As matemáticas non teñen sexo

O maior estudo realizado ata o momento, a nivel internacional, con datos sobre o ensino das Matemáticas na escola, tirou por terra un dos grandes mitos educativos, que consistía en afirmar que as mulleres teñen unha menor predisposición cara a obter grandes logros cos  números ca o sexo masculino debido a unha diferenza biolóxica.

Os investigadores, segundo publican na revista “Proceedings of National Academy of Science” (PNAS), probaron estas hipóteses con datos de 86 países e non encontraron que se sustenten nunha base científica, como asegura Janet Mertz, unha das creadoras do traballo, da Universidade de Wisconsin-Madison. O que encontrou son factores sociais e culturais que influen nas diferenzas entre sexos que se aprecian, pero non físicas.

Cos datos, os autores de Wisconsin observaron que a maior presenza masculina en grandes logros relacionados coas Matemáticas non están presentes en algúns países e noutros teñen baixas notas, polo que se relaciona máis ca cultura que con factores fisiolóxicos.

Os datos proceden dun estudo realizado no 2007 e outro no 2009, ambos de carácter internacional. “Durante moitos anos fixéronse investigacións sobre este tema sin contar cos países non occidentais que agora  se incluíron, ofrecendo un panorama máis intercultural”, explica Mertz.

Autor: Rubén González

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to As matemáticas non teñen sexo

  1. Victor di:

    A vida segue.
    Sorprendeuvos este artigo? Nalgún momento pensáchedes que había diferencias entre as cualidades de homes e mulleres para as matemáticas?

    • fab-antiachantada di:

      A verdade e que persoalmente si que me sorprendeu este artigo, non vexo necesario que se realice unha investigación sobre si era certo que as mulleres son “peores” en matemáticas caos homes. Pero o certo é que estou de acordo coa conclusión que a Universidade de Wisconsin-Madison levou a cabo, que os factores que inflúen neste tipo de diferenzas non é o sexo, nin que a muller sexa “inferior cao home” senón que son factores sociais e culturais, dependendo da cultura e na sociedade na que unha persoa (sen distinción de sexo) se desenvolva a parte tamén da mesma persoa, pode que se interese máis polas matemáticas ou non. Non é ningunha diferenza de intelixencia determinada polo sexo.

    • faa-antoniomrodino di:

      En algún momento pensei e penso que existen numerosas diferenzas entre as cualidades de homes e mulleres, aínda que non sexa en ámbitos matemáticos. Realmente, é sinxelo apreciar estas diferenzas, xa que a determinadas idades podes comprobar que as mulleres teñen unha capacidade sentimental superior a dos homes e mesmo unha gran capacidade de forza de vontade, sen esquezernos do famoso mito de que os homes pensan máis en sexo e as mulleres máis nunha relación amorosa. Ademais, lendo varios artigos interesantes me informei de que as mulleres son capaces de atender ata entre catro e cinco conversas á vez, fronte aos homes, capaces de atender entre dúas e tres conversas.

  2. fab-amadeoabal di:

    A min este artigo non me sorprendeu moito dado que os estudos feitos por investigadores ata agora xa daban como resultado que as mulleres teñen mellor intelixencia cos homes en case todo ou todas as asignaturas que sabemos da súa existencia,polo tanto non me sorprende que as mulleres teñan tamén mellores cualidades para as matemáticas cos homes.

  3. fab-fuensantabuceta di:

    Eu nunca vin tal diferencia entre homes e mulleres para as matemáticas. O que si me sorprendeu foi que nas anteriores investigacións non se tiveran en conta ós países occidentais e supoño que isto influiu na crenza de que as mulleres eran mellores cos números. Dicir iso é unha forma de xeneralizar, coma dicir que os homes son mellores conducindo que as mulleres.E estou de acordo no de que son os factores sociais e culturais os que inflúen nesta diferencia, pero tamén a propia persoa. Xa que hai xente á que “se lle dan ben” as matemáticas, sen ningunha razón aparente.

