Teoría correcta?

A maioría da xente asocia tumores cerebrais có uso do teléfono móbil, pero segundo conclúe un novo estudo, iso non é así. Este é o experimento máis extenso realizado sobre o tema, e está baseado no estudo de  358.403 usuarios de móbiles investigados durantes máis de 18 anos.

Os investigadores do instituto de Epidemioloxía do cancro de Copenhague recompilaron información ata o 2007, analizaron os datos de toda a poboación danesa maior de 30 anos e  nacida despois de 1925, e dividiron a poboación entre usuarios e non usuarios de teléfonos móbiles antes de 1995. Despois deste estudo rexistráronse   10.729 tumores no sistema nervioso central entre 1990 e 2007. Estas cifras comparáronse entre personas que non empregaron o móbil e personas que empregaron o móbil nos últimos 13 anos e comprobouse  que a porcentaxe de tumores era o mesmo.  Polo tanto demostrouse que o emprego de móbil durante 10 ou máis anos non aumenta o risco de desenvolver cancro .

Futuros estudos queren descartar  o aumento de risco deste cancro en personas que utilizan o móbil durante períodos moi activos  superiores a 10 ou 15 anos. Descubriuse que o estudo anteriormente realizados en 2010 non chegaron  a unha conclusión certeira,  de feito a Axencia Internacional de Estudo contra o cancro categorizou recentemente os campos de radiofrecuencia  electromagnética  que emiten os teléfonos móbiles como “probablemente” canceríxenos  para os humanos.

Autora: Mari Maquieira

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Teoría correcta?

  1. faa-iagogonzalez di:

    Esta, é unha dubida que se soe poñer na cabeza da gran maioría das persoas en algún momento,si os teléfonos móviles producen cancro. Sóese dicir que as antenas das telefonías móviles producen certas radiacións que xeran patoloxías, especialmente cáncro. A realidade é que ninguén podía determinar con certeza si era ou non verdade esta premisa, polo que a Organización Mundial de saude púxose mans á obra para aclarar as incertidumes respecto ao tema.

    • Victor di:

      Iago; non hai que confundir o efecto dos móbiles ao falar co efecto das antenas de telefonía.
      Comecemos polas antenas: existen estudios que demostren o prexuizo que poden causar en seres humanos?

      • fab-robertootero di:

        Un estudio publicado por un diario inglés confirma que non existe relación entre o cancros cerebrais e a exposición das persoas a este tipo de campos electromagnéticos. Polo tanto na miña opinión os cancros cerebrais non veñen dados polas antenas de telefonía mobil, senon qe so o din para crear polémica.

        • Victor di:

          Roberto, as cousas non se din para crear polémica. Afírmanse porque se cre que é así ou que pode selo.
          Ante unha posibilidade de risco, que se debe facer?

      • faa-adrianfeijoo di:

        As ondas electromagnéticas das antenas telefónicas e dos propios teléfonos teñen efectos diferentes sobre as persoas dependendo da súa frecuencia de onda. Se a frecuencia é baixa ás ondas atravesan o noso corpo sen disiparse e sen que este poida absorber radiación,en cambio con frecuencias altas os tecidos comezan a absorber radiación. A enerxía absorbida convertese en calor que quenta os tecidos.As células comezan a morrer a partir dos 42º C,pero por sorte contamos con medios refrixeradores no noso corpo como son a suor ,a circulación sanguínea etc.
        Sen embargo, hoxe en día a controversia está centrada en posibles efectos non térmicos dos campos electromagnéticos.Dado que a telefonía móbil ten escasos anos de existencia, os efectos médicos dos campos electromagnéticos non foron estudados a fondo e non se teñen respostas seguras.

      • faa-manuelbusto di:

        Ata agora o único efecto dos campos de radiofrecuencia na saúde que se demostrou en estudios científicos referíanse ó aumento da temperatura corporal > 1º C debido á exposición moi elevada que unicamente se produce en determinadas instalacións industriais.

        Os niveis de exposición a radiofrecuencia das estacións de base son tan baixos que non afectan á saúde das persoas.

  2. faa-mariacmaquieira di:

    Non está comprobado que realmente as antenas sexan un prexuízo para a saúde dos seres humanos, pero hai científicos que chegan a conclusión de que as microondas invisibles que xeran estes transmisores o atravesan todo incluído o noso corpo teñen as súas consecuencias pero polo de agora non se determinou que tipo de consecuencias polo tanto este asunto hoxe en día atopase no aire.

  3. faa-angelfigueiras di:

    O perigo sempre depende do tipo de radiación e da dose. Son perigosas as radiacións que poden romper as moléculas do corpo. Si eso, por exemplo, sucedera co noso ADN podería ocasionar un cancro. Polo que a min me consta as radiación son todas perigosas unhas en maior medida que outras, pero todas son dañinas.

