Un mundo perdido

Un equipo científico do Reino Unido descubriu comunidades de especies descoñecidas no fondo mariño da Antártida. Entre as novas especies encóntranse  un cangrexo “yeti”, estrellas de mar de sete brazos, percebes, anémonas e posiblemente un novo polvo albino. Estas criaturas habitan agrupadas no ambiente caluroso e escuro que rodea os respiradoiros hidrotermais.

Por primeira vez, os investigadores utilizaron un vehículo de operación remota (ROV) para explorar unha misteriosa zona nas profundidades do Océano Antártico, onde os respiradoiros hidrotermais crean un ambiente único que carece de luz solar, pero que é moi rico en certas substancias químicas. As fontes ou respiradoiros hidrotermais son o fogar de animais que non foron encontrados en ningunha outra parte do planeta, obteñen a súa enerxía de romper substancias químicas como o sulfuro de hidróxeno.

Coas inmersións do ROV  obtiveron imaxes que mostran enormes colonias da nova especie de cangrexo “yeti”, esta especie de cangrexos é de gran tamaño, é de cor branco e posúe bastantes sedas, estas sedas están cubertas por colonias de bacterias cuxa función aínda se esta estudiando e esta emparentado coa familia da langostas. Tamén se observou unha estrela de mar de sete brazos e un polvo prácticamente branco non identificado, a casi 2.400 metros de profundidade.

Autora: Raquel Blanco

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Un mundo perdido

  1. faa-rubengonzalez di:

    Este artigo demostra que existen aínda moitísimas especies por descubrir, en lugares nos que o ser humán aínda non accedeu. Dende logo o descubrimento destas novas especies abre a posibilidade de encontrar moitas mais.
    Como dato extra, decir que, os investigadores que descubriron estas especies, non econtraron nin unha sola das especies que son comúns nas fontes hidrotermais do Pacífico, o Atlántico ou o Índico.

  2. Victor di:

    É o mesmo respiradoiros hidrotermais que chemineas hidrotermais?

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os respiradoiros hidrotermais,son unhas gretas na superficie do planeta pola cal sae auga quente ao exterior.
      Cando o fluído quente (chega a 400ºC)entra en contacto coa auga do mar,fría e osixenada,e os metais disoltos precipítanse dando un aspecto igual ao fume.Estas partículas se depositan no fondo mariño dando lugar as chemineas hidrotermais,que poden alcanzar una altura de 45 metros.

    • fab-sandraromero di:

      Tanto un respiradoiro como unha chimenea hidrotermal son o mesmo: gretas na superficie dun planeta a través das que flúen auga xeotermalmente quente. Nos respiradoiros do noso planeta, nun ambiente oscuro e caluroso, vivían ata agora especies mariñas non identificadas.

    • faa-antoniomrodino di:

      Tanto as chemineas como os respiradeiros hidrotermais, son gretas ( a tavés das cales o magma e láva poden filtrarse) na superficie dun planeta e flúe auga quente. Atópanse comunmente en lugares que son volcánicamente activos onde o magma está relativamente preto da superficie.

  3. fab-amadeoabal di:

    Unha fonte hidrotermal, tamén traducido a veces como respiradeiro hidrotermal ou fumadeira, fumadeiro o fumarola hidrotermal(chimenea hidrotermal é todo o mesmo, xa que son unha grieta na superficie do planeta da cal flúe auga xeotermalmente quente.

  4. fab-ateneaprado di:

    Para engadir algo mais sobre as fontes hdrotermais, pédese dicir que se encontran de forma común en lugares que son volcánicamente activos donde o magma está bastante cerca da superficie do planeta. Estas son moi abundantes na Terra porque é xeolóxicamente activa e ten grandes cantidas de auga na súa superficie.

  5. fab-inesfeijoo di:

    os dous térmos teñen o mesmo significado, pero chamadas de modo diferente, xa que as dúas recollen o mesmo significado, é unha na superficie do planeta, pola cal flue auga xeotermalmente quente.

  6. fab-zoecacabelos di:

    Neste atigo podemos observar que aínda quedan moitisimas especies sen descubrir, como estas que habitan en augas quentes, ou otras moitas que se poden a topan en calquera recuncho do, con distintas características e diferentes adaptacións segun as suas condicións de vida, estou segura de que nuncha coñeceremos todas as especies do planeta.

