Aínda máis aditivas

Estamos nunha sociedade de coñecemento e algúns grandes avances, novos inventos e descubrimentos que progresan exponencialmente. Sen dúbida algunha, as novas tecnoloxías foron uns dos grandes avances dos últimos tempos. Gracias a elas podemos estar en contacto a todas horas, intercambiar información, consultar o correo, etc. Isto fai que moitas persoas non resistan a tentación de entrar na súa conta do Facebook ou Twitter, as redes sociais máis relevantes do momento, para consultar as actualizacións máis recentes. Un estudo afirma que as redes socias provocan máis adición que o alcol e o tabaco.

Uns investigadores da Universidade de Chicago realizaron unha enquisa a 200 persoas entre 18 e 85 anos. A enquisa conclúe que durmir e o sexo son os desexos máis anhelados durante o día, e que as persoas ceden máis facilmente á tentación de consultar as redes socias, xa que é un desexo máis fácil de satisfacer. Entrar no perfil do Facebook e mirar se alguén publicou unha foto, así como comprobar as últimas mencións no Twitter, pasan a ser uns dos hábitos comúns máis tentadores, máis incluso ca fumar un cigarro, beber unha copa ou tomar un café, que teñen un custo económico e sanitario máis alto en contraposición ás redes sociais.

Según Wilhelm Hofmann, o director do estudo, a forma de controlar esta adición é resistirse á tentación xa que desta maneira fortalécese a forza de vontade e cada día tense menos ganas de “caer na tentación”. A sabendas disto, sabemos agora se somos ou fomos nalgún momento aditos ás redes sociais? Recoñecémolo?


Autora: Sandra Romero

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Aínda máis aditivas

  1. faa-josechaves di:

    O artigo exposto por Sandra é, posiblemente, unha gran verdade. Moitos adolescentes están aditos ás redes sociais, aínda que eu penso que iso non supondría tanto problema como a adición a outras cousas. Hoxe en día as novas tecnoloxías fanse máis ca man dos adolescentes, que teñen moito tempo libre e ocúpano desta maneira.

  2. faa-iriagondar di:

    Aínda que unha rede social é unha ferramenta ideal para manterse en contacto con persoas coas que gardamos certo vínculo afectivo, tamén poden propiciar mostrar signos de depresión, por esta razón, os psicólogos expresan que as persoas que pasan moito tempo navegando pola web tenden a mostrar signos de adicción ao internet. O exceso de participación nos sitios web que substitúen funcións sociais básicas pode estar vinculado con trastornos psicolóxicos.

  3. fab-paulaalba di:

    Considérase que un adulto é adicto ás redes sociais cando pasa máis de tres horas nestas.Nos xóvenes, o límite baixa ata dúas horas. Tamén se consideta adicta unha persoa que prefire navegar antes de realizar outras actividades sociais.
    As persoas que máis sofren adicción ás redes sociais son aquelas que, psicoloxicamente ou pola súa idade, son máis vulnerables. O grupo social que máis perigo ten son os adolescentes, pola súa impulsividade, a necesidade de relacións sociais e a baixa autoestima.

  4. fab-aldaragarcia di:

    Considérase que unha persoa e adicta a estar nas redes sociais cando prefiere estar nestas a facer calquera outra actividade. Pero agora, que podes telas á man, no teu teléfono móbil, a xente pode estar realizando unha actividade e ao mesmo tempo evadirse con estas. Isto é un problema, xa que a xente perde a súa capacidade de comunicarse e so o fará polas redes sociais. Actualmente son moitas as persoas que non se despegan do seu teléfono móbil esperando recibir unha mención no twitter ou unha nova no facebook.
    Eu, considero que esta adicción non é demasiado importante, xa que case todas as persoas que coñezo pasan máis de duas horas diarías nas redes sociais. Aínda que sei que non é o mellor nin o correcto.

  5. fab-amadeoabal di:

    Tan só en 2009 reportouse un incremento dun 82% no tempo destinado ao uso de redes sociais tales como Facebook, MySpace e Twitter, feito que disparou a alerta polos efectos nocivos que estas redes sociais ocasionan nos seres humanos.
    Ademáis da adicción e das distraccións que causan nos centros de traballo, as redes sociais teñen un impacto negativo nas habilidades cognitivas e e na saúde dos individuos, e representan graves riesgos para a seguridade dos datos privados das personas, reconoceu o grupo de especialistas reunidos en Davos.

