Segue a busca de marcianos

O pasado 26 de Novembro púxose en marcha a misión Mars Science Laboratory (MSL): foi enviado a Marte o Curiosity, o maior vehículo de superficie construído para explorar Marte. Este vehículo deberá recorrer 570 millóns de km para chegar ó planeta en Agosto do ano que vén.

O seu destino específico é o cráter Gale, cercano ó ecuador deste planeta. Este cráter é interesante para os científicos porque, a preseza de arxilas alí e as características xeolóxicas, apuntan a que puideron formarse en presencia de auga. O obxectivo final deste programa sería determinar se hubo presencia de vida nalgún momento, ou se a hai agora. Pero todo faise paso a paso, e o Curiosity non está preparado para identificar formas microbianas. No caso de que puidese confirmar condicións de habitabilidade no cráter, o descubrimento serviría para deseñar futuras misións cos experimentos apropiados para a busca de sinais de vida, que se traerían á Terra para analizalas. Se todo sae ben, cando o Curiosity chegue a Marte, desplegará os seus instrumentos científicos e comezará a moverse polo contorno do cráter co seu sistema automático de navegación.


Autora: Paula Gondar Núñez

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to Segue a busca de marcianos

  1. Victor di:

    Fixádevos que neste artigo tendes tres enlaces; un deles na fotografía. É unha opción que aínda non utilizárades ata o de agora.Ademais, boto de menos un par de enlaces no primeiro parágrafo; en que conceptos?

  2. fab-alvarolopez di:

    Segundo o meu criterio poñería un enlace en Mars Science Laboratory, a cal é unha misión da NASA con catro obxectivos científicos:

    1.Determinar se en Marte hai vida.
    2.Estudar o clima de Marte.
    3.Estudar a xeoloxía de Marte.
    4.Plan de misión humana en Marte.

    Tamén poñería outro enlace en Curiosity, que como ben di a nosa compañeira Paula, é o maior robot creado para explorar a superficie de Marte cos obxectivos anteriormente ditos.

  3. fab-cristinabarreiro di:

    Eu creo que deberían ter enlaces o nome da misión Mars Science Laboratory, para entender mellor en qué consiste a misión, e no nome do vehículo Curiosity para coñecer máis cousas dun novo artiluxio que supón un gran avance para a ciencia.

  4. faa-manuelbusto di:

    Eu creo que debería haber un enlace en Mars Science Laboratory, para coñecer detalles deste proxecto, e por último outro enlace en Curiosity, para saber a tecnoloxía que se utiliza neste robot.

  5. Victor di:

    Cales credes que son as causas que nos moven a estudiar ao planeta Marte? Credes que vale a pena?

    • fab-alvarolopez di:

      Pois a causa é polo que poida pasar coa Terra nun futuro. No caso de que sexa imposible vivir nela cabe a posibilidade de marchar cara o planeta Marte.

      Penso que vale a pena estudala se pasara a catástrofe da Terra. Pero o mellor é que teñamos a conciencia de que non se pode seguir así e cambiemos a mellor.

    • faa-borjavarela di:

      Pois creo que as causas do estudio de marte as de averiguar si as condicions de Marte para vivir son boas como para saber si existe ou existeu vida no planeta como se existe auga para que fose a vida posible por si como nos conta o noso compañeiro a Terra acabe sufrindo una catástrofe probocada polo aumento das temperaturas a causa das emisons de gases de efecto invernadoiro porbocados polo home como os vertidos tóxicos que conseguiran que a vida na Terra sexa imposible e teñamos que irnos a vivir a Marte.

    • fab-isaacabal di:

      A causa, penso eu, é sen dubida conquistar un novo planeta, e explotar asi os seus recursos, ademáis de que o noso planeta está sentenciado e é preciso atopar unha alternativa, custe o que custe, para que a hora de ter que emigrar os nosos sucesores cara outro planeta, teñan moito traballo adiantado.

