Outra evidencia máis?

Despois de que o pasado 26 de novembro saíra en dirección a Marte a misión Curiosity, nos chegan interesantes noticias doutra misión xa asentada no planeta vermello. Esta misión é Opportunity, que aterrou en Marte  en xaneiro de 2004, foi creada para a súa exploración e investigación . Dende este día, Opportunity non para de mandarnos información sobre o terreo a través de fotos como a que mandou recentemente:

Esta foto móstranos sedimentos fluviais que nun pasado foron depositados en zonas erosionadas por grandes ríos dos que se sabe da súa anterior existencia por misións anteriores. Nos sedimentos pódense apreciar unhas manchas máis brillantes co resto, as cales poderían ser un mineral parecido ó xeso e, segundo especialistas, a presenza deste material nos di que a auga atravesou a rocha por fracturas subterráneas. Ademais destes descubrimentos a sonda detectou que na zona do “xeso marciano” hai pistas de que a zona estivo mollada durante miles de millóns de anos.

 Autor: Xosé Martínez Losada

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Outra evidencia máis?

  1. Victor di:

    Que características teñen os sedimentos que orixinan os ríos que se identifican tan facilemente?

    • fab-antiachantada di:

      As propiedades dos sedimentos permiten clasificar os diferentes tipos e diferenciar aos mariños de outros. En xeral as principais propiedades dos sedimentos que se toman en consideración, son a cor, o tamaño e forma das partículas, a permeabilidade, a acidez, entre outras. A cor dun sedimento é afectado principalmente polas condicións oxidantes ou redutoras e pola escasece ou abundancia de materia orgánica.
      -As cores brancas, grises e amarillentas soen corresponder a sedimentos bióxenos, nos que predominan esqueltos calcáreos e silícicos.
      -A sucesión de láminas ou estratos de tons claros e escuros indican alternancia de condicións de sedimentación e o grosor de casa lámina de cor diferente permite estudar os cambios ambientais e a velocidade de sedimentación.

    • fab-sandraromero di:

      Moitos ríos arrastran tantos sedimentos que hai lugares no centro deste onde sobresaen á superficie grava, islas de area, pedras, etc. Nun río caudaloso os cachos de sedimentos grandes son depositados mentras que as partículas máis pequenas son arrastradas pola corrente. Os sedimentos son movidos continuamente polo río e casualmente tanto os sedimentos grandes como os pequenos vanse redondeando pola forza que a auga exerce sobre as súas superficies. Moitos dos sedimentos foron nalgún momento determinado parte do material que se atopaba no fondo do río.

    • faa-antoniomrodino di:

      Os sedimentos fluviais están compostos principalmente polos produtos menos solubles da meteorización. Tamén poden incluír elementos móbiles como parte dos materiais clásticos e do material removido das augas e adsorbido nos sedimentos .
      Nas augas dun río, cuxo contido en elementos é máis ben homoxéneo ( suxeito iso si a cambios no caudal), os sedimentos presentan heteroxeneidades que dependen de:
      1) A distribución dos puntos de entrada do metal na canle.
      2) Os fenómenos de especiación do metal.
      3) A variación no tipo de sedimento ao longo do río.
      As mostras de sedimentos tenden a ser máis homoxéneas cando o metal se atopa adsorbido á fracción fina, e as variacións sedimentolóxicas débense a cambios locais de velocidade e caudal dos ríos.
      Outro aspecto a ter en conta é a natureza das unidades de roca que corta o río. Determinados tipos litolóxicos poden ser ricos ou extremadamente ricos nun determinado metal, e por tanto dar lugar a falsas anomalías.

  2. faa-iagogonzalez di:

    A sedimentación é o último paso do proceso da morfoxénese. As características dos depósitos, dependen da natureza do axente de transporte. No caso dos ríos, mares ou o vento o material depositase cando o movemento é menor que a velocidade de deposición da carga. No caso do xeo, a deposición producese cando encontra un obstáculo ou cando a masa de xeo alcanza a súa máxima extensión espacial.

  3. fab-raquelblanco di:

    Os sedimentos estan compostos polos produtos menos solubles da meteorización. Hai ríos que arrastran sedimentos que hai nos lugares no centro deste onde sobresaen á superficie grava, islas de area, pedras…
    os sedimentos presentan heteroxeneidades que dependen de:
    -A distribución dos puntos de entrada do metal na canle.
    -Os fenómenos de especiación do metal.
    -A variación no tipo de sedimento,as variacións sedimentolóxicas débense a cambios locais de velocidade e caudal dos ríos.
    Outro aspecto a ter en conta é a natureza das unidades de roca que corta o río.
    Os sedimentos móvense continuamente polo río e os sedimentos grandes tanto coma os pequenos, vanse redondeando pola forza da auga exerce sobre as súas superficies.

