Curación para todos

Aínda que o tratamento da malaria é eficaz, o tratamento é moi custoso   xa que o seu principio activo encóntrase en baixa proporción na planta que o produce. Aínda así, un grupo de investigadores do Instituto Max Planck de Potsdam (Alemania) afirmou que encontrou unha solución ao problema.

Desde o ano 2001, a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda o uso dunha terapia combinada cuxo principal compoñente é a artemisina. Este composto encóntrase de forma natural no axenxo dulce (Artemisia annua) e non se coñece a forma de sintetizalo  de xeito artificial.Cada planta de artemesina ten unha cantidade pequena de tratamento da malaria, polo que a súa extracción é moi custosa.

Os investigadores  encontraron unha alternativa. O axenxo doce produce en grandes cantidades outro composto chamado ácido artemísico que pode transformarse en artemisina. Este proceso é bastante custoso a nivel industrial coa tecnoloxía dispoñible, pero os investigadores ensaiaron un novo método baseado na química de fluxo que podería ser moito máis eficaz. En esta técnica os compostos químicos flúen a través dun tubo delgado envolto nunha fonte de luz de forma que increméntase a súa reactividade.

Según a OMS, no ano 2010 morreron 655.000 persoas de malaria, é un dato preocupante xa que hai cura para esta enfermidade. Os científicos afirman que en tres meses serán capaces de producir 2 kg de artemisina ao día, o que abaratará moito os custos da medicación.


Autor: Amadeo Abal

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.