Amasia


Expertos da Facultade de Xeoloxía e Xeofísica da Universidade de Yale (EEUU) calculan que dentro de entre 50 e 200 millóns de anos producirase unha fusión de América e Asia, uníndose polo Polo Norte mediante unha cordilleira montañosa. Así nacerá Amasia, o novo gran continente da Terra.

América quedará sobre o cinto de lume do Pacífico, unha zona de intensa actividade sísmica e volcánica e provocaría a desaparición do océano Ártico e o mar Caribe. Esta teoría sobre o futuro avance das placas tectónicas recibe o nome de extroversión.

Pero existe outra teoría, a introversión. A introversión defende que dentro de 50 millóns de anos o mar Mediterráneo desaparecerá e a colisión entre África e Europa creará unha grande montaña ata o Golfo Pérsico. A migración ao norte da Antártida dará lugar á fusión das súas placas de xeo, que unidas ás de Groenlandia, farán subir 90m o nivel do mar. O resultado será a formación dun novo supercontinente co océano Pacífico extendéndose ao longo do planeta. O continente  antártico revertirá a súa dirección ao Polo Sur volvéndose a cubrir de xeo.

A formación dun supercontinente afectaría ao medio ambiente dunha maneira drástica, posto que a colisión entre placas daría lugar á formación de grandes montañas e as glaciacións producirían un aumento do nivel do mar. Tamén se podería producir unha caída da temperatura global e un incremento do osíxeno atmosférico.


Autor: Ismael Agra

Esta entrada foi publicada en Tectónica de Placas e etiquetada . Garda o enlace permanente.

42 Responses to Amasia

  1. Victor di:

    A parte de Ismael, autor deste artigo, tamén trataba este tema outro artigo de Laura González (contaralle como artigo na ficha de avaliación aínda que non se publique)que está algo inacabado e con algún erro que se debe modificar.

    Na penúltima liña deste artigo dise:
    “… e as glaciacións producirían un aumento do nivel do mar.” É certa esta afirmación?

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión creo que non é certa a frase.Xa que durante as glaciación o nivel do mar baixa ata que queda o descuberto o talud continental(parte morfolóxica submarina que está localizada entre os 200 e os 4000 metros baixo o nivel do mar) e empeza a burbuxear o metano.O que produce o ascenso do nivel do mar ,son as desglaciacións.

    • faa-manuelbusto di:

      As glaciacións no producirían o aumento do nivel do mar, xa que si a auga do mar se conxela ocuparía o mesmo volume que en estado liquido.
      En calquera caso aumento do nivel do mar sería debido á fusión das placas de xeo presentes en continentes.

    • fab-sandraromero di:

      Non, en tal caso serían as desglaciacións das montañas as que producirían o aumento do nivel do mar.

    • faa-xosemartinez di:

      Non, o nivel do mar estaba máis baixo porque canto máis masa de xeo haxa, haberá unha menor masa de auga.

    • fab-aldaragarcia di:

      O nivel do mar non subiría, cando hai períodos de glaciación, o nivel do mar non sube, baixa, xa que canto máis xeo haxa sobre a face da terra, menor será o nivel do mar.

    • faa-iriagondar di:

      A afirmación é falsa xa que nas épocas fría dos períodos de glaciación a superficie do xeo aumentaba e o nivel do mar baixaba, con iso os continentes gañaban en extensión quedando a plataforma continental ao descuberto. Ao contrario, nas épocas cálidas, o nivel do mar subía (desglaciación).

    • fab-raquelblanco di:

      Na miña opinión no, porque canto máis xeo haxa menos auga haberá.

    • faa-iagogonzalez di:

      O contido desta frase é erroneo, xa que o nivel do mar aumentaria únicamente no remoto caso de que se fusionase o xeo presente sobre os continentes.En caso de glaciación , o nivel do mar baixaría.

    • fab-antiachantada di:

      Non, esa frase non estaría correcta xa que no caso dunha glaciación o nivel do mar baixaría porque a maioría da auga estaría conxeada.

    • faa-antoniomrodino di:

      Esta afirmación presenta unha aparenza contradictoria. O volume do xeo é menor cao da auga en estado líqudio.
      A auga dos océanos é sempre a mesma.
      A glaciación consiste nunha una expansión do xeo continental dos casquetes polares e os glaciares, polo tanto, teñen lugar cando parte da auga dos océanos se conxela, isto vai a provocar que esa determinada cantidade de auga conxelada ocupe un menor volume, e polo tanto o nivel do mar baixe.

