A sexta Gran Extinción?

Un equipo de investigación xeolóxica internacional asegura que a maior extinción masiva de especies data de fai 252,28 millóns de anos tras estudar fósiles e rochas atopadas en China. Estes estudos afirman que  a catastrofe foi resultado da liberación de gases de efecto invernadoiro durante procesos volcánicos, que aumentaron en gran medida a temperatura da Terra. Só sobreviviu o 10% das especies mariñas e o 30% das terrestres.

Actualmente o emprego global de combustibles fósiles está aumentando os niveis de CO2, que á súa vez aumenta a temperatura da Terra. Algúns expertos apoian a hipótese do fusil de clatratos, que defende que este aumento de temperatura liberaría cantidades de hidruro de metano semellantes ás producidas no Período Pérmico, aumentando aínda máis as temperaturas.

Ademais do efecto invernadoiro, a vida tamén se enfronta aos vertidos contaminantes, ao aumento do nivel do mar e á sobreexplotación de recursos por parte do ser humano.

A sexta gran extinción  está a comezar, pero vos que opinades? Chegará a acadar as dimensións catastróficas de fai 250 millóns de anos ou quedara nunha simple hipótese?

 

Autor : Iago Paz

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

49 Responses to A sexta Gran Extinción?

  1. fab-amadeoabal di:

    Este tema é moi interesante porque cada día fálase máis del e por mala sorte afecta cada vez máis a Terra.
    Por consecuencia do efecto invernadoiro(denomínase efecto invernadoiro ao fenómeno polo cal determinados gases, que son compoñentes da atmósfera planetaria, reteñen parte da enerxía que o só emite por ser quentado pola radiación solar. Afecta a todos os corpos planetarios dotados de atmósfera)como ben di este artigo, o número de animais descende cada vez máis rápido,e vai alcanzar o record según afirman os investigadores da revista internacional de medicina e ciencias da actividade física e do deporte.

  2. fab-sandraromero di:

    O noso planeta viviu cinco grandes extincións nos últimos 540 anos. En cada unha delas, máis do 75% das especies extinguíronse. Estímase que nos últimos cincocentos anos, polo menos oitenta especies de mamíferos extinguíronse dun total de 5570. Se nos fixamos só naqueles mamíferos en peligro de extinción crítica e asumimos que aqueles cun 50% de posibilidades de extinguirse nas próximas tres xeracións acabaráselles o prazo e estarán extintos en mil anos, podemos concluír que nos acercamos a unha extinción masiva. Se as especies ameazads se extinguiran e ese ritmo de extinción persiste, dita extinción podería chegar nun prazo de entre 3 e 22 séculos. Pero aínda cabe constatar de que só perdemos entre o 1 e o 2 por cento das especies dos grupos que se poden examinar claramente.
    Polo tanto queda claro de que isto non é unha simple hipótese pero tamén debemos saber de que aínda non é demasiado tarde e que se queremos enfrontar o perigo que nos ameaza temos un gran reto por diante.

  3. fab-aldaragarcia di:

    O ser humano non coñece todas as especies que habitan o noso planeta, pero creese que serán sobre 10 millóns. Algunhas especies extínguense antes de que poidamos coñecelas, xa que a media de extinción e 1000 ou 10000 veces máis alta que a media dos últimos 60 millóns de anos.
    A verdade e que de seguir así, poderíamos a estar ante outra grán extinción, causada polas actividades dunha única especie, o ser humano.
    Pero esta extinción non estaría provocada so pola emisión de gases invernadoiro e a contaminación, debemos de ter tamén en conta que hai 11000 anos no mundo so habitaban 6 millóns de persoas, pero hoxe endía ese número aumentou 1000 veces. E ese aumento da poboación leva a destrucción de habitats, como a contaminación dun río, a pavimentación do chan para construir cidades e áreas industriais e fixemos campos agrícolas onde antes había un bosque ou unha pradeira natural.
    Se seguimos así, esto deixará de ser unha hipótese e pasará a ser unha realidade.

