Morte súbita

Un estudante da Universitat Jaume I de Castellón obtivo recentemente un accésit do IX Premio de Innovación e Creatividade 2011 polo seu proxecto empresarial do desenvolvemento dunha pulseira cardíaca monitorizada, para evitar os coñecidos casos de “morte súbita” nas prácticas deportivas, anticipándose a anomalías cardíacas e mellorando considerablemente a asistencia sanitaria no acto. Estas pulseiras son capaces de atopar as alteracións cardíacas ata 60 minutos antes do paro cardíaco, coincidindo co inicio da posible morte súbita.

A pulseira, nomeada “IC-Life” controla o pulso de todo tipo de deportistas a través dun sistema de monitorización, que no caso de atopar algunha anomalía envía tres sinais de alerta ao monitor principal de control, as asistencias médicas presentes e o hospital máis próximo ao lugar, reducindo o tempo de actuación aos 4 minutos seguintes; vitáis para lograr a supervivencia do deportista. Pasados eses 4 minutos as posibilidades de sobrevivir diminúen e o risco de secuelas aumenta. Ademáis, comparando o prezo dunha revisión cardiovascular semanal a 25 xogadores de fútbol (uns 180.000 €)  co prezo das pulseiras e o equipo necesario (menos de 20.000 €) demostra que unha inversión deste tipo permite aforrar e ao mesmo tempo salvar vidas.

Segundo os cálculos, morre un de cada 200.000 deportistas ao ano por morte súbita, sendo algúns casos tan coñecidos coma o de Antonio Puerta (2007) ou Dani Jarque (2009). Aínda que non é só no fútbol no que existe a morte súbita, é un feito en todos os deportes, coma o ciclismo, a ximnasia…


Autora: María Rojo

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to Morte súbita

  1. Esta pulseira aínda está en proceso de estudo, pero se chega a cumplir a súa función, sería un gran avance para o mundo do deporte, e axudaría a evitar moitas mortes, que é o máis importante.
    Pero tamén axudaría a aforrar custos para os clubes deportivos, tendo en conta que na actualidade os métodos de análise para detectar anomalías cardíacas pasan pola realización de probas de esforzo con electrocardiograma e ecocardiograma, análises clínicos e xenómicos para determinar enfermidades conxénitas, procedementos caros.

  2. fab-amadeoabal di:

    Esta pulseira cando estea rematada vai supoñer un gran avanze para todos os deportes,porque a xente que a teña nunca vai morrer por culpa da morte súbita,xa que esta pulseira ten a capacidade de avisar ata unha hora antes.

  3. faa-luciasantos di:

    O certo é que aínda é unha proposta que ten que ser estudada, pero de ser totalmente efectiva como se explica no artigo, penso que sería un aparello moi últil e asequible, con respecto aos gastos económicos dos responsables do control sanitario dos deportistas.
    Ademais, esta pulsera, como ben se explica, non só pode deterctar prematuramente anomalías cardíacas, senón que tamén diminúe o tempo de auxilio do individuo que pode sufrir esta enfermidade. Por outra banda, o mellor, é que vai destinado a deportistas profesionales e amateurs, para poder ter máis controlado o ámbito do deporte e as fatales noticias que nos últimos anos son escoitadas. Por último, tamén poder prever algunhas lesións musculares do deportista, cunha rápida detección para actuar canto antes e impedir que empeore.

  4. fab-raquelblanco di:

    A posibilidade dunha morte súbita pode comezar a xestarse con alteracións cardiácas detectables ata 60 minutos antes de producirse o paro cardiaco. O uso destas pulseiras permitiría controlar estas anomalías, ademáis de outros aspectos como as alteracións cardiacas xeneradas polo consumo de productos dopantes, mellorando a exhaustividade e reducindo os costes dos controis deportivos actuais.

  5. Victor di:

    E non vos parecen un prezos excesivos que sigificará que só os equipos de gran orzamento poderían ter acceso a este aparato?

