Quen vive e quen morre?

Holanda, primeiro estado en legalizar a eutanasia, foi noticia nos últimos días polo primeiro caso practicado de eutanasia sen ter o paciente capacidade para consentilo no momento. A muller, de 64 anos de idade, había asinado un escrito no que figuraba a súa decisión de que se lle practicase cando a súa demencia “severa” chegase a ser irreversible; consentíndoo os familiares. A ley, a pesar de todo, ten unha guía normativa e unhas condicións específicas, que non fan posible a aprobación da eutanasia en todos os casos, tales como as enfermidades mentáis e psicosociais, perda da función, soidade e perda da autonomía.

A aprobación da eutanasia na actualidade é un tema tabú, cuestionado ética e moralmente, especialmente polas institucións relixiosas, as cales están totalmente en contra da práctica do que eles califican de “matanza”, criticando aos médicos que a practican  por crerse deuses ante as persoas con estas enfermidades.

Pero… habería que preguntarse se podemos ou alguén pode elixir cando debe seguir vivindo un ser humano e cando xa non seguir?


Autora: María Rojo

Esta entrada foi publicada en General, Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.