  4. fab-martinfranco di:

    Sobre este tema hai moito escrito: que si se acaba o mundo, que si neste ano vaise producir unha nova glaciación, etc. A diferencia entre estas suposicións e esta dunha posible nova extinción é que, esta ultima situacion foi provocada por nós, os humanos, e dunha maneira ou outra estamos a dar fe de que o dito “recollera-lo que sembras” cumprese. Esta situacion, en certa medida, buscamola nós soliños ao contaminar tanto e ao emanar residuos toxicos en tan elevado grao, se nun futuro a especie humana non queda extinta, e non é por poñerme catastrofico, deberiamos aprender dos nosos erros e vivir máis acorde coa natureza.

  5. faa-iagogonzalez di:

    Eu sinceramente opino que posiblemente sí estemos no comezo dunha sexta gran extinción, pero tamen penso que esta catástrofe se pode evitar, e que se se está poñendo en marcha os únicos culpables somos os habitantes deste planeta.Por outro lado creo que a solución a esta catástrofe non esta moi lonxe das nosas capacidades e que moi pronto conseguiremos reducir o aumento de temperatura no noso planeta.

  6. Victor di:

    Imos por partes. Que é o efecto invernadoiro? Que o produce? É bo ou malo para nos?

    • fab-rosammillan di:

      O efecto invernadeiro é un mecanismo natural que permite que o planeta teña unha temperatura aceptable para o desarrollo da vida.A atmosfera filtra os raios solares pero non permite que a maioría volva o espacio e o devolve a superficie terrestre.Non é un efecto negativo en sí mesmo ,pero as actividades realizadas polo ser humano que emiten gases termoactivos e Clorofluorocarbonos agravan este proceso e fan que surxan cambios na temperatura terrestre.

    • faa-manuelbusto di:

      Este fenómeno evita que a enerxía recibida constantemente pola terra volva inmediatamente ó espacio, producindo a nivel mundial un efecto similar ó dun invernadoiro.
      O efecto invernadoiro estase producindo na terra debido á emisión de certos gases como son o dióxido de carbono ou o metano.

    • fab-cristinaporto di:

      O efecto invernadoiro é un fenómeno natural que desenvolveu o noso planeta para permitir que exista a vida e chámase así precisamente porque a Terra funciona como un verdadeiro invernadoiro.
      O efecto invernadoiro orixínase porque a enerxía que chega do sol, ao proceder dun corpo de moi elevada temperatura, está formada por ondas de frecuencias altas que traspasan a atmosfera con gran facilidade. A enerxía remitida cara ao exterior, dende a Terra, ao proceder dun corpo moito máis frío, está en forma de ondas de frecuencias máis baixas, e é absorbida polos gases con efecto invernadoiro.
      Esta retención da enerxía fai que a temperatura sexa máis alta, aínda que hai que entender ben que, ao final, en condicións normais, é igual a cantidade de enerxía que chega á Terra que a que esta emite. Se non fose así, a temperatura do noso planeta tería ido aumentando continuamente, cousa que, por fortuna, non sucedeu. Poderiamos dicir, dunha forma moi simplificada, que o efecto invernadoiro o que fai é provocar que lle enerxía que chega á Terra sexa “devolta” máis
      lentamente, polo que se “mantén” máis tempo xunto á superficie e asi se mantén a elevación de temperatura.

    • fab-alvarolopez di:

      O efecto invernadoiro é un fenómeno atmosférico natural que nos permite manter a temperatura da Terra, ó reter parte da enerxía solar.

      As causas da contaminación veñen polo aumento da concentración de dióxido de carbono (CO2). Ésta provén do uso excesivo de combustiblés fósiles, un consecuente aumento das temperaturas, que, asemade afecta ás zonas polares derretindo os grandes xeos e aumentando o nivel do mar.

      Por suposto a pregunta de que se é bó ou malo este fenómeno pois o efecto é bo, xa que nos axuda a manter a temperatura na Terra, o que é malo é a queima de combustibles fósiles que provocamos os humanos de forma contínua e sen control.