    • fab-isaacabal di:

      Todo canto teña que ver coa saúde é barato, sobre todo se se trata de evitar a morte. É posible que esaxeren un pouco cos prezos, pero é un custo que se debe asumir.

    • fab-alvarolopez di:

      Paréceme excesivamente caro e opino igual que o noso compañeiro Amadeo, que tería que ser máis asequible para os equipos. Temos acontecementos de mortes súbitas moi recentes no fútbol especialmente, pero tamén hai casos como o de De la Red(ex-xogador do Real Madrid C.F.) que lle foi encontrada a tempo a anomalía cardíaca. Con esto quero decir que si estas cousas pasan nos equipos grandes que teñen acceso a todo tipo de medios deste tipo para controlar ós xogadores os equipos pequenos é máis difícil que “salven vidas”.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión creo que si que é un prezo excesivo, xa que se trata de un proxecto que consiste en salvar a vida dos deportistas.Poñen en evidencia que o único que lles interesa é gañar cartos,xa que con este prezo só os equipos de maior elite permítense pagalo,deixando a outra proporción dos equipos sen ter aceso a esta pulseira,polo tanto estes non teñen a seguridade de poder salvarse en caso de que lle ocorra tal desgraza.
      Penso que é un gran avance,xa que desta forma poderíanse evitar numerosas traxedias,pero como dixen antes, deberían de baixar o prezo para que puidera ter aceso a ela todo o mundo.

    • faa-luciasantos di:

      Pois o certo é que, persoalmente, non me parara a pensar nesta cuestión. Aínda que esta pulseira está destinada a todo tipo de deportistas, tanto profesionais como aficionados, non todos poderían obtar a ela, reducíndose o seu uso a só a élite deportiva mundial.
      Creo que, si verdadeiramente se quere actuar ante estos casos, o seu prezo debería diminuír, polo menos, para que todos os deportistas, estén en equipos coñecidos ou non, poidan garantirse esta vantaxe.

    • faa-antoniomrodino di:

      Totalmente dacordo. Eu creo que estas novas pulseiras, son un gran invento para o mundo do deporte, reducindo así o número de mortes súbitas, pero tamén quero afirmar que o seu prezo é moi excesivo. Me pregunto que con tal cantidade de cartos que pode chegar a custar unha destas pulseiras, cantos van a ser os equipos que dispoñan delas, xa que temos que ter en conta que oxe en día hai equipos e equipos de todos os deportes e de todas as categorías.
      Ademais, como di Amadeo, a menor prezo maior demanda, polo que o número de vendas destas pulseiras aumentaría, asique os seus vendedores se verían nun caso de gran beneficio. Ata que o prezo destas pulseiras non baixe, poucas vidas se verán salvadas.

    • Salvo poucas excepcións, como Real Madrid ou Barcelona (no caso de fútbol, os equipos están nunha situación económica moi complexa, pero hai que saber priorizar, e as vidas dos xogadores están por riba de calquera outra cousa.
      Tamén existe a posibilidade de que o custe das pulseiras sexa asumido polas compañías aseguradoras dos diferentes clubes, posto que se os xogadores levan esta pulseira, non necesitarán facer tantas probas médicas.

    • faa-luismdoval di:

      Ao meu parecer sí, grandes clubes de fútbol,ciclismo,…Poderían permitirse estas pulseiras sen ningún problema, xa que posuen grandes cantidades de diñeiro.Pero para persoas que fan deporte como afición, estas pulseiras son difíciles de posuir ,xa que custan moito diñeiro e unha persoa,sobre todo na situación económica na que nos encontramos, non se poden permitir estes gastos.A pesar do seu custo, é un gran avance cara á solución destes casos de morte súbita,se realmente realiza estas funcións de maneira tan exacta.