  2. fab-alekseinogueira di:

    En realidade non subiu o nivel do mar. Cando grandes masas de xeo se atopaban sobre a terra o nivel do mar baixou xa que a auga se atopaba na terra, pero a terra tamén se afundiu polo peso do xeo, un claro exemplo é o de Groenlandia que se se libera da súa capa de xeo tende a elevarse.

  3. fab-amadeoabal di:

    O nivel do mar baixa, ao contrario do que sucede agora co quentamento global que sube o nivel do mar. A maior masa de xeo, menor masa de auga polo tanto un nivel máis baixo do mar.

  4. fab-cristinaporto di:

    Como consecuencia da glaciación e da acumulación do xeo nas zonas máis frías, o nivel do mar descendeu considerablemente.
    Se nos remontamos a épocas máis antigas, durante o último millón de anos rexistráronse 4 glaciacións, aínda que poderían ter acontecido máis, pero de menor intensidade. A última glaciación (Würm) comezou hai 70.000 anos e rematou hai 10.000 anos. Na Península Ibérica existiron glaciares nos Pireneos, nos Picos de Europa, no Sistema Central e en Serra Nevada. A vexetación no resto da península era esteparia e a paisaxe moi árida. Calcúlase que o mar se encontraba 120 metros por debaixo do actual, o cal a maior parte da poboación humana vivía en zonas costeiras. Agora estás zonas están cubertas polo mar que, na actualidade alcanza un nivel moi alto. Se se realizasen estudos arqueolóxicos en tales zonas mergulladas, probablemente se encontrarían ruínas correspondentes a tales civilizacións.
    Dende hai 20.000 anos (cando rematou a última gran glaciación), o quentamento da Terra foi relativamente rápido. Así se sabe que hai 12.000 anos o nivel do mar se encontraba xa a 40 metros por debaixo do actual. Ata hai 8.000 anos o mar ascendía a razón de metro e medio por século.

  5. faa-paulagondar di:

    O planeta Terra é unha máquina activa que está en continuo proceso de formación e destrucción da codia continental (e oceánica) polos diferentes axentes xeolóxicos internos e externos. Isto ocorre dende o primer segundo de formación da Terra. Da mesma maneira que os continentes asiático e americano acabarán formando un só, e que o Mediterráneo acabe desaparecendo pola colisión entre as dúas placas, tamén está aumentando o tamaño do Océano Attlántico (pola formación de nova codia oceánica da dorsal altántica). Calcúlase que cada ano América e Europa están 18 mm máis separadas.

  6. Victor di:

    Pódese facer un cálculo esacto da posición que terán os continentes dentro de 50 millóns de anos ou o que se está é especulando? De que dependerá a posición que terán os continentes cando pasen eses 50 millóns de anos?

    • fab-alvarolopez di:

      Os científicos non saben con exactitude cómo será ese supercontinente pero todos comparten que non haberá humanos alí.

      A posición que terán os continentes é debido á circulación que se produce na capa de debaixo das sete placas tectónicas máis importantes. Unha placa é forzada debaixo da outra nun proceso chamado subducción, que quebra a corteza no outro lado da placa permitindo que novas rochas fundidans broten á superficie para cubrir a brecha.

    • fab-antiachantada di:

      Non se sabe con exactitude si esa formación do supercontinente ocorrerá en 50 millóns de anos, pero si aproximan que en 250 millón de anos sí; todos os continentes da Terra se xuntarán formando ese supercontiente que estará rodeado dun océano global.
      En este supercontinente futuro gran parte da terra será un deserto inhóspito (selvático…) con costas golpeadas por grandes tormentas, océanos turbulentos na superficie e carentes de osíxeno nas súas profundidades.
      Os científicos pensan que os movementos dos continentes son cíclicos, é dicir, móvense debido á circulación que se produce nunha das capas máis importantes que hai debaixo da codia terrestre e que cada 500 ou 700 millóns de anos se volven a xuntar.

    • faa-mariamartinez di:

      Non se pode saber con exactitude cal será a posición dos continentes dentro de 50 millóns de anos e o único que se fai é especular sobre como poderá ser a Terra nun futuro basándose en teorías.
      Os supercontinentes bloquean a saída do calor interno da Terra, o que produce un sobrequentamento da astenosfera. Isto pode producir fisuras na litosfera polas que sae magma que empuxa os bloques e os alonxa. Non se sabe se os continentes se volven a unir de modo accidental logo de desprazarse polo planeta, ou se se separan e volven a xuntarse despois nun movemento acordeónico.

