Máis duro ca o diamante

Cal é o mineral natural máis duro? Cando oímos esa pregunta todos pensamos no diamante pero descubriuse recentemente un mineral que posúe unha dureza do 58% maior ca do diamante. Este mineral negro brillante, descuberto pola Universidade de Shangai, coñécese como a lonsdaleíta ou diamante hexagonal. A lonsdaleíta está composta por átomos de carbono, ó igual co diamante, pero ten unha forma hexagonal debido á cadea cristalina que o forma.

É un mineral moi raro, os únicos lugares onde se encontrou lonsdaleíta en estado natural foi en xacementos de impactos de meteoritos que na súa composición conteñan abundantes cantidades de grafitos. Ó impactar contra a Terra , estes meteoritos de grafito están sometidos a unha elevada temperatura e presión que provoca o paso dese grafito a lonsdaleíta.

No ano 2009, un grupo de científicos das Universidades de Nevada e Shangai  conseguiron crear unha lonsdaleíta artificial subministrando nas  lonsdaleítas unha carga considerablemente elevada. Este novo material coñécese  como lonsdaleíta superdura e supera a dureza do diamante nun 78%, sendo este cambio permanente.

Autora: Nerea Paz

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Máis duro ca o diamante

  1. faa-antoniomrodino di:

    A lonsdaleíta é un polimorfo hexagonal de carbono atopado en meteoritos.
    Crese que a súa orixe está no impacto dun meteorito con grafito contra a terra, a calor e a enerxía do impacto poideron transformar o grafito en diamante mantendo a súa estrutura hexagonal.
    É un dos materiais máis duros presentes na natureza, xunto ao Nitruro Bórico de Wurtzita.

  2. fab-raquelblanco di:

    A lonsdaleíta encontróuse por primeira vez en 1967, en cristais microscópicos asociados ao diamante en restos do meteorito en Arizona.
    Tamén foi encontrada en Tungusaka, Rusia e en outros impactos de meteoritos.

  3. fab-robertootero di:

    a lonsdaleita creouse nun pasado polos meteoritos que contiñan grafito chocaban contra a terra, e devido a o gran calor que acumulaba o meteorito, transforma o grafito en grafito hexagonal.

  4. faa-luciasantos di:

    Para chegar a estas conclusións e a estos descubrimentos, un grupo de científicos da Universidade de Shanghai, fixo varios experimentos sobre o comportamento de dous materias ante unha tensión estructural introducida por unha sonda cunha punta moi fina. O primeiro, o WBN, resultou ter unha estructura similar á do diamante, pero está composto de átomos diferentes. Por outra banda estaba a lonsdaleíta, composta por átomos de carbono, como o diamante, pero en posicións diferentes. Só existen estes minerais de maneira natural, escasamente, ou en laboratorios, polo tanto, a súa fortaleza e resistencia aínda non foi comprobada totalmente. A simulación anterior, demostrou que o WBN, resistía un 18% máis de tensión que o diamante e a lonsdaleíta un 58%. A súa formación tampouco é igualitaria, xa que a lonsdaleíta parece que se forma tras o impacto de meteoritos que conteñen grafito sobre a superficie terrestre, e pola contra o WBN, fórmase durante erupcións volcánicas, a alta presión e temperatura.

  5. faa-paulagondar di:

    Aínda que este sexa o material máis duro do mundo actualmente, existe outro material chamado Nitruno Borico de Wurtzita (WBN)que resulta de maior utilidade porque é estable en presencia de osíxeno a temperaturas máis altas. Estas características fan que este mineral, que se forma durante erupcións volcánicas, sexa ideal para usar nas puntas de ferramentas de cortar ou taladrar a altas temperaturas, ou para crear películas resistentes á corrosión na superficie de vehículos espaciais.

  6. Victor di:

    Que compostos de Carbono inorgánico coñecedes?, en que se diferencian?

