Primeiro aviso

O primeiro terremoto considerable do ano tivo lugar a tarde do 10 de xaneiro na costa oeste da illa indonesia de Sumatra.  O Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos informou de que o terremoto tivo lugar a 420 km suroeste da localidade de Banda Aceh, foco do terremoto que tivo lugar o decembro de 2004 e magnitude 8.9, que se atopa ao este de Indonesia e a 29’1 km de profundidade. O goberno de Sumatra deu unha alarma de tsunami que máis tarde retirou, pero non se descarta que se poidan producir en zonas a menos de 100 km  do epicentro e tamén foi descartada a alerta de tsunami para as illas Galápagos, xa que as características do sismo non eran as propicias para provocalo e de dar lugar a tsunamis serían de pequenas dimensións e non destructivos.

Indonesia é propensa a terremotos e tsunamis pola posición xeográfica que ocupa, xa que se atopa na intersección de placas tectónicas en constante movemento.


Autora: Aldara García

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to Primeiro aviso

  1. fab-mariaarojo di:

    Un terremoto é unha sacudida ou movemento na terra polo choque das placas tectónicas, este a sua vez producido por unha repentina liberación de enerxía do interior da Terra, e propagándose en todas as direccións. Os lugares mais comúns e propensos a terremotos son os situados nas fallas (fronteiras entre placas) e é o caso de Indonesia, que está no bordo da placa Euroasiática coa Indoaustraliana.

  2. fab-alekseinogueira di:

    Esta é unha noticia normal dun terremoto, o primeiro terremoto forte do ano, pero non entendo moi ben o título de Aldara xa que non sei, esta zona da Terra é propensa a ter terremotos constantemente e o título dinos como se a Terra fose a facer terremotos maiores.

  3. Victor di:

    Entre que placas se producíu este terremoto? De que tipo de bordo de placa se trata?

    • fab-aldaragarcia di:

      Entre as placas Indoaustraliana e a Euroasiática. Son placas continentais

    • faa-manuelbusto di:

      O terremoto produciuse na colisión entre a placa indoaustraliana e a euroasiática.
      Estas placas presentan bordos converxentes, isto significa que están colisionando ente si , o que produce a subdución dunha das placas baixo a outra , dando lugar a unha zona de grande actividade sísmica e volcánica.

    • faa-antoniomrodino di:

      Tivo lugar pola colisión das placas Indoaustraliana coa Euroasiática. Neste caso, como afirma Manuel Busto, trátase dun bordo converxente no que ten lugar unha colisión entre ambas placas, e posteriormente un porceso de subdución dunha baixo a outra, neste caso da Placa Indoaustraliana baixo a Euroasiática. Esta zona vaise a converter nunha zona de grande actividade sísmica, e unha posterior actividade volcánica.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Colisionan as placas tectónicas indoaustraliana e a euroasiática,unha das fracturas máis activas da corteza terrestre.
      As placas son tan ríxidas que a fricción entre os bordos converxentes, da lugar a tensións que acumulan gran cantidade de enerxía.Esta enerxía pode liberarse bruscamente,producindo rupturas e vibracións elásticas na Terra(terremotos)

  4. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO (durante 10 días)

  5. fab-amadeoabal di:

    Este terremoto foi provocado ao chocar as placas tectónicas Indoaustraliana coa Euroasiática.Como ben di Manuel estas placas presentan bordos converxente.O epicentro do terremoto localizouse a unha profundidade de 29 kilómetros, 450 kilómetros ao suroeste da localidade de Banda Aceh, na illa de Sumatra, e a 950 kilómetros ó oeste de Kuala Lumpur, en Malasia.

    • Victor di:

      O epicentro sempre é na superficie. Refíreste ao hipocentro ou foco do terremoto.

      • fab-cristinaporto di:

        Eu penso que é o hipocentro pola seghuinte definición:
        É o punto na profundidade da Terra dende onde se libera a enerxía nun terremoto. Cando acontece na codia dela (ata 70 km de profundidade) denomínase superficial. Se acontece entre os 70 e os 300 km denomínase intermedio e se é de maior profundidade: profundo (recordemos que o centro dela Terra se sitúa a uns 6.370 km de profundidade).

  6. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO (durante 10 días)
    Por que este sismo podería haber producido un
    tsunami?