  4. faa-angelfigueiras di:

    Pois a verdade e que nunca pensei que había ditas diferenzas entres as mulleres e os homes. Si sabía que as mulleres non se lle atribuían traballos de forza porque a súa forza en algúns casos é inferior a do home, pero, que tal machismo chegase asta dicir que eran inferiores nas calidades matemática xa me parece unha verdadeira anomalía por parte do sector masculino.

  5. faa-damianlores di:

    Según un estudo o cerebro do home pesa máis, pero é menos complexo que o feminino, e varios investigadores descubriron diferenzas importantes no cerebro masculino e feminino. Chegando a conclusión que o lado esquerdo do cerebro que controla a capacidade verbal e cognoscitiva se desenrola máis no cerebro feminino. E no cerebro masculino o lado dereito do cerebro desenrola máis as funcións visuais e do espazo.
    Isto provoca que os nenos prefiran as matemáticas e a ximnasia e as nenas prefiran ler e ver películas románticas. E segundo a miña opinión os factores sociais e culturais fan que se provoque unha maior diferencia nestes campos, nos que non debería haber tanta diferenza na intelixencia, xa que o cerebro masculino procesa os datos de forma diferente o cerebro feminino pensando e sentido de forma diferente.

  6. fab-amadeoabal di:

    O que quería decir é que as mulleres ao ter unha maior capacidade de concentración e razoamento fai que sexan máis intelixentes elas cos homes,como ben indican os estudos realizados por investigadores a diferentes persoas.

  7. faa-breixoalonso di:

    Os invetigadores da Universidade de Wisconsin chegaron a conclusión de que as deiferenzas son sociais e culturais. Isto foi debido a que en anteriores estudios averiguouse que os homes teñen un maior rendemento en matematicas a nivel global sen embargo esta superioridade non se presenta en todos os paises co cal deducimos que non é unha diferenza biolóxica. Ademais nos datos dos antigos estudos non tiveran en conta que nalgúns colexios relixosos, dalguns paises, como pode ser Bahrein, non incluen nos seus plans de ensino esta asignatura.

  8. faa-luciasantos di:

    O certo é que persoalmente, a min sí que me sorprendeu este artigo, pois paréceme innecesario realizar estudos deste tipo. Obviamente, non hai síntomas biolóxicos que demostren que o sexo feminino sexa menos talentoso para as matemáticas. Penso que este tipo de crenzas son unicamente sociais, por considerar que as mulleres son inferiores aos homes, apoiándose, probablemente en que o tamaño do cerebro feminino é menor e debería esforzarse máis para obter o mesmo resultado. Mais estes prexuízos, son disoltos, afortunadamente, en estudos coma estes. Posto que a capacidade e posibilidade de éxito non depende do sexo.

  9. fab-sandraromero di:

    A intelixencia media está máis concentrada nas mulleres pero en contraposición, a intelixencia está máis repartida nos homes. Hai máis homes con menos intelixencia que mulleres e tamén hai máis homes con maior intelixencia que mulleres.

  10. fab-raquelblanco di:

    As mulleres non teñen mellor intelixencia ca os homes, temola igual, todo o que fagan os homes podemolo facer as mulleres.
    Aínda que hoxe en día vése que nas ramas científicas hay mais homes ca mulleres e nas ramas de letras máis mulleres ca homes,iso non ten nada que ver porque unha muller ten tanta intelixencia coma un home.
    Nas carreiras científicas un home encontra antes traballo ca unha muller «Aínda que haxa máis mulleres que antes en carreiras técnicas, a súa saída profesional defere coa dos homes. Elas oriéntanse a docencia, e eles soen encontrar primeiro traballo nas empresas» según un estudio realizado en Asturias.

  11. faa-iagogonzalez di:

    Eu penso que o que Amadeo pretendía dicir era que as mulleres teñen maior intelixencia que os homes e polo tanto maior capacidade de comprender as matemáticas asi como a axilidade para empregalas en diferentes contextos da vida diaria.

  12. Victor di:

    Existen diferencias anatómicas ou fisilóxicas entre o cerebro dos homes e das mulleres?