  7. faa-iagogonzalez di:

    O máis importante é o dioxido de carbono(CO2) pero ai moitos máis como por exemplo:

    MONOXIDO DE CARBONO: CO
    CARBONATO DE SODIO: Na2CO3
    CARBONATO DE POTASIO: K2CO3
    CARBONATO DE CALCIO: CaCO3
    CARBONATO DE MAGNESIO: MgCO3
    CARBONATO FERROSO: FeCO3
    CARBONATO FERRICO: Fe2(CO3)3
    CARBONATO DE CHUMBO II: PbCO3
    CARBONATO DE CHUMBO IV: Pb2CO3
    CARBONATO ACIDO DE SODIO OU BICARBONATO: NaHCO3
    CARBONATO DE COBRE II: CUCO3
    CARBONATO DE COBRE I: Cu2CO3
    CARBONATO NIQUELOSO: NiCO3
    CARBONATO NIQUELICO: Ni2(CO3)3
    CARBONATO ESTANOSO: SnCO3
    CARBONATO ESTANICO: Sn2CO3
    CARBONATO MERCUROSO: Hg2CO3
    CARBONATO MERCURICO: HgCO3
    CARBONATO DE AMONIO: (NH4)2CO3

    • Victor di:

      Iago; referiame a compostos que estean formados so por átomos de Carbono (sen ningún elemento químico máis).

      • faa-iriagondar di:

        O carbono é inorgánico cando se atopa asociado a elementos cos que forma óxidos e carbonatos. Un carbonato é un composto químico que conten os elementos carbono (C ) e osíxeno (O) en forma do grupo CO3, contendo un átomo de carbono e tres átomos de osíxenos. Os carbonatos poden dividirse en dous grupos:

        – Carbonatos anhídridos: divídense en dous grupos , o grupo da calcita e o grupo do aragonito, os elementos metálicos pertences ao primeiro grupo son : calcio, magnesio, ferro, manganeso, cinc e cobalto; e os do segundo grupo son : calcio, bario, estroncio e chumbo.
        As especies incluidas no primeiro grupo teñen un sistema de cistalización romboédrico aínda que cheguen atoparse en cristais hexagonais. Pertencen a este grupo: calcita,siderita, dolomita, etc.
        As especies que forman parte do grupo do aragonio, cristalizan en sistema otorrómbico e son: Aragonito, estroncianita, etc.

        – Carbonatos ácidos, básicos e hidratados: Os carbonatos deste grupo son por exemplo malaquita, trona, lansfordita.
        Todos os minerais mencionados atopanse en estado sólido é a súa dureza oscila entre os 3-5 na escala Mohs.

        Entre os óxidos do carbono atopamos os seguintes que se atopan en estado gasoso :
        – Dieno etileno
        – Dióxido de carbono
        – Dióxido de pentacarbono
        – Dióxido de tetracarbono
        – Dióxido de tricarbono
        – Monóxido de Carbono
        – Monóxido de dicarbono

  8. fab-raquelblanco di:

    O carbono é o elemento aorredor do cal foi evolucionando a química da vida.
    Os compostos orgánicos formados principalmente por combinacións diferentes de carbono,hidróxeno, osíxeno e nitróxeno, teñen propiedades especiais que son esenciais para o ser human.
    Os usos son a alimentación, a industriia farmacéutica e outras industrias económicamente moi importantes.

  9. faa-angelfigueiras di:

    Os máis coñecidos son;
    -carbono 14
    -carbono 12
    -carbono 13
    A diferencia é que o carbono 14 con respecto a o carbono 12 e 13 e que é inestable. E o carbono 12,13 son naturais e estables.

    • Victor di:

      Non Angel.
      Repito: compostos que estean formados só por átomos de carbono.
      Ti o que apuntas son diferentes formas atómicas (iósotopos) de carbono.

  10. Victor di:

    Por exemplo, diamante……..

    • faa-mariamartinez di:

      Ademais do diamante:
      Grafito: a presión atmosférica e temperatura ambiente é máis estable ca o diamante, pero a descomposición deste último é tan lenta que só se aprecia a escala xeolóxica.
      Grafeno: consiste nun teselado hexagonal plano, igual a un panal de abellas.
      Fullereno: terceira forma máis estable do carbono.

