Pel artificial

O fío de seda do que penduran as arañas, ten unhas característica físicas asombrosas, xa que é tan forte como o aceiro, ou cinco veces máis resistente co Kevlar. As teas de araña son biodegradables, polo que o organismo a absorbe sen problemas de seren tóxicas e ademais favorece o crecemento celular. Estás asombrosas característica nós serven para que a tea de araña forme pel artificial, para poder transplantala en pacientes con queimaduras de nivel grave. O proceso de obtención é o seguinte: extráense células da  pel sa (se o paciente non ten, buscarase un doante) que se  cultivarán na tea da araña e cando teña bastante tecido transplantaranse nas zonas queimadas. Unha vez implantado nas zonas da queimadura, a tea de araña desintegrase quedando só as células da pel.

Non só se pode obter pel artificial a partir da tea de araña, se non que tamén a podemos obter do caparazón dos crustáceos. Estas obtencións realízanse por motivos económicos, xa que son moito máis baratos que as obtencións tradicionais.


Autor: Ángel Figueiras Outeda

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Pel artificial

  1. fab-aldaragarcia di:

    Cando se produce una queimadura considerablemente grande na nosa piel, o que se fai e un inxerto de piel. Un inxerto de piel consiste en extraer quirúrxicamente piel dunha parte do corpo e se transplanta a zona queimada. Aparte de queimaduras, este procedemento faise cando tivemos unha gran infeccion nunha área, razóns estéticas, cancer de piel, úlceras venosas, feridas moi grandes, cando o ciruxano e incapaz de pechar unha ferida correctamente.
    Con este procedemento poderíamos evitar a extracción e piel e así o que queremos correxir quedaría moito máis natural.

  2. fab-raquelblanco di:

    Esta investigación foi dirixida por Paul Kemp, da empresa británica de biotecnoloxía Intercytex.
    Para desarrollar o novo texido, chamado ICX-SKN, os científicos utilizaron xel de fibrina, unha proteína que contribue a curación das feridas e fibroblastos extraídos das células da pel humana.
    Aínda que o descubrimento se encontra en fase experimental, Intercytex anunciou que os resultados das primeiras probas realizadas en pacientes son prometedoras.
    Nas probas experimentais, os investigadores cortaron unha sección ovalada de pel dos brazos de seis voluntarios sans e reemplazaronna co texido desarrollado no laboratorio. Despois de 28 días, a pel artificial integrouse de forma estable e as feridas estaban curadas sen apenas cicatrices.
    Actualmente, a mellor forma de curar as queimaduras e feridas graves é con inxerto de pel extraída do propio paciente na zona dañada, pero non se logra a súa total integración no paciente.
    Sen embargo, os creadores do novo texido sosteñen que provoca menos reaccións que outros materiais e reduce o proceso de cicatrización e de curar as feridas crónicas dos pacientes de idade avanzada.

    • Victor di:

      Que son os fibroblastos?

      • fab-sandraromero di:

        O fibroblasto é a célula máis común e menos especializada do texido conxuntivo. Encárgase da síntese e o mantemento do matriz extracelular e presenta gran capacidade para diferenciarse dando lugar a outros tipos de celulares máis especializados do texido conxuntivo.
        O fibroblasto forma parte do texido conxuntivo, xunto cos condrocitos, os osteocitos, as células musculares lisas e os adipocitos. O texido conxuntivo e as células que o forman varían según o órgano. O fibroblasto é a célula máis común e menos especializada. Ten gran capacidade de diferenciación hacia o resto de células do texido conxuntivo.

      • faa-manuelbusto di:

        O fibroblasto é un tipo de célula residente no tecido conectivo, que se encarga de sintetizar as fibras e de manter a matriz extracelular do tecido de moitos animais (a matriz extracelular é o conxunto de materiais extracelulares que forman parte dun tecido).
        Estas células xogan tamén un papel crucial na curación de feridas.

      • faa-juancsineiro di:

        Os fibroblastos son un tipo de célula que fan que se cúren as eridas.

      • fab-ateneaprado di:

        Os fibroblastos son un tipo de células que residen no texido conectico propiamente dito, xa que nace e morre alí. Sintetiza fibras e manten a matriz extracelular do texido de moitos animais. Estas células proporcionan unha estructura en forma de entramado (estroma) a moi diversos texidos e xogan un papel crucial na curación de feridas, sendo as células mais comúns do texido conectivo.