    • fab-aldaragarcia di:

      Non se sabe con total exactitude como apuntan os meus compañeiros, polo cal é unha especulación. Pero os científicos afirman que probablemente dentro de máis de 50 millóns de anos a terra rematará sento un do continente rodeado dun único océano como o foi nun pasado. Pero esa terra estará case deserta e deshabitada.
      Este desprazamento dos continentes é debido a deriva continental. O movemento das placas que se atopan debaixo da codia terrestre e cada certo tempo (500 ou 700 millóns de anos) volven a estar xuntas. Polo cal os continentes sepáranse e vólvense a xuntar.

  7. Victor di:

    A actividade xeolóxica da Terra que activa a Tectónica de Placas ten momentos dunha grande actividade volcánica; tense coñecemento de grandes extincións de especies por unha actividade volcánica masiva?

    • fab-isaacabal di:

      É moi probable que se haxan exttinguido espécies por culpa da activida sísmica, xa que apareceron poboamentos soterrados sobre a lava volcánica, e tense coñecemento de extincións masiva, pero isto son so hipóteses, xa que puidéronse extinguir por unha infinidade de motivos.

    • fab-aldaragarcia di:

      Coñécense casos de volcáns que acabaron con cidades enteiras, como o caso de Pompeya, agora unha cidade turística. Pero hai 250 millóns de anos tivo lugar a maior extinción que se coñece causada por a actividade volcánica, que causou grnades nubes de cinzas. Estas nubes xeraron un aumento da temperatura e a acidificación dos océanos o cal rematou co 95€ da vida mariña e o 70€ da vida terrestre.

    • fab-raquelblanco di:

      Por mor dunha erupción dun volcán moitos pobos e cidades quedaron enterrados baixo a lava, un caso moi coñecido e o de Pompeya, unha cidade romana que quedou enterrada baixo a lava do volcan Vesubio que arrasou con toda a cidade.

  8. fab-rosammillan di:

    A extinción máis masiva foi a do Pérmico-Triásico fai 250 millones de anos.
    Desapareceron o 90% das especies marinas e o 70% dos vertebrados.
    Durante un longo tempo a terra foi dominada polos fungos.As teorías que compiten esta causa:son o vulcanismo extremo,impacto de un gran asteroide,movemento de placas,explosión de unha supernova ou excesiva liberación de gases invernadoiro.

  9. fab-isaacabal di:

    Eu penso que se especulando… estase calculando a posición dos continentes coa en función dos movementos sismicos actuais, pero en 50 millóns de anos estes movementos poden variar é o resultado non será o mesmo.

  10. Victor di:

    O que semella bastante claro é que cando se forme ese supercontinente, nos non estaremos alí (tampouco a maioría de especies animais actuais). Entón cal debe ser o futuro da nosa especie?

    • fab-aldaragarcia di:

      Nos remataremos evolucionando, como levamos facendo toda a vida, adaptándonos as novas circunstancias que se presenten na terra: se aumenta a temperatura, soportaremos temperaturas máis fortes; viviremos máis anos; seremos inmunes a certas enfermidades pero afectaranos outras…

    • fab-zoecacabelos di:

      A nosa especie deberá evolucionar para adaptase as condicion que haxa nese momento,nos no estaremos alí pero si seres semellantes a nos.

    • faa-iagogonzalez di:

      Esta claro que nos non estaremos aqui, pero si o estarán as especies que evolucionen a partir de nos, as cales estarán adaptadas ás condicións climaticas que se dean nese momento.

  11. faa-antoniomrodino di:

    Na miña opinión eu penso claramente que a nosa especie evolucionará, non podo afirmar cunha total certeza en que trazos permanecerá igual e en cales pode ter cambios, pero opto por que os nosos sucesores terán unha maior talla media, unha maior intelixencia e unha moita maior resistencia contra elevadas temperaturas( debido fundamentalmente á posterior adaptación ao cambio climático).

  12. faa-manuelbusto di:

    Eu penso que a nosa especie seguirá evolucionando tal como o fixo ata agora , é dificil afirmar en que aspectos se peroducirá esa evolución, pero sempre será en función das condicións hambientais nas que nos atopemos.

