A capa da invisibilidade

A Universidade de Michigan (EEUU) conseguiu que un obxecto se volvese invisible ante a nosa vista empregando unha capa de nanotubos. Os nanotubos son unha forma alotrópica do carbono. Teñen unha forma mecánica resistente pero de pouco peso, son porosos, ocos, lixeiros e elásticos. Pero a súa propiedade máis importante neste experimento e o seu baixo índice de refracción da luz, isto quere dicir que a velocidade da luz diminúe ao chocar con este material. Esta propiedade dos nanotubos e a que se emprega para poder ocultar as cousas. O problema é que absorben a luz, non a propaga, pola cal, ao ocultarse o obxecto o que vemos e unha lámina negra, por iso o uso que se lle propón dar é no espazo exterior.

Non hai moitos meses a Universidade de Texas (EEUU) tamén conseguía a invisibilidade a partir dos nanotubos, pero esta vez mediante un cambio de temperatura. Auméntase a temperatura, entón a densidade dos gases aumenta e diminúe o índice de refracción.


Autora: Aldara García

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.