Ainda non acabou?

Os operarios que traballan na central de Fukushima comenzaron a inxectar nitróxeno nos tres reactores afectados para previr explosións de hidóxeno. A medida tomouse despois de que a operadora da planta, Tepco, detectara a finais de octubro que nalgunhas zonas do reactor 2 se acomulara H cunha densidade de 2,9%.  Se a densidade se elevara ata o  4% , existiría o riscoo dunha explosión, polo que a noite comezaron a introducir N nos tres reactores para baixar a concentración. Manter o H a niveis baixos e unha condición indispensable para levar os tres reactores á parada fría, cunha temperatura estable por debaixo de 100ºC.

Segundo un informe de Tepco, nas horas inmediatas posteriores ao desastre houbo fallos de comunicación que ralentizaron a resposta á emerxencia. O documento afirma que o xefe da planta non foi informado de que o sistema de refrixeración de emerxencia no reactor 1 fora detido de maneira manual, mentres un fallo nunha válvula impediu detectar que o líquido que cobría as barras de combustible baixara ata deixalas expostas. Calcúlase que o dano as barras de control producíuse unhas catro horas despois do tsunami, o que facilitou a entrada de elevadas cantidades de hidróxeno que, ao día siguiente, causaría a primeira explosión na central. O pasado mércores, Tepco apuntou que a fusión do núcleo nesa misma unidade erosionou 65 cm a base de cemento da “vasija” do reactor, aínda que a contención de aceiro que a recobre estaría intacta. Se a erosión se expandira outros 37 cm a “vasija” de aceiro sufriría danos. Os reactores 2 e 3 tamén sufriron fusión dos seus núcleos, pero é  pouco probable que a base de cemento das “vasijas” sufriran danos importantes.


Autor: Victorino Souto

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to Ainda non acabou?

  1. Victor di:

    Neste artigo, Victorino fai enlaces, entre outros, en -sistema de refrixeración, válvula, barra de control, “vasija”-; todos eles son termos que se corresponden con compoñentes dunha central nuclear. Cando se vos dea ese caso utilizade en calquera dos anteriores termos un enlace que vos leve sempre a unha páxina que se explique como funciona unha central nuclear. Resulta máis doado comprender o funcionamento dos elementos dunha central se os vemos no seu conxunto formando parte da central.
    Polo demais, onde está o problema, para controlar a situación en Fukushima?

    • faa-josechaves di:

      Antes de que pasara nada na central de Fukushima houbo un terremoto que sacudíu a central…despoies deste acontecemento viñeron explocións nos edificios que contiñan os reactores nucleares, fallos nos sistemas de refrixeración e liberación de radiación ó exterior. Nese momento xa nada se podía facer,empezaron a evacuar á xente dos alrededores e poñéndoa a salvo.
      Para intentar salvar parte da central tomaron decisións, como a de inxectar auga mariña e ácido bórico en algún dos reactores ou suministrar ioduro de potasio á población.

      • faa-juancsineiro di:

        Si, tomaron decisións, pero a maioria ocultaronas para que non se supera o alcance do accidente e eso penaizounos moito. E tuberon unhas radiacións moi grandes.Tmen se fixeron vertidoos ao mar.
        La central estaba en funcionamiento desde 1971, y tenía un reactor BWR ( boiling water reactor) en el que se usa agua ligera como refrigerante y moderador.

    • faa-xosemartinez di:

      O problema para controlar a central de Fukushima radica na temperatura dos reactores. Xa que os especialistas non son capaces de baixar a temperatura dos mesmos para que poidan estar baixo control.

    • faa-iriagondar di:

      Os seis reactores da planta nuclear de Fukushima poderían fundirse si as autoridades non se apuran en arrefriar as barras de combustible nuclear. Si houbera unha fusión dos 6 reactores levaríase a cabo unha explosión nuclear.