    • fab-rosammillan di:

      Eu creo que o seu prezo debería de ser máis asequible para que todos os deportistas puideran mercar este producto xa que se salvarían moitas vidas.Estimase que morren entre 15 e 20 deportistas o ano por morte súbita, a maioría futbolistas,ciclistas e ximnastas.

    • fab-sandraromero di:

      É evidente que o prezo destas pulseiras é elevado e só sería asequible para aqueles equipos de gran orzamento. Estas pulseiras sonlles máis rentables a estes equipos xa que o seu prezo non superaría os 20 mil euros (o custo das pulseiras, o equipo de monitorización e as antenas necesarias) fronte aos 180 mil euros que supón someter a unha revisión cardiovascular semanal a 25 xogadores.

    • faa-xosemartinez di:

      Cando estas pulseiras estean totalmente desarrolladas e aptas para o seu uso serán un instrumento que, sen dúbida, salvarán moitas vidas. A min paréceme que se teñen que baixar moi considerablemente os prezos das mesmas, para que nun futuro, todos os deportes cunha esixencia física alta poidan acceder a telas.

    • fab-aldaragarcia di:

      Polo de agora estas pulseiras non están do todo desarrolladas, pero cando o esten o seu precio baixará e poderan exercer o seu lavor de salvar moitas vidas.
      Pero son reltables para os equipos de gran orzamento xa que lle compensa mercar pulseiras para os seus xogadores e non ter que pagar revisións médicas, dos xogadores, cada semana, xa que son bastante caras.

    • faa-mariamartinez di:

      Para o meu parecer si son un pouco excesivos pero penso que a medida que pase o tempo, o seu prezo irá baixando, aínda que tamén aparecerán outros métodos e aparellos de mellor calidade. Ademais é un gasto necesario xa que a saúde sempre vai primeiro, e é moitísimo máis rentable que facerlle revisións cardiovasculares cada pouco tempo a cada deportista.

    • faa-juancsineiro di:

      É verdade que resultan caras, pero comparando cos prezos das revisións médicas, que co que pasou con Dani Jarque ou Antonio Puerta, que nos di que os esamenes médicos non son do 100% de fiabilidade. Aínda así equipos menores non van poder telos, estas pulseiras con estes prezos so van estar destinadas a equipos con moitos cartos.

    • faa-iriagondar di:

      Esta pulseira é unha vantaxe moi grande no campo da medicina e deporte. Certo é que pode salvar vidas pero non é de todo económico para os deportistas xa que o sistema de monitorización sería demasiado caro. Polo momento os grandes equipos serán os únicos que cheguen a usar este invento porque lle compensa económica e aforran un diñeiral en revisións cardíacas semanais.

  6. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que sí,que só os grandes equipos poden adquirir estas pulseiras.Na miña opinión esta pulseira tendría que ser un pouco máis barata para que os equipos medianos a poidan adquirir,é mellor que o iventor ou inventores destas pulseiras ganen menos beneficios para eles,osea que poñan as pulseiras máis bartas así máis equipos as compran e así tamén salvarán máis vidas.Ademáis si as poñen máis baratas habrá maior demanda,osea ganarán menos beneficios de cada pulseira,pero venderán máis.Isato implica unha maior produción e vendemento.

  7. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, sí é excesivo o prezo, pero creo que é imprescindible que cada un dos equipos en activo posúa un destos equipos, xa que o máis importante de cada deporte, é o benestar dos que o practican e non o prezo que haxa que pagar.Para intentar que todos os equipos puidesen posuir un destos equipos, penso que o estado deberia intentar dar unha axuda aos equipos máis necesitados para asegurar a protección de todos os practicantes.

  8. fab-antiachantada di:

    Esta pulseira aínda está en estudo pero si se chega a lograr e funcionara sería un gran avance médico e tamén para o mundo do deporte, ademais de protexer a vida dos futbolistas distas tráxicas mortes recortaríalle custes ao club deportivo polo que terían que ser baratas e asequibles para todos os clubs deportivos.