    • faa-paulagondar di:

      O efecto invernadoiro é o fenómeno polo cal determinados gases, pertencentes á atmósfera dun planeta, reteñen parte da enerxía que emite o solo ó haber sido quentado pola radiación solar. Isto afecta a todos os planetas dotados de atmósfera. É o mesmo efecto que se produce no interior dun invernadoiro, de aí o seu nome.
      Acostúmase a confundir os termos de cambio climático con efecto invernadoiro, pero se non hubera un efecto invernadoiro no noso planeta, probablemente non existiría vida. Grazas e este efecto, o noso planeta mantense quente e permite a existencia de vida tal e como hoxe a coñecemos. Os gases naturais da atmósfera forman unha capa que permite que a luz do Sol alcance a superficie da Terra, e impedindo que esta calor escape.
      Sen embargo, o problema ven dado pola alteración da emisión de gases que se está a producir. As actividades humanas están alterando o clima de todo o planeta, en menos de dous séculos, xa se aumentou a cantidade total de CO2 existente na atmósfera nun 25% ó queimar combustibles fósiles e destruír bosques.
      A menos que se reduzcan as emisión dos gases que producen o efecto invernadoiro (como CO2, CFC, ou Metano) o clima como tal o coñecemos cambiará, e con él, todo o planeta.

    • fab-sandraromero di:

      O efecto invernadoiro é un fenómeno natural que desarrolou o noso planeta para pemitir a existencia da vida. Este mecanismo permite que o noso planeta manteña unha temperatura aceptable para o desarrolo da vida tal e como a coñecemos. Pero estanse xerando un incremento das emisións de dióxido de carbono a atmosfera, por causa da queima indiscriminada de combustibles fósiles (carbón e gasolina)e a deforestación. As consecuencias previsibles deste fenómeno son:

      1.-Aumento da temperatura mdia do planeta.
      2.-Aumento das sequías nunhas zonas e inundacións noutras.
      3.-Maior frecuencia de formación de furacáns.
      4.-Progresivo desxeo dos casquetes polares coa conseguinte do nivel dos oceános.
      5.-Incremento das precipitacións, pero en menos días e máis torrencialmente.
      6.-Aumento da cantidade de días calurosos, olas de calor.

      Polo tanto está claro que estas consecuencias están sendo nocivas para a supervivencia.

    • fab-carmenrodriguez di:

      A temperatura do noso planeta é perfecta, nin moi fría, nin moi quente. Grazas a isto, a vida exténdese por todos sitios. A Terra recibe a calor do sol. Algúns gases da atmosfera retéñena e evitan que parte desta se escape. Hóxe en día este equilibrio está en perigo debido á contaminación atmosférica, que fai que os gases reteñan moita calor cerca na superficie.
      O efecto invernadoiro é o fenómeno polo cal a Terra mantense quente ó igual que o quentamento xeral do planeta.
      Consecuencias esperadas para o próximo século;

      -Aumento da temperatura media do planeta.

      -Aumento de sequías en zonas e inundacións noutras.

      -Aumento da formación de furacáns.

      -Progresivo desxeo dos casquetes polares, subida dos niveis dos océanos.

      -Incremento das precipitaciós a nivel planetario, pero choverá menos días e máis torrencialmente.

      -Aumento dos días calurosos, ondas de calor.

    • fab-aldaragarcia di:

      O efecto invernadoiro, como ben apuntan os meus compañeiros e un fenómeno natural. A atmósfera permite a entrada dos raios de sol, pero non deixa que a maioría deles saían, esto fai que o noso planeta se quente, obtendo unha temperatura agradable para a nosa vida. Se esto fose so así non sería negativo.
      Os gases predominantes na atmósfera son o CO2 e o metano, estos gases sempre estiveron presentes nela, pero dende a Revolución Industrial comezouse a multiplicar a súa cantidade. Isto provoca un sobrequentamento da terra, e as súas consecuencias serías o desxeo dos casquetes polares, a desforestación, a desertización, sequía, furacáns, tifóns… E enton aquí xa non e bo para nos.

    • faa-adrianfeijoo di:

      O efecto invernadoiro é un fenómeno natural que desenvolveu o noso planeta e permitiu a existencia de vida nel.
      O planeta está cuberta por unha capa de gases denominada atmosfera,que permite a entrada de algúns raios solares que quentan a terra.Esta ao quentarse emite calor pero a atmosfera impide que se escape do espazo e o devolve a superficie terrestre, o que permite que a temperatura do planeta non sexa moi baixa,senón morreriamos de frío.
      O problema é que os humanos estamos aumentando continuamente a emisión de gases a atmosfera, o que pode producir un cambio no clima mundial.

