O descubrimento científico do 2011

Nas persoas infectadas con VIH e que reciben tratamento con medicamentos antiretrovirales, redúcese nun 96% a probabilidade de contaxiar o virus as súas parellas. Isto demostrouse nun  estudio clínico con pacientes, e é o avance científico máis importante de 2011, segundo a revista estadounidense Science.

No estudo denominado HPTN 052 arrancou en 2007 con 1.763 parellas heterosexuais de Brasil, India, Tailandia, Estados Unidos, Botswana, Kenia. Malawi, Suráfrica e Zimbabue. O experimento clínico, consistía en subministrar antirretrovirais á  metade das personas infectadas inmediatamente e retrasar a medicación para o resto ata que en elas houbera descendido o reconto de células CD4 do sistema inmune ata 250 por mililitro de sangue. Das 28 persoas que lle inxectaron o VIH, só unha delas tomou os antirretrovirais dende o comenzo da proba.

Xa se pensara  un tratamento  para o VIH antes que o estudo HPTN 052, dirixido por Myron Cohen, dado que se reduce a carga viral no organismo infectado. Pero había controversias ao respecto. “Agora temos datos absolutamente comprobados”, declarou Anthony Fauci, experto internacional en VIH e sida e director do Instituto Nacional de Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos.

Os especialistas afirmaron que poderíase eliminar a epidemia en bastantes países, a pesar de que en algúns, as persoas non poidan optar a medicamentos nin medidas de protección. “Un 52% da xente que necesita antirretrovirais non pode optar a eles, e iso significa 7,6 millóns de persoas no mundo”, sinalou Jon Cohen,experto da revista Science.


Autor: Amadeo Abal

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to O descubrimento científico do 2011

  1. fab-lauragonzalez di:

    O traballo, que se publicou en agosto do ano pasado na revista New England Journal of Medicine, parece que puxo fin a un longo debate. Por un lado, expertos aseguraban que estes medicamentos podían ter un dobre beneficio, controlando o virus nos pacientes infectados e reducindo as posibilidades de transmitir o VIH a outros. Por outro lado, estaban os que afirmaban que era irresponsable recomendalos como método de prevención, pois resultaba imposible probar que serviran para evitar o contaxio en persoas sás.

  2. Victor di:

    Por que a medicación contra o VIH se lle chama “antirretrovirais”?

    • fab-aldaragarcia di:

      O sida é imposible de eliminar do noso corpo cando xa contamos con este virus. Para evitar que o virus sexa maior e que o sida pase a ser máis grabe empregamos medicamentos antirretrovirais. Estes medicamentos reducen a duplicación do VIH no noso corpo. Os medicamentos antirretrovirais son empregados para dificultar a replicación dos retrovirus, como o VIH.

    • faa-manuelbusto di:

      Os medicamentos contra o VIH denomínanse retrovirais, xa que o VIH é un tipo de retrovirus.
      Este tipo de medicación non elimina a infección polo VIH, pero si diminúe os seus efectos no organismo, isto reduce a posibilidade de enfermar, e asegura a calidade de vida no futuro.

    • faa-mariamartinez di:

      Porque o VIH é un retrovirus. Estes diferéncianse do resto dos virus en que o seu xenoma, é dicir, o seu material xenético, está constituído por ARN no canto de ADN. Os retrovirus traducen o seu ARN en ADN para poder infectar o ADN dunha célula.
      Habitualmente, a información xenética das células vai dende o ADN dos cromosomas ás proteínas grazas ao ARN mensaxeiro, mentres que nos retrovirus, vai dende o ARN ao ADN grazas á transcriptasa inversa. De aí que reciban ese nome.

  3. fab-alekseinogueira di:

    A medicación chamase antirretroviral porque o VIH é un retrovirus que causa o sida, por eso a medicación é en contra do retrovirus, de ahí antirretroviral.

  4. fab-raquelblanco di:

    Chamanse antirretrovirais porque retroviridae é unha familia de virus que comprende os retrovirus, son virus con unha envoltura e leva entes anti que significa “contario”.