  9. fab-fuensantabuceta di:

    Pero neste caso o importante non é que os que inventaron as pulseiras gañen máis ou menos, estamos falando de vidas humanas. A vida dun xogador dun gran equipo vale o mesmo cá dun xogador dun equipo máis humilde. E que en cuestións de saúde se vexan favorecidos os que máis cartos teñen non é xusto, pero na actualidade todo funciona así.

  10. fab-raquelblanco di:

    Na miña opinión estas pulseiras deberían ser moito máis baratas, xa que todos ou case todos os deportistas deberíannas levar. Se baixa o prezo delas gañara menos diñeiro pero habrá máis demanda, asique acabará recompensando esa baixada de prezo.

  11. faa-paulagondar di:

    Cando esta pulseira saia ó mercado, creo que terá moito éxito no mundo deportivo. É certo que o seu prezo é moi excesivo, pero custa menos que a realización de todas as probas de esforzo con electrocardiogramas e ecocardiogramas, análises clínicos e análises xenómicos que se efectúan actualmente para detectar as anomalías cardíacas. Só os equipos con un bo fondo económico podrían adquirila, iso está claro, pero se ata agora hubo deportistas que invertían os cartos en realizar as probas, que son moito máis caras que as pulseiras, pode que haxa máis equipos e deportistas que poidan permitirse o luxo de comprar as pulseiras.

  12. Victor di:

    Tratade de facer unha reflexión sobre o seguinte: “a morte súbita parécenos moi importante porque pode afectar a grandes deportistas quedando recollido en imaxes o momento tráxico. Pola contra a malaria (temática do seguinte artigo) afecta a un gran número de persoas anónimas, polo que non lle damos importancia”.

    • fab-aldaragarcia di:

      A morte súbita tamén afecta a moitas persoas, pero son descoñecidas, o que pasa é que ao ter morto deportistas famosos por esta causa, dáselle máis importacia, coma a todo, cando morre alguen famoso, todos decimos pobre… pero se nos morre un veciño non lle damos importacia. Pois este caso é o mesmo, ao ter morto xente famosa desa enfermidade dáselle moita importancia, pero ao día morrén moitas persoas de malaría e so nos afecta e lle damos importancia cando sae un anuncio na tele decindo que donemos para poder vacinar a nenos. As dúas enfermidades son importantes, e os médicos tráanas con igual importancia, pero as farmacéuticas non, xa que saben que obterán máis beneficio tratando a morte súbita xa que moitos clubs pagarán polo remedio frente a vacina contra a malaria, que a xente non pode pagar un prezo por ela xa que a malaria, on de máis se dá é en África.

    • fab-alvarolopez di:

      Penso que por desgracia esa diferencia de grandes deportistas a xente anónima existe e a verdade penso que non debería ser así, xa que todos somos iguais independentemente de ser famosos ou non.

    • faa-luciasantos di:

      Dende o meu punto de vista, creo que esa frase é totalmente certa. Desgraciadamente, aínda que a nosa sociedade pretende ser tolerante e solidaria cos países subdesenvolvidos que necesitan a nosa axuda, pouca xente se conciencia diso. E vemos unha noticia, de cando en vez, de que un xogador coñecido, sofre unha morte súbdita e aféctanos obviamente. Pero, por que non a desnutrición ou enfermidades como a malaria? Simplemente porque non nos interesa, porque non nos parece cercano e non lle damos importancia. Vemos o que nos interesa, e nós,os países industrializados e con recursos, somos os que podemos intentar cambiar a situación e a diferenza entre as poboacións desenvolvidas ou non desenvolvidas.

