Nova alternativa

Investigadores da Universidade de Cádiz, desenvolveron un proceso para o aproveitamento do residuo da industria cerveceira, centrado na producción de biocombustibles, alimentos funcionais e cosméticos. Segundo explican os investigadores, as fábricas de cervexa xeran unha serie de residuos que , tratados convenientemente, poden ser utilizados para a obtención de  biocombustibles e productos de alto valor engadido. Estes últimos poden  utilizarse na industria agroalimentaria ou na elaboración de cosméticos.

Os residuos deste tipo de industria, conteñen lípidos, proteínas, carbohidratos e outros compostos interesantes. A única limitación ó seu uso como precedente dos biocombustibles, radica na rendibilidade económica do seu proceso de obtención e a calidade destes.

Con esto, conseguiríase sacar proveito a algo que non tiña ningún valor comercial e que ata a data se estaba utilizando principalmente como pienso para o gando vacún e ovino. Unha saída moi pouco rendible para estas industrias xa que o prezo de venda do bagazo é en moitas ocasións simbólico a condición de que lles retiren este residuo no menor tempo posible ou cubra o custo do transporte.

Autora: Noelia Fernández Vázquez

Esta entrada foi publicada en Biocombustibles, Enerxías renovables, Residuos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Nova alternativa

  1. faa-iagogonzalez di:

    Eu opino que sí se poderian aproveitar estos resíduos, o caso é se sairían rentables , xa que non sabemos con exactitude se os beneficios enerxéticos que estos residuos poden producir, son o suficientemente altos como para soportar o custe da súa fabricación.Por outro lado non creo que a súa aportación enerxética sexa moi alta, pero aínda así se a relación de prezo e enerxía producida fose positiba eu apostaría por esta enerxía biolóxica e limpa.

  2. faa-fernandogarcia di:

    Resulta aceptable conseguir que residuos de productos como a cervexa teñan utilidades coma esa, pero espero que este descubrimento non impulse máis a súa producción (de cervexa), xa que dende o punto de vista dos meus valores morais o consumo de alcol debería ir, de pouco en pouco, a menos.

    • Victor di:

      ningún alimento ou bebida son malos en si mesmo. Os efectos negativos ou beneficiosos semp’re dependen da cantidade inxerida. E de feto , no caso da cervexa, tense como unha bebida sana e alimenticia (aínda que sempre hai límites). Cando fas esta afirmación case parece que fas referencia a motivos relixiosos. Recorda que no Salnés, o albariño é unha importante fonte de ingresos para moitas familias. Ninguén se plantexa que o consumo de alcol -CON MODERACIÓN- vaia a diminuír no futuro.

  3. Victor di:

    Que diferencia vedes entre a utilización do bagazo como fonte de enerxía con respecto á biomasa ou o biodiesel?

  4. faa-antoniomrodino di:

    Denomínase bagazo ao residuo de materia despois de extraído o seu mollo.
    O bagazo é o que queda unha vez espremida tanto unha uva, como unha cana etc, e resulta moi útil como combustible, forraxe e material para construción. Os enxeños azucreiros utilizan o bagazo como fonte de enerxía, para obter calor durante o proceso de elaboración do azucre. A tecnoloxía moderna permitiría aproveitar o bagazo con moita máis eficiencia, de modo que sobra moito que se pode utilizar para xerar electricidade mediante unha central normal de combustión e xeración de enerxía.
    Imaxinemos un enxeño azucreiro que utilice calor para producir azucre, pero que tamén proporcione forza á rede de enerxía eléctrica da cidade. Así, unha industria produtora de alimentos convértese tamén en industria produtora de enerxía.
    Para min, este sistema é moito máis rendible que a enerxía a través de biomasa, xa que como puidemos comprobar, o bagazo pode actuar como fonte de enerxía, alimentación e combustible, mentres que a biomasa ( procedente do aproveitamento da materia orgánica e inorgánica formada nalgún proceso biolóxico ou mecánico, xeralmente, das sustancias que constitúen os seres vivos: plantas, ser humano, animais, entre outros, ou os seus restos e residuos) , o aproveitamento da enerxía faise directamente (por exemplo, por combustión), ou por transformación noutras sustancias que poden ser aproveitadas máis tarde.