    • faa-juancsineiro di:

      Din que solo corren peligro os reactores dous e tres, que non son capaces de enfrialos e que o dus tibo perdidas radioactivas e o tres de plutonio.

    • faa-antoniomrodino di:

      O número de persoas expostas á radiación tras a explosión podería chegar a 160.
      Tras probar diversos medios para tratar de arrefriar o núcleo, o Goberno dixo que vai tratar de encher con auga de mar, mesturada con ácido bórico, a estrutura que contén o reactor. Trátase dun método “sen precedentes”, porque os refrixerantes empregados non están a conseguir o seu obxectivo.

  2. Victor di:

    RECORDADE QUE A PARTIR DO PRÓXIMO XOVES, DIA 15, OS TRABALLOS DE BLOG COMEZARÁN A CONTAR PARA A 2ª AVALIACIÓN.

  3. faa-angelfigueiras di:

    O grave problema de fukushima, e que os reactores 1,2,3 e 4 están sendo inundados de auga radiativa, o que obstaculiza o restablecemento da electricidade. Isto non permite que os traballadores poidan encender as bombas de refrixeración reactores e as piscinas de combustibles

  4. faa-nereapaz di:

    Despois do terremoto, a central nuclear de Fukushima perdeu a conexión coa rede de suministro eléctrico o que provocou que as bombas de refrixeración non funcionasen e o sistema de refrixeración alternativo da central non funcionaba. Isto provocou o quentamento dos reactores.
    A día de hoxe aínda se segue a intentar arrefriar os reactores a unha temperatura óptima e así evitar riscos.

  5. fab-ateneaprado di:

    Unha das últimas noticias sobre a central de Fukushima é que se detectou unha fuga dunhas 45 toneladas de auga contaminada con estroncio radiactivo, o que os fai pensar que parte do líquido contaminado podería haber chegado ó mar, aínda que están tomando medidas para que non siga pasando mediante o uso de sacos de area para tratar de deter esa filtración. Con esta última noticia, respóndese a pregunta deste post. Isto ainda podería traer moitos mais problemas.

  6. Victor di:

    Que materiais radiactivos utilizaba esta central para o seu funcionamento e cales son as características que posúen?

    • faa-fernandogarcia di:

      Os materiais utilizados son variados, e conservan a súa radioactividade durante longos períodos de tempo.
      En Fukushima traballábase con varios materiales, como o cesio, o rutenio, o plutonio, uranio…

    • faa-luismdoval di:

      O principal material radiactivo utilizado na central era o uranio,pero un dos reactores tamén utilizaba plutonio. Este material a súa vez transfórmase en cesio e iodo,logo da súa desintegración.
      A súa principal característica é que son moi radiactivos e conservan a súa radiación durante moito tempo.

  7. faa-damianlores di:

    Os materiais radioactivos que utilizaban na central nuclear de Fukushima son: o iodo, o cesio, o plutonio e outros en menor medida como o rutenio ou o estroncio. Os riscos do iodo que supoñen para a saúde son moi elevados xa que provoca o cancro de tiroides, no caso do cesio, o risco é que se absorbe con moita facilidade a través da comida, o agua ou si se inhala en forma de po. O risco do plutonio tamén é elevado xa que emite radiacións de tipo alfa que se entra en contacto co corpo pode provocar cancros ou alteracións celulares.

  8. Victor di:

    Pero en realidade que prexuizo lles causan os materiais radiactivos aos organismos vivos?

