Rusia e a Lúa

Rusia pretende enviar cosmonautas á Lúa tras levar a cabo varias misións non tripuladas, e incluso podería establecer unha base permanente no satélite natural da Terra. Así o anunciou o director xeral do consorcio aeroespacial Lávochkin, Víctor Jártov.

As dúas primeiras misións non pilotadas -‘Luna Resurs‘ e ‘Luna Glob‘- son a repetición dos pasos que xa se deron no pasado, en tempos da Unión Soviética, pero as experiencias adquiridas entón perdéronse e deben ser recuperadas.

O proxecto ‘Luna-Resurs’ realizarase conxuntamente coa India, que aportará á misión o foguete  portador e o vehículo lunar que será depositado na superficie da Lúa por un módulo de descenso fabricado por Rusia.

Mentres, o proxecto ‘Luna-Glob’, de autoría exclusivamente rusa, prevé o lanzamento e aterraxe dun aparato que unha vez sobre o terreo, recollerá mostras de po lunar, ao igual que a terceira misión, ‘Luna-Grunt‘, que a diferenza da súa predecesora “recollerá mostras de terra lunar de maneira selectiva”, segundo o científico ruso. Concluídas todas as misións non pilotadas, a industria aeroespacial rusa iniciará os preparativos para enviar unha nave tripulada ao satélite.

Neste sentido, Jártov propuxo a posibilidade de establecer unha base permanente na Lúa, e anunciou que Rusia iniciara convidas coa NASA e la Axencia Espacial Europea (ESA) para explorar esta posibilidade.

Autora: Laura González Durán

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.