    • fab-sandraromero di:

      Leva máis de 50 mil anos actuando. Nada nin nadie matou a tantos seres humanos na historia como o diminuto mosquito anopheles. Ao ano vense afectadas máis de 400 millóns de persoas pola malaria, entre dous e tres millóns morren a causa dela. En África as cifras son espeluznantes, cada 20 segundos morre un neno por esta enfermidade. Sábese que os parásitos da malaria son resistentes aos antiguos medicamentos.
      A razón de quen non se lle dea tanta importancia ás persoas que morren a causa desta enfermidade é porque son xente anónima, moi lonxe de nós. Tamén porque nos medios de comunicación non se fai repercusión desta enfermidade, máis porque xa é un tema de pouco interese. Únicamente llo dariamos se fósemos de viaxe a un país do sur de África.

    • faa-emilioabal di:

      É certo iso que dis Victor, pero realmente inda se esta moi lonxe de conseguir levar os medicamentos necesarios para combatila nestes países, pobres, cada día máis. Quizá se lle presta máis importancia polo que estes deportistas representan nesta a nosa sociedades

    • faa-xosemartinez di:

      É obvio que é unha inxustiza cando se comparan as diferentes maneiras de tratar ambos tipos de falecementos. Xa que dende sempre, por exemplo, unha morte así en España ten moita máis repercusión que 100 a causa da malaria en África, porque, no caso dos nosos deportistas, son persoas moi coñecidas mediáticamente e sen embargo, todas as persoas que morren a causa de esta e outras enfermidades ocorren en países demasiado lonxanos da nosa sociedade e tendemos a prestarlle menos importancia a pesar da súa gravidade.

    • fab-mariaarojo di:

      Certo é que a morte súbita non afecta a tantas persoas coma a malaria e que, se morre alguén de morte súbita (concretamente no caso do fútbol) xa sae ao momento nos xornáis, na televisión, etc…
      En cambio cando morren miles de persoas pola malaria non se fala do tema, tan só recordase de cando en vez a labor humanitaria dalgúns voluntarios que están ali levando medicamentos para salvar estas vidas.
      Pero… cal é a diferenza? que os grandes equipos de deportistas, e sobretodo os deportes líderes como son o fútbol, o basket, o balonmán… son deportes do día a día, cousas que vemos nas noticias e sobre xente que “coñecemos”, en cambio a xente afectada pola malaria non ten cartos, nin recursos, nin nada para poder facerse eco. Existe solución para a malaria? si. O problema é que ninguén considera rentable nin beneficioso o traballo de proporcionar unha solución a xente que carece de recursos, en cambio sí é beneficioso e rentable querer salvarlle a vida a 25 futbolistas evutando ataques ao corazón, e iso é unha realidade.

  13. faa-paulagondar di:

    É certo que se lle damos máis importancia á morte súbita nos deportistas que ás miles de mortes diarias pola malaria, pero eso non quita que deixemos de darlle importancia a estas últimas mortes. Os dous son temas importantes, pero a malaria penso que é un tema moito máis serio e urxente, e non se lle presta a suficiente atención como debería, xa que non hai punto de comparación entre o número de mortes de malaria que de morte súbita. A conclusión que se saca de todo isto é que vivimos nunha sociedade moi superficial á que lle interesa os avances tipo este artigo polos beneficios económicos. Mentres tanto, miles de persoas morren cada día a causa da malaria, e nós non facemos o suficiente para que isto pare. Por que? Remedio xa hai, si, un remedio sinxelo e natural que se toma en forma de infusión, que non lle aporta beneficio económico a niguén. Esta é a sociedade na que vivimos.

  14. fab-amadeoabal di:

    Facemos moito máis caso aos deportistas que morren de morte súbita porque saen case todos os días na televisión e ademáis coñécense mundialmente.Mentres que no caso da malaria as persoas que morren non se coñecen de nada,aínda que ten a mesma importancia que morra unha persoa de malaria que de morte súbita.Os deportistas é moito máis tráxico xa que ao coñecelos pola televisión danos moita máis pena que os da malaria que nin siquiera saen na televisión cando morren.