      • faa-josechaves di:

        Un fibroblasto é un tipo de célula do texido conectivo que sintetiza fibras e mantén a matriz extracelular do texido de moitos animais. Migran e poliferan mediante a cicatrización das heridas.

      • fab-rosammillan di:

        O fibroplasto mantén a matriz extracelular do texido da pel.Crean glicoproteínas,colágenos,glicosaminoglicanos, reticulares e fibras elásticas.
        Os fibroblastos máis activos poden ser recoñecidos por o seu abundante retículo endoplasmático rugoso.
        A diferencia de outras células non forman monocapas planas,

      • fab-aldaragarcia di:

        os fibroplastos son morfolóxicamente heteroxéneos. Son o principal tecido celular dos tecidos conxuntivos (este tecido sirve de sostén ao resto de tecidos e órganos). Sintetizan a matriz extracelular (parte dos tecidos animais que se encontra fóra das células e que xeralmente lles dá un soporte estrutural ás células) e o coláxeno, que forma a rede estrutural do estroma dos tecidos animais, e teñen unha función esencial no proceso de curación das feridas.

      • faa-luismdoval di:

        O fibroblasto é un tipo de célula que se encontra no tecido conectivo.Ten forma alargada, citoplasma sófilo, un núcleo elíptico, abundante retículo endoplasmático rugoso e aparato de Golgi desenrolado.
        A súa función é encargarse da síntese e mantemento da matriz extracelular e da cicatrización de feridas,xa que cando nos producimos unha ferida, os fibroblastos estimulan a produción de coláxeno,para aislar o tecido e favorecer a curación da ferida.

      • fab-raquelblanco di:

        Os fibroblastos son o tipo celular principal dos tecidos conectivos. Sintetizan a matriz extracelular e o coláxeno, que forma a rede estrutural do estroma dos tecidos animais, e teñen unha función esencial no proceso de curación das feridas.
        A súa forma é variable e depende de onde están situadas. Xeralmente dispóñense ao longo das fibras de coláxeno e teñen forma alongada fusiforme con longas prolongacións, pero poden ser máis aplanadas ou estreladas. Os fibroblastos teñen un núcleo elíptico e con 1 ou 2 nucléolos.
        A principal función dos fibroblastos é manter a integridade estrutural dos tecidos conectivos, secretando continuamente precursores da matriz extracelular. Os fibroblastos secretan os precursores de todos os compoñentes da matriz extraceluar, principalmente a substancia fundamental e diversos tipos de fibras.

      • faa-mariacmaquieira di:

        O fibroblasto é a célula máis común e a menos especializada do tecido conxuntivo. Encárgase da síntese e mantemento da matriz extracelular función imprescindible para manter a integridade do texido conxuntivo, presenta gran capacidade para diferenciarse dando lugar a outros tecidos máis especializados do texido conxuntivo.

      • faa-antoniomrodino di:

        O fibroblasto é unha célula alargada, plana, de tecido conxuntivo que constitúe un elemento esencial nos tecidos fibrosos; sintetiza e mantén a matriz extracelular do tecido de moitos animais.

      • faa-iagogonzalez di:

        O fibroblasto é a célula máis común e menos especializada do texido conxuntivo.O fibroblasto normalmente ten forma alargada, fusiforme, citoplasma basófilo, un núcleo elíptico, abundante retículo endoplásmico rugoso e aparello de Golgi desarrollado.Encargase da síntese e mantemento da matriz extracelular e presenta gran capacidade para diferenciarse dando lugar a outros tipos celulares máis especializados do texido conxuntivo.

  3. fab-mariaarojo di:

    A tea de araña é unha estrutura contruída coa súa seda de araña a través das suas fileiras.
    Algunhas fían en forma de embudo, outras en forma de folla e tamén en forma de espirais. Segundo a súa composición poden estar feitas con seda pegañenta de captura ou seda “peluda” de captura, dependendo do tipo de araña e a utilidade que teñan, coma interceptar e desorientar insectos voadores ou protexer a araña dos seus predadores.
    Esta seda como ben di Ángel é máis forte ca o aceiro (segundo a seda da araña). A microestrutura do material é obxecto na actualidade de investigación.