    • fab-isaacabal di:

      O efecto invernadoiro non é malo, porque permite que a terra se manteña quente e que fai posible a nosa vida, non obstante, todo en exceso é malo. Se o efecto inveradoir afecta de forma diferente, a temperatura da terra varía, polo que debese intentar controlar, para que o quencemento do noso planeta non acabe con nos, como xa está a facer con moitisimas especies.

    • fab-isaacabal di:

      O efecto invernadoiro actua de forma identica a dun invernadoiro de cultivo, só que é a capa de gases a que non permite que a calor saia fóra da terra. Se a capa de gases (atmosfera) varia en tamaño ou conposición o efecto invernadoiro tamén varia.

    • fab-inesfeijoo di:

      A atmosfera da Terra está composta de moitos gases. Os máis abundantes son o nitróxeno e o osíxeno. O resto, menos dunha centésima parte, son de efecto invernadoiro invernadernadero. Non podemos ver ou cheirar. Algúns deles son o dióxido de carbono, metano e dióxido de nitróxeno.
      En pequenas concentracións, os gases de efecto invernadoiro son vitais para a nosa supervivencia. Cando a luz solar chega á Terra, un pouco desta enerxía é reflectida nas nubes, o resto pasa pola atmosfera e chega o chan.Pero non toda a enerxía do sol é aproveitado na Terra, unha parte é devolta ao espazo. Como a Terra é moito máis fría do que é o Sol,a Terra devolvea en forma de enerxía infravermella.

  7. faa-breixoalonso di:

    O efecto invernadoiro é un fenomeno que permite a vida no noso planeta.
    A atmostera do noso planeta actua como un invernadoiro xa que deixa pasar alguns raios que nos chegan do sol, estes raios son emitidos posteriormente pero non todos xa que a atmosfera impide que alguns marchen ó espazo mantendo así unha temperatura adecuada para a vida, por iso se lle chama efecto invernadoiro.
    Este fenomeno é bo porque permite a vida pero CO2 emitido a atmosfera pola actividade humana reten mais os raios do sol provocando unha subida das temperaturas.

  8. fab-raquelblanco di:

    O efecto invernadoiro é á absorción, por parte da atmosfera, de emisións infravermellas impedindo que escapen ó espazo exterior aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta.
    O efecto invernadoiro evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quenta a superficie da terra co cal se produce o efecto de invernadoiro.
    Nos últimos anos, o efecto invernadoiro, debido ás emisións de CO2 producidas pola humanidade, entre outras cousas, esta sendo nociva para a supervivencia, convertindo ó planeta lentamente nunha rexión de difícil habitabilidade.

  9. Victor di:

    É o CO2 o único causante do efecto invernadoiro terrestre?

    • faa-iriagondar di:

      Non, os principais gases do efecto invernadoiro son:
      – CO2: Principal responsable do quentamento do planeta. A súa emisión procede de procesos de combustión como o da madeira, carbón, petróleo ou gas natural.
      – Metano (CH4 ) : A súa orixe atopase nas fermentacións producidas polas bacterias anaerobias que se atopan en zonas pantanosas como cultivos de arroz e tamén de emisións producidas polos gases intestinais do gando. Outras importantes fontes deste gas son as fermentacións de vertedoiros, fugas de gas natural e gases industriais. Contribúe o 13 % do quentamento global cun efecto 25 veces maior que o do CO2.
      – Óxido nitroso (N2O): este gas é producido polo uso masivo de fertilizantes na agricultura intensiva. Tamén o producen outras fontes como: centrais térmicas, tubos de escape de automóbiles e motores de avión, queima de biomasa, etc… A súa contribución ao efecto invernadoiro é dun 6 %.
      – Gases fluorados (HFC, PFC, SF6): son compostos químicos artificiais que se atopan en pequenas concentracións na atmosfera pero son extremadamente potentes no efecto invernadoiro xa que son 15.000 veces máis fortes que a molécula de CO2. Estes teñen multitudes de usos industriais en sistemas de refrixeración, como compoñentes de aerosois. A súa contribución ao efecto invernadoiro é do 5%.

