Ao centro do tumor

Para que chegue o día no que se poida tomar una pastilla que combata só as células canceríxenas dun tumor no páncreas de forma selectiva e personalizada en función das necesidades de cada paciente poden pasar só dez anos. É o tempo que os científicos estiman para poder desenvilver novos sistemas baseados na nanotecnoloxía para o diagnóstico precoz e o tratamento eficaz dun dos cancros máis malignos. Segundo varios estudos o 80% dos que padecen esta enfermidade, rematan morrendo.

Para lograr isto, xurde o proxecto SaveMe que está encamiñado a lograr este obxetivo, apoiándose en centros de investigación, como os vascos CIC bioma GUNE e Cidetec-IK4, ubicados en San Sebastián, e que participan neste ambicioso proxecto Europeo no que interveñen un total de 30 entidades cientifico-tecnolóxicas de nove países lideradas pola Universidad de Tel Aviv.

O proxecto:

– O cancro de páncreas é un tumor maligno que se orixina na glándula pancreática e é a modalidade de cancro máis maligna; o 80% dos afectados morren.

– Neste proxecto Europeo SaveMe participan un total de 20 entidades cientifico-tecnolóxicas de nove países incluidos dous centros vascos. Dura catro anos e conta cun presuposto de 13 millóns de euros.

– O obxectivo principal é desenvolver novos sistemas baseados na nanotecnoloxía para o diagnóstico precoz e o posterior tratamento. Nesta primera fase, só se probará en animais.


Autor: Iago González Abal

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Nanotecnoloxía e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to Ao centro do tumor

  1. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO (durante 10 días)

  2. fab-raquelblanco di:

    O páncreas é unha glándula de aproximadamente seis pulgadas de largo con forma de pedra delgada descansando de costado. O extremo máis ancho do páncreas denomínase a cabeza, a sección media denomínase o corpo e o extremo delgado denomínase a cola. O páncreas ubícase detrás do estomago e en frente da columna vertebral.
    O páncreas cumpre duas funcións principais no corpo:
    – Produce xugos que axudan a dixestíon de alimentos.
    – Produce hormonas, como a insulina e o glucagón, que axudan a controlar as concentracións de azúcar na sangre.

  3. fab-amadeoabal di:

    O cancro de páncreas é un dos tumores menos frecuentes(2,1%),pero en cambio é un dos máis letais. Esta letalidad débese a que a maioría de pacientes non se lles diagnostica ata que a enfermidade alcanzou un estadío.

    Nos últimos anos a prevalencia entre homes e mulleres equipouse debido a incorporación da muller ao hábito tabáquico,un ds principais factores de riesgo.

    Os tumores benignos e malignos reciben o seu nome polo lugar do corpo donde se orixina o tumor.

  4. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, penso que este descubrimento seria o mellor que lle poderia pasar actualmente no campo da medicina ao ser humano, xa que esta nova tecnoloxía sería capaz de contrarrestar unha das maiores enfermidades actuais como é o cancro.Por outro lado, está que no periodo de tempo que resta para que se poida comezar a empregar este sistema de curación, morreran moitas persoas por esta enfermidade.

  5. faa-mariamartinez di:

    O cancro de páncreas é un dos máis malignos polo feito de que aínda que exista un tumor, este órgano sigue funcionando con bastante normalidade. Por esta razón non se detecta ata etapas avanzadas, é dicir, o diagnóstico chega tarde. Nese momento, o tumor xa ten un tamaño significativo e pode encapsular arterias e veas de gran importancia. Ademais o páncreas atópase situado no lugar de encontro de varios órganos cruciais o que facilita que o tumor se extenda cara eles e descarta a intervención quirúrxica. Sen embargo, cando hai posibilidade de intervención, poden extirpar boa parte do páncreas, menos a encargada de producir insulina, aínda que no 85% dos casos o cancro reaparece.

  6. Victor di:

    A técnica que describe este artigo pode considerarse como biotecnoloxía?

    • fab-laurarodriguez di:

      A biotecnoloxía é toda aplicación tecnolóxica que empregue sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de productos ou procesos de usos específicos. Dito doutro xeito, pordaríase definir coma a bioloxía basada na tecnoloxía. Según esta definición, esta técnica sí se podería considerar biotecnoloxía, xa que emprega medios técnicos para seleccionar as células malignas segundo a técnica personalizada que precise cada persoa, matando así só ás células de cáncer.

