“Segunda revolución verde”

Os alimentos transxénicos son criticados pola súa suposta toxicidade e alerxicidade. Pero os estudios aínda non son concluintes xa que os resultados obtidos polos científicos son contradictorios.

Aínda así, en termos medioambientais, moitas asociacións e organizacións, como Greenpeace, critican os efectos adversos que xurden co uso de diferentes técnicas de enxeñería xenética para crear estes alimentos.

Un dos riscos é o incremento de contaminación química co abuso de herbicidas e seguidamente a acumulación  desta toxina na terra e na auga. Esta actividade tamén crea tensión ambiental, que fai que as malas herbas teñan maior resistencia as enfermidades. Polo tanto axudan tamén a creación de virus e ao aumento da fortaleza a outros xa existentes. Outro problema é a proximidade de cultivos convencionais e os transxénicos , que fai que se cre contaminación xenética cruzada se non están separados a grandes distancias. É dicir a modificicación xenética pode ser transmitida a especies silvestres emparentadas poñendo en perigo a biodiversidade.

No campo da economía critícase que só 10 multinacionais controlen o mercado mundial de sementes dando unha nula capacidade de decisión aos agricultores, aínda que  o 99,5% non as cultivan.

Un dos países sen transxénicos é Letonia donde 101 dos 110 municipios existentes tomou esta iniciativa no 2009, a través dun referendum local, iniciaranse as novas medidas a partir deste ano.


Autora:Rosa Millán Somoza

Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos, Biotecnoloxía, Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

39 Responses to “Segunda revolución verde”

  1. fab-laurarodriguez di:

    Os alimentos transxénicos traen consigo certos riscos que moita xente non conoce. Teñen efectos que son impredecibles e descoñecidos que poden afectar á saúde das persoas que os consuman, pero os investigadores que traballan nestes productos preocúpanse máis en demostrar os aspectos positivos dos alimentos transxénicos intentando non darlle importancia ás posibles consecuencias que poderían ter.

  2. fab-isaacabal di:

    Eu penso que non se debe alterar xenéticamente ningún tipo de alimento, porque a natureza é sabia. Os riscos que conleva alterar os alimentos xenéticamente son ata o de agora imposible de coñecer, e penso que ata que se sepa con certe os problemas que poden ocorrer, no se deberían alterar.

  3. faa-nereapaz di:

    O uso dos alimentos tranxénicos non sería perxudicial para os ecosistemas sempre que se produciran de forma controlada e en áreas alonxadas doutros alimentos para que non se produza esa mezcla xenética con especies silvestres.
    A parte de producir unha considerable contaminación no solo e no mar, o uso dos fertilizantes para os alimentos tranxénicos tamén trae consigo o aumento do cambio climático.

  4. faa-luciasantos di:

    Os productos transxénicos son alimentos manipulados xeneticamente. Esto lévase a cabo para a súa mellora, xa sexa conseguir máis minerais, proteínas ou menos contido en graxa, así como unha maior conservación.
    No seu cultivo non se precisan produtos químicos, polo tanto requiren menos esforzo económico e aumentan a produción coas características do alimento desexables. Pero o certo, é que como todo, tamén ten os seus inconvintes. Poden darse rechazos fronte a un xen estraño, ou que estes non se desenvolvan da forma esperada e ademais, hai risco de que se produza hibridación. Aínda que hai pros, tamén hai contras, polo tanto, poden ser beneficiosos ou perxudiciais.

  5. faa-victorinosouto di:

    Na miña opinión os alimentos tranxénicos van ser a fonte de alimentos dos nosos fillos, netos,… Na actualidade fálase dos perigos que producen estes alimentos pero como di no post son contradictorios xa que uns aférranse a unha teoria e outros a outra. Ainda así non me parece apropiado facer uso destes alimentos asta que a malloria dos científicos saquen unha teoria en común xa que de momento parece todo moi bonito asta que se faga unha gran catastrofe ainda que non sexa a intención. Os alimentos tranxenicos axudarán nun futuro a que a fame no mundo disminua xa que na actualidade os alimentos non chegan e moitas veces facemos un mal uso deles, pero unha cousa que nos preguntamos e fixo un gran publicidade na televisión foi o habitante número sete mil millóns do planeta o que nos fai pensar se xa actualmente estamos nun planeta sobrepoblado.