  5. Victor di:

    Que son as células CD4?
    Que significa que unha persoa é seropositiva?

    • faa-adrianfeijoo di:

      Hai dous tipos principais de células cd4.As células T-4 que son as células que dirixen o ataque contra as infecións .E as células T-8 son as células que finalizan unha exposta inmunolóxica e tamén poden matar as células cancerosas e a células infectadas por virus.
      Unha persoa seropositiva ,pode infectar a través do seu sangue e relacións sexuais o SIDA.

    • faa-luciasantos di:

      As células CD4 son un tipo de glóbulo branco. Teñen un papel moi importante dentro do sistema inmunitario do ser humano, xa que se encargan de dirixir o ataque contra as infeccións que poidamos contraer. Por outra banda, o termo seropositivo refírese a unha persoa que presenta, no seu sangue, anticorpos específicos creados frente un antíxeno e que proveñen de un axente infeccioso como o VIH. Si se dan estas condicións, fanse probas de laboratorio para confirmar se o individuo se atopa afectado polo virus ou non, posto que unha persoa pode ser portadora de VIH e non padecer a enfermidade, pero sí transmitila.

    • fab-aldaragarcia di:

      As células CD4 como ben apunta Lucía, son un tipo de glóbulo branco. A súa función é a de protexernos contra infección, pero cando o VIH se introduce nelas, deixan de facer a súa función sendo máis propensos a ter enfermidades e estás a expanderse.
      O termo seropusitivo quere decir que unha persoa ten o virus do VIH e pode contaxialo mediante relacions sexuais ou o contacto directo de sangue.

    • fab-rosammillan di:

      As células CD4 son as que dirixen os ataques contra as infeccións.
      Cando estas se infectan co VIH multiplicanse facendo máis copias do virus.
      O sistema inmune debilitase facendo a persoa máis débil ante ameazas externas.
      Unha persoa é seropositiva cando presenta anticorpos contra o VIH,a seropositividade só indica que o suxeito está infectado é pode considerarse portador do virus pero non indica que se padeza SIDA nin predice a evolución a enfermidade.

    • fab-inesfeijoo di:

      -O VIH está especializado en células CD4 que son as células brancas do noso sistema inmunolóxico. Estas células son as células T que axudan e controlar a resposta do sistema inmune á infección que é o que nos protexe das enfermidades.
      – Unha persoa é seropusitiva cando os anticorpos presentes no sangue, confirmar a presenza dun axente infeccioso concreto.

    • fab-antiachantada di:

      Principalmente, hai dous tipos principais de células CDA. As células T-4 son células “axudantes”, que dirixen o ataque contra as infeccións; as células T-8 son células “supresoras”, que finalizan unha resposta inmunolóxica, pero tamén poden ser “asasinas”, que matan células canceríxenas e infectadas por virus.
      Cando un suxeito presente anticorpos fronte ao virus SIDA dise que é unha persoa seropositiva, aínda que non lle afecta da mesma maneira non significa que non poida transmitirllo a outras persoas; estas persoas permanecen infectados, probablemente, de por vida, polo que deben tomar precaucións igualmente que diminúan os riscos de evolución e transmisión do virus.

  6. fab-alvarolopez di:

    As células CD4 son un tipo de linfocito(glóbulo branco)e son unha parte importante do noso sistema inmune. Atopamos dous tipos destas céludas:
    -Céludas T-4 ou D4: Son as chamadas axudantes e dirixen o ataque contra as infeccións.
    -Células T-8 ou CD8: Son as chamadas supresoras. Finalizan unha resposta inmunolóxica. Tamén poden ser asesinas porque matan ás células canceríxenas e ás infectadas por virus.

    Ser seropositivo quere decir que unha persoa ten anticorpos fronte ó virus do SIDA. Esto indica que entrou en contacto co VIH e está infectado por él. Polo tanto porta ese virus e pódeo transmitir.

