Sensacións robóticas

En Alemaña, uns técnicos da Universidade de Múnic, fabricaron un tecido que fai que os robots poidan ter sentido do tacto. Grazas a isto os robots poderán sentir a calor e o frío e reaccionar ao tocar cousas. Ademáis levarán infravermellos, cámaras e mans articuladas. Tamén sinten cando chocan cun obxecto, que reaccionan con algún movemento.

Esta tela que fai que os robots sintan o tacto consiste nun taboleiro hexagonal de cinco centímetros cadrados, con sensores a un centímetro, e así sinten o que os roce, por moi lixeiro que sexa o roce. Aparte ten sensores de temperatura e tamén dos movementos dos membros dos seus corpos ( brazos, pernas…). Os sinais dos sensores son procesadas por un ordenador central. De momento so puxeron quince sensores repartidos por un brazo.

Tamén teñen pensado que o robot poida ter as nosas capacidades neurobiolóxicas e así poder formar a súa propia visión do contorno.

Autor: Juan Carlos Sineiro

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Sensacións robóticas

  1. fab-amadeoabal di:

    Sensores inflarroxos simuladores do tacto:esta é a peza central que conforma esta nova cuberta robótica é un tableiro de cinco centímetros cadrados con unha placa hexagonal integrada. Cada pequena placa de circuito consta de catro sensores inflarroxos que reconocen a presencia de calquer elemento a menos de un centímetro de distancia. De esta maneira, detecta calquer roce, por lixeiro que sea.
    Ademáis, a placa conten outros seis sensores de temperatura e un acelerómetro. Esto permite que a máquina rexistre con total precisión o movemento de membros individuais, por exemplo, dos seus brazos, e polo tanto sabe qué partes do corpo acaba de mover.

    Todas as partes de este sistema de estructura, placa a placa,colócanse en forma de panal, completamente plana como unha pel humana. Para que o robot teña a capacidade de detección, as señais dos sensores procésanas un ordenador central.

  2. faa-antoniomrodino di:

    Na miña opinión, este invento alemán ven a sinalarnos unha vez máis os avances na tecnoloxía da robótica. Pero, a dicir verdade, non me parece un invento moi interesante, xa que se nos pomos a pensar nas vantaxes que nos pode ofrecer que os robots poidan dispor do sentido do tacto, son practicamente nulas.
    Eu creo que o único interese destes técnicos da universidade de Múnic é económico, sen plantexarse o que nos poden ofrecer.

  3. fab-raquelblanco di:

    Un grupo de investigadores da Universidade de Keio en Xapón,construíu un robot que pode ser un avatar do ser humán. Coñecido como Teleser, estos “robots” son controlados por un ser humán a través de un 3D montado da cabeza a pantalla, e esta ben afinado para que o operador poida ver e escoitar exactamente como o faríamos normalmente.
    Con Teleser V, a última versión, tamén pode comunicar o que os seus dedos tocan, utilizando vectores.

  4. Victor di:

    Que utilidades credes que pode ter a fabricación de robots con características semellantes ao ser humano?

    • fab-aldaragarcia di:

      Alex ten razón, crearrobots con carácteríasticas semellantes ao ser humano non creo que teña ningún fin en si, pero poden estalo a facer, xa que nun futuro os robots estarán introducidos na nosa sociedade coma unha persoa máis e coma as persoas, sentirá calor ou frio, ou que choca contra algo.
      Pero por outra banda, estes descubrimentos poden ser beneficiosos para o ser humano, xa que se alguen se queda sen pernas, poderánselle poñer unhas con este tecido e así podería volver a sentir, ou coma si Alex, no caso da man.

    • fab-rosammillan di:

      En principio non ten ningunha utilidade que os robots sintan pero si resulta un avance no ámbito científico xa que resultaba imposible a creación destes sensores.Como ben di Aleksei pode ser de utilidade para unha persoa que teña algun accidente e perda unha extremidade xa que podería volver a ter sensibilidade gracias a esta tecnoloxía

    • fab-sandraromero di:

      As utilidades que teñen estes robots con características semellantes aos dos humanos son que poderían facer as mesmas tareas ca nós. Como nunha cadea productiva nunha fábrica. Outra vantaxe é que eles non protestan, nin se cansan, nin teñen vacacións e tampouco hai que pagarlles unha renta polo traballo que fan.

    • fab-fuensantabuceta di:

      Buscan fabricar robots cada vez máis semellantes ós humanos para que chegado o momento nos poidan substituír nas labores da vida cotiá. O que moitas veces vemos nas películas de ciencia ficción cada vez está maís cerca de facerse realidade.

    • fab-isaacabal di:

      A finalidade é que desempeñen traballos que realizamos os seres humanos, e así substituirnos por máis máquinas, que é o que son os robots.