  6. fab-zoecacabelos di:

    Non é que as redes sociales sexan unha adicción, é unha maneira de poder contarcar con calquer persoa do mundo, a adiccion polas redes soicias chega as persoas que son psicolóxicamente máis vulnerables, máis afectada na adolescencia pola sua necesidade de contartar e de facerse notar. A maioría dos adolescentes recoñece que entran nas redes a diarío, deixandos porcentaxes de 30% en primaria e ata un 50% no bacharelato, a pesar de esta cifras non quere dicir que sexan adictos, so que manexan este tipo de redes pois é a sua maneira de contactar cos seus compañeiros e amigos.

  7. faa-antoniomrodino di:

    Perfectamente a sabendas diso sabemos se somos ou fumos adictos, pero eu creo que esta palabra pode quedar un chisco grande para o contexto.
    Unha persoa que entra tódolos días nestas redes menos dunha hora diaria eu non a consideraría adicta, ao igual que unha persoa que fuma tódolos días un cigarro tampouco a consideraría adicta, ou unha persoa que bebe tódolos días duas tazas(ou copas) de viño tampouco a consideraría alcohólica.
    Por outra banda dicir que estas redes, moitas veces, a diferenza do mencionado alcohol e tabaco, poden funcionar como método de aforro xa que, unha vez que tes o internet, andes ou non andes o pagas sempre, polo que nos permiten aforrar moito na telefonía, tanto móbil coma portátil.

  8. faa-luciasantos di:

    Opino que as redes sociais non deberían ser unha adicción se se saben utilizar de forma prudente; simplemente nos permiten contactar entre nós, distraernos e socializar. Aínda que o límite entre o seu uso normal e o exceso é moi pequeno. O certo é que na sociedade actual, maioritariamente os adolescentes, non conciven a súa vida social sin entrar no seu perfil de Tuenti ou mirar as actualizacións do Twitter. Se esto se convirten nunha adicción, creo que depende unicamente da persoa, e das súas necesidades psicolóxicas, pero as redes sociais tamén teñen moitas vantaxes, e a día de hoxe, son unha fonte de información moi importante que chegan a gran parte da poboación.

  9. fab-alekseinogueira di:

    Zoe non estou dacordo contigo xa que , a maioría dos adolescentes non usamos as redes sociais para contactar cos nosos amigos se non para mirar o que fan os demais, e esa obsesión por mirar o que fan os demais o mirar se tes algunha actualización a todas horas esa é unha adición e polo tanto unha droga como moitas outras cos seus males.

  10. faa-adrianfeijoo di:

    Unha persoa é adicta as redes socias cando depende de isto durante todos os días sobre dúas ou tres horas.
    O de ter hoxe en día as redes sociais no teléfono móbil e realizar outras actividades, paréceme unha tontería, porque se estas atento o teléfono desconéctaste de todo o que pasa o redor.
    Non me considero adicto as redes sociais, pero si admito que cando emprego o ordenador para algo sempre entro no twitter, tuenti…
    Pero si que coñezo a moita xente ,que pasa máis de tres horas diarias diante do ordenador nas redes socias,xogando etc…

    • faa-fernandogarcia di:

      Na miña opinión unha adición non se determina polo tempo, senón polo uso que se lle da, xa que as redes sociais usándoas para comunicación rápida entre persoas poden consumir moito tempo de igual maneira. O problema e que ultimamente utilízanse en exceso, cando en moitos casos non serían necesarias, sen máis razón que pasar o tempo de ocio

  11. fab-carmenrodriguez di:

    Con respeto ó artigo, comparto a mesma opinión.
    No ano 2009 incrementouse un 82% o tempo destinado ás redes sociais, como Facebook ou Twitter. Ademáis da adicción, as distracciós que causan nos centros de traballo, as redes socias teñen un impacto negativo na saúde dos individuos e representan graves riscos para a seguridade dos datos privados das persoas.
    Os usuarios más frecuentes e tamén os máis afectados son os adolescentes, os cales dedican gran parte e atención a estes fenómenos da rede. Esto non tería que ser un problema sempre que se lle sepan dar un bo uso sen abusar no seu tempo diario.