    • fab-aldaragarcia di:

      Hay máis gases causantes do efecto invernadoiro como son o metano, óxido nitroso e os gases fluorados. A auga tamén constitúe o efecto invernadoito, xa que se atopa na atmósfera de forma natural. Os aerosoles tamén fan que o efecto invernadoiro aumente.

    • faa-iagogonzalez di:

      Non, exinten varios gases máis, dos cales os máis importantes están regulados pola Convención Marco Sobre o Cambio Climático e son os segintes: dióxido de carbono (CO2), metano (CH4), óxido nitroso (N2O) e os gases fluorados (HFCs, PFC, SF6). O vapor de auga é un potente gas de efecto invernadoiro pero a súa orixe natural faino máis difícil de controlar, non está regulado polo Protocolo de Kyoto.

    • fab-sandraromero di:

      O CO2 non é o único causannte do efecto invernadoiro terrestre. Tamén hai utros gases implicados tales como:

      1.-O vapor de auga. Obtense da evaporización ou ebulición dun líquido. E o que máis contribúe ao efecto invernadoiro pola absorción dos raios infravermellos.
      2.-Metano. Na natureza prodúcese este gas pola descomposición das prantas. O metano é un dos principais causantes do efecto invenadoiro pero a súa concentración é moi baixa. Este motivo é o porqué de que o metano contribúe menos no efecto invernadoiro ca o CO2, que se atopa 220 veces máis cao metano na atmosfera.
      3.-Óxidos de nitróxeno. Son os compostos químicos formados pola combinación de nitróxeno e osíxeno. Prodúcese pola combustión a altas temperaturas.
      4.-Ozono. Formado polos átomos de osíxeno liberados que se unen a outras moléculas de osíxeno e forman o ozono (CO3).
      5.-Clorofluorocarbonos. A súa toxicidade é nula. Por iso foron moi usados como líquidos refrixerantes, axentes extintores e propelentes para aerosois.

    • faa-mariamartinez di:

      O dióxido de carbono, o metano e o dióxido de nitróxeno son os principais causantes do efecto invernadoiro. Estes gases, en pequenas concentracións, son indispensables para a supervivencia. Pero o problema é que a súa presenza na atmosfera comezou a multiplicarse durante a Revolución Industrial debido ó uso dos combustibles fósiles. A partir dese momento os niveis destes gases seguiron en aumento, o que provoca que a enerxía solar que recibe a Terra constantemente quede retida sen poder volver ao espazo.

    • faa-josechaves di:

      As causas do efecto invernadoiro poden clasificarse en dous tipos: as naturais e as humanas.
      Causas naturais: son as propias do planeta:
      -Actividade solar: os raios solares refléxanse sobre a superficie da terra e os gases da atmosfera os conservan mantendo o seu calor.
      -Actividade volcánica: os volcáns emiten dióxido de xofre (SO2), vapor de auga e cinza; esto conserva a calor e impide o ingreso de raios solares.
      -Correntes oceánicas: os océanos cubren un 71% do planeta, e absorben grandes cantidades de calor.
      Causas humanas: o ser humano pode producir diversos gases coas súas actividades como o CO2 ou metano.

    • faa-antoniomrodino di:

      Os gases responsables deste efecto son principalmente o dióxido de carbono e o metano. Estes gases, xunto a outros, existiron desde as orixes da Terra. Pero a súa presenza na atmosfera empezou a multiplicarse durante a Revolución Industrial, momento no que os avances tecnolóxicos obrigaron ao uso de combustibles fósiles. A partir de entón, esta dinámica non fixo máis que incrementarse, alcanzando un 35% máis de dióxido de carbono que nos niveis pre-industriais.
      A dependencia case total dun modelo enerxético baseado no carbón, o gas e o petróleo está a conducirnos a unhas alteracións no clima de efectos desastrosos para a vida no planeta. As emisións de gases aumentan en torno ao 0,4% anual e seguirán facéndoo se non modificamos o noso abastecemento enerxético.