      • Victor di:

        A biotecnoloxía refírese a técnicas de manipulación de ADN. É este o caso?

        • faa-victorinosouto di:

          Antes de nada quería decir que onte foi o día mundial do cancro.
          Con respecto a pregunta de Víctor na miña opinión creo que non xa que como ben di a biotecnoloxía e a manipulación do ADN e neste artigo eu entendo que o que se quere e chegar a o centro do tumor através de robots nacnotecnolóxicos os cales lle permita a os médicos tratar o cancro sen ter que ser con radioterapia nin quimioterapia.

        • faa-antoniomrodino di:

          Eu creo que esta técnica si se pode considererar biotecnoloxía, xa que como afirma Damián a biotenoloxía é quen de encargarse de fabricar estes robots para que actúen so no tumor.
          Segundo a súa definición, aquí se empregan aplicacións tecnolóxicas para a modificación de productos( o tumor) e usos específicos ( que so afecten a unha determinada zona).

    • faa-damianlores di:

      Si se quere eliminar o tumor a través de uns micro-chips nanométricos, que localicen o tumor e o destrúan. Claramente se considera biotecnoloxía, xa que este proceso biolóxico é posible pola tecnoloxía, que creou os micro-chips nanométricos para poder combater o cancro.

  7. fab-lauragonzalez di:

    O cancro de páncreas é un tumor maligno que se orixina na glándula pancreática.

    Os principais factores de resgo máis coñecidos do cáncer de páncreas son:

    •Tabaco: É o principal factor de resgo coñecido para padecer cancro de páncreas. De calquer forma a relación tabaco e cancro de páncreas non é tan firme como sucede có cancro de pulmón ou o cancro de larinxe, aínda sendo o cancro de páncreas un cancro tabaco dependente.
    •Dieta: O cancro de páncreas ocorre máis frecuentemente nas poboacións que consumen a dieta chamada occidental caracterizada por un alto contido en graxas animais, azucres refinados e proteínas de orixe animal.
    •Alcohol: O alcohol tamén é un importante factor de resgo. Coñécese que este hábito actúa como factor causal nunha variedade de enfermidades dixestivas, coma os tumores de esófago.
    •Factor hereditario: Está admitido que a herdanza pode estar involucrada en casos ocasionais, pero non se cree que os factores hereditarios actúen nun número importante de casos. Os casos familiares que se encontraron corresponden sobre todo a cancros endócrinos pancreáticos.

  8. fab-amadeoabal di:

    A técnica que se emprega neste artigo pódese considerar biotecnoloxía xa que a biotecnoloxía é on empleo de organismos vivos para a obtención de un ben ou un servicio útil para o home.Neste artigo vaise investigando a persoas que teñen esta enfermidade e a partir de ahí sacan novas conclusión importantes para ir día a día intentando descubrir un remedio contra esta enfermidade.

  9. Victor di:

    Que vantaxes ten a técnica proposta neste artigo con respecto á quimio ou radioterapia?

    • faa-iagogonzalez di:

      As vantaxes son múltiples, pero unha das máis destacadas é que esta nova tecnoloxía iría directamente ao centro do tumor sen provocar outros danos no organinmo como a perda do cabelo.Outra vantaxe, sería que non deixaría ningún residuo no corpo, xa que é unha técnica moi limpa.

    • faa-iriagondar di:

      A nanotecnoloxía e quen de monitorizar imaxes, reparar tecidos, control da evolución das enfermidades, defensa e mellora dos sistema biolóxicos humanos; diagnóstico, tratamento e prevención, alivio da dor, prevención da saúde, subministración de medicamentos directamente ás células, etc.

    • fab-mariaarojo di:

      As vantaxes desta técnica son moitas, como por exemplo a dor que deixaría de pasar o paciente polas consecuencias da radioterapia (inchazo, ardentía, fatiga, nauseas e vómitos) e da quimioterapia (caída do pelo, anemia…) pasando tamén polas consecuencias psicolóxias da persoa a tratar, coma a depresión, cambios na forma de ser, nas relacións… Ademáis do que di Iago, a técnica conseguiría chegar ao tumor directamente, sen danar o resto do organismo.

