Adeus, combustibles fósiles

O certo é que se botamos unha ollada ao pasado, os combustibles fósiles xa estaban presentes dende hai moito  tempo. E, actualmente, na nosa sociedade e na  nosa economía, será moi complicado retiralos. Pero non nos paramos a pensar, que estas materias primas foron fonte principal de enerxía durante moitas décadas, e, por outra banda, son esgotables e moi perigosas para o medio ambiente.

Por iso, a nosa sociedade e o noso medio, precisa de alernativas enerxéticas urxentemente; e a nanociencia pode ser o punto de partida. Xa dende os últimos anos, esta rama foi na que máis se invetigou e na que máis se intenta avanzar, polo tanto, neste tema, a nanotecnoloxía, pode mellorar o rendemento de materiais fotovoltaicos utilizados en dispositivos de enerxía solar.

Este tipo de enerxía é a mellor opción, dende o punto de vista do aforro, do almacenamento e da distribución, posto que a enerxía solar é a máis sostible e limpa que posuimos, e debemos aproveitarnos dela, deixando a un lado fontes de enerxía que non fan máis de danar o medio ambiente. Ademais, por outra banda, as células fotovoltaicas permiten un gran rendemento de captación e conversión de fotóns solares en enerxía, por medio dun deseño inteligente a baixo custo. Son compatibles co urbanismo actual, respectuosas e integrables no medio, aínda que a súa esperanza de desenvolvemento é duns 25 anos, o seu custo segue sen poder competir en relación ás fontes energéticas convencionais. E agora ben, como pode, a nanotecnoloxía mellorar esta opción? Pois grazas ás células monolíticas multiunión; estas teñen un tamaño moi reducido, permitindo un custo máis compensado dos materiais e da instalación, así como tamén un maior rendemento. Por outra parte, non deixan de realizarse diversos experimentos e estudos para seguir mellorando esta enerxía que será o futuro. O último avance, é engadir nanoestruturas epitaxiais, como os puntos cuánticos, e nanoestruturas fotónicas, na zona activa das células solares, co obxectivo de acadarr un rendemento superior ó 50%.

Autora: Lucía Santos.

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Enerxías renovables, Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Adeus, combustibles fósiles

  1. fab-cristinaporto di:

    É imprescendible reducir a independencia da nosa economía de petróleo e os combustibles fósiles. E unha tarea urxente, según moitos dos estudos do ambiente, porque a ameaza do cambio climático global e outros problemas ambietais son moi serios porque, a medio prazo, non podemos seguir basándonos na nosa forma de vida nunha fonte de enerxía non renovable que se vai esgotando. Ademáis esto debémolo facer compatible, por un deber elemental da xustiza, con logarar o acceso a unha vida máis digna para todos os habitantes do mundo.
    O uso eficiente da enerxía. Para lograr estos obxectivos son moi importantes dúas causas:
    -Por unha parte aprender a obter enerxía de forma económica e respetuosa co medio ambiente.
    -Pero a máis importante aínda, é aprender a usar eficientemente a enerxía. Usar eficientemente a enerxía significa non empleala en actividades innecesarias e conseguir facer tareas co mínimo consumo de enerxía posible. Desarrollar tecnoloxías e sistemas de vida e traballo que aforren enerxía é o máis importante para conseguir un auténtico desarrollo, que se poida chamar sostible.

  2. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, o futuro enerxético esta na enerxía solar, xe que os combustibles fósiles non compensan. A enerxía solar é a enerxía obtida do Sol. A radiación solar incidente na Terra pode aproveitarse, pola súa capacidade para quentar, ou directamente, a través do aproveitamento da radiación en dispositivos ópticos ou de outro tipo. É un tipo de enerxía renovable e limpa, o que se coñece como enerxía verde.

  3. Victor di:

    Pero por que son tan malos os combustibles fósiles?

    • faa-antoniomrodino di:

      Dise que son malos porque:
      O seu uso produce a emisión de gases que contaminan a atmosfera e resultan tóxicos para a vida.
      Prodúcese un esgotamento das reservas a curto ou mediano prazo.
      Ao ser utilizados contaminan máis que outros produtos que poderían utilizarse no seu lugar.

    • fab-isabelcouceiro di:

      Porque non son renovables e fanse moi difíciles de eliminar do medio ambiente. Provocan gases tóxicos que fan desaparecer a capa de ozono, crean o efecto invernadoiro, empeoran a nosa saude e extingen moitas especies animais incapaces de soportar tanta polución.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os combustibles fósiles son realmente malos. Por exemplo no proceso de combustión do carbón libéranse gases altamente prexudiciais.O dióxido de carbono(CO2 ) e o dióxido de xofre(SO2). O primeiro é un dos gases que provoca o efecto invernadoiro que levan ao quentamento global. O segundo o dióxido de xofre cando reacciona co ozono (O3),xenérase trióxido de xofre (3SO3) , que ao reaccionar este composto coa auga presente nas nubes,fórmase o ácido sulfúrico que posteriormente precipitase xenerando a chuvia ácida.