  7. fab-amadeoabal di:

    Os linfocitos-T CD4 son as células preferidas polo VIH para reproducirse. Tras introducirse nelas, o virus procede a manipular o código xenético celular para que o CD4 modifique o seu comportamento habitual e se dedique a facer copias do VIH.
    Esto supón que os CD4 infectados xa non pueden realizar su funciónpoden realizar a súa función habitual de activar o sistema inmunitario frente a presencia de infeccións ou cancros, o que aproveitan estas doenzas para expandirse, por eso chámanse enfermedades oportunistas.

    Actualmente, as autoridades sanitarias españolas recomendan o inicio do tratamento antirretroviral a todas as persoas cuxo nivel de CD4 está por debaixo das 350 células/mm3 e está aconsexado na maioría dos casos cando aínda se encontran na franxa das 350-500células/mm3.
    Chámase seropositivo ao individuo que presenta en sangre anticorpos que, cando se lle somete a la prueba diagnósticaproba diagnóstica apropiada, confirman a presencia de un determinado axente infecioso.

  8. faa-antoniomrodino di:

    As células CD4 son as células “axudantes”, as que dirixen o ataque contra as infeccións.
    Significa que un individuo presenta en sangue anticorpos que, cando se lle somete á proba diagnóstica apropiada, confirman a presenza dun determinado axente infeccioso.

  9. faa-iriagondar di:

    Unha célula CD4 é unha clase de linfocito, e dicir, un tipo de glóbulo branco. Estas son unas das células máis importantes do sistema inmunolóxico debido a que nos protexen de infeccións e axudan a combatelas ; tamén producen anticorpos, combaten o cancro e coordinan actividades de outras células de dito sistema. Diferenciamos dous tipos de linfocitos que son células B e T, estas últimas clasificámolas en:
    – Células T colaboradoras: axudan a outras células a combater microorganismos infecciosos.
    – Células T SUPRESORAS: bloquea a actividade dos linfocitos, impedíndolles que destrúan o tecido san.
    – Células T asasinas: recoñecen e eliminan células anormais ou infectadas.
    Unha persoa é seropositiva cando presenta anticorpos procedentes do virus SIDA, por tanto é portador do virus nomeado.

  10. Victor di:

    Polo tanto o VIH infecta aos nosos linfocitos (glóbulos brancos) e nos deixa sen sistema defensivo(sistema inmunolóxico). Entón, cando temos o primeiro contacto con este virus, nunha análise de sangue a proporción de linfocitos sería alta ou baixa?

    • fab-aldaragarcia di:

      Canto máis grabe sexa o VIH, máis baixo será o reconto de linfocitos. Consideramos que unha persoa ten SIDA cando ten menos de 200 células CD4 ou un porcentaxe menos ao 14%.

  11. fab-amadeoabal di:

    Os lifoncitos serán baixos, porque nunha persoa sá o número de linfocitos CD4 é de aproximadamente 800 a 1 300 células por microlitro de sangre. Mentres que nunha persoa infectada por VIH nos primeiros meses despóis da súa infección de VIH, este número de lifoncitos CD4 poden reducirse do 40 ao 50 por cento.

  12. fab-cristinaporto di:

    O virus de VIH ataca as defensas como primeiro obxectivo, xa que se a enfermidade é unha deficiencia do sistema inmunologico do corpo, os globulos brancos son responsable deste sistema, e se eles non responden o sistema decae, cando o virus do VIH entra ao corpo os primeiros que atacan son os globulos brancos por iso o virus ten que acabar con eles para asi lograr repoducirse.

  13. faa-iagogonzalez di:

    Existe unha boa relación entre o número absoluto e a porcentaxe de CD4 nos pacientes con infección VIH/SIDA; os que teñen menos do 14% de CD4 teñen menos de 200 CD4/ml ,entre o 14-28% teñen entre 200 e 500 e os que teñen máis do 28% teñen máis de 500 linfocitos CD4/ml. Por outro lado as persoas non infectadas, rondan entre os 800 e os 1300 CD4 do que deducimos que a porcentaxe de linfocitos nunha persoa con VIH, descende de forma importante con respecto ao das persoas non infectadas.