  11. faa-antoniomrodino di:

    O Carbono, na natureza, é un elemento non metálico, que pode presentar tanto isótopos coma os mencionados por Ángel, e mesmo asociacións a outros elementos, formando óxidos, hidruros, Ácidos Oxoácidos, sales binarias e algún que outro Ácido acuoso, coma o Ácido Carbonhídrico(aq), no caso de compostos inorgánicos.
    Por outra banda, o Carbono é o elemento principal da vida ( compostos orgánicos) , así, podemos atopar, por exemplo, os enlaces covalentes carbono- carbono, estes enlaces están presentes na produción de moitas sustancias químicas feitas polo home, como son as drogas e os plásticos.

  12. Victor di:

    E que son os naotubos de carbono?

    • fab-sandraromero di:

      Domínanse nanotubus a aquelas estruturas tubulares cuxo diámetro é da orde do nanómetro. Existen nanotubos de moitos tipos de materiais, tales como o nanotubos de carbono e o silicio.

      • fab-sandraromero di:

        Os nanotobus son unha forma alotrópica do carbono, (de presentarse con estruturas moleculares diferentes) tales como o diamante e o grafito. A súa estrutura pode considerarse procedente dunha lámina de grafito enrolada sobre si mesma. Dependendo do seu grao de enrolamento e a maneira de como está conformada a lámina orixinal, dáse lugar a nanotubos de diferentes diámetros e xeometría internas.

    • faa-luciasantos di:

      En química, denomínanse nanotubos estruturas tubulares de un nanómetro ( a billonésima parte dun metro) de diámtro. Existen nanotubos de diferentes materiales, como silicio ou nitruro de boro, pero este termo emprégase principalmente para falar dos nanotubos de carbono.
      Os nanotubos de carbono son unha forma alotrópica deste elemento, como o grafito, ou os fullerenos. A súa estrutura depende do grao de enrollamento dunha lámina de grafito, así como tamén a súa forma original, polo tanto, dánse nanotubos de distinto diámetro e forma interna. Actualmente, os nanotubos estanse a estudar insistentemente, por exemplo, os fullerenos, polo seu interés tanto en química como en aplicacións tecnológicas. Ademais, os nanotubos, son a primeira substancia coñecida pola humanidade que é capaz de sustentar indefinidamente o seu propio peso, característica indispensable, por exemplo, para a construcción de ascensores espaciais.

    • faa-antoniomrodino di:

      Esencialmente os Nanotubos de Carbono son estruturas de capas de grafito enroladas sobre si mesmas, nas cales os átomos de carbono están dispostos de forma hexagonal. Hai diferentes tipos de nanotubos: os SWNT (Single-Walled Carbon Nanotubes) ou monocapa e os MWNT (Multi-Walled Carbon Nanotubes) ou multicapa.
      Por outro lado tamén cabe destacar que son as fibras máis fortes que se coñecen. Un só nanotubo perfecto é de 10 a 100 veces máis forte que o aceiro por peso de unidade e posúen propiedades eléctricas.

    • faa-paulagondar di:

      Os nanotubos son estructuras tubulares cuxo diámetro equivale á billonésima parte dun metro. Os nanotubos de carbono están formados por unha lámina de grafito enrolada sobre sí mesma. Dependendo do grao de enrolamento e da maneira na que se atopaba a lámina de grafito orixinalmente, existen nanotubos de diferente diámetro e xeometría interna. Hai nanotubos monocapa ou SWNTs, e hai tamén nanotubos multicapa ou MWNTs. Os nanotubos están sendo estudados activamente polas súas aplicacións químicas e tecnolóxicas. É, por exemplo, a primeira sustancia coñecida pola humanidade capaz de sustentar o seu propio peso, unha condición necesaria para a costrucción dun ascensor espacial.

