200 días de tormenta

A sonda Cassini, a encargada de vixiar a actividade en Saturno, rexistrou en imaxes unha cadea de tormentas que durou  arredor de 200 días, e cunha lonxitude de 15.000 Km de norte a sur; a máis grade en 20 anos.

Ademais da tormenta, as imaxes recollidas deron información acerca da actividade eléctrica desta. Grazas a isto, descubriuse que esta actividade procedía dunha tormenta de convección.

As tormentas de Saturno  “parécense máis a un volcán que as que se producen no sistema climático terrestre”, sinala Andrew Ingersoll, do Instituto Tecnolóxico de California. A similitude está en que a presión acumúlase durante un longo período de tempo antes de que estale a tormenta. Estes estalidos aportan indicios sobre os procesos do interior do planeta que aínda están por investigar. “O máis sorprendente é que non hai rochas que resistan a presión e polo tanto non retrasan a erupción uns anos”, di Ingersoll.

As imaxes recollidas por Cassini utilizaranse para avaliar a tormenta, ademais doutras observacións como os seus aneis e os seus satélites.


Autora: Paula Alba

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to 200 días de tormenta

  1. fab-noeliafernandez di:

    Cassini detectou que a fase activa da tormenta terminou a finais de xullo, pero as nubes turbulentas que xerou permanecen aínda na atmósfera actual.
    Esta tormenta superou outra anterior detectada en 1993 que permaneceu durante 150 dias.
    Cassini foi lanzada ao espacio en outubro de 1997 xunto coa sonda Huygens da ESA. A nave chegou as inmediacións de Saturno en 2004 para iniciar o estudio de Titán, a maior lúa do planeta.
    Dende entonces os 12 instrumentos de Cassini estiveron transmitindo información do sistema de Saturno durante casi 6 anos, pese a que se supoñía que debía concluír a actividade a finais de 2008. O ano pasado a NASA decidiu prolongar a súa misión ata 2017, o que permitirá aos científicos estudar os cambios climáticos no planeta e nas súas lúas.

  2. Victor di:

    porque son tan diferentes as tormentas que se producen en Saturnos respecto ás terrestres?

    • fab-aldaragarcia di:

      A principal diferencia entre as tormentas de Saturno e as terrestres é que as de Saturno duran máis tempo. Na Terra, as tormentas duran días como máximo, pero en Saturno poden durar meses e incluso anos.
      As tormentas orixinadas nos dous planteas contan con furacáns e choiva, pero na terra os furacans orixínanse baixo baixas presións a nivel do chan e a altas presións no alto. Pero en Saturno as tormentas contan con furacáns nas partes máis altas das nubes.
      Pero as maiores diferencias entre as tormentas destes dous planetas son as funcionais e físicas entre os dous planetas. Así como a calor que fai funcionar os furacáns, na Terra procede dos océanos, no caso de Saturno procede do interior do planeta.
      Pero aparte de todas as diferencias que me quedan por mencionar, Saturno conta cunha atmosfera moi propicia a tormentas, contanto co vapor de auga e calor propio aparte doutros elementos.

    • faa-mariacgarcia di:

      En Saturno a calma despois da tormenta pode tardar en chegar e na terra os furacáns poden ser grandes e destructivos, pero non duran moito.
      Afrecuencia de tormentas en Saturno parece a mesma que a da terra.Lóxicamente dado que Saturno é mais grande que a terra as súas tormentas tamén serán maiores.

  3. Victor di:

    Cales son as grandes diferenzas na estructura e composición entre Saturno e a Terra? Esas diferenzas inflúen nas características das tormentas en ámbolos planetas?

    • faa-adrianfeijoo di:

      A masa de Saturno é 95 veces a da terra ,e a súa densidade é tan só de 0,7 gramos por centímetro cúbico.
      O seu diámetro ecuatorial é de 120.000 Kilómetros ,nove veces máis grande que o diámetro da terra aproximadamente.Tamén presenta un volume 740 veces máis grande que a terra,xa que é o segundo planeta máis grande do Sistema Solar despois de Xúpiter.
      A súa composición é de Hidróxeno metálico, responsable do seu intenso campo magnético,e tamén por helio.
      O interior do planeta contén un núcleo formado por materiais conxelados acumulados na formación do planeta e que se encontran en estado líquido nas condición de presión e temperatura próximas ao núcleo.

  4. faa-emilioabal di:

    O interior de Saturno é semellante ó de Xúpiter, con un núcleo sólido no interior. Sobre el esténdese unha extensa capa de hidróxeno líquido e sólido (debido ós efectos de las elevadas presións e temperaturas). A diferenza de Saturno a Terra é un planeta terrestre, que significa que é un corpo rochoso e non un xigante gasoso como Saturno. As tormentas créanse cando un centro de baixa presión desenrólase cun sistema de alta presión que o rodean. Esta combinación de forzas opostas pode crear ventos e resultar na formación de nubes de tormenta.

  5. Victor di:

    E quen crea o centro de altas ou baixas presións?