    • faa-manuelbusto di:

      Neste artigo proponse, como ben di iago, unha técnica moi limpa que non altera o organismo. A función da quimioterapia é destruír as células canceríxenas que crecen rapidamente, pero o tratamento tamén afecta ás células sanas o que produce unha serie de efectos secundarios como a caída do pelo e a reducción do número de células en sangue.

    • faa-xosemartinez di:

      Respecto ó tratamento do cancro, sería un gran avance, xa que os diagnosticados de esta enfermidade non se terían que enfrontar a sesións de quimio ou radioterapia. As cales producen efectos secundarios temporais como caída do pelo, vómitos, etc. Ademais de efectos permanentes como problemas nos riles ou no corazón, os cales serían erradicados ca nova técnica xa que non deixaría ningún tipo de residuo no corpo.

  10. fab-martinfranco di:

    A nanotecnoloxia ten múltiples vantaxes como que actuaría directamente no centro do tumor sen provocar outros danos no organinmo, repara tecidos, controla a evolución das enfermidades, diagnóstica, trata e preven a enfermidade, alivia a dor, etc. pero temos que ter un especial coidado con este novo modo de crear mediciñas pois é un terreo, ainda, moi descoñecido e non sabemos todas as consecuencias que pode traer a aplicacion destes nanorrobots para o noso organismo.

  11. fab-raquelblanco di:

    A nova tecnoloxía iría cara o centro do tumor e non dañaría outros órganos, non se tendrían os efectos secundarios da quimioterapia, non se tería dor…

  12. faa-antoniomrodino di:

    Pode presentar múltiples vantaxes, xa que principalmente, como di Iago, esta técnica é moi limpa e so actuaría nas células canceríxenas, non en todas aquelas que se reproduzan con moita velocidadade, como pode ser o caso das células do cabelo. Ademais, non causaría outros efectos secundarios como son ás náuseas, efectos de inchazóns tanto na cara como no corpo, e incluso, como ocorre moitas veces, non causaría a morte por causa do propio tratamento, tanto porque o corpo non o pode soportar por sí mesmo, como pola baixada das defensas que este causa.

  13. Victor di:

    Por que é un órgano tan importante o páncreas?

    • faa-damianlores di:

      O páncreas é unha glándula situada debaixo do estómago que desempeña un papel moi importante no proceso dixestivo, producindo enzimas esenciais para realizar a dixestión da comida. A outra función do páncreas e a de producir insulina, unha hormona cuxa función é estimular os músculos e as células para que absorban a glicosa que necesita o ser humano. A ausencia desta hormona en cantidades apropiadas provoca unha enfermidade chamada diabetes.

    • faa-adrianfeijoo di:

      O páncreas é un órgano situado detrás do estómago.A súa función é a de producir encimas dixestivas que axudan a dixestión dos alimentos.O páncreas tamén se encarga de producir hormonas como(insulina e glucagón),que axudan a equilibrar o azucre no sangue.

    • faa-breixoalonso di:

      O pancreas ten duas funcións fundmentais. Unha é fabricar enzimas que axudan coa dixestión das graxas e as proteínas. O páncreas libera estas enzimas dentro do intestino delgado a medida que os alimentos entran no estómago. Si estas enzimas non poden liberarse por algún bloqueo, o corpo non pode absorber completamente os alimentos, e así pode haber pérdida de peso e diarrea.A outra función do páncreas é producir insulina que axuda a controlar o nivel de azucar (glucosa).

    • fab-sandraromero di:

      O páncreas é unha glándula que mide arredor de 15 a 23 cm e se atopa no abdome. Este órgano ten dúas funcións fundamentais:
      -A función exocrina. As células exocrinas do páncreas producen enzimas que axudan á dixestión.
      – A función endocrina. Esta función é a que envolve a produción de hormonas ou substancias que se producen nunha parte do organismo e que circulan pola corrente sanguínea para influír noutra parte distinta do organismo.

    • faa-josechaves di:

      O páncreas produce xugos que axudan a descompoñélos alimentos e hormonas que axudan a controlar os niveis de azucre no sangue.
      O páncreas ten dúas funcións principais:
      – A endocrina é a encargada de producir e segregar insulina.
      – A exocrina consiste na produción do xugo pancreático.