  13. Victor di:

    A capacidade de evolución é limitada e cando hai unha catástrofe natural de grandes dimensións, non se pode evolucionar; simplemente te extingues.
    Cal debe ser o futuro do ser humano? Ata cando, este planeta, chegará para satisfacer a nosa supervivencia?

    • fab-isaacabal di:

      Coa nosa capacidade racional, e moi probable que nos adaptemos sempre ao medio ó que estamos, polo que dificilmente evolucionaremos, e chegaremos a un punto no que non poderemos soster a situación e iremos morrendo, extinguindonos a medida que imos morrendo.

    • faa-luciasantos di:

      A Terra verase en dificultades, cada vez maiores, para suplir as necesidades do ser humano. Dado que a población seguirá aumentando, como a temperatura global, e a diminución dos recursos naturais provocarán que a habitabilidade do noso planeta sexa dura. Aínda que nós podemos adaptarnos ao medio, se a actividade solar continua incrementando e afectándonos tanto, a esperanza de vida da Terra, duns miles de millóns de anos, reducirase notablemente.

    • faa-antoniomrodino di:

      O planeta Terra podrá satisfacer a nosa supervivencia ata que non dispoña da atmosfera, do campo magnético terrestre, da hidrosfera e dunha determinada cantidade de O2, os cales se ven afectados debido á elevada contaminación.
      O futuro do ser humano vai a ser a súa total extinción nuns 500 millóns de anos aproximadamente.

    • faa-manuelbusto di:

      O futuro do noso planeta virá determinado por diversos factores, como o incremento da luminosidade provinte do sol, a pérdida de enerxía calorífica do núcleo terrestre, perturbacións orixinadas por outros corpos do sistema solar e variacións a nivel bioquímico da superficie da terra.
      Entre 1000 e 2000 millóns de anos no futuro, tamén se verá incrementada a radiación solar devido á acumulación de helio no núcleo do sol, isto levará á pérdida dos océanos e ó cese da deriva continental.Este proceso continuará aumentando dentro de 4000 millóns de anos cando a temperatura na superficie da terra causará un efecto invernadoiro descontrolado.Nestas circunstancias a maioría ou toda a vida na terra desaparecerá.

    • faa-mariamartinez di:

      O futuro do planeta Terra depende de diferentes factores, un deles o incremento da radiación solar dentro duns 1000 ou 2000 millóns de anos , o que provocará a desaparición dos océanos e da deriva continental. Ademais, dentro de 4000 millóns de anos, o efecto invernadoiro estará descontrolado polo aumento da temperatura na superficie terrestre e, chegados a este punto, xa non haberá vida. Por último, dentro de 7500 millóns de anos, o noso planeta, será absorbido polo Sol debido a que este entrará na fase de xigante vermella.

    • fab-raquelblanco di:

      Na miña opinión, penso que o planeta Terra soportará as nosas necesidades durante o tempo que os seus recursos llo permitan. Con tanta contaminación como hai hoxe en día o noso planeta aguantara uns miles de anos máis, pero se non houbese contaminación a Terra acabaríase extinguíndo igual pero tardaría máis. Opino que os seres humanos acabaremos vivindo noutros planetas coas mesmas condicións que a Terra, xa que a tecnoloxía avanzou moito, hoxe en día existen aparellos que fai 300 anos atrás non se imaxinaría nadie que podrían existir, desta maneira nós non podemos imaxinar que aparellos inventarán dentro de 500 anos os científicos.

  14. fab-sandraromero di:

    O noso planeta deixará de satisfacer a nosa supervivencia cando se esgoten aqueles recursos que satisfacían as nosas necesidades ou tamén, cando o noso planeta se apague, probablemente dentro de 5.000 millóns de anos.
    Hoxe en día, estase procurando descubrir planetas cunhas condicións semellantes ás da Terra. Polo tanto, Sería viable estabrecer bases habitables noutros planetas.

    • faa-iagogonzalez di:

      Na miña opinión, o noso planeta soportará as necesidades do ser humano durante o tempo en que os seus recursos llo permitan. Actualmente, os recursos do noso planeta son cada vez menores, e debido á excesiva contaminación, a temperatura incrementa notablemente cada década, polo que de seguir nesta liña, os recuros deste noso planeta non durarán máis de uns miles de anos. Debido a isto, estanse explorando novos planetas nos que o ser humano se poida establecer de acontecer o augurado.