  7. fab-inesfeijoo di:

    os dous térmos teñen o mesmo significado, pero chamadas de modo diferente, xa que as dúas recollen o mesmo significado, é unha rachadura na superficie do planeta, pola cal flue auga xeotermalmente quente.

  8. fab-aracelilores di:

    Unha vez máis descubrimos o grande que é o fondo mariño é as moitas especies que hai, é as que aínda non se descubriron. Nas augas da Antártica un grupo de científicos que empregaron por primeira vez un vehículo dirixido con control remoto, puideron encontrar novas especies de cangrexos, estrelas, percebes, anémonas de mar e polbos.

    • fab-lauralesmes di:

      É impresionante, posto que soamente coñecemos unha pequena metade das especies que existen no noso planeta, e como menciona unha das miñas compañeiras,dudo que o ser humano chegue a descubrilas todas. Pero ,sinceramente, o que máis me sorprende é que poida aver tanta acividade volcánica coas temperaturas ínfimas que se dan no Antártico.

  9. fab-paulaalba di:

    A auga de mar quente que sae das chemineas hidrotermais esta moi cargada de metais. Esta auga filtrouse no fondo mariño e foi quentada no subsolo polos repositorios de magma que hai na zona. No seu ascenso cara a saída, esta auga interacciona cas rocas volcánicas e con gases de orixe volcánico cargándose de metais. Esta mestura provoca a aparición de minerais metálicos e enerxía química que utilizan moitos dos microrganismos que habitan nestos lugares.

  10. faa-iagogonzalez di:

    Este artigo, deixanos claro que é prácticamente imposible coñecer todas as especies do planeta, xa que sempre quedará algún lugar onde poder atopar unha nova. Neste caso ocorreu no fondo mariño, pero ocorre tamen por exemplo nas copas das altas árbores da selva do amazonas, onde nos últimos anos se estan descubrindo varias especies novas, tanto de insectos como de primates.

  11. fab-mariajblanco di:

    No longo desta década descubrironse nos fondos mariños, sobre todo nos fondos xeados donde se esta a acadar as investigacións onde ainda se poden atopar novas e icribles novas especies.

  12. Victor di:

    Falando de fontes hidrotermais; aclarade cales son os organismos productores en este tipo de ecosistema e como obteñen a enerxía (aclaro: na terra son as plantas, no mar o plancto; e nas zonas do fondo mariño na que hai escuridade total?)

    • faa-adrianfeijoo di:

      Nos océanos na zona sen luz, que se inicia a partir dos 200 metros de profundidade,os organismos dependen de outras fontes de materia orgánica para sobrevivir. A primeira fonte desta zona provén da caída de restos orgánicos ou outras substancias que proveñen de organismos que morreron ou foron devorados nas capas de auga máis altas. A outra fonte de materia orgánica provén de algúns organismos que emigran da zona con luz a esta.

    • faa-luciasantos di:

      Como xa expuxen anteriormente, a maior parte do fondo oceánico é plena escuridade, ademais de contar con baixas temperaturas. Moitas especies, vexetais e animais son capaces de adaptarse a estas condicións e logran vivir neste medio. Sen embargo, a principal fonte de provisións, energética e alimenticia, provén das capas superiores do océano.
      Por outra banda, a estrutura do solo ou do sustrato determina, en gran medida, a habitabilidade de vida bentónicas nestas zonas. Polo tanto, moitos organismos se aproveitan tamén do solo, como as anémonas de mar. Ademais, como a maior parte do fondo mariño está cuberto de sedimentos soltos, predominan tamén os organismos excavadores que construen tubos ou covas penetrando no sustrato para alimentarse a partir deles. En definitiva, a pesar das duras condicións, os organismos que habitan estas zonas, na súa maioría por coñecer, teñen provisións alimenticias e energéticas, do solo, de zonas do mar superior ou de outras algas presentes no medio.

    • faa-iriagondar di:

      Os animais que habitan este tipo de fondo mariño adoitan vivir en temperaturas moi baixas tamén a soportan unha gran presión da auga esta é tan grande que os seus ósos e músculos son suaves e xelatinosos para poder soportala.