    • fab-mariaarojo di:

      Principalmente son malos polo feito de que non son renovables. Por exemplo, no caso do carbón e tendo en conta as condicións meteorolóxicas e ambientáis actuáis non se volvería a formar (o carbón formouse por restos vexetais que se acumularon en ambientes sedimentarios moi humidos, coma os que eran típicos en numerosas rexións da Terra no período Carbonífero (entre 347 y 280 millóns de anos antes do tempo presente.
      Tamén son perigosos e contaminantes para o medio ambiente, xa que o seu uso crea gases tóxicos que afetan á capa de ozono e como consecuencia a o clima. É o caso do combustible nuclear, que xera residuos radiactivos que permanecen durante miles de anos, afectando tamén ao ser humano.

    • faa-mariamartinez di:

      Os combustibles fósiles son tan malos porque a súa combustión provoca a emisión de gases como o dióxido de carbono, monóxido de carbono,… que contaminan a atmosfera, a auga, o aire…
      Ademais o transporte destes combustibles tamén orixina diversos problemas, como os derrames de petróleo. Por exemplo, quen non recorda a catástrofe do Prestige?

    • fab-antiachantada di:

      Os combustibles fósiles son tan malos porque o seu uso produce a emisión de gases que contaminan a atmosfera e o medio ambiente ademais de que resultan tóxicos para a vida cotiá, son recursos non renovables e limitados, unha vez que se esgoten non vai a haber a posibilidade de conseguir máis o que pode xerar problemas.

    • faa-victorinosouto di:

      A combustión de combustibles fósiles son malos xa que un dos problemas que teñen e a emisión de CO2. O problema que ten a emisión de CO2 dos combustibles fósiles e que é unha cantidade de CO2 que o planeta non conta con el xa que se non fora polo home eses combustibles non se queimarían e polo tanto non irían a atmosfera, o que supón para o planeta un calentamento global.

    • faa-juancsineiro di:

      porque non son renobables, producen dióxido de carbono que xera o efecto invernadoiro, tamén polo cambio climático, porque non é renovable e baise acabar esgotando, e temos enerxías renobables o noso alcance.

  4. fab-alvarolopez di:

    O uso destes combustibles nos nosos medios de transporte ten como consecuencia o aumento de polución das áreas máis transitadas. Ademáis de que non son renovables.
    Os combustibles ecolóxicos como o biometano e o biodiésel poderían cambiar esta situación.

  5. faa-iriagondar di:

    Como ben di Alvaro podemos empregar ese tipo de biocombustibles.

    O Biometano como combustible para o sector do transporte ten un gran futuro xa que non é necesario mesturalo con derivados do petróleo, probablemente sexa o combustible do futuro. O Biometano prodúcese a partires de biomasa residual xarada no sector da agricultura e forestal, a súa emisión de carbono a atmosfera é nula así que dispoñemos dunha vantaxe para controlar as emisións de gases que provocan o efecto invernadoiro. Outras vantaxes son:
    – É un combustible totalmente renovable
    – É posible a produción local
    – Conta con gran dispoñibilidade de materias primas
    – Os restos de putrefacción pódense empregar como fertilizantes
    – Aproveita a mesma rede de distribución do gas natural
    – Brinda novas oportunidades de negocio en torno a imaxe ecolóxica.
    O biodiesel é un biocarburante líquido que se emprega na automoción. É un produto líquido que se obtén a partires de aceites vexetais e graxas animais como poden ser os xirasoles, a solla e demais materiais primas empregadas para este fin. As propiedades do biodiesel son practicamente as mesmas que as do gasóleo de automoción en canto a densidade e número de ceteno. Ten unha serie de vantaxes como poden ser :
    – O uso do como combustible non dana ao medio ambiente
    – Prodúcese a partires de materias primas renovables
    – Non contén xofre que evita a choiva ácida e o efecto invernadoiro
    – Mellora a combustión e reduce as emisións de hollín
    – Posúe poder lubricante que protexe o motor reducindo o seu desgaste
    – É biodegradable
    – Non contén benceno nin outras sustancias canceríxenas
    Pero este biocarburante tamén presenta unha serie de desvantaxes como o son:
    – Con baixas temperaturas solidifica e forma cristais
    – O seu costo é máis elevado en comparación do diésel do petróleo.
    – Pode abrandar e degradar certos materiais como o caucho natural e a espuma de poliuretano esto provocará que haxa que facer cambios en mangueiras do motor do vehículo.