    • fab-amadeoabal di:

      Un estudo feito na universidade de Mediciña de Harvard encontrou diferenzas anatómicas entre o cerebro masculino e feminino.Por exemplo unha diferenza que encontraron foi que unha parte do lóbulo frontal, donde se regulan as funcións de toma de decisións e resolución de problemas, era proporcionalmente máis grande nas mujeres.
      Outra diferenza que encontraron foi na corteza límbica, que regula as emocións, e que era máis grandeno cerebro das mulleres. Outros estudos descubriron que o hipocampo, involucrado na memoria de corto plazo, era maior nas mulleres. Entre as rexións que se cree son máis grandes no cerebro dos homes está a corteza parietal, que procesa as señais dos órganos sensoriais e está involucrada na percepción do espazo.

      Estes estudos indican que os homes e mulleres procesan os eventos emocionis de forma moi distinta.

    • fab-alvarolopez di:

      Segundo uns estudos realizados por uns científics dise que os homes teñen o hemisferio esquerdo, é dicir, o cerebro racional, e as mulleres a área da linguaxe e o hemisferio dereito, que é o que controla a vida emocional.

    • fab-sandraromero di:

      Si, o cerebro dos homes madura antes e é de maior tamaño. Pero o maior tamaño non infire na funcionalidade do cerebro entre ambos sexos. Tamén cómpre recordar que o maior tamaño do cerebro masculino é proporcional á súa corpulencia e ademais no resto dos animais hai cerebros dun maior tamañano pero cunha menor funcionalidade.

    • faa-iriagondar di:

      Na actualidade os científicos están atopando evidencias que suxiren que o cerebro de homes e mulleres se forma a partires de distintas “programacións” xenéticas na que existen diferenzas entre algúns circuítos neurolóxicos.
      O cerebro da muller ten as partes do lóbulo frontal ivolucradas na toma de decisións e resolución de problemas moito máis grande. O mesmo ocorre coa área que regula as emocións. Outros estudios tamén demostran que o hipocampo involucrado na memoria a corto prazo tamén é maior nas mulleres que nos homes. O hipocampo posúe habilidade de orientación e navegación espacial.
      No cerebro do home atopamos unha maior extensión do cortex parietal, encargado de procesas as sinais que envían os sentidos e da percepción do espazo. Tamén é maior a rexión da amígdala que controla as emocións e o impulso sexual.

    • fab-isaacabal di:

      Si existen diferenzas fisiolóxicas entre o cerebro dunha muller e o do un home, que se ve reflexado nas maneiras de actuar e responder as diferentes circunstancias. Non por iso, un dos dous e mellor ca o outro, se non diferentes.

    • fab-antiachantada di:

      Según análises de investigacións neurolóxicas recentes, cada vez resulta máis claro que o cerebro do home e o cerebro da muller mostran numerosas diferenzas anatómicas. Ao parecer, algúns estudios revelan que están construídos a partir de modelos xenéticos distintos por iso homes e mulleres presentan diferenzas de conduta totalmente diferentes. Algunhas rexións do cerebro son máis grandes nun sexo que noutro, o que inflúe na súa organización funcional; as enfermidades mentais e efectos de fármacos tamén son desiguales, isto explica moitas teorías de porque algúns medicamentos funcionan nun sexo e non noutro, porque teñen distintos efectos e por que o dor é máis prolongado e frecuente nas mulleres. Tamén se descubriu que as partes do lóbulo frontal, que alberga as funcións de decisións e resolucións de problemas, con maiores nas mulleres, así como tamén o hipocampo, que contén a parte da memoria a corto prazo é igualmente maior nas mulleres. Por outra parte, nos homes son maiores as partes que procesan as sinais dos órganos sensoriais, e a amígdala, que controla as emocións e a conduta social e sexual. En canto a enfermidades, nas mulleres é más probable o tratamento de depresión e nos homes a adicción ás drogas.