    • faa-mariamartinez di:

      Creo que a finalidade principal da fabricación deste tipo de robots é que, nun futuro bastante próximo, nos poidan substituír en diversos traballos. Isto pode ter consecuencias negativas, xa que para unha empresa é máis económico ter robots traballando que ter persoas. Pero tamén ten cousas positivas xa que, como di Alex e Aldara, no caso de quedarnos sen unha extremidade, poderiamos volver a sentir e levar unha vida normal.

    • faa-fernandogarcia di:

      No que se refire a capacidades físicas mostrome bastante reacio.
      Non é propio de min pór freo ao progreso, pero ter que os robots fagan o traballo polas persoas podería ter consecuencias negativas: a xente podería perder o aprecio polas cousas, xa que estarán a alcance de todos, é posible que a automatización leve á xente a definitivamente “non facer nada”.
      Se por outra banda, as persoas son máis consecuentes e principalmente aproveitan o maoir tempo de ocio de que disporán, estou de acordo na automatización dos sistemas, que abaratarían considerablemente, por exemplo, os transportes, e a xente tería a posibilidade de viaxar con máis comodidade e estando ao alcance de calquera.
      Así que a miña opinión sobre a evolución da robótica ata ese extremo depende en grande medida do xuízo e o sentido común da sociedade

    • fab-mariaarojo di:

      A de, por exemplo (e como xa se nomeu moitas veces) substituír unha man amputada, ou unha perna por unha man ou perna deste tecido, e se fose posible volver a sentir algo parecido. Na miña opinión non ten finalidade ningunha a de querer que os robots teñan cada vez máis parecido con nós, e en todo caso sería para a substitución de persoas por robots nas fábricas, e aínda así non sei que ten q

    • fab-mariaarojo di:

      A de, por exemplo (e como xa se nomeu moitas veces) substituír unha man amputada, ou unha perna por unha man ou perna deste tecido, e se fose posible volver a sentir algo parecido. Na miña opinión non ten finalidade ningunha a de querer que os robots teñan cada vez máis parecido con nós, e en todo caso sería para a substitución de persoas por robots nas fábricas, e aínda así non sei que ten que ver que un robot sinta o frío ou a calor coa súa integración na industria, nin lle encontro unha finalidade útil a este feito.

    • faa-paulagondar di:

      Estou dacordo con María. Unha das finalidades de cosntruír etos robots con características humanas sería a de sistituírnos no traballo. Dende o punto de vista do que dirixe a empresa isto sería bo, xa que un robot nin enferma, nin protesta, nin se cansa, polo que serían moito máis eficientes e saldríalle máis económico. En cambio isto non sería nada beneficioso para os traballadores sustituídos, xa que eso implicaría quedar sen traballo.
      Outra das finalidades sería, como din os meus compañeiros, a de poder implantar ou substituír membros do noso corpo no caso de que fose necesario.

    • fab-inesfeijoo di:

      En principio, non ten ningunha utilidade que os robots sintan pero sería todo un avance no ámbito científico xa que resultaba imposible a creación destes sensores, pero aínda así sería increible que a xente con algún tipo de discapacidade poida volver a “ser persoa” gracias a axuda dos aparatos roboticos.

    • fab-antiachantada di:

      Penso que o obxectivo de crear robots con sentimentos e semellantes aos humanos é que poidan substituírnos en labores e traballos, facilitarnos a vida como todas as novas tecnoloxías actuais.

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu creo que as utilidades obtidas en ningún caso ían a ser beneficiosas para os humanos, xa que estes en moitos casos pasarían a ser sustituídos polos robots, dando lugar a outra especie de revolución ludista, á destrucción das máquinas.
      Pois estes robots poderían empregar certos cargos físicos nos que trabllan moitas persoas: tanto fregar coma barrer ata mesmo postos de erguer pesos ( manuais en xeral)etc…
      Na miña opinión considero que as utilidades destes en tódolos casos ían a supór un retroceso social.

  5. fab-alekseinogueira di:

    Creo que este descubrimento é moi importante, non polo que sexa bo ou non para os robots, se non que para os humanos é moi importante. Isto levaría a que se nos quedamos sen mans pois poderíamos volver a sentir , cunha man robótica pero poderiamos sentir todo o que tocamos.

  6. faa-emilioabal di:

    Estou dacordo con Alex xa que hai moita xente con enfermidades deste tipo, sin brazos, sin pernas ou sin algunha extremidade ou parte do seu corpo e seria sensacional aplicar este descubrimento. Poderían sentir, acariciar…

  7. fab-martinfranco di:

    Na miña opinión, creo que a utilidade principal é, como di Aleksei, o poder volver a sentir cando se perde un menbro do corpo, pois as outras son a nosa substitucion nos postos de traballo, e selos nosos axudantes nas labores do fogar. Creo que é importante investigar para ser capaces de mellorar este tipo de cousas pero temos que ter en conta tanto os pros coma os contras de tanto avance tecnolóxico.

