Coches plátano

Novos experimentos realizados en Brasil demostraron que as fibras de froitas como as do plátano, da piña ou do coco combinadas con outros plásticos crean un material lixeiro á vez que resistente. Por exemplo, ó combinar estas fibras co kevlar, un material que se emprega na fabricación de chalecos antibalas, estes vólvense máis resistentes pero tamén moito máis lixeiros. A Universidade do Estado de São Paulo e o seu catedrático Alcides Lopes Leáo, estudan a posibilidade de mesturar o aluminio e o aceiro dos automóbiles con estas fibras de froita para fabricar algunhas das partes dos coches como os paneis ou os parachoques. Os estudos demostraron que estas fibras son un 30% máis lixeiras, catro veces máis resistentes e máis ecolóxicas ca os plásticos actuais. Se se empregan nos automóbiles  estes poderán diminuír o consumo de combustible.

Para converter a froita nestas fibras tan resistentes, os científicos colócana  nunha especie de ola a presión e engádenlle productos químicos; quentan esta mestura varias veces ata que se converte nun fino pó, que mesturado cos plásticos comúns crea un material resistente incluso ó derrame de ácidos.

Pero de momento, o uso destas fibras para substituír ó aceiro dos automóbiles, resulta cara a pesares de que só se precise un kg de material para conseguir 100 kg do novo plástico. Pero segundo Lopes Leáo dentro de dous anos sairán ó mercado os primeiros coches con partes feitas de fibras de plátano.

Autor: Fuensanta Buceta

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Recursos naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Coches plátano

  1. fab-mariajblanco di:

    Un bo descubrimento para esta sociedade na que vivimos,posto que nos caracterizamos por ter un gasto alto na utilidad do automovil e un gran consumo de combustible es este novo descubrimento pode axudar tanto o medio ambiente como o noso bolsillo a logo prazo, xa que o fin e ao cabo o que máis lles preocupa a nosa sociedade e aforrar ata tal punto de non pensar no medio ambiente e con isto saimos todos ganando.

  2. faa-iriagondar di:

    É un descubrimento moi sorprendente xa que ninguén pensa que a partires de fibras de froitas podemos facer materiais moito máis lixeiros e resistentes que o aceiro e aluminio. Segundo o dito na noticia o proceso para obter o po de froita resulta caro pero compensaríanos de algún modo xa que podemos conseguir 100 kg do novo material dunha forma limpa , é dicir, contaminando menos que o proceso de formación do aceiro que emite grandes masas de CO2 a atmosfera.

  3. Victor di:

    A vida segue ata que demos vacacións, o blog tamén.

    E que é a fibra vexetal?, de que está composta?, que características ten?

    • faa-iriagondar di:

      A fibra vexetal é a parte non dixerible nin solubre de moitos alimentos de orixe vexetal. Está constituída por substancias de composición química diferente xeralmente polisacáridos, sendo as moléculas básicas destes a glucosa , fructosa e monosacáridos como hexosas e pentosas. Dentro da fibra vexetal distinguimos os seguintes polisacáridos:
      – Celulosa: constitúe un tipo de azucre complexo que os vexetais utilizan para construír o seu armazón. As enzimas dos humanos non poden descompoñelas polo que non son dixeribles e se expulsan ao defecar.

      – Hemicelulosa : forma parte das paredes das diferentes células dos tecidos vexetais , recubrindo a superficie das fibras de celulosa. Esta caracterizase por ser unha molécula con ramificación , capaz de unirse a outras moléculas mediante enlaces que constitúen a parede ríxida que protexe a célula da presión exercida sobre ela polas células que a rodean.

      – Pectinas: é o principal compoñente enlázante da parede celular dos vexetais e froitas, especialmente na pel das froitas. Determina a porosidade da parede e por tanto o grado de dispoñibilidade de enzimas que a modifican.

      – Lignina: é o polímero orgánico máis abundante no mundo vexetal pero esta é a única fibra non polisacárida coñecida. A lignina realiza múltiples función esenciais para a vida das plantas xa que xoga un papel moi importante no transporte interno da auga, nutrientes e metabolitos. Proporciona rixidez a parede celular e actúa como unión entre as células da madeira creando un material resistente a impactos, compresións e flexións.

      – Gomas e mucílagos: na actualidade considerase que a diferenza entre estes termos está en que os mucílagos son os constituíntes das plantas mentres que as gomas son produtos que se forman en determinadas circunstancias mediante procesos como a destrución da membrana celular.