    • faa-iriagondar di:

      – Efectos sobre o home: Segundo a intensidade de radiación e a súa localización non é o mesmo unha exposición a corpo enteiro que a unha soa zona, o enfermo pode chegar a morrer nun plazo de horas a varias semanas. No caso de que sobreviva ao falecemento as súas expectivas de vida quedarán simplemente reducidas.
      Os efectos nocivos da radiactividade son acumulativos, isto significa que se van sumando hasta que unha exposición mínima se converte perigosa despois de certo tempo. Exposicións a cantidades non moi altas de radiactividade por un tempo prolongado poden resultar efectos nefastos e fatais para o ser humano. A seguinte lista describe condicións que un suxeito expresa cando ten unha enfermidade por radiación:
      – Náuseas, vómitos, convulsións, delirios, dores de cabeza, diarrea, perdida do pelo, perdida da dentadura, redución de glóbulos brancos e vermellos no sangue , dano no conduto gastrointestinal, perdida da mucosa dos intestinos, hemorraxias, esterilidade, cáncer, leucemia infeccións bacterianas, mutacións xenéticas, dano cerebral, cataratas , etc…
      – Efectos sobre os animais: si os animais foron irradiados ao poucos días presentan unha serie de síntomas como pode ser diarreas, irritabilidade, perdida do apetito e apatía , podendo quedar estériles para máis ou menos tempo segundo o seu grado de exposición. Os liques son moi vulnerables a contaminación radiactiva polo que traspasan a contaminación a todo ser que se alimenta deles.

    • Se acontece un accidente nuclear, o home está relativamente protexido dunha contaminación radiactiva directa, é dicir a producida pola inhalación do aire contaminado por corpos radiactivos. En realidade, o principal perigo provén do alto grao de concentración biolóxica das substancias radiactivas ao longo das cadeas alimenticias. Deste xeito prodúcese unha contaminación radiactiva indirecta que comeza co depósito no solo e na auga dos axentes contaminantes radiactivos caídos da atmósfera. Nos animais e vexetais que extraen o seu alimento do solo e da auga concéntranse nos seus corpos, transmitíndoos aos seus depredadores.
      No medio mariño as algas chegan a ter unha radiactividade específica mil veces superior ás da agua e no plancton a concentración pode de 5000. Os animais acuáticos que se alimentan deses organismos poden alcanzar concentracións aínda máis elevadas.
      Nos vexetais a radiactividade concéntrase nas follas e nos talos.
      No home a contaminación indirecta prodúcese a través del tubo dixestivo trala toma de alimentos vexetais ou alimentos contaminados.

    • fab-isaacabal di:

      Os materias radiactivos non so causan prexuizos os organismos vivos, se non que tamén, a outras cousas como robots, electrónica, helicopteros, avións…
      Aos seres vivo producenlles : náuseas,vómitos,
      convulsións,
      ilusións,dores de cabeza,diarrea,perda de cabelo, perda de dentes,redución de glóbulos vermellos no sangue,redución de glóbulos brancos,danos ao duto gastrointestinais,
      perda do revestimento do intestino,
      sangramento,infertilidade,infeccións bacterianas,cancro,Leucemia,
      Cataratas,danos xenéticos,mutación xenética,
      os nenos anormais,danos ao cerebro,danos ao sistema nervioso,e decoloración do cabelo gris.

    • fab-lauragonzalez di:

      Os efectos nocivos da radioactividade son acumulativos. Isto significa que se van sumando ata que unha exposición mínima continua convértese en perigosa despois de certo tempo. Exposicións a cantidades non moi altas de radioactividade por tempo prolongado poden resultar en efectos nefastos e fatais para o ser humano. Pode provocarlle náuseas, convulsións, danos cerebrais, dores de cabeza entre outros.

  9. fab-lauralesmes di:

    Primeiramente,dase a presenza de síntomas graves de mal estar e acaban coa actividade de calquera dos organismos vivos ós que afecten este tipo de radiacións.

  10. Victor di:

    Existen tratamentos contra ás exposicións á radiactividade?

    • faa-antoniomrodino di:

      Os tratamentos actuais para a exposición grave á radiación limítanse aos fármacos que estimulan a produción de plaquetas e células sanguíneas, pero este enfoque é inútil se as células nai necesarias para isto tamén morreron pola radiación. O que é máis, non existe tratamento que poida ser aplicado despois da radiación para limitar os danos ás células.