  13. fab-paulaalba di:

    Os nanotubos son as fibras máis fortes que se coñecen. Un nanotubo perfecto pode ser de dez a cen veces máis forte ca o aceiro por peso de unidade. Ademais, posúen peculiares propiedades eléctricas que permitiron usalos en aplicacións electrónicas. A propiedade máis importante é que poden ser metálicos ou semiconductores. Dependendo do que sexan, úsanse nunha ou noutra aplicación electrónica.

  14. fab-raquelblanco di:

    En química, denominase nanotubos a estructuras tubulares cuxo diámetro é do tamaño do nanómetro (é a unidade de lonxitude que equivale a unha milmillonésima parte dun metro). Existen nanotubos de moitos materiais, tales como silicio ou nitruro de boro pero, xeneralmente, o término aplicaselle aos nanotubos de carbono.
    Os nanotubos de carbono son unha forma alotrópica(en química é a propiedade que poseen determinados elementos químicos de presentarse baixo estructuras químicas diferentes, como o osíxeno, que pode presentarse como osíxeno atmosférico (O2) e como ozono (O3)) do carbono, como o diamante, o grafito ou os fulerenos(son a terceira forma máis estable do carbono, tras o diamante e o grafito).
    Os nanotubos teñen tres propiedades diferentes: eléctricas, mecánicas e térmicas.

  15. Victor di:

    En que se diferezan as distintas formas (alotrópicas) do carbono e como inflúe iso nas súas propiedades. Porque sendo so atomos de carbono un (diamante)é tan duro e outro composto de carbono non?

    • faa-paulagondar di:

      As formas alotrópicas do carbono son o grafito, diamante, fullereno, nanotubos de carbono e nanoespuma de carbono. Estas formas diferéncianse pola organización que presentan os seus átomos de carbono. No caso do grafito, cada átomo de carbono únese a outros 3 formando unha estructura plana: un sistema de anillos condensados que dan lugar a láminas paralelas entre sí. No diamante, cada átomo de carbono únese a outros 4 formando unha estructura tridimensional. No fullereno os átomos de carbono combínanse formando hexágonos e pentágonos en estructuras tridimensionales cerradas, similares a un balón de fútbol. Os nanotubos de carbono, mencionados anteriormente, son láminas de grafito enroladas en forma de tubo e poden estar abertos ou pechados. Na nanoespuma de carbono os átomos combínanse en heptágonos e hexágonos dando lugar, ao contrario dos fullerenos, a unha curvatura inversa.
      O grafito e o carbono son as principais formas alotrópicas do carbono. As estructuras laminares que forman os átomos de grafito, fan que este sea un dos materiais máis brandos, posto que as súas unións son moi débiles. No caso do diamante, en cambio, fórmase unha estructura tridimensional mediante enlaces covalentes, o que fai que sea un material extremadamente duro.

    • faa-adrianfeijoo di:

      O carbono é sólido a temperatura ambiente e según a forma no que se formou, presenta na natureza diferentes formas ,coñecidas como formas alotrópicas.
      Coñécense cinco formas alotrópicas sen contar co carbono amorfo e son:grafito,diamante, fullerenos,carbonos e nanotubos ,e diferéncianse pola organización dos átomos.
      O grafito ten unha estrutura laminar separada por capas,cunha separación entre cada unha.Isto indícanos que as forzas entre as capas son débiles. Indica que o grafito é brando,e tamén as propiedades lubricantes que soen atribuírse ao deslizamento dunha capa sobre a outra. As capas poden ondularse debido a saturación de átomos de carbono,o que fai que perda propiedades como a condutividade ou a de ser inoloros.
      Nos fulleranos os seus átomos de carbono, forman pentágonos e hexágonos que coinciden en sesenta puntos formando como un balón de fútbol.Ten una estrutura simétrica,que fai que sexa elástico e estables.
      Os nanotubos son láminas formadas de grafito que están enrolados en forma de tubo e poden estar abertos ou pechados.
      O diamante ten unha estrutura de cristal tridimensional ,formado por enlaces de carbono intenconectados,e se estende a través de todo o cristal,polo que se di que é unha molécula xigante.É un dos sólidos máis duros que se coñecen,cunha alta densidade,e é a segunda forma alotrópica máis estable despois do grafito.