  6. faa-mariamartinez di:

    As modificacións xenéticas que se lle fan aos alimentos transxénicos son para aumentar a súa calidade e produtividade, mellorar a resistencia ás plagas, por exemplo. Pero o problema é determinar se as vantaxes son suficientes para tapar e deixar de lado os inconvenientes, como a aparición de alerxias. Ademais xa se están “creando” os primeiros transxénicos animais, o primeiro deles en ser declarado apto para o consumo foi un salmón capaz de medrar o dobre de rápido e durante o inverno.
    Baixo o meu punto de vista este tipo de modificacións, tanto en vexetais como en animais, non deberían estar permitidas.
    Por outra banda, no vídeo dise que as grandes empresas sosteñen que os alimentos transxénicos poden acabar coa fame no mundo pero isto non é certo, xa que a súa produción favorece a que os pequenos agricultores perdan os seus terreos e estes pasen a mans de grandes empresas.

  7. fab-raquelblanco di:

    Os alimentos sometidos a inxeñería xenética son aqueles que foron producidos a partir de un organismo modificado xenéticamente mediante inxeñería xenética.
    É aquel alimento obtido dun organismo ó cal lle incorporaron xenes de outros para producir as características desexadas.De este modo, as plantas transxénicas poden resistir plagas, aguantar mellor as sequías ou resistir mellor a alguns herbicidas.Na actualidade teñen maior presencia alimentos procedentes de plantas transxénicas como o maíz, a cebola ou a soxa. En Europa só estan autorizadas algunhas modalidades de transxénicos.

  8. fab-alekseinogueira di:

    Os alimentos transxénicos son aqueles que proveñen dunha semente que sofreu unha mutación xenética, como se di no vídeo os transxénicos fan que se utilicen herbicidas e outros materiais químicos perxudiciais para o medio ambiente para que a planta dea o seu porduto de maneira eficiente, pero según o vídeo esto non se está a cumprir, como sucede no máiz. Por unha parte vexo ben o uso destes, porque según din son máis nutritivos pero creo que son mellores os cultivos ecolóxicos sen herbicidades e sen a utilización de herbicidas que proliferan o desenvolvemento dos virus facendoos máis resistentes.

  9. faa-luismdoval di:

    Os transxénicos son un grave risco para a biodiversidade e teñen efectos irreversibles e imprevisibles sobre os ecosistemas. Supoñen un incremento do uso de tóxicos, contaminación xenética e do solo, pérdida de biodiversidade, desenrolo de resistencias en insectos e malas herbas.
    Tamén supoñen un risco para a saúde:
    poden supoñer novas alerxias, aparición de novos tóxicos, diminución da capacidade de fertilidade, contaminación de alimentos, problemas en órganos internos, etc.

  10. fab-amadeoabal di:

    Os alimentos transxénicos son aquele que inclúen na súa composición algún ingrediente procedente dun organismo ao que se lle incorporou, mediante técnicas xenéticas, un xen de outra especie. Grazas a biotecnoloxía pódese transferir un xen dun organismo a outro para dotarlle de algunha cualidade especial da que carece. Deste modo, as plantas transxénicas poden resistir plagas, aguantar mellor as sequías, ou resistir mellor alghuns herbicidas. En Europa non todas as modalidades de transxénicos están autorizadas, sólo algunhas poden ser cultivadas e máis tarde comercializadas.
    Na miña opinión os alimentos transxénicos son unha grande contaminación para a biodiversidade xa que supoñen contaminacións tóxicas…

  11. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, o emprego de cultivos tranxénicos non ten nada de positivo, xa que é perxudicial en todos os sentidos, excepto no económico,polo que penso que se lle debería dar máis importancia á vida do planeta e os seus habitantes e menos ao diñeiro.

  12. faa-breixoalonso di:

    Na miña opinion os alimento transxenicos son un problema moi grave xa que poden provocarnos novas alerxias, tumores canceríxenos ou facernos resistentes ós antibióticos. Ainda que estes datos non son concluintes xa os estamos consumindo. En España o ano pasado incrementouse case un 40% a superficie adicada ós cultivos transxenicos, que xa era a maior de Europa. Estes cultivos non son so perigosos para nos se non que tamen son perigosos para o medio ambiente xa que supoñen ter que aumentar o uso de productos tóxicos na agricultura, contaminan xenéticamente as variedades tradicionales, acabando con elas e provocando unha grave pérdida da biodiversidad.

  13. Victor di:

    En xeral estou dacordo con vos en que non está nada claro nos efectos dos transxénicos na alimentación humana. Pero supoño que se algo non está claro, o primeiro e gardar precaucións (recordade o medicamento da película dos simios que antes de administrar a humanos era necesario estar seguro do seu efecto).
    Non credes que no caaso dos transxénicos o primeiro é o efecto que podan ter sobre a nosa saúde e despois son os rendementos económicos?