    • fab-alvarolopez di:

      O páncreas é tan importante polo favorecemento da dixenstión de alimentos que fai, tanto pola acción das enzimas da súa secreción exocrina, como polo seu efecto neutralizante do contido ácido do estómago que chega ó duodeno.

    • fab-inesfeijoo di:

      O páncreas é un órgano situado detrás do estómago. O páncreas produce enzimas dixestivas que axudan a dixerir os alimentos. O páncreas tamén produce hormonas como a insulina que axudan a equilibrar o azucre no sangue.

    • faa-antoniomrodino di:

      O páncreas é importante debido a que é o encargado de producir e segregar dúas hormonas importantes, entre outras, a insulina e o glucóxeno. Á súa vez, as células producen tanto glucagón, que eleva o nivel de glicosa no sangue, como insulina, que diminúe os niveis de glicosa sanguínea.
      Tamén ten outra función que consiste na produción do mollo pancreático que se envorca á segunda porción do duodeno a través de dous condutos excretores: un principal e outro accesorio ( que se desprende do principal). Ademais regula o metabolismo das graxas. O mollo pancreático está formado por auga, bicarbonato, e numerosas encimas dixestivas, como a Tripsina e Quimotripsina (dixiren proteínas), Amilasa (dixire polisacáridos), Lipasa (dixire triglicéridos ou lípidos), Ribonucleasa (dixire ARN) e Desoxirribonucleasa (dixire ADN).

    • faa-iagogonzalez di:

      O páncreas, é un órgano moi importante debido ás funcións que leva a cabo no organismo: É de moita importancia para a dixestión dos alimentos, tanto pola acción dos enzimas da sua secreción exocrina, como asimesmo polo seu efecto neutralizante do contido ácido do estómago que chega ao duodeno.

  14. fab-amadeoabal di:

    O páncreas é moi importante para a dixestión dos alimentos, tanto pola acción as enzimas da súa secreción exocrina, como asimismo polo seu efecto neutralizante do contido ácido do estómago que chega ao duodeno. A súa acctividade secretora exocrina está controlada por mecanismos nerviosos e humorais. Existen no páncreas do home e algunhas especies animais, ademáis das células responsables da súa secreción exocrina (dixestiva), agrupacións celulares que forman os islotes de Langerhans. A función de éstos non está relacionada coa dixestión, sinon que secretan certas hormonas (insulina e outras), que serán tratadas no capítulo correspondente.

  15. faa-victorinosouto di:

    O páncreas é moi importante porque é un órgano da glándula no sistema dixestivo e endocrino dos vertebrados. É a sua vez una glándula endocrina producen varias hormonas importantes, incluindo insulina, glucagón e somatostatina, así como una glándula exocrina, segregando xugo pancreático que conten encimas dixestivas que pasan ao intestino delgado. Estas encimas axudan ao desglose dos hidratos de carbono, proteínas e graxa no quimo.

  16. faa-luciasantos di:

    O cancro de páncreas é un dos que máis mortes producen. Isto é debido á importancia deste órgano no noso corpo, posto que, cando esté está danado, ou lle afecta unha enfermidade, non hai ningunha solución se non se colle a tempo, xa que ningún outro órgano ou aparello realiza a súa función. O páncreas é tan importante, porque ademais de axudar na dixestión dos alimentos, dixerindo proteínas, graxas e carbohidratos; axuda na regulación do azucre presente no sangue, producindo hormonas como a insulina ou o glucagón.

  17. faa-paulagondar di:

    O feito de que se poida atopar unha cura para o cancro nestes próximos anos sería un gran avance para a Medicina, xa que a cura para estos tumores lévase buscando dende hai tempo. Isto será posible gracias á nanotecnoloxía. Pódese dicir que moitos dos avances, do ámbito científico, levados a cabo na actualidade foron posibles grazas a este novo método da nanotecnoloxía. Deixando a un lado a cura do cancro, outras aplicacións médicas deste método serían: un diagnóstico máis específico e eficiente, tratar enfermidades cardiovasculares, cambios na forma de administración dalgúns medicamentos, control do sangrado (por exemplo nunha operación), nanociruxía, sustitución e rexeneración de órganos, transporte de xenes mediante nanotubos… Estes son algúns exemplos das aplicacións que ten a nanotecnoloxía, e como podemos comporobar, é unha rama da ciencia con moito futuro.