  6. fab-noeliafernandez di:

    Son malos por moitas razóns, pero detallarei algunha:
    -CARBON: Tanto na extración como na combustión orixina deterioros medioambientales importantes. O máis importante e a emisión á atmosfera de residuos como o óxido de azufre, óxido de nitróxeno e dióxido de carbono.
    -PETROLEO: A extracción de pozos petrolíferos e a existencia de refinerías, oleoductos e buques petroleiros, ocasiona derrames, que afectan ao solo( pérdida de fertilidade) e a auga (afecta a vida mariña, ecosistemas costeiros, etc). Ademais desto o monóxido de carbono e sumamente tóxico.
    -GAS: ten efectos similares aos anteriores, na expulsión de gases moi nocivos.

    Os gases que se acumulan na atmosfera pola utilización destos combustibles, ocasiona:
    -O efecto invernadoiro: A radiación solar entra na atmósfera atravesando o dióxido sen dificultade. Pero cando o raio reflexado na terra intenta salir e absorbido pola atmósfera provocando o aumento progresivo da temperatura.
    -Chuvia ácida: provocado polos óxidos de azufre y nitróxeno. Este tipo de chuvia deteriora bosques, ríos e patrimonio arqueolóxco

  7. Victor di:

    En que consiste o proceso de transformar a luz en electricidade?

    • fab-alvarolopez di:

      Algúns materiais semiconductores teñen a capacidade de emitir electróns ó incidir a luz sobre eles, xerando unha corrente eléctrica: efecto fotoeléctrico.

    • faa-xosemartinez di:

      Sobre os paneis fotovoltaicos, que están formados por silicio ou arseniuro de galio, impactan fotóns (provintes da radiación solar). Ó impactar sobre estes materiais provocan que os electróns circulen sobre os mesmos e crean electricidade.

    • faa-manuelbusto di:

      Esta transformación da luz solar en electricidade é conocido como efecto fotovoltaico.A radiación solar é captada polos módulos fotovoltaicos , feitos de materiais semiconductores como o silicio, e xeran enerxía eléctrica.

  8. faa-angelfigueiras di:

    Os combustibles fósiles son prexudiciais para a continuidade dos seres vivos na superficie Terrestre, posto que a combustión dos mesmos produce dióxido de carbono, monóxido de carbono, choiva ácida etc. Pero hai un problema, estes combustibles “compensan”, e dicir, no ámbito económico. Porque o rendemento obtido da enerxía solar, por exemplo, e moi baixo anda cerca dun 25%. Por exemplo para a miña casa que temos un consumo de 1500KWh, para funcionar só con placas solares, necesitaríamos unha placa de 511.90m^2. Digamos que é imposible. Polo que mentres non se mellore, o rendemento das placas será “tontería” poñelas. E xa non digamos o alto custo que supón ter unha placa solar, entre o prezo de adqusición e logo o mantemento que supón.

  9. Victor di:

    Que tipos de paneis solares existen e cal é a súa eficacia?

    • faa-manuelbusto di:

      Os máis utilizados son os paneis fotovoltaicos, formados por numerosas celas que conviren a luz en electricidade, normalmente están feitos de silicio.
      Cando é exposta a luz solar directa unha cela de silicio de 6 cm de diámetro é capaz de producir unha corrente de promedio de 0.5 amperios a 0.5 voltios(equivalente a un promedio de 90 W/m² ).

    • faa-iriagondar di:

      Hai dous tipos :
      – Placas fotovoltaicas – son un conxunto de celas fotoeléctricas unidas nunha estrutura que no seu conxunto forman unha placa solar. Un conxunto destas placas pódese conectar en serie para producir maior cantidade de enerxía solar. Dentro deste tipo de placas diferenciamos entre:
      o Placas solares policristalinas.
      o Placas mono cristalinas.
      A diferenza é que as placas mono cristalinas son máis caras e producen máis electricidade, hasta un 17%, e as policristalinas son máis baratas pero renden menos. As placas policristalinas empréganse en proxectos solares nos que se dispón de moito espazo e o outro tipo de placa empréganse en espazos reducidos para obter o máximo de enerxía posible.
      O costo das placas solares fotovoltaicas varia pola súa composición de silicio e rendemento.

      – Placas solares térmicas – Estas placas solares absorben a calor solar para quentar auga de uso sanitario ou de calefacción das vivendas. Compóñense de tubos enmarcados en aluminio cubertos por unha plancha de vidro. A calor solar queda atrapada entre o vidro e os tubos. A través dos tubos das placas solares circula un líquido condutor da calor que soe ser aceite, este absorbe a calor da placa solar e transportao ata un intercambiador. No intercambiador quentase a auga .