      Os Gases de Efecto Invernadoiro son, ademais do CO2:
      – Vapor de Auga: a súa cantidade na atmosfera non está influída directamente pola acción do home. A cantidade de vapor de auga na atmosfera depende fundamentalmente da temperatura da superficie do océano. A maior parte orixínase como resultado da evaporación natural, na que non intervén a acción do home.
      – CO2: supón o 70% dos gases de Efecto Invernadoiro. A concentración na atmosfera é debido ao uso de combustibles fósiles para procesos industriais e medios de transporte.
      – Metano (CH4): contribúe nun 24% ao efecto invernadoiro. Xérase a partir do tratamento de augas residuais, ao aumento masivo de crianza de rumiantes como alimento, fertilizantes agrícolas, incineradoras de residuos, etc.
      – Óxido nitroso (N2O) contribúe nun 6%, tamén utilizado en aerosois.
      – Hidrocarburos (HFC) polo uso dos PFC.

      A actual Concentración atmosférica de CO2 e CH4 excede de forma exponencial a variación natural dos gases ao longo dos últimos 650.000 anos. O seu aumento débese á acción industrial do home e á destrución de áreas verdes:
      – Queima de combustibles fósiles.
      – Produción de cemento.
      – Cambios no uso da terra, especialmente por queima de bosques e deforestación.

  10. Victor di:

    E como lle afecta o efecto invernadoiro aos océanos?

    • fab-sandraromero di:

      Non só a atmofera é víctima do efecto invernadoiro. Os mares tamén absorben gran parte do dióxido de carbono, coa consecuencia de que danan as especies mariñas. Novas investigacións revelan que a temperatura da auga dos océanos aumentou debido ao alto nivel de gases de invernadoiro.

    • faa-antoniomrodino di:

      Aínda que se controlen as emisións contaminantes, nada poderá impedir xa que a temperatura global aumente neste século un grao máis e que o nivel do mar suba outros 10 centímetros en todo o planeta. Segundo un novo modelo climático, a inercia térmica dos océanos prolongará os efectos do quecemento global facendo irreversibles as consecuencias para varias xeracións.

      A auga necesita moito máis tempo que o aire para quentarse, o que tamén é válido para a atmosfera e os océanos. Debido ás pautas de tempo investidas nestes procesos, mesmo aínda que as emisións de gases de efecto invernadoiro estabilizáronse no ano 2000, a temperatura media do planeta continuaría subindo medio grao Celsius.
      O metano, o compoñente fundamental do gas natural, considerado como un dos gases de efecto invernadoiro máis potentes, tamén se emite desde os océanos.
      Os océanos poderían experimentar o quecemento por unha combinación de influencias naturais e antropoxénicas.

    • faa-breixoalonso di:

      Unha grande parte das emisions de dióxido de carbono producidas ao queimar combustibles fósiles é absorbida polos océanos. Esto incrementa a súa acidez, o que amenaza a moitas especies, sobre todo a aquelas coma os corais que utilizan o carbonato de calcio para formar os seus caparazons ou esqueletos. Ademais diso o efecto invernadoiro tamen derrete os polos provocando un aumento do nivel do mar, o efecto invernadoiro tamen provoca o aumento da temperatura nalgunhas zonas do oceano.

    • faa-manuelbusto di:

      Unha das causas do efecto invernadoiro é o aumento da temperatura do planeta.
      Isto pode producir a fusión de glaciares situados nas montañas , e dos casquetes polares.
      A auga procedente desa fusión acabaría chegando ó mar aumentando así o seu nivel considerablemente.

    • faa-adrianfeijoo di:

      O quentamento global é moi probable que teña grandes efectos sobre os océanos.
      O aumento de temperaturas ,provocará un aumento do fluxo de auga doce nos océanos de latitudes altas,debido ao aumento de chuvias nas latitudes medias e altas xunto co desxeo dos casquetes polares.
      As temperaturas cálidas provocarán a expansión da auga,o que xunto coa auga do desxeo levará a un aumento do nivel do mar ,provocando series inundacións.Estímase que o nivel do mar podería subir entre 10cm e 2 m,o que levaría a que rexións ribereñas,costeiras e moitas illas quedarían completamente inundadas.