    • faa-breixoalonso di:

      Estou de acordo contigo pero a realidade e que xa os estamos consumindo non so en España se non en todo o mundo co cal creo que deberian de apurar a investigación para poñerlle canto antes un remedio ós seus efectos e deixar de invertir en acelerar o proceso de producción.

    • faa-manuelbusto di:

      Por suposto o primordial é sempre a saúde dos consumidores independientemente do beneficio económico.
      Na miña opinión deveríanse reducir a creacíon destes productos xa que non sabemos con claridade as consecuencias que isto podería traer para o futuro, tanto na saúde das persoas como tamén na biodiversidade.

    • fab-mariaarojo di:

      Está claro, a prioridade das persoas que crearon ditos alimentos debería ser estar seguros das consecuencias que poidan ter sobre as persoas os transxénicos, e por suposto antes de sacalos ao mercado, cousa que polo visto non fixeron coma deberían, pois se investigan agora as consecuencias cando o mal xa está feito…
      Aínda así xa hai países que xa están ao tanto deste problema, e é o caso dos EE.UU e do seu Centro para a Nutrición Aplicada e a Seguridade nos Alimentos da FDA (Administración de Drogas e Alimentos) o cal obriga a quenes desenvolvan estes produtos enviar a este centro información científica e de seguridade ao menos 120 días antes da súa saída ao mercado.

      • fab-rosammillan di:

        O ministerio de MAPA(agricultura pesca e alimentación de España) efectuou as medidas nas que o noso país se convertiría na porta de entrada e campo de probas dos transxénicos da UE aínda que xa houbera alarmantes evidencias da contaminación transxénica no campo español.
        O único alimento autorizado aprobouse en 1998 é o MON810,aínda que a avaliación de riscos non incluiu aspectos fundamentais obrigando a un proceso de revisión máis tarde.
        Moitos dos cultivos prohibidos dende hai anos (maíz Bt176,maíz MON810)seguen cultivandose,demostrando a ineficacia de MAPA cedendo os intereses da industria biotecnolóxica.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión penso que claramente o primordial de todo é a saúde,por iso antes de introducir nada que poida ser prexudicial ,deberíano estudar correctamente para saber se terá consecuencias ou non.Pero o que realmente lles interesa son os beneficios e nada máis,despois se é bo ou malo xa se verá.
      Se isto continúa estímase que entre o 40 e 50% da poboación pode sufrir algún tipo alerxia,debido aos alimento modificados tranxénicamente.

    • faa-antoniomrodino di:

      Estou dacordo, neste caso o primeiro que se busca é se causan ou non causan efectos sobre os alimentos silvestres( posteriormente sobre a nosa saaúde)estes alimentos tranxénicos, e posteriormente, se aos cales se lles pode sacar un bo rendemento económico ou non en función das consecuencias que causen sobre a poboación. No caso dos simios protestabamos porque non estabamos dacordo que a proba se fixese sobre eles, pero eu creo que neste caso é moito peor, xa que aquí pasamos directamente á proba con humanos. Eu creo, como conclusión, que se está invertindo a orde dos procesos que teñen lugar no método científico. Primeiro veñen as análises, antes ca os efectos.

  14. Victor di:

    Que é un alimento trasxénico?, como o poderíades definir para que sexa doadamente entendible?

    • fab-aldaragarcia di:

      Os alimentos transxénicos son todos aqueles que foros producidos a partir dun organismo modificado xeneticamente. E dicir, que os seus xenes foron modificados, para así obter unha máxima producción, por que cando os xenes se modifican e para que o alimento tarde máis en empodrecer, que aguante máis o frio e soporte máis a calor…

    • fab-sandraromero di:

      Os alimentos transxénicos ou modificados xeneticamente enténdese por aqueles organismos nos cales, mediante inxeniería xenética, se lles introduceu un xen doutro organismo ou se lle suprimiu ou modificou un xen propio. Esta modificación xenética fai que os vexetais non prescindan de tantos pesticidas e herbicidas, polo tanto permítelles aos produtores reducir os costos e obter un maior beneficio.

    • Tódolos organismos vivos están constituidos por conxuntos de xenes e as súas composicións determinan as características de cada organismo. Alterando esta composición pódense cambiar as características dunha planta ou dun animal mediante a transferencia dun xen responsable de determinada característica nun organismo, cara outro organismo.
      É posible transferir xenes de plantas ou bacterias, ou virus, a outras plantas, e ademáis combinar xenes de plantas con plantas, de plantas con animais, ou de animais entre sí, superando por completo as barreiras naturais que separan ás especies.