  6. fab-raquelblanco di:

    As altas e baixas presións son o peso da columna de aire sobre o lugar no que se observa. Esto ñe debido a gravidade da Terra, o aire que respiramos ou a atmósfera(conxunto de gases) ten un peso e este peso é o que nos chamamos a presión atmósferica.
    O peso dunha columna de aire midese sobre os 2000 km de altura e 1cm² de base o nivel do mar sendo esta de 760 mm (milimetros de mercurio) ó 1013 hectopascales (a presión que exerce unha forza de 1 newton sobre unha superficie de 1 metro cadrado normal a mesma)

  7. faa-rubengonzalez di:

    A verdade e que é unha noticia curiosa que unha tormenta en Saturno dure 200 días, aínda que, na miña opinión, non me parece un gran avance, xa que non é un descubrimento transcendental, aínda diría mais creo que na situación económica que estamos deberían reducir estas “expedicións” que non aportan grandes datos e que custan millóns de dólares.

    • faa-victorinosouto di:

      Estou dacordo con tigo Rubén condo dices que estas espedicións custan millóns de dólares e que ese diñeiro se podería gastar en outras ramas da investigación que fora máis útil para a vida do ser humano. Pero estas cousas fanas o países con diñeiro, e dicir, EEUU que son o que manexan o en certo modo o mundo. Este descubrimento ainda que pa nos nos parezan non transcendentales pois o mellor nun futuro serbenos de algo ainda que sexa non futuro moi lexano.

  8. Victor di:

    Que características teñen este tipo de sondas espaciais? Utilizan combustible? Que tipos de datos nos facilitan?

    • fab-isaacabal di:

      Características destas sondas;
      Enerxía do sistema: normalmente baterías e paneis solares para fornecer enerxía eléctrica para os sistemas, pero tamén pode incorporar fontes radioactivas de enerxía.
      Instrumentos de observación, como cámaras, ou análise de espectro.
      Equipos de comunicación, composta de varios tipos de antenas para transmitir os datos recollidos para a Terra.
      Facilitanos información como: imaxes de satélites, planetas… e facilitan investigación para o descubrimento de planetas, estrelas… e todo o que teña que ver con eles.

  9. fab-isaacabal di:

    Características;
    Enerxía do sistema: normalmente baterías e paneis solares para fornecer enerxía eléctrica para os sistemas, pero tamén pode incorporar fontes radioactivas de enerxía.
    Instrumentos de observación, como cámaras, ou análise de espectro.
    Equipos de comunicación, composta de varios tipos de antenas para transmitir os datos recollidos para a Terra.

  10. faa-antoniomrodino di:

    Dende a miña opinión, esta noticia pareceme de pouco interés científico e máis interés á ora de recaudar, xa que unha tormenta en Saturno, por moi alarmente que fose, mentres que non fose preocupante, non nos vai a proporcionar información moi importante á ora de coñecer un chisco máis o espazo, é máis, os procesos que nos levan a coñecela son, en menor medida, causantes do xa mencionado lixo espacial, co emprego neste casao das sondas.

    • Victor di:

      Antonio, creo que non tes razón en absoluto. Primeiro na importancia que lle sacas á noticia, cando da investigación espacial depende en gran parte o futuro da nosa sociedade. Tampouco tes razón ao dicir que as sondas son as causantes do lixo espacial, pois este está formado, sobre todo, por restos de satélites xeoestacionarios.
      Por certo, mellora o vocabulario (hora é con h); acordádevos de pasar un corrector ortográfico ás vosas intervencións.

  11. Victor di:

    RECORDADE QUE HOXE REMATA O PERÍODO PARA FACER COMENTARIOS AVALIABLES PARA A 1ª AVALIACIÓN
    Xustificade o sentido que ten a investigación espacial.

    • fab-laurarodriguez di:

      Mediante a investigación que realizan os científicos coa Sonda Cassini, pretenden determinar a estructura tridimensional e o comportamento dinámico dos aneis de Saturno, xunto coa superficie dos satélites e a historia xeolóxica de cada obxecto. Tamen queren averiguar a orixe do material escuro que existe na superficie de Jápeto e estudar o comportamento dinámico da magnetosfera deste.

      • Victor di:

        Referíame Laura a que dérades unha xustificación xeral sobre se vos parece axeitado apoiar a investigación espacial.

        • fab-mariaarojo di:

          Sí, a min paréceme axeitado apoiar as investigacións espaciais, pois é a única forma de coñecer o que rodea o noso planeta e responder a curiosidades do tipo de se existe vida fora da Terra, se o espacio segue crecendo a medida que pasa o tempo, ou, no caso de unha catástrofe (por exemplo) sería posible habitar un planeta exterior. É importante e interesante saber onde vivimos e que temos ao noso arredor.

        • fab-isaacabal di:

          Penso que é bo que se investigo sobre o espazo, xa que o noso planeta está sentenciado en as nosas xeracións venideras teran que emigrar cara outro planeta. Cando chegue ese momento teñen que ter o traballo adiantado para poder avandoar este planeta.
          Ademáis poderiase conquistar outros planetas e crear colonias neles que exploten os seus recursos.