    • faa-victorinosouto di:

      A gran preocupación que teñen os espertos do efecto invernadoiro sobre os océanos é a subida do nivel do mar. O nivel do mar sube debido a o desxeo dos polos xa que a temperatura global sube e polo tanto os polos sobren unha subida de temperatura o que fai que se desconxele o xeo. O polo que máis preocupa e o polo norte, xa que o polo sur e unha masa de xeo sobre o mar e polo tanto se se desconxelanon non sobe o nivel do mar. Pola contra o polo norte e unha masa de xeo sobre a superficie de terra o que fai que se se desconxela pois o nivel do mar suba. Se o nivel do mar sube como pronostican os espertos moitas illas deixaran de existir e con elas a sua riqueza natural. Se o calentamento global non se frea a tempo nun futuro non moi lonxano, ainda que nos o mellor non o acordemos, sufriran unhas consecuencias nefastas os nosos fillos.

  11. fab-cristinaporto di:

    O nivel do mar continuaría subindo por efecto da expansión térmica, xa que os océanos se dilatan ao aumentar a súa temperatura. Aínda sen contar coa fundición dos xeos terrestres, continentais e do mar, o nivel dos océanos subirá inevitablemente polo menos 10 centímetros este século.
    O nivel do mar incrementouse xa 9 centímetros no último século e podería aumentar entre 9 e 88 centímetros no presente. Se o xeo de Groenlandia se derrete completamente, sumaríanse 7 metros ao nivel global do mar e se se suma a capa do Antártico, aumentaríase outros 5 metros.

  12. fab-alekseinogueira di:

    O efecto invernadero afecta de igual forma aos océanos que ao clima xa que na terra aumenta a temperatura e nos oceános tamén ao aumentar a temperatura nos oceános tamén sufrirían estas consecuencias os animales mariños que desapareceran se as temperaturas aumentan.

  13. fab-inesfeijoo di:

    O nivel do mar subiría, de feito cada ano sube uns milímetros, que ainda que non lle deamos impoprtancia, sí é importante.
    O aumento do nivel global do mar é causado por dous factores. O primeiro é a chegada da auga o océano a partir de fontes tales como o derretimiento do xeo dos glaciares e casquetes polares entre outros factores.O segundo é a expansión térmica da auga do océano. Como o océano aumenta a temperatura da auga e os mares se fan menos densos, expádense ocupando unha superficie maior do planeta. Un aumento da temperatura pode acelerar a taxa de aumento do nivel do mar.

  14. faa-luciasantos di:

    Ao longo da historia terrestre, a biodiversidade do planeta, sufriu extincións masivas que chegaron a eliminar da superficie da Terra ao 95% das especies existentes nesas etapas.
    O certo é que nos últimos 540 millóns de anos, o noso planeta veuse envolto en cambios drásticos, tanto ambientais como con respecto á biodiversidade.
    Na actualidade, coas condicións que o ser humano está a provocar, o aumento da temperatura global e a desintegración da capa de ozono, unha nova extinción sería posible. De feito, algúns científicos afirman que a sexta extinción comezou xa hai 1000 anos, que se extende ata os nosos días pola baixa concienciación e coidado do planeta no que vivimos. A verdade é que nos últimos tempos, numerosas especies animais e vexetais foron extintas, e nós somos os únicos culpables, da maioría.
    Por outra banda, unha causa importante e á que a día de hoxe se lle da pouca importancia é a falta de enerxía disponible, nun futuro. Na actualidade, a especie humana está censada en 7 mil millóns de habitantes, e consúmese o 40% da actividade primaria neta da Terra. Polo tanto, estímase que en 2050 seremos dez mil millóns, e que a cifra anterior aumentará notablemente.
    Por último, e dende o meu punto de vista, penso que artigos e noticias deste tipo, debería facernos reaccionar ou polo menos facernos reflexionar sobre cómo estamos a tratar o noso medio, para intentar atopar unha alternativa a todas estas desvantaxes antes de que sexa demasiado tarde.

  15. Victor di:

    O aumento do efecto invernadoiro por causa do exceso de CO2 na atmosfera implica que parte deste gas difunde nas augas oceánicas afectando a detreminados organismos mariños; a cales e de que xeito lles afecta?