    • faa-antoniomrodino di:

      De forma moi básica e entendible, o que eu teño entendido por alimento tranxénico é todo aquel alimento que é ” fabricado” ou “producido” en laboratorios, a partir das propiedades doutros, para mellorar as súas características, como pode ser a resistencia ao frío ou á seca, maior dureza na súa estructura,…

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os alimentos tranxénicos son aqueles que son modificados xeneticamente. Grazas a isto introducimos xenes dun organismo a outro ,para darlle algunha cualidade da que carecía.Por exemplo de este modo as plantas poden resistir virus, resistir mellor a falta de auga ou incluso resistir algún que outro herbicida.

    • faa-mariacmaquieira di:

      Os elementos tranxénicos son aqueles producidos apartir dun organismo modificado xenéticamente é dicir que os seus xenes foron transformados nun laboratorio co fin de darlle algunha característica específica.

  15. fab-amadeoabal di:

    En palabras doadas de entender os alimentos transxénicos son aqueles que están feitos directamnente de feitos ou transformados na base das especies (animais, plantas, microorganismos, etc) e poden producir substancias que poseen expresións altamente eficaces, como proteínas, despóis de un ou varios tipos de xens son transferidos a través dos medios da inxenería xenética.

  16. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO (durante 10 días)

  17. Victor di:

    Seméllavos que a foto que ilustra este artigo é tendenciosa?

    • faa-fernandogarcia di:

      Parece que pretende aportar unha visión negativa dos transxénicos, como dicindo: “isto é unha mazá, e isto é todo o que inxires cando comes unha mazá comercial de hoxe en día”.
      Si, intenta provocar rexeitamento por parte de quen o vexa, pero aínda que os transxénicos teñen varios aspectos negativos, tampouco son completamente malos, teñen algún aspecto positivo, so deberíase procurar que non poidan resultar nocivos para a saúde como en caso de alerxias e tóxicos, entre outros.
      Antes de producir masivamente un produto pensado para se consumido a nivel mundial, deberían ter moito coidado cos posibles efectos adversos

    • fab-raquelblanco di:

      Si que é tendenciosa, xa que da a ver algo negativo, como se cando comeses unha mazá lle inxectaran todo iso antes.

    • faa-iagogonzalez di:

      Como ben apunta o meu compañeiro aleksei, a foto que vemos neste artigo é claramente tendenciosa, xa que fai que tendamos a pensar que os alimentos transxénicos son malos, e que debemos de ir na súa contra.

    • faa-mariamartinez di:

      Para o meu parecer o que se pretende con esta imaxe é ilustrar o que é un alimento transxénico, e as xiringas, dalgún xeito, representan a modificación xenética que se lle fai. Non obstante, penso que si é tendenciosa polo feito de que, como dixo Aleksei, relacionamos as agullas con aspectos negativos.

    • faa-damianlores di:

      A foto si me parece tendenciosa, a ninguén lle gustan as xiringas, provocandonos un efecto negativo nos tranxénicos. Amosandonos que os alimentos tranxénicos que inxerimos hoxe en día teñen esas substancias. Eu creo que se se comproba que os tranxénicos non son nacíavos para a saúde, deberíanse confiar máis neles.

    • fab-aldaragarcia di:

      E tendenciosa xa que as agullas acostumamos a velas como algo negativo e máis con ese líquidos de cores que conteñen, que se inxectan na mazá que logo todos comemos. Pero os alimentos transxénicos non son malos, so debemos controlar que non teñan efectos nocivos para a poboación.

  18. fab-alekseinogueira di:

    Claramente é tendenciosa porque manifesta a tendencia de que hai estar en contra dos alimentos tránsxénicos, xa que aparecen unhas agullas e eso vémolo como algo negativo.

  19. faa-luciasantos di:

    Obviamente, sí me parece tendenciosa a foto escollida. Ten un valor persuasivo, e ao ver que os alimentos son manipulados desta maneira, moita xente se botaría cara atrás, posto que a ninguén lle gusta inxerir productos con demasiados colorantes, edulcorantes e demais cousas. Polo tanto, cre que se está dando unha visión negativa dos alimentos transxénicos, sen saber, como verdade absoluta, se ten máis ventaxes ou inconvenientes.

  20. Victor di:

    Que relación polémica existe entre os vexetais transxénicos e os herbicidas?

  21. fab-amadeoabal di:

    Os vexetais transxénicos son un conxunto de vexetais e cereais que están modificados xenéticamente para facelos máis rentables que como son en realidad. Os máis conocidos son o maíz, o algodón, o tomate, entre moitos outros.

    Un herbicida é un produto fitosanitario utilizado para eliminar plantas indeseadas. Algunhs actúan interferiendo co crecemento das malas herbas e básanse frecuentemente nas hormonas das plantas.