      • fab-isaacabal di:

        Quero dicir con isto, que se non se investiga agora, tarde ou temprano haberá que facelo, e non se sabe canto tempo se necesitará para atopar un planeta que poidamos habitar, asi que o mellor é que se empece canta antes, e iso é o que se está a facer.

    • faa-antoniomrodino di:

      As causas, entre moitas, poden ser a posibilidade da existencia de condicións axeitadas para a vida dos seres vivos, en especial do ser humano, unha vez que a Terra se faga invivible por parte destes individuos, como pode ser pola desaparición de auga ou mesmo pola redución en exceso, do grosor da atmosfera, procesos que se levarán posiblemente acabo en varios milleiros de anos.
      Por outra banda, na miña opinión, eu penso que non pagan a pena moitas das investigacións que se levan a cabo en Marte, e non me refiro con iso por causa dos gastos que conlevan, se non porque xa se comprobou que a superficie de Marte posúe elebadas temperaturas, ata o momento superiores á media da Terra, polo que moitos seres vivos non poderían vivir nesa superficie.

    • fab-antiachantada di:

      A causa de coñecer se hai vida noutro planeta, na miña opinión, é para a explotación no caso de que se acaben os recursos naturais da Terra ou mesmo simples reservas; mesmo a vida neles xa que non sabemos que futuro lle espera á Terra, temos moitas teorías de catástrofes que pasarán por iso o investigar se noutros planetas se podería dar vida é unha opción por si esa gran catástrofe chega algún día.

  6. fab-raquelblanco di:

    Estudiamos o planeta Marte porque presenta características morfológicas tanto da Terra como da Luna: cráteres de impacto, campos de lava, volcáns, cauces secos de ríos e dunas de lava.
    Os científicos estudian si sería posible a nosa vida en marte ou se houbo vida, porque tal e como vai a Terra se non melloramos as nosas condicións de vida tendremos que buscarnos outro lugar donde vivir.
    Creo que si que vale a pena, porque cantas máis investigacións haxa sobre Marte mellor será para os nós.

  7. faa-breixoalonso di:

    A principal causa e para averiguar se en Marte puido haber vida e desta forma descubrir se nun futuro podería ser habitado polo ser humano. Isto realizase en Marte xa que a maioría dos planetas estan en estado gaseoso.
    Vale a pena porque coñecemos mais o universo e sobre nos intentado descubrir porque estamos aquí.

  8. Victor di:

    E porque, na exploración doutros planetas e satélites, sempre é tan importante a presenza de auga?

    • fab-isaacabal di:

      Porque para atopar vida, como no noso planeta, os seres vivos procedemos de auga, e a presenda de auga indicará posible vida.

      • Victor di:

        Iso de que os seres vivos procedemos da auga no me parece moi correcto como explicación. Pido unha mellor explicación.

        • fab-isaacabal di:

          Procedemos de microorganismos que se formaron na auga, e que a partir dunha serie de evolucións, das cales os seres vivos pasaron de ser acuáticos a ser terrestres, seguiuse evolucionando ata chegar a un organismo tan complexo como o noso.

    • fab-antiachantada di:

      Porque os seres humanos, para vivir necesitamos a auga e para a súa explotación ou mesmo para a vida nel necesitaríamos e seríanos máis fácil coa presenza de auga.

  9. Victor di:

    A cuestión é: porque é imprescindible a auga para os seres vivos? Doutro xeito: ti poderías vivir sen auga? Existe algún ser vivo no noso planeta que poida vivir sen auga? Por que?

    • fab-alekseinogueira di:

      A auga é imprescindible para os seres vivos porque a auga é fonte de vida e o corpo dos seres vivos e sobre todo o do ser humano ten unha cantidade de auga considerable. No noso planeta non existe ningún ser vivo que poida vivir sen auga porque a auga é necesaria xa que o seu corpo ten auga.