    • faa-iagopaz di:

      A absorción de CO2 por parte do océano provoca que se liberen catións do hidróxeno, o que aumenta o nivel de acidificación da auga, dificultando a supervivencia de organismos sensibles, principalmente corais.

    • faa-luciasantos di:

      Indudablemente, o aumento do efecto invernadoiro, non natural, segue a ser unha gran preocupación mundial. Dado que ten efectos en toda a superficie terrestre, mayoritariamente nocivos e perigosos, tamén actúa sobre o medio mariño. A consecuencia máis notable é o aumento do nivel do mar, que leva unha media de 1,8 mm/ano. Con respecto aos ecosistemas mariños, estes tamén se ven afectados. O certo é que na superficie terrestre, o CO2 pode ser producido polos seres vivos, de forma natural, ou pola combustión de combustibles fósiles. Aínda que non o parezca, esto ten consecuencias no océano, posto que a auga do mar absorbe gran cantidade deste gas, procedente das dúas maneiras, indistintamente. Actualmente, os océanos absorben unha tonelada de dióxido de carbono anual, e estímase que dende 1800, absorbeu a metade de todo este gas producido por acción do home. Esto provoca o descenso do pH da auga do océano, polo que incrementa a concentración de ións hidróxeno, e polo tanto, aumenta a acidez da auga. Esto produce que moitas especies mariñas se vexan afectadas ou incluso destruídas. Neste ámbito, os máis susceptibles, son os arrecifes de coral.

  16. faa-breixoalonso di:

    Afectalle sobretodo aos corais mariños que a diferenza de outras especies co aumento da temperatura non poden migrar, como é lóxico tamen afecta a os animais que viven en neles.
    Tamen afecta as tortugas mariñas xa que o aumento das temperaturas proboca que a maioría das crías que nacen sexan femias.

  17. fab-mariaarojo di:

    Un claro exemplo de animais mariños afectados pola contaminación de CO2 nas augas oceánicas son os corais “cornos de cervo”, que están seriamente afectados pola acidificación (causa do nivel de CO2 das augas) e debilita o esqueleto e provoca o seu branqueamento. Máis problema dos corais é a erosión. As previsións indican que dita erosión superará a tasa de crecemento destes e que moitos arrecifes non subsistan. Es posible que muchos arrecifes no subsistan. Outro caso é o do peixe pallaso, xa que as augas ácidas lles afecta ao olfato e, a súa vez, lles impide encontrar acubillo.
    No xeral, o CO2 existente no océano afecta principalmente á calcificación e o crecemento das especies mariñas, e o causante diso é o aumento da acidez. A acumulación de dióxido de carbono no seu metabolismo fai que a morfoloxía cambie, dando lugar a novas estruturas. Pero esta substancia non é perigosa para todos os organismos. Mentras que algúns grupos de fitoplancton vense seriamente afectados (e con eles a alimentación de especies mariñas e por consiguiente, as pesquerías) outros en cambio coma as cyanobacterias (bacterias capaces de realizar fotosíntesis oxixénica) son favorecidas, xa que fixan o nitróxeno.

  18. fab-alekseinogueira di:

    O aumento do C02 nos océanos produce unha maior acidez destes, se o aumento de co2 é considerable influíría nos animais con cunchas e serán debastadores para os corais tamén, esto levaría a menos fotoplacton e os peixes e os seres mariños tendrían menos posibilidades de alimentarse.

  19. fab-raquelblanco di:

    O extremo quentamento do planeta, as oleadas de calor e o derretemento dos polos causan problemas na flora e fauna do océano, mentres aumente a temperatura do océano, as correntes mariñas sufriran alteracións entre correntes cálidas e frías, as correntes cálidas que van do ecuador hacia os polos e as frías que o fan a inversa poden cambiar o seu curso e esto podría afectar o abastecemento de placton e algas mariñas que son a fonte de alimento de peixes e outros animais, tamén o extremo quentamento da auga fai que o placton reduza o seu numero e os microorganismos que o compoñen morran máis rápidamente e que se lles dificulte reproducirse, é por eso que a temperatura do mar aumente, o placton redúcese e eso significa a perda de peixes e animais mariños, decoloración ou morte de especies.

  20. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO -PROPOSTO POR LUCÍA SANTOS-
    PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DÍAS