Que é o “teck neck”?

Atopámonos na era da información, as novas tecnoloxías trouxéronnos moitos beneficios pero tamén moitos trastornos. Un deles é o chamado  “teck neck”, provocado polas horas que pasamos lendo, escribindo mensaxes, vendo vídeos, xogando ou chateando. Isto provoca rixidez no pescozo, dor de ombreiros e cefaleas, dadas as horas que pasamos coa cabeza baixa mirando a pantalla dos teléfonos móviles, lectores de vídeos electrónicos, tabletas, consolas portátiles… Segundo o diario británico The telegraph, o “teck neck” é o trastorno muscular “de moda” e estase a converter nunha auténtica epidemia nos Estados Unidos e en moitos países europeos. Nalgúns casos os músculos chegan a adaptarse tanto a esta postura que costa volvelos a poñer no sitio, e o pescozo perde a súa postura natural.


Autora: Isabel Couceiro

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.