    • faa-fernandogarcia di:

      Bueno, existen as radiacións non ionizantes, que non poden romper enlaces atómicos porque a súa enerxía fotónica (a enerxía da luz, coñecida como a posible enerxía no futuro) é demasiado baixa. Son un exemplo as radiacións infravermellas, a luz visible, os campos de radiofrecuencia, as microondas…

      • faa-angelfigueiras di:

        Que sexan non ionizantes non quere decir que non causes enfermidades ou danos no noso organismo, por exemplo a radiación infravermella, como vostede indicou, pois pode causar un dano térmico na cornea ou no iris, pode chegar a producir cataratas e lesións térmicas na pel.

  4. Victor di:

    A lexislación española pon algún tipo de impedimento sobre o lugar onde se poden instalar antenas de telefonía?

  5. faa-angelfigueiras di:

    Si, ten que ser fora de “espazos sensibles” como escolas, centros de saude, hospitais ou parques públicos. Ainda que na miña opinión esta norma non é moi empregada.

    • Victor di:

      Se coñeces casos en que non é empregada, pon algún exemplo.
      E que teñen de especiais as escolas, os hospitais, os parque públicos?

      • fab-alekseinogueira di:

        Pois temos un exemplo xa, no noso instuto xa que a antena de wifi emite ondas electromagnéticas perxudiciais para a nosa saúade e existen plataformas cidadas que pediron que se retiraran estas antenas dos institutos e colexios xa que existen posibilidades máis saudables de acceso a internet.

  6. faa-angelfigueiras di:

    Un exemplo clarísimo está no axuntamento de Meis, onde se atopa situada unha antena de telefonía móbil xusto a carón do colexio de primaria e ESO, tan só a separa a carretera.
    Que teñen de especiais? Pois creo que debe ser a presenza de corpos en formación, e dicir, nenos que aínda están en crecemento e non poden poñerse en contacto permanente cun radiación.

    • Victor di:

      Por aí vas ben Ángel, pero me gustaría unha explicación máis científica; que alguén a mellore.

      • faa-antoniomrodino di:

        Unha antena de Telefonía Móbil é unha emisora que reciben e envían as chamadas, cando estas están dentro do seu radio de influencia.
        Os campos electromagnéticos son zonas que xeran as ondas que de continuo recibe e emite a antena, formando unha gran burbulla.

        Son un tipo de ondas microondas de entre 850 e 950 Megahercios, que son capaces de atravesar todo tipo de obxectos: Muros de formigón; paredes; edificios e por suposto todo ser animal ou vexetal.
        Cada vez son máis os científicos que manteñen esta tese de se afecta a nosa saúde ou non, e os que din que non, afirman que hai que seguir investigando e que mentres tanto que se apliquen medidas de PRECAUCIÓN, e os que din que si, afirman que afectan a provocar dores de cabeza; dificultade para conciliar o sono; tensión; nerviosismo; pérdida de memoria; dificultade de concentración; etc.

        Por outra banda, estase en contra do sistema caótico de colocación das antenas. O goberno e as diferentes administracións deben de regular a súa implantación, sobre a base de garantir a saúde dos cidadáns. Os Concellos terán a responsabilidade administrativa de que as antenas cumpran os requisitos, xa que son eles os encargados de regular a normativa sobre a súa instalación e conservación.

      • faa-angelfigueiras di:

        Unha resposta máis científica non atopei, pero máis explicativa si. Unha muller embarazada exposta a niveis de radiación ionízante, e moi probable que o seu herdeiro naza con certas anormalidades cerebrais. Isto cando é feto, cando xa é bebe ou neno, a capa da pel e moi fráxil, polo que atravesala e moi sinxelo para as radiación, provocando así, como é posible cáncer, mutacións nas células ou mesmo no ADN.

        • Victor di:

          Antes apuntabas ben. O efecto da radiación é máis forte sobre células que están continuamente en división (nenos: crecemento por medio de divisións celulares) de aí ben o de evitalas preto de colexios.

  7. Victor di:

    Parécevos concluínte o estudio sobre móbiles no que se bassea este artigo?

  8. faa-angelfigueiras di:

    a min non me parece concluinte, porque o emprego do móbil non ten porque ser unha fonte única de radiación. E dicir, aínda que non teñas móbil, as señais que vai para outros dispositivos, van afectarche igual. Isto e igual que o fumador activo e o pasivo. Por exemplo, eu estou nun calle onde ai moita xente e recibo unha chamada, pero as ondas polas que a min me chega esa chamada o móbil, veñen polo “aire”, que quero dicir con isto, que as persoa que estean o meu lado tamén vai estar afectado por esas ondas.