    • faa-mariamartinez di:

      Diversos estudos amosan as diferenzas existentes entre o cerebro feminino e masculino.
      Nas mulleres observáronse diferenzas en partes do lóbulo frontal, que regula as funcións de resolución de problemas e de toma de decisións, e na corteza límbica, encargada das emocións, xa que eran proporcionalmente de maior tamaño que nos homes. Ademais o hipocampo, empregado na memoria a curto prazo, tamén era maior nas mulleres. Mentres que nos varóns, unha das rexións de maior tamaño é a corteza parietal, na que se procesan as sinais dos órganos sensoriais e está presente na percepción do espazo.
      Outra das diferenzas atopadas revélanos que para soportar a dor, homes e mulleres, utilizamos mecanismos distintos. E que os nenos teñen maior tendencia que as nenas a sufrir dislexia, trastorno por déficit (falta) de atención, autismo e esquizofrenia.

    • faa-antoniomrodino di:

      Os cerebros dos homes e das mulleres teñen estruturas xenéticas distintas e por tanto numerosas diferenzas anatómicas. Por exemplo, diferenzas nas redes dos circuítos cerebrais e nas sustancias químicas encargadas de transmitir mensaxes entre as neuronas.
      As diferenzas que existen entre os cerebros de homes e mulleres débense principalmente ao hipotálamo. O hipotálamo está involucrado no control da inxestión de alimentos e o desexo sexual, entre outras cousas.
      Partes do lóbulo frontal, onde se regulan as funcións de toma de decisións e resolución de problemas, era proporcionalmente máis grande nas mulleres.
      Tamén se atoparon diferenzas na cortiza límbica, que regula as emocións, e que era máis grande no cerebro das mulleres.
      O hipocampo, involucrado na memoria de curto prazo, era maior nas mulleres. Entre as rexións que se cre ser máis grandes no cerebro dos homes está a cortiza parietal, que procesa os sinais dos órganos sensoriais e está involucrada na percepción do espazo, tamén a amígdala, que controla as emocións e a conduta social e sexual.
      Dúas veces máis mulleres que homes son diagnosticadas con depresión, e isto, cren os expertos, podería estar relacionado cos niveis da serotonina, unha sustancia química que está relacionada co estado de ánimo. Doutra banda, os nenos son máis propensos que as nenas a sufrir autismo, síndrome de Tourette, dislexia, trastorno por déficit de atención e esquizofrenia.
      Algúns científicos cren que a responsable podería ser unhas sustancias parecidas ás hormonas chamadas prostaglandinas, que axudan ao cerebro dos homes a “masculinizarse” antes do nacemento.
      Xeralmente, dicíase que as mulleres eran peores en matemáticas e mellores en linguaxe, pero parece ser que isto era debido a que nos homes a materia gris do cerebro presenta máis actividade que nas mulleres ( onde predomina a materia branca). A materia gris manexa o tratamento da información mentres que a materia branca establece relacións entre datos.

    • faa-manuelbusto di:

      As novas técnicas de imaxe permitiron atopar diferencias no tamaño relativo de diversas áreas cerebrais en homes e mulleres. As mulleres teñen maior corteza frontal, e varias zonas da corteza límbica, que participan nas emocións. Os homes en cambio teñen maior corteza parietal, que intervén na percepción do espacio, e a amígdala que se encarga das emocións e respostas ó estres.

  13. faa-nereapaz di:

    Os homes e as mulleres si teñen diferencias fisiolóxicas no cerebro, xa que cada un ten unhas conductas ou respostas a un determinado estímulo diferentes.
    Isto débese a que foron creados a partir de modelos xéneticos tan diferentes que se conclue que non só hai un tipo de cerebro humano senon dous tipos.
    Isto permitiu entender porque un determinado sexo é máis propenso a padecer determinadas enfermidades mentais ou por que algúns fármacos funcionan mellor nun sexo que noutro.
    Incluso algúns estudios concluíron que as mulleres padecen un dolor máis intenso e máis prolingado ca os homes.

  14. fab-mariaarojo di:

    Hai moitos estudos acerca das diferenzas fisiolóxicas entre homes e mulleres e o seu cerebro, e en qué afecta iso á vida cotiá. Dícese que as mulleres maduran antes ca os homes, que eles teñen máis materia branca e elas máis materia gris, e que hai unha procesación da serotonina (un neuromecanismo que inflúe na sensación de felicidade e benestar) claramente diferente entre ambos sexos, de forma que nunha situación de estrés nos homes asóciase a un incremento da agresividade e nas mulleres nunha depresión.
    Se nos fixamos na intelixencia, dise que os homes teñen mais desenrolado o hemisferio esquerdo (relacionado coa racionalidade) e as mulleres o dereito, relacionado co emocional.