  14. Victor di:

    O PRÓXIMO SÁBADO PECHARASE O FORO.
    E como actúa o VIH cos linfocitos?

    • faa-iriagondar di:

      O VIH destrúe parte do sistema inmunitario. Especificamente, afecta a un tipo de glóbulo branco chamado linfocito T ou célula T. Os linfocitos T son un tipo de células de defensa presentes no sangue que axudan ao corpo a combater todos os tipos de xermes e enfermidades.

      Unha vez que o VIH entra ao corpo, adáptase ao linfocito T e diríxese ao interior desa célula. Unha vez que está no interior, o virus apodérase por completo do linfocito T e úsao como unha fábrica de virus para crear numerosas copias de si mesmo. Os virus recén creados abandonan o linfocito T e continúan infectando e destruíndo outros linfocitos T sans mentres se multiplican dentro do corpo. Despois de que o virus invada os linfocitos T, estes xa non combaten as infeccións axeitadamente.

    • faa-manuelbusto di:

      Normalmente os glóbulos blancos e anticorpos atacan e destrúen calquera organismo estraño que entra no corpo humano.Esta resposta esta coordinada por un tipo de células chamadas linfocitos.
      Desafortunadamente, o VIH ataca especificamente ós linfocitos, de esta forma o virus destrúe gradualmente o sistema inmunitario, o que fai que para o corpo sexa máis difícil combater infeccións.

    • faa-breixoalonso di:

      O VIH é unha bacteria que logra infiltrarse nos globulos brancos, esto significa que vive dentro do sistema que nos defende contra as enfermedades. Por eso é una enfermidade tan devastadora. Os virus compoñense por unha capside, e no caso do VIH esta capside está rodeada por unha membrana. Esta capside unese a membrana celular do linfocito mediante uns receptores específicos. Nese momento o virus inxectalle o seu material xenético ó linfoncito. Posteriormente o linfocito crear mais virus hasta que explota e os libera.

    • faa-luciasantos di:

      O noso organismo conta cunha capacidade potencial para enfrontarse a calquera tipo de infección, e para defenderse dos axentes externos que poden poñer en perigo a nosa saúde, contamos con gran cantidade de recursos no noso organismo, células e moléculas que evitan estas situacións. Mais no caso do virus do VIH é máis complicado. A súa habilidade destrutora ataca, principalmente ó sistema inmunitario ou inmunológxico, de forma prioritaria ós linfocitos CD4. Esta rama viral, actúa fortemente sobre estas células, provocando que o organismo se debilite e non poida loitar contra os anticorpos. Aínda que o sistema inmunitario ataque o virus, este replícase rapidamente, por iso é necesaria axuda farmacéutica para tratar esta infección; sendo o obxectivo principal, manter un número elevado de linfocitos T ou CD4 que poidan combater a enfermidade.

    • fab-raquelblanco di:

      No noso organismo, o virus parasita as células do noso Sistema Inmunolóxico, as que coñecemos normalmente como glóbulos blanco, destruíndoas ou facendo que deixen de cumprir a súa función.
      O cabo dun anos, a acción do virus sobre o noso Sistema Inmunolóxico fai que se perda a súa eficacia e deixe de protexerse contra as infeccións e enfermedades das que estamos permanentemente expostos.
      Nese momento aparecen unha serie de signos, síntomas ou enfermedades as que , en un conxunto, se lles chama Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida ou SIDA.
      Isto da lugar a infeccións que poden poñer en perigo a vida. Algunhas veces tamén pode ser resultado dunha enfermidade xenética.