  4. fab-amadeoabal di:

    A sedimentación é a acumulación por deposición de todos aqueles materiais alterados e transportados previamente. Sempre lugatenr cando disminúe a enerxía dos axentes de transporte.As características dos sedimentos son:
    a)Canto maior sexa a densidade do fluído,máis fácil é de transportar porque ten máis materiais en suspensión(xeo, fango).
    b)Tamén sediméntanse materiais disoltos que perden a súas estabilidade química e caen (turbas).
    c)Tamén pódese producir a sedimentación por actividade biolóxica(corais).

  5. Victor di:

    O val do Salnés é un val fluvial e polo tanto está formado en gran parte por sediemntos transpotados e sedimentados polo río Umia. En determinadas ocasións este tipo de materiais deposítanse formando terrazas fluviais; que son e que características teñen?

    • faa-manuelbusto di:

      As terrazas fluviais son pequenas plataformas sedimentarias depositadas nun val fluvial polos sedimentos dun río ós lados do cauce.
      A formación das terrazas pódese ver favorecida por diferentes factores:
      A alternancia de períodos secos e chuviosos, cambios no clima que dificultan a aparición de vexetación, o que facilita a erosión do terreo, variacións no nivel do mar, e a elevación do terreo debido a movementos tectónicos.

    • fab-sandraromero di:

      Despois dun longo periodo de evolución, o río labra o seu cauce na rocha de sustrato e cubre o val formando unha chaira aluvial. O río pode ganar capacidade erosiva e encaixarse na súa propia chaira aluvial como consecuencia das variacións no nivel da base ou do clima. Ao facer isto, pode chegar ou non a atravesar todo o espesor de todos os depósitos aluviais. De novo o río pasa polas mesmas fases da súa evolución e amplía o val ao ganar importancia na erosión nos seus marxes. A superficie da anterior chaira aluvial queda adosada aos marxes do val en forma de escaleira ou resalte topográfico que constitúe a denominada terraza aluvial. De novo pasa por outra fase de colmatación ou recheo do val formando unha nova chaira aluvial que, si se repite o ciclo e o río se encaixa, dáse lugar a outro nivel de terrazas máis moderno. Se se observan estas terrazas aluviais pódese constatar de que as máis modernas atópanse a un nivel topograficamente inferior respeto das antigas.

    • faa-iriagondar di:

      As terrazas fluviais ou aluviais son pequenas plataformas sedimentarias ou masas construídas nun val fluvial polos propios sedimentos que o río deposita aos lados do cauce en lugares de pouca pendente por tanto a súa capacidade de arrastre diminuirá. Diferenciamos dous tipos de terrazas:
      – Terrazas agradacionais: son aquelas construídas debido ao recheo do cauce. Ante diversas pertuvacións como o son o alzamento tectónico ou cambios hidrolóxicos, o río tenderá a un perfil de equilibrio o que xerará que o río corte antigas chairas de inundación dando lugar a formación deste tipo terrazas. Estas terrazas poden ser tanto apareadas como no apareadas. As apareadas prodúcense cando o río comeza a erosionar, e entre este existen pequenos períodos de equilibrio, onde o río é capaz de encher o val simetricamente e as non apareadas prodúcense debido a continua erosión do cauce do río.
      – Terrazas degradacionais: aquelas formadas pola erosión do río no basamento rochoso.

      A formación de terrazas vese favorecida por factores como a alternancia entre períodos secos e chuviosos, cambios climáticos que favorecen ou non a vexetación, elevación do terreo por mor de movementos tectónicos e as variacións no nivel do mar.

    • faa-mariamartinez di:

      As terrazas fluviais son pequenas plataformas sedimentarias que se forman nun val fluvial grazas aos propios sedimentos do río que se depositan aos lados do caudal, onde a pendente e a súa capacidade de arrastre se van facendo menores. Ademais poden verse favorecidas pola alternancia de períodos chuviosos e secos, nos que o río leva máis ou menos auga, cambios climáticos que provocan a desaparición da vexetación o que favorece a erosión, variacións do nivel do mar ou por elevacións do terreo debido a movementos tectónicos.