    • faa-adrianfeijoo di:

      Hai dous tipos de paneis fotovoltaicos:
      -O panel solar fotovoltaico:É o encargado de transformar a luz en electricidade,para isto necesitase que a luz incida perpendicularmente na superficie do panel.Unha celda se silicio de seis centímetros de diámetro produce unha corrente de 90W/s de media, dependendo do brillo solar.Hai outros materiais máis eficaces pero son máis custosos.
      -O panel de enerxía solar térmica:É o encargado de transformar a luz en calor.Hai dous tipos de paneis solares térmicos,os colectores de auga e os de aire.Nos colectores de auga,o chamado absorbente é quentado pola radiación solar e transmiten a calor a auga que circula polos tubos.Emprégase para a calefacción e auga quente sanitaria.
      Nos de aire,é o aire o que circula e quentase ao poñerse en contacto cos absorbentes,o aire quente é ventilado nos ambientes de calefacción.O absorbente é de cor negro xa que é máis eficaz.

    • faa-xosemartinez di:

      Principalmente os paneis solares divídense en dóus grandes grupos:
      -Os paneis solares térmicos que transforman a luz solar en enerxía térmica.
      -Os paneis solares fotovoltaicos que transforman a luz solar en enerxía eléctrica.

    • E cómpre engadir que segundo o material utilizado para a súa fabricación, podemos dividilos en tres tipos:
      -Células Monocristalinas, que se compoñen dun único cristal de silicio, basadas en seccións dunha barra de silicio perfectamente cristalizado nunha peza.
      -Células Policristalinas, formadas por pequenas partículas cristalizadas, básanse en seccións dunha barra de silicio que se desestructurou en pequenos cristais.
      -Células de película delgada, tamén chamadas de silicio amorfo, basadas tamén no silicio, pero este material non sigue aquí ningunha estructura cristalina.

  10. faa-emilioabal di:

    Existen varios tipos: Silicio Puro monocristalino- No laboratorio chegáronse a alcanzar rendementos máximos do 24,7% para este tipo de paneis sendo nos comercializados do 16%.Silicio puro policristalino Obtense con eles un rendemento inferior que cos monocristalinos (en laboratorio do 19.8% e nos módulos comerciais do 14%) sendo seu prezo tamén máis baixo.Teluro de cadmio- Rendemento en laboratorio 16% e en módulos comerciais 8%.

  11. Victor di:

    Que fai tan especial ao silicio para convertelo nun elemento tan esencial na fabricación de paneis solares? De que fontes se obten o silicio para este tipo de actividades?

    • faa-xosemartinez di:

      O silicio é esencial porque, en forma de celdas e exposto á luz solar, este material é capaz de crear corrente eléctrica.
      Por masa o silicio representa o 25,7% da corteza terrestre. E este encóntrase normalmente en forma de dióxido de silicio (cuarzo). Os principais xacementos de cuarzo do planeta encóntranse en Brasil, e en España a provincia cos principais xacementos é Segovia

    • faa-manuelbusto di:

      Os fotóns que proveñen da radiación solar impactan sobre a superficie do panel, sendo absorbidos por materiais semicondutores como o silicio.
      Isto permitirá circular a través do material e producir electricidade.
      O silicio atópase nas diversas formas do cuarzo,as minas mais explotadas deste material atópanse en Brasil.

  12. fab-amadeoabal di:

    Tamén é importante recalcar que o silicio é de cor negra e por eso se utiliza na fabricación das placas solares se non fose de cor negra non se utilizaría. Despois de Brasil cabe destacar o norte de Uruguay. E aqui na Unión Europea os principais procuductores somos España e Italia.

  13. fab-fuensantabuceta di:

    O silicio é un bo material para fabricar paneis solares pola súa cor escura, como di Amadeo. As cores escuras absorven moito máis a luz e a calor do que o fan as cores máis claras que desvían a luz cando impacta sobre elas. Aademáis desta característica, destaca tamén que o punto de fusión (o punto no que un sólido pasa a líquido) do silicio é de 1.411 Cº. É un punto de fusión moi alto, o que axuda a que os paneis solares de silicio poidan absorver a calor do sol durante todo o día se ningún problema. A isto tamén lle temos que sumar que o silicio é un material semicondutor que, cando absorve a luz do sol, crea enerxía case ó instante.

  14. fab-rosammillan di:

    Este elemento obtense co cuarzo e da area do mar a través da reducción en altos fornos.
    Crease en lingotes estándarizados mais baratos producidos sobre todo para a industria microelectrónica. O Silicio policristalino ten un menor coste e unha calidade optima pero o Arseniuro de Galio é moito mais eficaz.
    Unha celda de 6 cm produce arredor de 0,5 voltios.