  4. faa-antoniomrodino di:

    Pareceme un grande descubrimento o do emprego da tela de araña para endurecer a pel e pola noutros lugares afectados, dándose esta tela a un proceso de total desintegración.
    Ademais, vense a adaptar a situación actual, xa que son métodos máis baratos que os tradicionais, o cal é unha das características máis importantes que eu destaco nesta utilización, xa que se fosen máis caras, como ten acontecido outras veces, sería un método de pel artificial absurdo e derrochador, xa que existirían outros máis económicos.

  5. fab-amadeoabal di:

    O fibroblasto é un tipo de célula que sintetiza e manten a matriz extracelular do texido de moitos animais. Esta células proporcionan unha estructura en forma de entramado (estroma) a moi diversos texidos e xogan un papel crucial na curación de feridas, sendo as células máis comúns do texido conectivo. Derívanse de células primitivas mesenquimais e pluripotenciais.
    O fibroblasto sintetiza coláxeno e mucopolisacáridos da substancia amorfa. Migra e prolifera durante a cicatrización de feridas. Cando o fibroblasto disminúe a súa actividade denomínase fibrocito, o cal non pode dividirse. A restitución do texido conectivo efectúase mediante o crecemento de fibroblastos xóvenes. Os fibrocitos son fusiformes con poucas prolongacións, núcleo pequeno, alargado e máis denso que os dos dous fibroblastos. Son tamén heteroxéneos, con diversas apariencias dependendo da súa localización e actividade.

  6. Victor di:

    Semella que o futuro do ser humano está ligado ao de moitas especies deste planeta (comprendemos agora parte da utilidade das arañas para nos). Pode ser esta unha xustificación para conservar ao máximo a biodiversidade no planeta Terra? Coñeces outras xustificacións?

    • fab-martinfranco di:

      No planeta Terra hay una cadea vital que nos non podemos romper pois é a que nos manten con vida. Unha vez máis demostrase a importancia que teñen todolos seres do planeta para nos e para o planeta en xeral. Ainda quedan moitos métodos por descubrir, procedentes dos animais, que nos poderian axudar moitisimo en mellorala calidade de vida que agora temos, e facelo todo máis sinxelo é, como este caso demostra, máis barato.

    • fab-alvarolopez di:

      Sí, esta utilidade das arañas para nós é unha xustificación para coservar ó máximo a biodiversidade. Todas as especies son importantes xa que unha extinción dunha especie leva consigo a extinción doutras especies.

    • faa-mariamartinez di:

      É indispensable conservar a biodiversidade por esta e por outras moitas razón. Os animais e vexetais son fontes de alimento e algunhas especies serven de gran axuda para loitar contra especies invasoras sen necesidade de empregar velenos. Ademais dependemos deles para procesos importantes como a aireación do solo, a fertilización e a polinización. A partir deles tamén podemos obter diversos produtos naturais como medicinas ou fertilizantes. Por último, a diversidade de plantas e animais inspira a investigación científica en moitos campos distintos (a evolución, anatomía, fisioloxía, etoloxía, ecoloxía…)

    • faa-antoniomrodino di:

      Si é unha clara xustificación para nos. Outra podería ser por exemplo da utilidade das plantas para os seres vivos.
      Elas, através do proceso da fotosíntese, expulsan ao exterior( ademais de producir a súa propia enerxía), osíxeno, o cal inspiramos nos na respiración, e nos lle proporcionamos o dióxido de carbono (experiando)dabondo que elas precisan ademais da luz solar para realizar a dita fotosíntese. Sería como unha especie de simbiose, ambos saímos beneficiados mutuamente.

    • fab-aldaragarcia di:

      Si que é unha clara xustificación. E outro exemplo pode ser o de conservar a biodiversidade en todas as plantas, xa que nestas atópanse moitas propiedades, coñecidas e que quedan por descubrir, que serven como protección e elavoracion de medicamentos contra enfermidades. E aparte de ter esas propiedades, gracias a elas podemos respirar. Tamén airean o solo, serven como fertilizante natural cando se morren e descompoñen, ao igual que os animáis cando morren.
      E como ben apunta Álvaro, a extinción dunha especie leva consigo a extición de moitas outras.