      Comprobouse a importancia das fibras vexetais na saúde humana porque estas evitan o estreñemento, eliminan toxinas dos intestinos e crean sensación de saciedade axudando a comer menor cantidade de calorías.

    • faa-adrianfeijoo di:

      A fibra vexetal é a parte dos vexetais que non poden ser dixeridos polo organismo humano.A fibra está formada por un tipo de hidratos de carbono, os polisacáridos.Que na maioría dos casos corresponde as paredes celulares dos alimentos vexetais.
      -Tipos de fibras:
      Non solubles:son aquelas que non se disolven en auga a pesar de absorbela.Formada por:
      -Celulosa:parte non dixerible da parede celular dos alimentos vexetais.Destacan os cereais integrais e a piña.
      -Hemicelulosa:Elemento estrutural da célula vexetal que acompaña a celulosa.
      -Almidón non dixerible:encóntrase sobre todo nas patacas,trigo.arroz …
      -Lixina:É o compoñente dos vexetais que lle proporciona rixidez.Combínase coa celulosa para formar as paredes celulares.
      Solubles:disólvese coa auga.Ao disolverse forma como una especie de xel ou xelatina no intestino.
      -Pectina:Forma parte da parede celular,especialmente na pel das plantas.Cando se combinan cuns compoñentes determinados, teñen a capacidade de formar unha especie de xel.
      -Mucílagos:Moi ramificados de pentosas que secretan as plantas fronte lesións.Algunhas plantas como as carnívoras emprégana para cazar as presas.
      -Gomas:Dentro das plantas cumpre a función de protección.Encóntrase especialmente na madeira ou nas sementes.
      A fibra é importante no ser humano xa que evita o colesterol,o estreñemento…

    • faa-mariacmaquieira di:

      A fibra vexetal é a parte dos vexetais que os seres humanos non poden dixerir, está composta maioritariamente por polisacáridos como os seguintes:
      -Celulosa: (polimero da glucosa) é a parte non dixerible dos alimentos vexetais.
      -Pectina: son os texidos brandos das frutas e o igual que as anteriores tampouco se dixeren.
      -Lignina: é a parte máis dura e leñosa dos vexetais , e é totalmente indixirible.
      -Inulina:
      A fibra vexetal ten unha serie de característics saudables para os seres humanos como son as seguintes:
      -Frena a caída de pelo.
      -Actúa contra as enrrugas.
      -Evita o estreñimento.

    • fab-antiachantada di:

      A fibra vexetal é denominado como un conxunto heteroxéneo de moléculas complexas, ten varios beneficios por iso convén a súa inxestión. As fibras soen conter compostos como:
      – A celulosa, abundante en alimentos como a fariña, os cereais, as verduras…
      – A hemicelulosa, é unha mezcla de varios compostos, como a glucosa, galactosa…. e ácidos urónicos, forma parte, por exemplo, de grans de cereais.
      – Sustancias pécticas, encóntranse sobre todo na pel de determinadas froitas como a mazán ou na pulpa de algúns vexetais como a fresa ou a zanahoria, alimentos que reteñen auga con facilidade e aumentan o volume fecal.
      – Almidón resistente, atópase en tubérculos como a patata, en semillas… o almidón non se descompón en todo o proceso dixestivo.
      – Inulina, é un carbohidrato de reserva que se atopa en alimentos como o allo, a cebola… É soluble en auga, non é dixerible polos encimas dixestivos, senón que polos microorganimos do intestino.
      – Compostos non carbohidratos, como a linxinia ( formada pola extración de augas e azúcares) , forma a fibra de maneira que poida arrastrar consigo outras substancias polo tubo dixestivo. (acelga, lechuga…)
      – Gomas, son fibra soluble ( formadas por ácido urónico, manosa…)
      – Mucílagos, froman parte das fibras solubles e algún teñen función laxante ( determinadas algas e semillas de acacia e tomate)

  4. fab-lauragonzalez di:

    A fibra vexetal é un conxunto heteroxéneo de moléculas complexas, os beneficios son varios e por esta razón convén a admisión de diversas fontes antes que a de unha sola. As fibras soen conter compostos como:
    -Celulosa (parte insoluble da fibra dietética, forma parte das paredes celulares vexetais)
    -Hemicelulosa (mestura de glucosa, galactosa, xilosa, arabinosa, manosa, e ácidos urónicos, formando parte da fibra insoluble)
    -Sustancias pécticas (son polímeros do ácido metil D-galacturónico, encóntrase sobre todo na pel de algunhas froitas)
    -Almidón resistente (Este almidón, que non se hidroliza en todo o proceso da dixestión, constitúe o 20% do almidón inxerido na dieta)
    -Inulina (É soluble en auga e non é admitido polos encimas dixestivos, senón polos dos microorganismos pobladores do intestino)
    -Gomas (formadas por ácido urónico, xilosa, arabinosa ou manosa, son fibras solubles)
    -Mucílagos (son polisacáridos moi ramificados de pentosas que secretan as plantas fronte ás lesións)

  5. faa-iagogonzalez di:

    victor: xa miraches o dos comentarios de outubro das persoas ás que lle faltaban na ficha de notas? e que eu estou completamente seguro de que si que tiña comentarios nese mes.

  6. faa-victorinosouto di:

    Este avance sobre a resistencia da fibra da froita e un gran descubrimento para así pouco a pouco ir cambiando os nosos abitos e poder contaminar menos. Pero temos que ter en conta que un problema que case seguro que traerá esto e que o prezo da froita subirá, xa que cando se descubreu os biocombustibles foi un gran avance para aforras combustibles fósiles pero como consecuencia os productos como millo, solla… sufriron un incremento dos seus prezos. Este incremento para os paises desarrollandos non será un gran problema pero pa aqueles países os cales teñen que vivir con 1 euro a o día ou menos será un gran problema xa que se acedían os productos con un gran esforzo económico agora terán que facer o dobre.

  7. faa-damianlores di:

    As vantaxes deste plástico de fibra de plátanos, piñas, cascaras de coco e outras froitas son que son un 30% máis lixeiros, aforrando considerablemente tanto economicamente ao necesitar menos potencia nos motores dos coches, como ambientalmente ao incorporar menor cantidade de hidrocarburos no combustible. Outro factor importante é que son biodegradables e que son máis resistentes ao calor. A desvantaxe pode ser un aumento de prezo destas froitas nos lugares de produción costando máis estes alimentos, que son básicos nalgúns pobos que viven a o límite.

  8. faa-breixoalonso di:

    Estes plásticos son entre 3 e 4 veces mais fortes ca o plástico combencional, un 30% mais lixeiro, resistente ao calor e a auga. Este material podería utilizarse en salpicadeiros, paneles de automovil e parchoques. Ainda que actualmente o seu prezo e bastante alto esto reducirase cando comece a producción a escala.

  9. fab-amadeoabal di:

    La fibra vexetal é a veces denominado como un conxunto heteroxéneo de moléculas complexas, os beneficios son varios e por esta razón convén a inxesta de diversas fontes antes que a dunha sola. As fibras solen conter compostos tales como:

    1.Celulosa: parte insoluble da fibra dietética, abundante en fariña enteira dos cereais,salvado e verduras como alcachofas, espinacas e xudías verdes. A celulosa forma parte das paredes celulares vexetais.
    2.Hemicelulosa: mezcla de glucosa, galactosa, xilosa, arabinosa, manosa, e ácidos urónicos, formando parte da fibra insoluble que se encontra en salvado e grans enteiros de diferentes cereais.
    3.Substancias Pécticas: son polímeros do ácido metil D-galacturónico. Encóntrase sobre todo na pel de certas frutas como a manzán ou na pulpa de outros vexetais como os cítricos, a fresa, o marmelo e a zanahoria. Posto que reteñen a agua con facilidade, formando xeles moi viscosos, empléanse para conferir unhas características de textura determinadas. Ademáis, os microorganismos intestinais as fermentan e con elo aumenta o volumen fecal. O seu principal uso alimentario é o de espesante na fabricación de marmeladas e productos de confitería. Para elo é suficiente que se encontren en concentracións do 1% no producto.
    4.Almidón resistente: en tubérculos como a patata e semillas, tamén en frutos, rizomas e médula de moitas plantas. Este almidón, que non se hidroliza en todo o proceso da dixestión, constitúe o 20% do almidón inxerido na dieta. Dicha proporción redúcese cando os alimentos sométense a tratamento térmico.
    5.Inulina: é un carbohidrato de reserva que se encontra na achicoria, cebola, allo, cardo e alcachofa. É soluble en agua e non é dixerible polos enzimas dixestivos, sinón polos dos microorganismos pobladores do intestino.
    6.Compostos no carbohidratados: como a lignina que posee gran cantidade de ácidos e alcohois fenilpropílicos formando a fibra insoluble con gran capacidade de unirse e arrastrar outras substancias polo tubo dixestivo, forma a estrutura da parte máis dura ou leñosa dos vegetais, como acelga, leituga, o tegumento dos cereais, entre outros.
    7.Gomas: formadas por ácido urónico, xilosa, arabinosa o manosa, como a goma guar, arábiga, karaya e tragacanto. Son fibra soluble.
    8.Mucílagos: son polisacáridos moi ramificados de pentosas (arabinosa e xilosa) que secretan as plantas frente as lesións. A composición depende do grado de maduración da planta. Canto maior sexa a súa maduración, maior será a cantidade de celulosa e lignina e menor a de mucílagos e gomas. Forman parte de Plantago ovata, de certas algas e das semillas de acacia e tomate. Forman parte das fibras solubles e algunhs teñen función laxante.
    9.Outras substancias: cutina, taninos, suberina, ácido fítico, proteínas, iones como calcio, potasio e magnesio.

