Ordenadores cuánticos?

Segundo a teoría, estabamos a polo menos un século de acadar o primeiro ordenador cuántico. Pero a empresa D-Wave puxo no mercado o primeiro ordenador cuántico comercial, e por iso son os pioneiros neste campo.

Este novo ordenador pode realizar problemas de optimización, polo que o fai útil só a un grupo selecto de persoas. Este ordenador só pode facer contas de optimización discretas, para o resto usa un sistema máis convencional. É unha intelixencia artificial capaz de loitar contra calquera outra intelixencia artificial. Fan posible a resolución de problemas que antes non tiñan solución. Os ordenadores convencionais dise que xa chegaron o seu máximo de eficacia polo que o ordenador cuántico crea unha gran expectación.

Un bit pode ser 0 ou 1, pero un bit cuántico pode ser 0, 1, ambos ou ningún ao mesmo tempo, e chámase qubit, ten un procesador de 128 qubits. Non ten aínda un prezo comercial no mercado pero suponse que será inicialmente moi custoso. Un ordenador cuántico de 30 qubits sería coma  un ordenador convencional de 10 teraflops. Aínda así, para dispor dun ordenador cuántico completo quedan  moitos anos antes de  facerse realidade.

Autor: Juan Carlos Sineiro

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Ordenadores cuánticos?

  1. fab-noeliafernandez di:

    Este ordenador e un prototipo feito artesanalmente, e é capaz de resolver problemas sinxelos. Ainda que por ahora e mais lento que un ordenador doméstico, según os seus creadores é un gran paso hacia a “xeración da computación cuántica”. Dentro de pouco calquera poderá comprobar o seu funcionamento a través de internet.
    Pero non é seguro que esto poida superar os ordenadores actuais, dos que se considera máis un complemento que unha alternativa .

  2. Victor di:

    Considerades que na vosa actividade diaria é moi necesario ter ordenadoras máis rápidos e potentes?

    • fab-paulaalba di:

      Non o vexo imprescincible. Nun principio, os ordenadores estaban principalmente destinados a cálculos científicos. Co paso do tempo extendéronse ó ámbito doméstico ata chegar a hoxe en día. Por isto, penso que os ordenadores máis potentes deben estar destinador para a investigación, xa que para as nosas actividades diarias, que se centran en Internet non se requiren ordenadores potentes. Aínda que é moito máis cómodo ter un ordenador rápido cando se navega por Internet, simplemente porque non se satura cada dous por tres.

    • fab-lauragonzalez di:

      A nós gustaríanos ter un ordenador que fora máis rápido e potente, pero a verdade é que para a nosa actividade non nos fai falta un ordenador así, aínda que creo que esos ordenadores si que lles farían falta aos que traballan en oficinas e traballos que requiran moito traballo no ordenador.

    • fab-inesfeijoo di:

      Eu non o consideraría necesario, xa que hai cousas que temos que facer pos nós mesmos pero aínda así, podennos facer a vida máis fácil, pero con un ordenador normal podemos conformarnos, xa que cada vez saen novas tecnoloxía , evidentemente mellor que o anterior, e si lle facemos caso a todas esas cousas non sabriamos que facer con tantos ordenadores, xa que cada mes estás combiando por un máis novo. O que se pode facer é cambiar de ordenador cada 3 ou 4 anos para non quedar de todo anticuado si o que non queres é quedar sen novos recursos que ofrecen os novos ordenadores.

    • faa-manuelbusto di:

      Non creo que precisemos ningún tipo de ordenador máis rápido, xa que non realizamos ningún tipo de actividade a gran escala como se faría nunha empresa na que se teñen que procesar moitos datos simultaneamente, neste caso si que precisarían ordenadores máis potentes quizais para aumentar o ritmo de traballo, pero creo que a nos co simple feito de ter un ordenador máis ou menos actualizado e unha conexión normal é máis que suficiente.

    • faa-antoniomrodino di:

      A dicir verdade, eu diría que non precisaríamos ordenadores moito máis rápidos e potentes, xa que oxe en día os ordenadores dos que nós dipoñemos veñen cargados de novas tecnoloxías debido a alta competencia entre comerciais, como poden ser grandes memorias RAM, procesadores rápidos e eficaces, así coma sistemas operativos de grande calidade, monitores moi amplos…
      Eu creo que este avance, non ven a ser negativo no canto das tecnoloxías, pero unha vez máis diría que isto o considero como unha inversión que nestes tempos é innecesaria, xa que hai moitos máis ámbitos onde se podería invertir máis que neste, como poden ser os relacionados coa saúde e investigación médica. Ademais, outro apecto polo que os vexo absurdos neste momento é porque me gustaría saber canta é a xente que se ve na obriga do día a día de realizar estes grandiosos cálculos de optimización.

    • fab-aldaragarcia di:

      A verdade e que a tecnoloxía que existe hoxe en día é moi avanzada e podendo permitírnolo, podemos mercar un bo ordenador, rápido e potente. Pero estes ordenadores dos que fala o post deberían estar so destnados á investigación. Xa que como din algúns dos meus compañeiros a maioría da poboación emprega os ordenadores, para chatear, gardar imaxes, ver películar, escoitar música, e para eso non nos fai falta un ordenador potente e rápido. Xa que os que se venden agora mesmo no mercados cada vez son mellores en canto a prezo, rapidez e potencia.