  12. fab-isaacabal di:

    Somos moi adictos as redes sociais, pero porque así elas o esixen, se non accedes todos os días a elas, poderíase estar comentando algo que a ti non che gustase, es sen que ti te decatases: eu precisamente por eso teño que acceder todolos días a elas. Ademáis hoxe en día empregamos as redes sociais para comunicarnos sen necesidade de quedar.

  13. faa-mariacgarcia di:

    Penso que as redes sociais poden chegar a provocar adición pero creo que nunca superaran a adicion que causa o tabaco nin o alcol xa que entrar nas redes sociais e algo mais facil de controlar e se queremos podemos deixar de acceder tanto a elas.
    A porcentaxe de persoas adictas as redes sociais baixaría se moitas persoas comezasen a utilizalas correctamente e se dedicaran o tempo a facer outras cousas que non fosen entrar nelas.

  14. fab-inesfeijoo di:

    Estou vendo por ahí que hai xente que opina que as redes sociais non son adictivas, sí o son o que pasa e que ainda ninguén nos dixo con exactitude que é verdade, pero si o son xa que unha persoa adicta ten por necesidade mirar as redes sociais tanto o tuenti como facebook ou calquera outra das máis sonadas. Unha persoa adicta pode mirar unha ou duas veces por día o seu facebook e ver o que se pomentou ao largo do día mentres que a outra ten que estar cada segundo mirando haber quen comentou e cousas así. E ainda que non nos queiramos dar conta as cousas son así.

  15. fab-inesfeijoo di:

    Estou vendo por ahí que hai xente que opina que as redes sociais non son adictivas, sí o son o que pasa e que ainda ninguén nos dixo con exactitude que é verdade, pero si o son xa que unha persoa adicta ten por necesidade mirar as redes sociais tanto o tuenti como facebook ou calquera outra das máis sonadas. Unha persoa non adicta pode mirar unha ou duas veces por día o seu facebook e ver o que se pomentou ao largo do día mentres que a outra ten que estar cada segundo mirando haber quen comentou e cousas así. E ainda que non nos queiramos dar conta as cousas son así.

  16. faa-breixoalonso di:

    Dende o meu punto de vista isto é, aínda que é certo que poden provocar unha certa dependencia, un habito que moita xente vai adquirindo sen darse conta. Un habito como pode ser morderse as uñas, que costa deixar pero porque xa esta dentro da tua rutina coma se intentas deixar de facer cinco comidas ao día é so tentas facer catro iso non quere decir que sexas un adicto a comida.

  17. fab-fuensantabuceta di:

    É certo que hai xente que é adicta ás redes sociais, pero vendo a gran importancia que están acadando na nosa sociedade é algo ata certo punto normal. Coas redes sociais podémonos comunicar con xente doutros continentes á mesma velocidade coa que falamos co veciño. Ademáis todas estas protestas e manifestacións que se están levando a cabo dende fai meses, moitas delas propuxéronse a través das redes sociais e acadaron tanta fama grazas a elas. As redes sociais xa non son só para falar cos amigos, están tendo unha gran importancia política e social o que ás fai máis atractivas para xente non tan xoven coma nós.

  18. fab-sandraromero di:

    O verdadeiro problema da adicción ás redes sociais é o tempo malgastado nelas. Moitas persoas adictas (entre elas os adolescentes, que son os máis susceptibles) optan por suplir o tempo que lles dedican a quedar cos seus amigos etc.

  19. fab-raquelblanco di:

    É verdade que hai moita xente adicta as redes sociais e cada vez hai máis pero tamén é certo que hoxe en día e o noso medio para comunicarnos.
    Non creo que sexa tan malo porque non nos perxudica en nada. Penso que as redes socias non van desaparecer, aínda se van crear máis e no futuro será algo normal e imprescindible.

  20. fab-mariajblanco di:

    A verdade é que cda vez os novos avances leban a moita xente tanto nova como non tan nova a estar sempre en contacto con elas, non solo as redes socias provocan unha adicción no ordenador outros novso avances como os da telefonía movil chamanos cada vez máis a estas redes sociais, na miña opinión a nosa sociedad estase a converter nunha sociedade adicta as tecnoloxías non só as redes sociais tamen aos video xogos, moviles, etc.

  21. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, o que neste artigo se nos presenta, é unha gran verdade, xa que a cantidade de xente enganchada ás redes sociais é altísima, pero non só a facebook, senón que a outras redes por igual, como tuenti,twitter etc.Esta adicción, ven dada pola gran influencia que actualmente as redes sociais teñen en todos os ámbitos asi como no mundo informativo.

