabarreiro di:

    A exploración espacial é moi importante. Os descubrimentos feitos sobre outros planetas lévanos a un gran avance no coñecemento do espacio, xa sexa polos recursos que se poden aproveitar doutros planetas, o polo simple feito de descubrir vida, ou plantexarnos ter que vivir noutro planeta algún dia, xa que co dano que facemos a Terra pode que algún día deixe de ser un bo sitio para habitar.