    • faa-mariacmaquieira di:

      Dependendo dos danos causados pola exposición a radioactividade existen diferentes formas de tratar estes danos:
      Se a radioactividade afectou a médula unha posible solución é unha transfusión de sangue e de plaquetas.
      Se a radioactividade afecta a glándula da tiroides administrase ioduro de potasio e o químico dietilentriamina pentaacético os cales axudan a atrapar as partículas dañinas.

    • faa-victorinosouto di:

      O tratamento que se usou despois de que sucedera o desastre de Fukushima foi pastillas de ioduro de potasio. Isto probocou que moitas persoas da costa oeste de EEUU acudiran as farmacias e compraran medicamentos sen control o que fixo que as farmacéuticas non deran abasto na fabricación de medicamentos e polo tanto este medicamento fora vendido unha caixa de 14 comprimidos a 540 dolares en subastas. Con este tratamento o que se fai e saturar a tiroides e bloquear a inxestión de iodina radioactiva que e unha sustancia altamente cancerixena que pode sair dunha central nuclear cando sofre un acidente.

    • faa-luismdoval di:

      Si,os tratamentos actuais contra a exposición grave a radiación son os fármacos.Estes estimulan a produción de plaquetas e células do sangue,ainda que isto é inútil se as células nai necesarias para isto xa morreron pola radiación recibida.

    • faa-manuelbusto di:

      No caso de haber estado exposto a unha radiacción alta administranse pastillas de iodo(ioduro de potasio), que teñen como obxectivo evitar danos na tiroides, a pesar de que ten unha elevada eficacia para protexer esta glándula, estas pastillas non protexen a outras partes do organismo.

      Actualmente existen medicamentos para a xente que se expuxo a uns niveis excesivos de radiacción, que incrementan a producción de glóbulos brancos para contrarrestar os danos da radiacción que poden causar na médula ósea e reducir o risco de lesións no sistema inmunolóxico.

    • faa-iriagondar di:

      Os tratamentos actuais para a exposición grave a radiación limítanse só a fármacos que estimulan a produción de plaquetas e células sanguíneas, pero este enfoque é inútil si as células nai necesarias a isto tamén morreron a causa da radiación. O que é máis exacto non existe tratamento que poida ser aplicado despois da radiación para limitar os danos as células.

    • faa-mariamartinez di:

      Os tratamentos que hai para combater os danos producidos pola radioactividade son aqueles que incrementan a produción de glóbulos brancos e as pastillas de iodo.
      Os tratamentos que incrementan a produción de glóbulos brancos empréganse para paliar os danos producidos na medula ósea e para reducir as posibilidades de que se produzan lesións no sistema inmunolóxico.
      Por outra banda, as pastillas de iodo (ioduro de potasio), que son moi efectivas si se administran nas primeiras horas de exposición, só protexen a glándula tiroide e ningunha outra parte do organismo.

  11. fab-raquelblanco di:

    Como único remedio contra a radiactividade, é o yodo para non desarrollar un cáncer de tiroides.

    • Victor di:

      Raquel, debes elaborar máis as respostas. Por exemplo, neste caso poderías informar de que xeitos se inxire ese iodo como tratamento.

      • fab-isaacabal di:

        Iodo radioactivo (I-131), un isótopo do iodo que emite radiación úsase con fins médicos. Cando inxerido unha pequena dose de I-131, é absorbido pola corrente sanguínea na gastrointestinais (GI) e concéntrase a partir do sangue pola glândula tireóide, onde comeza a destruír as células da glándula.

        Iodo radiactivo I-131 tamén pode ser usado para tratar o cancro de tireóide.

  12. Victor di:

    RECORDADE QUE HOXE REMATA O PERÍODO PARA FACER COMENTARIOS AVALIABLES PARA A 1ª AVALIACIÓN