  22. fab-rosammillan di:

    Estou parcialmente dacordo co que di este artigo xa que as redes sociais poden convertirse nunha adicción se deixas de realizar actividades só para estar conectado pero en sí mesmas non son un problema porque permitenos comunicarnos cos nosos contactos de forma instantanea .

  23. fab-fuensantabuceta di:

    Ademáis, coas posibilidades que ofrecen agora de poder conectarse a internet desde calquera parte do mundo a través do teléfono móvil, aumenta a dependencia a estas redes sociais. Pero non sei se a culpa desta adicción é só de internet… Creo que moita xente non se da conta da súa dependencia a estaren continuamente conectados xa que non o ven como un problema; senón coma algo que poden deixar en calquera momento. Aínda que non sexa así.

  24. fab-isaacabal di:

    Estou de acordo con Sandra; o problema da adicción ás redes sociais é o tempo que se malgasta nelas, pero está claro que é un dos únicos problemas que pode supor esta adicción, así como o alcol ou o tabaco supoñen un risco para a saúde.

  25. fab-isaacabal di:

    Pero o verdadeiro problema da adicción as redes socias son a influencia que exercen sobre as persoas que a padecen, problemas que afectarán a súa vida social, que poderán afectar a súa vida cambiándo a súa forma de ser… O risco que conleva deixar a un rapaz que pase horas diante dun ordenador, non é só que malgaste o tempo, senón que comezará a cambiar o seu carácter, a súa actitude ante a vida…

  26. faa-nereapaz di:

    As redes sociais en principio non debería ser unha fonte de problemas, pero provocan o illamento dalgunhas persoas que prefiren relacionarse pola rede e non en persoa. Por outra banda, existen usuarios destas redes sociais que publican todo o que fan no seu día a día, polo que non existe a intimidade.
    Por outra banda, malgastar tantas horas diante do ordenador pode repercutir nos estudos e na capacidade de concentracion.

  27. faa-luciasantos di:

    Vexo que soamente se están resaltando as desvantaxes que teñe a utilización das redes sociais, que poden diminuir a concentración e son substituídas por horas de estudo. Mais, segundo estudos recentes, o 66% dos xóvenes teñen unha conta en Tuenti, e o 44% en Facebook, e os internautas deste tipo de páxinas, non só son máis dinámicos nas súas relacións personais, senón que se mostran máis activos e interesados en participar en asuntos da vida política e cultural da sociedade.

  28. faa-nereapaz di:

    É certo que as redes sociais non son de forma xerais perxudiciais, xa que permite comunicarnos dunha maneira rápida, sinxela e barata. Pero tamén hai que ter en conta que existen casos onde sí son un problema, xa que deixando a un lado as horas gastadas diante do ordenador, estas redes sociais non nos permiten ter unha total privacidade e poden ocorrer problemas como o acoso ou o acceso a información privada do usuario.
    Como conclusión,as redes sociais non son unha ferramenta negativa, pero si debemos ser conscientes dos seus riscos e ser responsables e empregalas de maneira óptima para evitar así males maiores.

  29. faa-victorinosouto di:

    Non cabe duvida que as redes sociais son adictivas xa que, por exemplo, non hai máis que entrar nunha rede e xa vemos cantas fotos unha persoa ten subida e moitas veces as persoas suben fotos todos días. Con todo as redes sociais son boas xa que nos permite ter unha conversación con outra persoa que moitas veces esta lonxe e que solo a podes ver cada “x” tempo e é unha forma barata xa que solo se necesita ter internet e podes estar todo día falndo con ela que a fin de mes cobrache o mesmo e non como os sms dos móbiles.

  30. faa-margabarreiro di:

    As redes socias ademáis de ser aditivas poden ser moi perigosas se fas un mal uso delas,por iso é importante que as persoas que as usan lean as condicións de uso,cousa que case ninguen fai.

  31. faa-emilioabal di:

    Son adictivas está claro, pero non só as redes sociales, se non que as novas tecnoloxías están influíndo de xeito negativo na nosa siciedade, como os teléfonos móbiles, ipads… Estas tecnoloxías que nos illan dunha vida real e que fai que a xente esté máis atento o móbil que a unha persoa que ten diante.