    • fab-zoecacabelos di:

      Si, o ser humano esta directamente ligado a vida animal, pois os seres humanos alimantamosnos de animais e plantas, e necesario conservara a biodiversidade no planetas pois certos animais como esta araña poden ter calidades especiais para por exemplo poder curar alguna enfermidade, temos que coidar e observar ben os seres que nos proporciona o planeta porque nunca se sabe ata que punto pode ser beneficiario para a nos.

    • faa-luciasantos di:

      Dende o meu punto de vista, esta non é máis que outra justificación para valorar e coidar máis o medio e a biodiversidade da que dependemos, posto que, aínda que non o teñamos presente, tanto a fauna e a flora terrestre ten vantaxes para nós que nos permiten avanzar e evolucionar.

      A importacia de conservar a biodiversidade non só ten que ver co presente, senon tamén co futuro. Algúns ecosistemas proveen recursos potenciais indispensables para o ser humano, ademais de novas oportunidades fronte ao cambio climático. Por outra parte, o coñecemento desta diversidade aportou moitos dos remedios que se están a utilizar na actualidade.
      Por último, cabe destacar a importancia da biodiversidad frote á erosión e á variedade xenética. Todos os organismos posuen unha variedade de material xenético que pasa de xeración en xeración, incluindo os cambios do medio que influen sobre o individuo. Estas variedades herdables son as responsables de que exista biodiversidade sobre o planeta, podendo argumentar que a evolución e a selección natural teñen fundamento neste material xenético, e polo tanto, a biodiversidade supón unha total necesidade sobre ela para poder seguir avanzando.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Está máis que demostrado que a biodiversidade é imprescindible para a vida.Xa que por exemplo se non existe unha determinada especie,a especie que se alimentaba desta morrería e a que se alimentaba da segunda igual …
      Outro claro exemplo é o das plantas que son imprescindibles, xa que nos proporcionan osixeno , e a través delas tamén fabricamos fármacos , fertilizantes …

    • fab-raquelblanco di:

      Sí, esta podería ser unha xustificación xa que si algún ser vivo se extinguíse perxudicaría aos demáis. A medida que os seres humanos evolucionamos o proceso de extinción de outras especies aumenta, é natural que as especies se extínguan e aparezan outras novas pero se non conservamos a biodiversidade do noso planeta, extinguiránse especies moi importantes para nós.

    • faa-victorinosouto di:

      Conservar a biodiversidade do planeta é moi importante xa que todos animais son necesarios para manter a cadea limentaria e por tanto se se produce un desequilibrio moitos animais veranse condenados a sua desaparición.
      Cada ano que pasa case sempre aparecen novas técnicas de curar enfermidades as cales moitas delas e necesario a existencia dun animal e este post e un claro exemplo de quen podia pensar que a tea das arañan poideran servir para axudar a rexenerar a pel.

  7. faa-emilioabal di:

    Está claro que a biodiversidade é necesaria para que a vida na terra prolifere. Hai demasiados animais en perigo de extinción e outros moitos xa extinguidos.

  8. faa-luciasantos di:

    Sinceramente, esta noticia sorpréndeme, xa que non estaba ao tanto das vantaxas que nos poden traer materiais tan simples e aos que estamos tan acostumados.
    Por outra banda, creo que é moi importante, e supón un gran avance médico ademais de unha gran axuda para todas aquelas personas que se viron afectadas e que agora teñen solución para o seu probema.
    Por outra banda, os autores deste estudo, consideran que a pincipal vantaxe de utilizar seda da araña é a súa resistencia. Este material presenta propiedades mecánicas óptimas en canto á súa capacidade de resistir e poden convater con fibras artificiales de alta tecnoloxía. Por esta razón, estanse comezando a realizar estudos e investigacións para crear texidos anti-balas con esta seda producida por arañas.

  9. faa-nereapaz di:

    Son moitas as xustificacións que nos deben levar a preocuparnos pola conservacion e coidado da biodiversidade terrestre, xa que para o ser humano poden ser moi beneficiosas. O caso da tea das arañas é un bo exemplo disto pero existen moitos outros animais ou vexetais que posúen propiedades que melloran a calidade de vida do home.
    Por outra banda, deixando a un lado as aportacións da biodiversidade ós campos da medicina ou a industria, non hai que esquecer que tamén son a nosa fonte de enerxía, xa que subsistimos a base deses animais e vexetais. Polo tanto, debemos coidar o noso medio para así non só preservar esas especies senón a nos mesmos.