    • faa-iagogonzalez di:

      Ningún ser vivo pode vivir sen auga, e ademais deben consumila en estado líquido, ainda que alguns mamíferos do Ártico conseguen auga doce comendo xeo ou neve. O oso polar é un exemplo disto, pero por suposto depende enormemente do océano líquido para cazar as suas presas.

    • faa-breixoalonso di:

      A auga é un alimento esencial para a vida, xa que, os alimentos e os gases transportanse en medio acuoso, os productos de desfeitos expulsanse do corpo mediante a orina, a auga regula a nosa temperatura e lubrica as nosas articulacións.
      Ningun ser vivo pode vivir sen auga, so pode sobrevivir sen auga un certo periodo de tempo. Tamen se podería sobrevivir tomando auga de xeito indirecto mediante fruta, leite,…

    • fab-antiachantada di:

      Non existe ningún ser vivo que poida vivir sen auga, todas as formas de vida coñecidas dependen da auga, é unha parte vital de moitos dos procedementos metabólicos do corpo, como por exemplo a dixestión; para o adecuado funcionamento do noso corpo requírense entre dos e tres litro de auga diarios para evitar a deshidratación; tamén regula a nosa temperatura e axuda a depura-la sangre.

  10. Victor di:

    Podería existir vida nun planeta sen auga?

    • faa-breixoalonso di:

      Actualmente so coñecemos organismos que ten de base a auga co cal iso parece impensable xa que os organismos que coñecemos precisan de enerxía que se obten da glicosa, para obter glicosa e imprescindible O e H, e o xuntarse acaban dando H2O. Polo tanto se nos referimos a vida tal e como a coñecemos non.

    • faa-iriagondar di:

      Ningún ser vivo pode sobrevivir sen auga. Algunhas especies necesitan bébela directamente como é o caso dos humanos. Outros seres vivos obtéñena do aire e dos alimentos que inxiren isto é propio dos animais de deserto. Así chegamos a conclusión de que un planeta sen auga é algo morto onde non hai ningún tipo de ser.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Eu creo que non podería existir vida sen auga xa que todo o existente precisa da auga para a supervivencia, un planeta sen auga sería como un deserto xigante.
      As propiedades físicas e químicas da auga son as que permitiron,aparecer,sobrevivir e evolucionar neste planeta aos seres vivos.
      A auga é a fonte mediante o metabolismo das plantas,do osíxeno e do aire.Seus átomos de hidróxeno incorpóranse aos compostos orgánicos das articulación dos osos estabilizando a temperatura ambiente e corporal.
      Todos os organismos acuáticos e terrestres desaparecerían xa que dependen da auga.
      Os humanos por exemplo dependen de beber auga para sobrevivir.

    • fab-antiachantada di:

      Eu creo que non podería existir vida sen auga xa que ademais de ser necesaria para o correcto funcionamento do metabolismo dos seres humanos tamén é necesario para as plantas e para a vida marítima. Aínda que podería darse o caso de que se descubrira outra sustancia semellante á auga que fixera as súas mesmas funcións pero de momento, na actualidade, é algo totalmente descoñecido e imposible de darse.

  11. Victor di:

    Buscade información sobre se outros líquidos diferentes da auga podería permitir a vida noutros planetas.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Créese que o metano liquido xoga o mesmo papel que a auga ,con un ciclo de hidróxeno completo.O metano líquido está presente en Titán ,unha lúa que está en órbita ao redor de Saturno.É o único mundo ata o de agora ,onde se encontrou líquido na superficie como na terra.Este metano está baixo unha atmosfera máis grosa que a da terra, composta maioritariamente de nitróxeno.

    • fab-rosammillan di:

      No satélite de Saturno Titán, encóntrase o metano líquido.Cando se dan condicións apropiadas de humidade fortes tormentas descargan precipitacións sobre a superficie deste satélite.Formanse nubes na súa atmósfera e nas condicións de temperatura no que se encontra esta por debaixo do seu punto de seturación polo tanto impide a exitencia de lagos ou ríos de metano.