    • faa-antoniomrodino di:

      No val dun río, unha terraza fluvial é o depósito de materiais de aluvión que, recortado pola erosión, elévase sobre o cauce. A súa forma adoita ser escalonada. Constitúen pequenas plataformas sedimentarias ou mesas construídas nun val fluvial polos propios sedimentos do río que se depositan aos lados da canle nos lugares nos que a pendente do mesmo se fai menor, co que a súa capacidade de arrastre tamén se fai menor.
      A verdadeira causa da orixe das terrazas hai que buscala no conxunto de fenómenos que producen alteracións intermitentes da actividade erosiva. Distínguense desta maneira tres tipos de terrazas: climáticas, talasostáticas e tectónicas.
      Esta actividade erosiva débese ás alteracións climáticas do Cuaternario que provocaron unha maior ou menor forza erosiva e un maior ou menor depósito de aluvións.

    • faa-josechaves di:

      As terrazas fluviales son pequenas plataformas sedimentarias que aparecen nun valle fluvial polos propios sedimentos do río, que se depositan ós lados do cauce nos lugares nos que a pendente faise menor. Hai dous tipos de terrazas:
      – As terrazas escalonadas, nestas o río excava tódolos seus aluvións e chega ó substrato rocoso deixando só algúns restos dos seus aluvións nos bordes do valle.
      – As terrazas encaixadas, nestas non se eliminan completamente os depósitos de aluvións, de maneira que as terrazas quedan xustapostas e superpostas.

    • faa-paulagondar di:

      Unha terraza fluvial é unha plataforma sedimentaria constituída nun val fluvial. Está formada polos propios sedimentos que o río deposita a ambos lados do cauce nos lugares onde non hai ou case non hai pendente. Orixínanse porque, nesta fase do río onde non hai pendente, os vales que se forman son moi amplos e teñen moitas curvas. Pouco a pouco o río vaise encaixonando sobre si mesmo, ampliando o val e profundizando na rocha, e crearase co paso do tempo un desnivel en forma de escalón que é por onde anteriormente transcurría o río.
      Unha característica importante das terrazas fluviais son a formación de meandros, curvas moi pronunciadas. A curva externa do meandro vese erosionada pola forza da corrente, mentres que na interior vanse depositando os sedimentos. Isto fai que a curvatura aumente, e que nalgúns casos dúas curvas cheguen a xuntarse, polo que o río percorrera este novo cauce e abandonará o do menadro. A estos meandros secos dáselles o nome de lago de ferradura.

    • fab-alvarolopez di:

      Son pequenas plataformas sedimentarias construídas nun val fluvial polos propios sedimentos do río. Estes aséntanse nos lados do cauce nas partes na que a pendente do mesmo se fai menor, co que a súa capacidade de arrastre tamén se fai menor.

  6. fab-lauragonzalez di:

    As terrazas fluviais constitúen pequenas plataformas sedimentarias ou mesas construídas nun val fluvial polos propios sedimentos do río que se depositan aos lados da canle nos sitios nos que a pendente do mesmo faise menor, có que a súa capacidade de arrastre tamén se fai menor.
    A formación das terrazas pode verse favorecida por diferentes factores:

    •a alternancia de períodos secos e chuviosos.
    •cambios climáticos que favoreceron ou dificultaron a vexetación, e por conseguinte, a erosión.
    •variacións eustáticas no nivel do mar.
    •a elevación do terreo por movementos tectónicos.

  7. fab-amadeoabal di:

    As terrazas fluviais constitúen pequenas plataformas sedimentarias ou mesas construidas nun valle fluvial polos propios sedimentos do río que deposítanse aos lados do cauce nos lugares nos que a pendente do mesmo faise menor, co que a súa capacidade de arrastre tamén faise menor.
    Fórmanse grazas as alteracións climáticas do Cuaternario que provocan unha maior ou menor forza erosiva e un maior ou menor número de aluvións.

  8. faa-iagogonzalez di:

    Unha terraza fluvial é unha superficie plana inactiva ubicada sobre o curso actual dun río. Existen dous tipos de terrazas: aquelas construidas debido ao recheo do cauce, chamadas terrazas agradacionais, e aquelas formadas pola erosión do río no basamento rocoso, chamadas terrazas degradacionais.