  15. Victor di:

    Parécevos razoable que os cerebros de ámbolos dous sexos sexan diferentes xa que como animais homes e mulleres realizaran distintas funcións como dentro da especie?

    • fab-antiachantada di:

      Sí, amin paréceme razoable. Aínda que eu descoñecía que os cerebros de mulleres e homes foran diferentes, xa que sendo da mesma especie, en teoría terían que ter órganos similares pero tendo os órganos sexuais distintos e dado que o seu comportamento tamén e moi diferente é bastante razoable que a súa estrutura cerebral tamén sexa diferente entre os dous sexos.

    • faa-manuelbusto di:

      Aínda que descoñecía que tiveran tantas diferenzas si me parece razoable, xa que os cerebros dos homes e mulleres deben estar adaptados ás funcións que realizan.

    • fab-isaacabal di:

      Si, e iso vese reflexado na maneira que teñen de reaccionar e comportarse en certas circunstancias, momentos da vida… Tamén se ve reflexado nas reaccións anímicas nas diferentes persoas, que son máis vulnerables a unhas cousas ou a outras.

    • faa-antoniomrodino di:

      Amin si que me parece razoable. Realmente, ata non hai moito tempo, a nivel mental homes e mulleres estaban destinados a realizar unha función determinada; os homes eran os encargados do cálculo e as mulleres da lingua. Oxe sabemos que iso non é certo, xa que ambos os dous cerebros teñen unha capacidade e unha axilidade prácticamente igual nos dous campos.
      Por outra banda, tamén sabemos que máis antigamente as mulleres eran as encargadas do fogar, e polo tanto, adquiriron unha mallor compresión cos seus fillos, o que as fai máis cariñosas e comprensibas. Como conclusión, aínda que oxe non hai distintas funcións para ambos sexos, eu considero que por natureza si nacemos cunha determinada, a cuestión é saber cal é a que nos pertence.

    • faa-iagogonzalez di:

      Na miña opinión, si son diferentes, xa que homes e mulleres levan a cabo funcións diferentes dentro da sociedade dende a súa aparición, así como diferentes son tamen as súas capacidades para realizar diferentes tarefas.

  16. fab-fuensantabuceta di:

    Si, é razoable porque está comprobado que as mulleres e os homes teñen conductas diferentes e que algúns medicamentos non actúan do mesmo xeito nos dous sexos; isto pasa porque os cerebros dos homes e das mulleres non son iguais. Pero que non sexan iguais non quere dicir que un sexa mellor ca o outro. É certo que algunhas zonas do cerebro feminino están máis desenvoltas cás do cerebro masculino, pero o mesmo ocorre con algunhas zonas do cerebro masculino. Son dous animais con cerebros diferentes porque realizan funcións diferentes.

  17. fab-paulaalba di:

    Si é razoable, xa que se realizan funcións diferentes, é porque os cerebros son diferentes,xa que este órgano determina as capacidades e as conductas de cada sexo.

  18. fab-raquelblanco di:

    Si, paréceme razoable porque para reproducirnos ten que haber un home e unha muller, neste caso se tivesemos a mesma forma de pensar un home e unha muller non poderían estar xuntos, porque lle gustarían as mesmas cousas.

  19. faa-damianlores di:

    Un dato que me chamou a atención foi a intelixencia colectiva, que depende pouco da intelixencia individual de cada membro do grupo. E varios investigadores de tres universidades de EEUU comprobaron que cantas máis mulleres nun grupo máis intelixencia colectiva, defendendo a evidencia dos beneficios da muller no mundo da organización e negocios.

  20. faa-mariacmaquieira di:

    Si me parecen razonable que o cerebro masculino e femenino teñan diferenzas aínda que debo recoñecer que non era consciente delas, pero baixo o meu punto de vista é lóxico xa que teñen diferentes maneiras de pensar,actuar e diferentes gustos.