  5. fab-alekseinogueira di:

    O bagazo é unha nova boa posibilidade de enerxía e moi boa que non tería se non máis que boas consecuencias sobre o medio xa que este bagazo actualmete non se utiliza para nada e se lle damos estes usos pois aforrarían as empresas xa que tendrían que diminuír o seu vertedoiro e poderíase utilñizar ese4 espazo para outras utilidades, ou deforestar menos. Contra os biocombustibles vexólle unha boa competencia xa que estes non teñen futuro polo aumento dos prezos dos alimentos que son por mor dos biocombustibles e fronte á biomasa non lle vexo moita competencia xa que a biomasa é totalmente ventaxosa e hai maior cantidade de biomasa que de bagazo

  6. fab-raquelblanco di:

    Eu opino o mesmo que Aleksei, creo que o bagazo podería servir de moita utilidade, xa que non se esta a utlizar para nada, as empresas aforrarían cartos e eses cartos poderíannos invertir en outras cousas.
    Con respecto o bagazo fronte a biomasa os dous son bos, e poderianse utlizar os dous sen problema.

  7. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO -PROPOSTO POR LUCÍA SANTOS-
    PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DÍAS

  8. Victor di:

    Como afectaría a utilización deste tipo de combustible ao incremento do CO2 na atmosfera?

    • faa-damianlores di:

      Os biocombustibles non axudan a reducir o CO2, xa que producen máis contaminación atmosférica e dano medio-ambiental do que producen, producindo máis CO2 en toda a súa cadea das que xeneran os combustibles fósiles. Michel, un alemán que recibiu o Nobel de Química, estudou os impactos dos biocombustibles fancendo cálculos, é comprobou que converter biomasa en biocombustible provoca máis contaminación, de tal forma que se emite máis CO2 cos biocombustibles que nos transportes que usan gasolina. E un informe realizado por Bruselas descubriu que os biocombustibles poden producir o cuádruplo de dióxido de carbono que os combustibles fósiles.

      • faa-iriagondar di:

        Unha das consecuencias negativas para a atmosfera sería a deforestación de bosques e selvas para plantar cultivos dos que posteriormente derivará o combustible, xa que estas limpan máis o aire que os cultivos. Ademais , este tipo de biocombustible emite CO2 a atmosfera pola súa propia combustión así que seguirá a afectar ao quentamento global un 50% menos que os combustibles fósiles. Os fertilizantes usados para os cultivos tamén liberan gases a atmosfera.

    • faa-paulagondar di:

      Segundo un informe redactado pola Unión Europea, os biocombustibles emiten un 400% máis de CO2 que os combustibles Fósiles, aínda que debemos resaltar que o CO2 non é un elemento tan contaminante como normalmente se di.
      Actualmente, estase a producir unha deforestación de bosques tropicales, que se estan convertindo en campos de cultivo destinados ao biocombustible.

    • fab-antiachantada di:

      Como ben di Damián, Michel, un alemán que recibiu o premio Nobel de química, afirma que os combustibles de orixe vexetal non son unha boa opción para combatir o cambio climántico xa que non aforran emisións de CO2 e promoven a deforestación da Amazonia. O certo é que ten razón, se non aforramos en emisións de CO2 e o seu utilizamento require cantidades moi grandes de recursos naturais, non vale a pena.

  9. faa-victorinosouto di:

    Este proceso de obtención de biocombustibles paréceme máis interesante que o da obtención a través de millo. Este feito fixo que o prezo do millo se disparara e polo tanto o prezo dos alimentos que se fan a partir deste. Este descubrimento foi nefasto para México xa que moitas persoas dese país por desgraza viven no umbral da pobreza e un producto esencial na alintación dos mexicanos é a tortiña de millo, como para nós as patacas. Ainda que o feito de que os combustibles obtidos contaminen máis e unha axuda pequena para abanzar na obtención de combustibles no futuro, ainda que parece máis aceptable o dos coches elécticos pero queda moito que abanzar.

  10. faa-paulagondar di:

    Na miña opinión, o uso do bagazo como biocombustible é unha opción con futro. O bagazo é un material que non ten ningún uso despois de ser extraído, polo que en vez de tiralo podríase aproveitar. Aínda que o seu rendemento económico non fora moi bo, como se cita no artigo, algo sempre se gañaría, e pouco a pouco iríanse acumulando máis cartos a costa disto, o que acabarían sendo bastantes cartos.
    En Cuba, por exemplo, 1,7 millóns de hectáreas son para a producción cañera, e a maioría do bagazo resultante é destinado ó uso como biocombustible.

  11. Victor di:

    Parécenvos os biocombustibles unha boa alternativa para substituir aos combustibles fósiles?