    • faa-antoniomrodino di:

      O VIH é un virus que ten especial capacidade para infectar as células do Sistema Inmunitario chamadas linfocitos.
      Estas células áchanse presentes sobre todo no sangue e nos ganglios linfáticos. Unha vez que se une a unha destas células (etapa1 do ciclo replicativo) o virus ingresa o seu material xenético, ou xenoma, de tipo ARN, ao citoplasma da mesma. A continuación, e a través dunha encima chamada transcriptasa reversa, devandito material é copiado da súa versión ARN nunha versión ADN, que é a forma en que está codificado o material xenético no ser humano (etapa 2 do ciclo replicativo). Por esta característica de autocopiado do seu xenoma da forma ARN ao ADN, é que se designa a este virus como “retrovirus”. A versión ADN do VIH ingresa logo ao núcleo da célula invadida e incorpórase ao ADN celular, desde onde vai comandar a replicación do virus (etapa 3). Na etapa final deste ciclo replicativo, o virus é “recortado” até o seu formato orixinal por outra encima chamada proteasa (etapa4). O novo virus xerado na célula brota entón cara ao exterior da mesma, entra na circulación sanguínea e linfática, e infecta a outras células. As dúas encimas nomeadas, transcriptasa reversa e proteasa, son estruturas nas que actúan, inhibíndoas, as medicacións antiretrovirales coñecidas como “cócteles”. Os linfocitos infectados polo VIH sofren progresivas deterioracións no seu funcionamento, que os levan á morte celular.
      O CD4 ( molécula que existe nos linfocitos axudadores do Sistema Inmune), estes linfocitos son os que regulan e estimulan a resposta defensiva do organismo. A estes receptores é aos que se une o VIH, para poder ingresar ao linfocito e logo destruílo. As persoas non infectadas polo virus ou aquelas nas que recentemente ingresa o VIH, teñen aproximadamente 1000 linfocitos CD4/por cc de sangue. A maioría das enfermidades oportunistas ocorren cando os linfocitos descenden por baixo de 200 CD4/cc.

    • fab-noeliafernandez di:

      O VIH pégase ao receptor CD4 dos linfocitos, posteriormente o VIH penetra no interior do linfocito T. No núcleo do VIH o ARN convirtese en ADN por influencia da enzima transcriptasa, é ao que se lle chama provirus (ADN viral)
      O provirus e introducido ao núcleo do linfocito T e únese ao ADN do glóbulo branco por accion da enzima integrasa. Ambos ADNs integrados (o viral e o lifocito T) deben ser leídos por influencia da enzima proteasa sintetizando as proteínas P24 e P27 do VIH
      por acción de la enzima integrasa.
      A acumulación destas proteínas na membrana celular permite o ensamble de novas partículas virales chamadas viróns.
      A maduración e brote de novas particulas virais ocorrer entre 36 e 48 horas despois do
      inicio da infección.
      Unha vez formados, novos virus sáen do linfocito T que se rompe, razón pola que morre está célula.

  15. Victor di:

    Pódese consideran que cando unha persoa que padece a sida morre, foi directamente debido ao VIH?

    • faa-mariamartinez di:

      Non sería correcto dicilo, xa que unha persoa padece SIDA cando o VIH produciu unha inmunodeficiencia no seu organismo e non pode dar unha resposta inmune axeitada contra as infeccións. Pero pode estar soamente afectada polo VIH, entón diríase que é seropositiva.

    • fab-antiachantada di:

      Non, non sería correcto xa que unha persoa que padece o virus SIDA está claro que padeceu unha inmunodeficiencia no seu organismo, é dicir, o ser organismo atópase moito máis débil polo que ao padecer calquera outra enfermidade ou infección vai a ser máis difícil superala que en calquera outra situación.

  16. fab-lauragonzalez di:

    O VIH (virus da inmunodeficiencia humana) é un lentivirus, causante do síndrome do sida. Foi descuberto e considerado como o axente da nacente epidemia do sida polo equipo de Luc Montagnier en Francia no 1983. O virión é esférico, dotado dunha envoltura e con unha cápside proteica. O seu xenoma é unha cadea de ARN monocatenario que debe copiarse provisionalmente ao ADN para poder multiplicarse e integrarse no xenoma da célula que infecta.

  17. faa-iagogonzalez di:

    Eu creo que non sería correcto, xa que o VIH, non é mais que o causante dunda inmunodeficiencia que o noso organisco non é capaz de contrarestar cunha resposta axeitada, polo tanto, unha persoa, pode estar únicamente infectada polo VIH o que se coñece como unha persoa seropositiva.