    • faa-iriagondar di:

      Os tsunamis máis destrutivos son os xerados por terremotos cuxo epicentro ou liña de falla está no fondo mariño ou moi preto del. Isto prodúcese nas rexións da Terra nas que se dá subducción de placas tectónicas continentais que conforman a codia terrestre. A gran cantidade de terremotos que hai nestas zonas débese á colisión destas placas continentais que, cando se moven unhas contra outras, inclinan e desprazan grandes áreas do fondo oceánico. O desprazamento vertical destas grandes áreas altera a superficie do océano e provoca o desprazamento de grandes masas de auga, o que xera grandes ondas destrutivas, os tsunamis.

    • fab-laurarodriguez di:

      Éste sismo puido producir un tsunami porque se produciu baixo ou cerca do piso oceánico, que é a cortiza máis nova que se orixina polas actividades volcánicas que hai na terra.

    • faa-adrianfeijoo di:

      A causa é porque a falla encóntrase baixo o océano o que supón que unha fractura desta podería producir un gran tsunami.Como o que sucedeu en Sumatra o 2004,con olas de ata trinta metros.

  7. fab-alekseinogueira di:

    Este terremoto podría haber producido un tsunami debido a que o foco do terremoto detectouse no mar.

  8. fab-fuensantabuceta di:

    Cando se produce un terremoto é polo choque de dúas placas tectónicas e normalmente unha acaba enriba da outra polo choque. Cando isto ocorre no mar, é decir, cando o hipocentro do terremoto está baixo a auga, o nivel da auga aumenta e o movemento producido polo terremoto pode crear unha gran onda. O perigo aumenta se o terremoto ocorre preto dunha costa. Os tsunamis son grandes ondas que poden desplazar grandes cantidades de auga ás costas e incluso chegar dun continente a outro.

  9. Victor di:

    RECORDO: ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO (durante 10 días)

  10. Victor di:

    Sería razoable que se producise un gran terremoto nas costas galegas?

    • faa-iagogonzalez di:

      Na miña opinión, penso que non sería moi razoable, xa que os terremotos únicamente se producen en zonas donde converxen dúas placas tectónicas, e no caso de Galicia, o límite entre dúas placas máis cercano que ten, é a dorsal oceánica do atlántico, onde as dúas placas non converxen, senón que se separan.

    • fab-sandraromero di:

      A costa galega é unha zona de baixa sismicidade polo que sería razoable que de vez en cando sucedese un terremoto.
      Hai 6 anos, houbo un terremoto moi preto da costa galega, tan só a 61 Km do litoral, de 5 graos na escala Ritcher. En 1997 tamén houbo outro de 5,1 graos.
      Moitos dos terremotos que se producen cerca da nosa costa son pouco perceptibles xa que os de menor intensidade sucédense con máis frecuencia e baixo a corteza terrestre do mar.

    • faa-iriagondar di:

      Claro que é posible no ano 2.006 a 61 km da costa coruñesa produciuse o sismo máis forte das costas galegas cunha magnitude de 5 na escala Ritcher e foi quen de sentirse en terra firme. Isto todo debese a unha falla situada a 61 km da costa como mencionei con anterioridade, a orixe da falla sitúase no lugar de transición entre a plataforma continental e a oceánica e corresponde a restos de movementos alpinos moi antigos. Os expertos consideran que non supón perigo de novos terremotos aínda que poderían producirse réplicas de certa intensidade aínda que a distancia entre o epicentro e a costa e o feito de producirse baixo o mar minimizan o risco destes fenómenos.

    • faa-juancsineiro di:

      Sería moi difícil debido a que a costa galega caracterízase por ser rochosa e preparada para calquera movemento, o movemento das placas tectónicas é escaso, pouca profundidade e tamén pola ausencia de bolcáns activos.

    • faa-victorinosouto di:

      Con respecto a este tema Federico Vilas Martín (catedrático de Xeoloxía Mariña da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo), explica que as Rías Baixas debido as fallas tectónica teñen tendencia a afundirse máis ca as Rías Altas. Federico baséase en que por exemplo en Pontevedra hai unha cidade romana por debaixo do nivel do mar e isto solo ten duas explicacións ben que se produxera un afundimento da parte interna da Ría de Pontevedra ou ben que o que el explica sexa así. Este afundimento non e visible a escala humana pero e algo que esta ocurrindo e polo tanto debido a isto moitas zonas veranse prexudicadas por este feito como praias, marismas, e mesmo recursos acuíferos suterráneos polo ascenso do nivel do mar.