      A maioría deles posúen unha luz producida por unha reacción química dentro do seu corpo, á vez que desenvolveron grandes ollos para poder ver na escuridade. Este feito non só lle axuda a conseguir as súas presas para alimentarse xa que tamén lle axuda a buscar outros membros da especie para aparearse.

      A temperatura media no fondo do mar oscila entre 2 e 4 ºC , estas auga xeadas carecen de osíxeno ou é escaso así que moi poucas criaturas poden vivir alí.
      Estes incribles animais que lograron adaptarse a condicións tan extremas, ademais da características xa mencionadas, teñen un gran sentido do olfacto, uns estómagos expansibles que lles permiten comer presas máis grandes ca eles mesmos.Moitos son transparentes, negros ou vermellos, xa que son as cores que mellor lles permiten camuflarse.

  13. faa-luciasantos di:

    Co descubrimento e a exploración de comunidades bióticas descoñecidas nas chemineas hidrotermais confirmouse progresivamente a variabilidade do ecosistema mariño, sobre todo, nas últimas décadas.
    O certo é que a partir dos 500 metros, aproximadamente, reina a absoluta escuridade, ademais de unha temperatura de entre 1 a 3ºC e unha presión hidrostática altísima á que os habitantes desta zona deben adapatarse. Aínd así, estas condicións adversas non impiden que se desplegue unha alta vida animal, ao contrario do que se cría ata hai relativamente pouco tempo. Este artigo é a confirmación, novamente, de que temos por coñecer moitas especies, animais e vexetais, que aínda non están ao noso alcance.

  14. fab-martinfranco di:

    Con este artigo, demostramos unha vez máis, que o home non coñece toda-las especies mariñas ou terrestres que existen no planeta Terra, nin endexamáis o vai lograr pois hay lugares, nos oceanos ou nas covas, aos que o ser humano non pode chegar e onde poden habitar espécies fascinantes e descoñecidas con técnicas de supervivencia novas que nun futuro poderiamos acoplar aos sere humanos. O máis sorprendente de todo isto é o momento no que se descobren novas especies e vemos as evolucións que sufriron desde os seus antepasados dinosaurios e as modificacións físicas que teñen para adaptarse ao seu hábitat de maneira segura e eficiente. Con esto quero dicir que debemos seguir buscando incansablemente novas especies animais para poder saber máis sobre o noso mundo.

  15. fab-raquelblanco di:

    Os organismos aliméntanse de materias orgánicas para sobrevivir. Por exemplo, restos de substancias ou organismos que emigraron cara esa zona.

  16. Victor di:

    Nas fontes hidrotermais viven bacterias quimiosintéticas que son os productores duns ricos ecosistemas aos cales non chega a aluz. Comentade sobre isto.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Estas bacterias son os produtores primarios quimiosintéticos do ecosistema, que manteñen unha comunidade biolóxica.Esta comunidade está formada por vermes pogonófonos(xigantes de máis de tres metros de altura con penachos vermellos que están dentro duns tubos brancos),e un tipo de ameixa de cor vermella.Tamén abundan os cangrexos brancos,un tipo de celentéreos e os vermes de Pompeia(constrúen os tubos ao lado da chemineas e deben resistir as altas temperaturas)
      O descubrimento de un ecosistema cuxa fonte de enerxía, é a quimiosínteses e o aproveitamento de enerxía procedente do interior da terra,leva a que a luz solar e a fotosínteses non sexan a base do funcionamento de todos os ecosistemas.

    • faa-antoniomrodino di:

      Existen bacterias autótrofas que, en vez de la luz, utilizan a enerxía química dalgunas sustancias inorgánicas, como o sulfuro de hidrógeno (H2S) que se produce en las emanacións volcánicas.
      A partir destas bacterias poden surxir pequenos ecosistemas, basados na quimiosíntese, en vez de na fotosíntese. É o que ocorre nestas chemineas hidrotermais dalgúnos fondos mariños, a través das cales saen materiais volcánicos.

    • fab-raquelblanco di:

      Existen bacterias autótrofas que, en vez da luz, utilizan a enerxía química dalgunhas substancias inorgánicas.
      A partir de estas bacterias poden xurdir pequenos ecosistemas, basados na quimiosíntesis, en vez da fotosíntesis. É o que ocorre nas chimeneas hidrotermais de algúns fondos mariños, a través das cales salen materiais volcánicos.

  17. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO (durante 10 días)