  8. faa-breixoalonso di:

    No ser humano a súa forma de interactuar na sociedade sustentase na habilidade para comunicar as súas emocions e para percibir o estado emocional dos demais. Tal é así que aquelas persoas que non conten con istas habilidades sufre dunha certa discapacidade emocional. Nese sentido, o mesmo debería ocurrir cunha máquina. O propósito de dotar a esta con emocions é para tratar de mellorar a súa relación coas persoas, flexibilizar a interacción e ofrecer unha interfaz de usuario agradable.

  9. faa-juancsineiro di:

    Eu non estou de acordo con Martín, porque pode que nos quite postos de traballo, pero tamén xeraría trabllo porque se rompen alguén os tería que reparar, e para iso fai falta xente.
    Ademáis penso que que se consiga facer esta é interesante na mediciña como dixeron Alex e Emilio.

  10. faa-monicagonzalez di:

    Na miña opinión, a fabricación de robots con características humanas as empresas gañarían máis pero as persoas serían sustituidas e quedarían sen traballo

  11. faa-iagogonzalez di:

    A creación de robots con carácterísticas humanas, sería moi proveitoso para que eles realizasen as tarefas que non podemos realizar durante o día , como por exemplo as domesticas,pero por outro lado serían a causa do aumento do paro, xa que sacarían moitos postos de traballo ao non ter que cobrar un soldo como unha persoa.

  12. Victor di:

    Que opinades do investigación que intenta combinar a robótica cos órganos e células vivas?

    • fab-antiachantada di:

      Paréceme unha investigación moi útil e interesante. Se se chegara a conseguir sería un dos avances máis importantes da historia da medicina xa que hai moita xente que necesita transplantes de órganos pero normalmente non o logran conseguir ou non hai ningún donante compatible. Si se lograra levar a cabo, salvaría a vida de moitas persoas.

    • Os investigadores buscan desenvolver ferramentas que aproveiten as propiedades computacionais das neuronas e o seu obxectivo é crear cerebros vivos a partir do cultivo de neuronas e que orgánicamente poidan organizarse para formar redes neuronais e delas surxan redes de intelixencia.

      Esta técnica poidera empregarse para crear seres robóticos con intelixencia avanzada, crear máquinas capaces de autorepararse, explorar aspectos descoñecidos da memoria, crear sistemas que acheguen coñecementos confinados nas neuronas, estudar enfermidades neurolóxicas, etc.

    • fab-mariaarojo di:

      Opino o mesmo que se resposta á pregunta de Víctor. Este suposto avance (no caso de que se consiga o obxectivo da combinación da robótica e as células) sería un dos maiores avances na historia, e principalmente polo número de vidas salvadas, sobretodo no sector das doazóns, xa que non todo o mundo é compatible e esto permitiría que ser compatible ou non non fose problema ningún, xa que se poderia facer cada transplante e órgano segundo a necesidade e características do paciente. Sería, sen duda, un gran logro.

    • faa-mariamartinez di:

      Eu creo que sería un gran logro poder chegar a combinalos xa que, hai moi poucos doantes de órganos e moita xente que necesita un transplante ten unha espera de ata varios anos ata que llo realizan. Así que deste xeito sería máis doado porque non habería problemas de compatibilidade, nin tampouco sería tan longa a espera e , polo tanto, poderíase salvar a vida de máis persoas.
      Ademais gustaríame engadir que as campañas para conseguir doantes de órganos son gran importancia xa que non hai moitas persoas que coñezan esta posibilidade.

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu creo que iso si que sería unha grande investigación, xa que combinar robots, células vivas e órganos darían lugar a unha especie de seres humanos, pero máis ríxidos; pero a todo isto tamén quero dicir que é unha investigación moi complexa, xa que ata ao momento a única maneira posible foi deseñar un robot controlado por celulas vivas, pero non con órganos, en Inglaterra.

  13. faa-victorinosouto di:

    Na miña opinión este é un desafío o cal os investigadores queren chegar a el. Se este desafío se chega a producir salvaría a vida a moitas persoas xa que na actualidade moitas persoas esperen un transplante de ril por exemplo e moitas veces non lle chega a tempo xa que os doantes non son compatibles ou tamén que hai moitas persoas que necesitan un ril e poucos doantes.

  14. fab-raquelblanco di:

    Na miña opinión os investigadores queren chegar a combinar a robótica cos órganos e células vivas pero sera un reto, pero penso que algún día o conseguirán. Esto suporía un gran avance no mundo da ciencia porque salvaríalle a vida a moitas personas que esperan un trasplante de un órgano.