    • fab-aldaragarcia di:

      Non sería imposible que sucedese xa que como aclara Raquel Blanco, xa se produciron algúns. Pero non é o máis común nin o máis esperado, e de habelos, non serían de moito grados na Escala Ritcher. E os terremotos soen producirse onde limintan duas placas converxentes e a placa que está máis preto e a dorsal oceánica do Atlántico e esta placa non é converxente.

    • faa-antoniomrodino di:

      Eu creo que é pouco probable, aínda que tamén afirmo que pode ser razoable, xa que non podemos esquezer que moitos dos terremotos, aínda que non estén asociados a bordos de placa como é o caso da costa galega, están na existencia de fracturas e a nos reaxustes dos bloques continentais a ambos lados dunha placa.

  11. fab-raquelblanco di:

    O 13 de marzo de 2011 houbo un terremoto en Coruña as 14.20 horas, de 3.0 graos a uns 20 kilómetros de Santiago de Compostela.
    O 23 de abril do 2006 tamén houbo outro gran terremoto en Coruña de magnitude 5 na Escala Ritcher. Pero estes dous non produciron daños.

  12. Victor di:

    Como se pode explicar o xeito de producirse un sismo nunha falla?

    • faa-damianlores di:

      Un sismo prodúcese, cando nunha falla se produce un desprazamento repentino en forma de saltos, e esas dúas fallas chocan e producen sismos seguidos de períodos de inactividade.

    • fab-sandraromero di:

      As forzas da corteza superior da terra presionan os lados da falla. A fricción sobre a superficie da falla mantén as rochas xuntas para que non se deslicen inmediatamente cando sexan presionadas lateralmente. Co tempo vaise acumulando a suficiente tensión e as rochas desprázanse bruscamente, o que dá lugar a unha gran liberación de enerxía en ondas expansivas e dan lugar a terremotos.

    • faa-mariamartinez di:

      A actividade repentina e brusca dunha falla pode producir un gran terremoto ou incluso a ruptura da superficie terrestre, dando lugar a unha forma topográfica denominada escarpe de falla.
      Un exemplo disto é o terremoto que tivo lugar en San Francisco, California, na falla de San Andrés, o 18 de abril de 1906.

    • faa-iriagondar di:

      Un terremoto é causado por un deslizamento brusco sobre unha falla cando as forzas na codia superior da terra premen, conxuntamente, os lados da falla. A fricción sobre a superficie da falla mantén as rochas xuntas para que non se deslicen inmediatamente cando sexan premidas lateralmente. Co tempo, a tensión vaise acumulando e as rochas esváranse bruscamente, liberando enerxía en ondas que viaxan a partires das rochas para causar o movemento que sentimos durante un terremoto.

    • faa-luismdoval di:

      Nunha falla, orixínase un sismo cando este desprazamento prodúcese de forma brusca e repentina, ocasionando ese sismo ou unha ruptura terrestre.

    • faa-antoniomrodino di:

      O sismo nunha falla é debido a un desprazamento lateral dunha falla sobre a outra, xa sexa de forma inversa ou ben directa. Isto conleva a que se produza unha fricción entre ambas, e dean lugar a fracturas na parte externa da codia. Fórmanse os chamadas escarpes ou saltos de falla.

    • faa-iagogonzalez di:

      Unna falla, é unha discontinuidade que se forma por fractura nas rochas superficiais da Terra (ata uns 200 km de profundidade) cando as forzas tectónicas superan a resistencia das rochas.Cando as duas placas que forman esta faia se moven, rozan entre si, producindo un movemento sísmico ou terremoto.

  13. Victor di:

    E pode ter a auga algún efecto sobre as fallas que faga que sexan máis abundantes os terremotos?

    • faa-victorinosouto di:

      A sobreexplotación dos recursos acuíferos pode probocar afundimentos do terreo polos cales México leba padecendo desde as duas últimas décadas en zonas urbanas.

      • faa-antoniomrodino di:

        Dende logo. Algúns acuíferos e presas, como di Victorino, debido ao peso da auga que estes exercen sobre a superficie, poden causar fendas e fracturas no terreo, as cales son boas ” conductoras” de movementos sísmicos. Un caso semellante é o do famoso terremoto de Sichuan, en China.