    • faa-victorinosouto di:

      Os biocombustibles non me parecen o futuro pero si axudan a depender menos dos combustibles fósiles. Temos que ter en conta que se queremos satisfacer a nosa demanda de combustible todo o que producimos en España non chegaria a un 20% e polo tanto falta ese 80%. A parte disto para poder satisfacer ese 80% habería que desforestar moitisimo monte para cultivo o que fai que sigamos cun calentamento global moito máis alto. Con todo isto os biocombustibles temos que ter en conta que son bos xa que se non queimamos ese bagazo e o deixamos descompoñerse nunha morea tamén contaminaría xa que todos os microorganismos que produciría tamén emiten ao respirar CO2.
      Na miña opinión como xa dixen paréceme máis viable os coches eléctricos xa que cada vez estase a abanzar moito neste campo e xa en cidades como Santiago xa podemos ver coches que un os pode alquilar e andan a unha velocidade de 80Kmh e vastantes quilómetros sen depender dos combustibles fósiles.

    • fab-lauragonzalez di:

      Si, aínda temos unha cultura demasiado dependente dos combustibles fósiles, para os que se construíron unha gran infraestrutura e con respecto aos que existen moitos intereses creados. O quentamento global debe forzar aos gobernos a investir máis en investigación, especialmente en combustibles de segunda xeración, que son os que maior potencial teñen. Seguiremos dependendo dos combustibles fósiles polo menos durante as próximas 2 décadas, nas que estímase que desenrolarán novas tecnoloxías para la produción de biocombustibles absequibles a prezos moderados.

    • faa-xosemartinez di:

      Penso que a longo prazo poden axudar a reducir a dependencia respecto dos combuistibles fósiles. Posto que se pode sacar bo proveito delas se son utilizadas xunto con outras fontes enerxéticas alternativas, xa que se os biocombustibles son utilizados de maneira abusiva, poden crear problemas como destinar terra cultivable a producir estas enerxías alternativas no canto de destinalas a xerar alimentos. Un exemplo é que, en América latina, as tortas de maíz (o alimento básico nesta zona), están acadano prezos históricamente altos, xa que moito maíz está sendo destinado a producir biocombustibles no lugar de tortas de maíz.

    • fab-antiachantada di:

      A min parece ben, os biocombustibles son naturais e non contaminarían pero o problema e que para fabricalos necesítanse unha gran cantidade de recursos dos que non se dispoñen, é dicir, que si todos os países, repentinamente utilizaran biocombustibles podería darse unha catástrofe mundial xa que esgotariamos os recursos naturais que utilizamos normalmente na vida cotiá, se se buscara unha solución a este gran problema e se planteara unha nova maneira de utilizalos sería unha moi boa alternativa porque os combustibles fósiles contaminan demasiado e dunha maneira ou outra acabarán co planeta.

  12. Victor di:

    Pensades que a utilización masiva de biocombustibles podería ter efetos negativos sobre os prezos dos alimentos de orixe vexetal e animal?

    • fab-aldaragarcia di:

      Depende dos biocombustibles dos que estemos a falar. Se dedicamos as extensións de cultivo unicamente a producción de enerxía, non contaremos con suficientes campos de cultivo para producir alimentos para os nosos países, polo cal o seu precio aumentaría, en alimentos tan imprescindibles como o pan, como se deu en México non hai moitos anos: os campos de cultivo de trigo e millo dedicáronse na sua maioria a producción de enerxía e unha menor parte a producción destes para a alimentación, polo cal obter a matería prima para fabricar tortas de maiz, emprescindibles na dieta latina, era moito máis cara polo cal o seu prezo aumentou considerablemente.
      Para obter enerxia a partir de biocombustibles precisaríamos adicar grandes extensións de cultivo unicamente a producción de enerxía e se non son as que actualmente están adicadas a producción de alimento teríanse que talar zonas que actualmente son pradeiras ou bosques, polo cal produciríase desforestación.
      O emprego de biocombustibles e algo que hai que estudar ben xunto cos seus efectos antes de comezar a empregar.

  13. fab-alekseinogueira di:

    Creo que a utilización masiva de biocombustibles non podería ter efetos negativos se non que os tería seguramente xa que se os utilizamos en vez de para comer para usalos como combustible a demanda aumentaría considerablñente poñendo en risco o crecemento dos países do terceiro mundo que xa bastante mal o están pasando e nese sentido creo que é prioritario a poboación que o medio ambiente porque un rapaciño ten dereito a vivir coma todos e é unha pena que morra a xente de fame, hai outras alternativas como enerxía que ó longo tempo saldrían máis baratas que o biocombustible.Tamén quero apuntar que a non ser que a deforestación (o cal sería outro problema) fose arrasadora e se fixesen máis terras para curbrir as necesidades de biocombustibles e alimentos; non se podería soster o prezo destes, pero esto tampouco se fai dun dñia para outro.