    As características da fibra vexetal son:
    1.A fibra alimentaria é resistente a dixestión.
    2.A fibra ten gran capacidade de absorción e retención da auga.
    3.Fixación de substancias orgánicas e inorgánicas.
    5.Fermentación no intestino groso.
    6.Fibra e ácidos grasos de cadena corta.

  10. faa-luciasantos di:

    Dende o meu punto de vista, creo que o desenvolvemento deste tipo de materiais suporía un avance moi grande e unha preocupación maior pola contaminación, xa que se diminuirían o consumo dos combustibles, e polo tanto, as emisións de gases tóxicos. Parece ser que o emprego de fibras de froita trae moitas vantaxes, con respecto ao peso e á resistencia, e aínda que estes materiais semellan ser fráxiles, unha vez transformadas estas fibras, poden ser utilizadas para reforzar plásticos comúns, que son, ao mesmo tempo, máis sustentables.
    Aínda así, a súa creación segue a ser máis cara que o uso de materias convencionais como o aceiro, pero creo, que o uso destes materiais sería un gran paso e unha interesante alternativa.

  11. faa-antoniomrodino di:

    Dende trazos xerais, a vantaxe que este invento nos pode ofrecer é que estará constituído en parte de materiais orgánicos fronte a dureza que presenta o plástico á súa degradación, o cal estará presente en menor medida, podendo funcionar por un lado como método de aforro,e por outro lado, como di no artigo, os novos vehículos serán máis lixeiros e resistentes.

  12. faa-iagogonzalez di:

    Entre as moitas vantaxes que nos pode ofrecer este novo maretial,na miña opinión destaca a mellora que estas fibras poden aportar ao plastico en referencia á parte ecolóxica, xa que estas fibras ao ser biodegradables axudaran á degradación e desomposición dos plasticos tradicionais empregados nos automóviles, o que axudara á hora de desfacernos por exemplo dos parachoques danados.

  13. faa-nereapaz di:

    A fibra vexetal son aquelas partes dos alimentos vexetais que non poden ser dixeridas polo noso organismo xa que este non posúe as enzimas necesarias para asimilar estas substancias.
    A fibra vexetal ten unha composición química variada na que principalmente abundan os polisacáridos. Dentro destes polisacáridos destacamos os seguintes:
    -Celulosa: está contida na cuberta dos cereais, en verduras como alcachofas, espinacas…
    -Hemicelulosa:Son similares á celulosa en canto á súa estructura. Están contidos nos mesmos alimentos que conteñen tamén celulosa.
    -Pectinias: Están presentes nos texidos brandos da fruta.
    -Lignina:Está contida na parte máis dura ou leñosa dos vexetais. Non se pode dixerir.
    -Inulina: é a reserva de glucosa dos vexetais que non posúen alminoides.

  14. fab-antiachantada di:

    Dende o meu punto de vista este novo descubrimento sería un gran avance xa que si chega a funcionar e os automóbiles se puideran fabricar con estes materiais, como ben se di, diminuirá o consumo de combustible, polo que se produciría menor contaminación, o que na situación actual sería algo moi importante.
    Pero aínda que a maioría dos resultados ao usar estes materiais son vantaxes, son resistentes e ecolóxicos tamén é moi caro o seu uso e elaboración polo que aínda que se comercien con éxito seguirá a abundar o número de coches actuais, continuando coa emisión de gases, o uso de combustibles e a contaminación.