    • faa-luciasantos di:

      Normalmente, cando imos a mercar un ordenador novo, sempre buscamos o último modelo, aquel que nos poida achegar máis vantaxes á hora da velocidade ou das aplicacións, pero creo que iso é puro márketing e apariencia, posto que, á nosa idade non é necesario ter un ordenador tan potente. E si, aínda que a todos nos gustaría, chéganos co ordenador máis básico, xa que o noso uso limítase a ocio e traballos escolares. Ordenadorea avanzados, e deste tipo, son imprescindibles para outro tipo de causas, traballos ou estudos, nos que si que se precisa máis eficacia.

    • fab-raquelblanco di:

      Non o vexo necesario, xa que para o que utlizamos o ordenador non nos fai falta un tan rápido e potente, para un informático sería diferente, xa que todo o seu traballo faino con ordenadores e necesita un máis potente.

    • fab-rosammillan di:

      Non é necesario na nosa vidá cotiá xa que utilizamos o ordenador para actividades que non requiren un ordenador tan potente.
      Só sería valido no ámbito científico xa que axudaría a que as súas investigacións avanzasen e para explorar novas posibilidades con máis rapidez.
      Tamén para realizar operacións matématicas complexas que requiren deste novo sistema para avanzar.

    • Pois a verdade é que non, actualmente calquera ordenador que hai no mercado cubre as nosas necesidades, posto que as tarefas que nos levamos acabo neles son moi simples e sinxelas.
      Os ordenadores cuánticos serían máis útiles para investigadores, para a NASA… traballos onde o bo funcionamento dos ordenadores é imprescindible.

    • faa-mariamartinez di:

      Eu creo que a todos nos gustaría ter un ordenador máis rápido, xa que algunha vez, cando tarda moito en abrir un ficheiro, por exemplo, a desesperación invádenos un pouco. Pero sinceramente, para a nosa actividade diaria creo que nos chega cos ordenadores que temos e non é imprescindible mercar un máis rápido e potente. Pero, baixo o meu punto de vista, este tipo de ordenadores máis modernos, rápidos… servirían de boa axuda para un científico, un investigador ou para calquera persoa que o seu traballo a obrigue a usar un ordenador.

    • faa-mariacmaquieira di:

      Non o vexo necesario, xa que é certo que cada vez facemos máis uso dos ordenadores, para axudarnos con algunhas dúbidas, para acadar información e para un uso privado nalgúns casos redes socias, noutros para xogos etc… e persoalmente creo que para isto chéganos a velocidade dun ordenador normal, estes ordenadores deberíanse de usar en grandes empresas nas que os ordenadores son imprescindibles para o desenvolvemento do traballo.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión creo que non necesitamos un ordenador moi potente e rápido xa que un ordenador dos sinxelos cubre as nosas necesidades ,que consisten en entrar en redes socias e consultar de vez en cando información en internet.Pero iso si, para unha persoa que o emprega diariamente para traballar nel,precisa o ultimo modelo, que sexa más rápido e potente,para non te problemas a hora de traballar e estar tranquilo.

    • faa-monicagonzalez di:

      Na miña opinión, non creo que faga falta ter un ordenador moi potente para as nosas actividades, cos ordenadores que temos habitualmente cheganos de sobra,pero para unha persoa en que o seu traballo esta relacionado con ordenadores, tendrá que ter un ordenador o bastante rápido e potente para traballar máis cómodo e rápido.

    • faa-victorinosouto di:

      Na miña opinión os ordenadores potentes non son moi necesarios para as cousas as cales realizamos con eles. Aínda así a todos nos gusta ter un bo ordemador, unha boa conexión a internet… pero isto non creo que sexa unha cousa ca cal non poidamos vivir sen ela. Os ordenadores cuánticos son máis útiles para os científicos e envestigadores os cales usarían estes aparatos para poder facer contas complexas e no menor tempo posible.

  3. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que non xa que para a actividade diaria cun simple ordenador chéganos,porque o que fai a xente diariamente é so conectarse ao ordenar para chatear,mandar mensaxes…e sería unha pravada ter un ordenador tan potente e rápido pa iso.Si fose para científicos que os usaran para investigar sí, xa que cada día necesitan cada vez aparellos máis potentes e rápidos,porque cada día descúbrense cousas científicas novas.

  4. fab-inesfeijoo di:

    Non existe aínda unha explicación unánime con respecto ao motivo dos nosos bostezos. O feito de que bostecen grupos de animais tan diversos, fainos entender que se trata dun comportamento ancestral, aparecido xa nun antepasado común fai millóns de anos e conservado evolutivamente por algún motivo non despreciable.

  5. fab-cristinabarreiro di:

    Eu penso que os ordenadores de hoxe en día funcionan o suficientemente rápidos para actividades cotiás, pero como dixo Amadeo, para os estudos importantes quizás necesitasen ordenadores máis rápidos e potentes, pero para as necesidades básicas os ordenadores agora son moi eficaces.

  6. fab-carmenrodriguez di:

    Como ben se dixo nos anteriores comentarios, cos cales estou da cordo, ordenadores de semellante capacidade e complexidade non son necesarios para todo o mundo, por unha parte poderían ser de grande utilidade para organización dedicadas a investigacións ou demáis, sendo así más eficaces e máis rápidas. Pero por outra banda, no ámbito que se refire a nós, estes ordenadores serían demasiado complexos, non lle daríamos un uso adecuado, xa que as nosas necesidades cúbrenas calquera ordenador que estea ó mercado, sen ter que mercar semellante aperello.

  7. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, non vexo imprescindible que para as miñas actividades cotiás no ordenador percise máis potencia, pero si me pareceria moi interesante tela, xa que as descargas de archivos e programas por exemplo serian moito mais rapidas.Por outro lado, a execución de programas e software sería tamen moito máis rápida.