  9. faa-victorinosouto di:

    Este novo descubrimento e un paso máis para chegar a unha teoría de que en Marte puido haber vida. Unha das cousas curiosas e que leba a pensar os cientificos que en Marte houbo vida (a parte da posible auga) é o metano que hai na atmósfera. Os científicos afirman que debaixo do solo de Marte hai un océano conxelado no cal se había xenerado vida en forma de microorganismos, os cales serían os causantes do metano que hai na atmósfera. Esta teoría de momento e máis ipotética que real pero non deixa de ser outra axuda para chegar a unha conclusión ainda que non sexa certa con certeza.

  10. Victor di:

    A presenza de auga en Marte implicaría a existencia de vida? Por que é tan importante que haxa auga en Marte?

    • faa-luciasantos di:

      Como aportan os meus compañeiros, é certo que a presenza de auga nun planeta coma Marte, axudaría enormemente á posibilidade de atopar vida extraterrestre. Pero esta non é a única condición que se debe dar, senon, que as características ambientais deben ser idóneas tamén. Xeralmente, o imprescincible é: unha fonte de enerxía, carbono, presenza de auga líquida e unha atmosfera. Esto sería necesario para ter posibilidade de atopar microorganismos ou outro tipo de vida, nun planeta. Por outra banda, para poder dárse unha vida máis complexa como a que temos na Terra, as condicións son moito máis exixentes. Supónse que teñen que ser parecidas ás do planeta Terra, cunha gravedade suficiente, un núcleo metálico fundido ou a presenza de unha grande estrela da que non se esté moi próximo. Non obstante, tamén podería suceder que existiran formas de vida capaces de habitar un planeta en condicións moi diferentes ao noso.

    • fab-alvarolopez di:

      Sí a presenza de auga en Marte implicaría a existencia de vida. Levaríanos a desarrollar unha teoría sobre a existencia de vida primitiva no planeta vermello. É importante que haxa auga por se algún día xa non podemos vivir na Terra e teñamos que marchar cara outro planeta, neste caso Marte.

      Grazas a estudos sabemos que no pasado puido ser habitable Marte. Algúns científicos afirman que co proceso de terraformación(proceso de espesar a atmosfera marciana e elevar a temperatura superficial) poderíase vivir alí.

  11. faa-antoniomrodino di:

    A existencia de auga en Marte sen máis non implicaría a existencia de vida xa que non é so precisa auga para que se leve a cabo a vida dos seres vivos. Para que se dera vida en Marte tamén deberiamos contar cunhas condicións idóneas de temperatura, cunha gran cantidade de Osíxeno e outra menor de Dióxido de Carbono, e nunca sen esquezernos da presenza dunha atmosfera, para protegernos principalmente dos raios perxudiciais ou ultravioletas.
    Por outra banda, é importante que haxa auga en Marte por que é fonte de vida, toda a vida depende dela. Constitúe un 70% do noso peso corporal. Necesitámola para respirar, para lubricar os ollos, para desintoxicar os nosos corpos e manter constante a súa temperatura ( a dos nosos corpos). Por iso, aínda que un ser humano pode vivir por máis de dúas semanas sen comer, pode sobrevivir soamente tres ou catro días sen tomar auga. As plantas serían incapaces de producir o seu alimento e de crecer sen a auga, ademais de non poder realizar a fotosíntese.

    A auga por si mesma é incolora e non ten cheiro nin gusto definido. Con todo, ten unhas calidades especiais que a fan moi importante, entre as que destacan o feito de que sexa un regulador de temperatura nos seres vivos e en toda a biósfera, pola súa alta capacidade calórica ( a súa temperatura non cambia tan rápido como a doutros líquidos).

  12. faa-mariacmaquieira di:

    A presenza de auga en estado líquido si que podería implicar a existencia de vida ou no pasado ou en presente en Marte, xa que para a existencia desta é esencial a auga , uns poucos minerais esenciais e unha fonte de calor, polo tanto este podería ser un claro indicio de vida.

  13. faa-breixoalonso di:

    Có descubrimento de auga fora da Terra, podemos coñecer moitos datos e xerar hipótesis e teorías sobre a posible existencia de vida en Marte, condicións climáticas, etc. A auga é un recurso esencial para a vida tal e como a coñecemos, é por isto que atopala ten unha grande importancia. No caso de que houbera outras formas de vida que non preciasen da auga non sería como a coñecemos, pero no caso contrario poderíamos coñecer o pasado e o futuro da vida nese lugar. Tamen sería positivo cara a colonización deste planeta ainda que para isto deben transcorrer moitos anos.